Érase unha vezun neno que tiraba lixo por onde
pasaba. Chamábase Marcos , tiña 10 anos e vivía
nunha casa ao pé do río, en Lugo .
Un día, o neno tirou tanto lixo ao río que todos os
peixes que había morreron .
O neno sentiuse tan mal que quixo evitar que a
xente tirara lixo ao chan .
Comezou por recoller o lixo que tirou na súa finca .
Puxo os envases de plástico nunha bolsa amarela , o
cartón e o papel nunha bolsa azul , o vidrio nunha
bolsa verde e os restos de comida nunha bolsa negra.
Logo levouno todo aos colectores de lixo
correspondentes .
Estaba moi canso, e como xa era noite, foise para a
cama a dormir .
Ao día seguinte espertou ben cedo para ir ao río a
recoller lixo.
Colleu unha barca e unha rede de limpar as piscinas
e recolleu todo o lixo que había . Logo foi mercar
peixes de auga doce para botalos ao río .
O concello de Lugo deulle un enorme trofeo e
fixéronlle unha estatua por limpar o río .
Dende aquel día, Marcos coida e limpa o río Miño e
nunca máis volveu tirar lixo a ningun sitio .