O Concello de Ferrol e a Coordenadora de Equipas de normalización Lingüística de Ferrolterra
(CENL) convocan o VII Certame literario Carmela Loureiro como homenaxe a unha muller,
profesora en Ferrolterra, presidenta da CENL durante anos, que dedicou o seu tempo e o seu saber á
lingua e aos máis novos. A súa traxectoria persoal e profesional é un exemplo do labor anónimo e
xeneroso de moitos profesionais do ensino na difusión da cultura e do idioma entre a mocidade.
Achéganse as bases do V Certame Literario Carmela Loureiro convocado polo Concello de Ferrol e a Coordenadora de Equipas de Normalización Lingüística.
PRAZOS: 14 decembro (fase interna) e 20 decembro (fase intercentros).

3ª edición concurso palabras de amor. Biblioteca Provincial da CoruñaBibliotecadicoruna
Bases da terceira edición do concurso "Palabras de Amor": #140deamor da Biblioteca Provincial da Coruña.
Bases de la tercera edición del concurso "Palabras de Amor": #140deamor de la Biblioteca Provincial da Coruña.

1. CONCURSO DE POEMAS DE AMOR “LOVE POEMS”
O DEPARTAMENTO DE DINAMIZACIÓN DE IDIOMAS, ORGANIZA O I CONCURSO DE POEMAS DE AMOR “Love Poems” CO OBXECTIVO DE ESPERTAR A IMAXINACIÓN
DAS PERSOAS DO CIFP INTERESADAS NAS DIFERENTES LINGUAS E A CREATIVIDADE.
BASES DO CONCURSO:
PRIMEIRA: Poderá presentarse ao concurso calquera persoa meMbro da comunidade educativa (alumnado, profesorado e persoal non docente) do CIFP Politécnico
de Lugo no curso académico 2022/23. A participación é individual.
SEGUNDA: Os poemas deberán empregar máis dunha lingua e os materiais empregados non teñen límite!!!!!!
TERCEIRA: A temática será sempre de amor.
CUARTA: Os poemas entragaranse nun sobre pechado na Conserxería do CIFP Politécnico de Lugo dende o 1 ata o 14 de febrero de 2023.
QUINTA: para manter o anonimato das persoas participantes, deberase facer entrega de dous sobres:
- Sobre 1 : Conterá o poema (sen nome do autor/a nin ningún dato de identificación) e o sobre 2 pechado.
- Sobre 2: Conterá os datos para identificar ao autor/a (nome e apelidos, DNI, enderezo electrónico e teléfono de contacto). Ambos sobres facilitaranse na
conserxería do CIFP, se así se solicita.
SEXTA: Composición do xurado. O xurado estará formado polo persoal do Departamento de Dinamización de Idiomas.
SÉTIMA: A resolución do concurso farase pública o día 17 de febrero de 2023 á hora do recreo na biblioteca do centro, onde estarán expostas todos os poemas
participantes.
OITAVA: Os poemas presentados ao concurso poderán ser publicadas pola organización na revista elaborada polo EDLG ou en calquera outro medio do CIFP, polo
que os autores/as aceptan ceder todos os seus dereitos para a súa publicación.
NOVENA: A participación no certame implica a aceptación das bases, cuxa interpretación é responsabilidade única da organización do certame.
PREMIOS: “Cea para dous” e
- 1º PREMIO: vale en electrónica de 150€
- 2º PREMIO: vale en electrónica de 100€
- 3º PREMIO: vale en electrónica de 50€