Acordo Atlántico


       Organizacións empresariais e sociais relacionadas con Software

       Libre/Código Aberto de ambos lados do Atlántico formalizan a súa

                               colaboración a través do

                                Acordo Atlántico
                                     29 de Xuño de 2011



       As seguintes asociacións empresariais e sociais do ámbito do Software Libre/Código

Aberto:

   •   AGASOL: Asociación Galega de Empresas de Software Libre – Galicia, España.

   •   ASL: Associação SoftwareLivre.Org – Brasil.

   •   ASOLiF: Federación Nacional de Empresas de Software Libre - España.

   •   CAdESoL: Cámara Argentina de Empresas de Software Libre – Arxentina.

   •   ESOP: Associação de Empresas de Software Open Source Portuguesas – Portugal.

   •   SoLAr: Asociación Civil Software Libre Argentina – Arxentina.



       estiveron ao longo dos últimos meses traballando conxuntamente co fin de establecer

acordos e canles de comunicación como paso previo á realización dun Plan de Acción

conxunto a executar a ambos lados do Atlántico ao longo dos vindeiros anos. Estas

actividades estarán orientadas á xeración e explotación de oportunidades de negocio, así

como melloras de carácter social, difusión, apoio e asesoramento en cuestións que incumben

a cada unha das entidades implicadas.



       O Software Libre/Código Aberto propón a xeración e transferencia de coñecemento de

igual a igual. As organizacións asinantes do Acordo Atlántico, que hoxe se fai público,

pretenden trasladar este principio ao ámbito empresarial e social máis aló das súas

respectivas contornas nas que operan. Propóñense tamén aproveitar a experiencia


                                                                                              1
Acordo Atlántico


acumulada no desenvolvemento e explotación de tecnoloxías libres, así como na xeración de

riqueza a través de modelos de negocio baseados en Software Libre/Código Aberto, para a

realización de proxectos e accións conxuntas con impacto global.



       O Acordo Atlántico constitúe, polo tanto, a primeira pedra que poñen estas

organizacións para consolidar procesos de internacionalización durante os vindeiros anos.

Representa á súa vez unha proba de madurez e visión global das organizacións asinantes do

acordo, que reforza a auxe que o Software Libre/Código Aberto está experimentando en todo

o mundo e, en concreto, nos países hispanos e lusófonos.



       Entidades asinantes do Acordo Atlántico:

           AGASOL                                  ASL                              ASOLiF




Presidente: Jorge Vázquez González       Presidente: Ricardo Fritsch       Presidente: Pablo Gómez García
    Web: http://www.agasol.org        Web: http://www.softwarelivre.org/      Web: http://www.asolif.es


          CAdESoL                                 ESOP                               SoLAr




    Presidente: Daniel E. Coletti    Presidente: Gustavo A. Vouga de         Presidente: Horacio Arroyo
                                     Carvalho Homem

  Web: http://www.cadesol.org.ar          Web: http://www.esop.pt           Web: http://www.solar.org.ar




                                                                                                              2

Acuerdo Atlántico: nota prensa (gl)

  • 1.
    Acordo Atlántico Organizacións empresariais e sociais relacionadas con Software Libre/Código Aberto de ambos lados do Atlántico formalizan a súa colaboración a través do Acordo Atlántico 29 de Xuño de 2011 As seguintes asociacións empresariais e sociais do ámbito do Software Libre/Código Aberto: • AGASOL: Asociación Galega de Empresas de Software Libre – Galicia, España. • ASL: Associação SoftwareLivre.Org – Brasil. • ASOLiF: Federación Nacional de Empresas de Software Libre - España. • CAdESoL: Cámara Argentina de Empresas de Software Libre – Arxentina. • ESOP: Associação de Empresas de Software Open Source Portuguesas – Portugal. • SoLAr: Asociación Civil Software Libre Argentina – Arxentina. estiveron ao longo dos últimos meses traballando conxuntamente co fin de establecer acordos e canles de comunicación como paso previo á realización dun Plan de Acción conxunto a executar a ambos lados do Atlántico ao longo dos vindeiros anos. Estas actividades estarán orientadas á xeración e explotación de oportunidades de negocio, así como melloras de carácter social, difusión, apoio e asesoramento en cuestións que incumben a cada unha das entidades implicadas. O Software Libre/Código Aberto propón a xeración e transferencia de coñecemento de igual a igual. As organizacións asinantes do Acordo Atlántico, que hoxe se fai público, pretenden trasladar este principio ao ámbito empresarial e social máis aló das súas respectivas contornas nas que operan. Propóñense tamén aproveitar a experiencia 1
  • 2.
    Acordo Atlántico acumulada nodesenvolvemento e explotación de tecnoloxías libres, así como na xeración de riqueza a través de modelos de negocio baseados en Software Libre/Código Aberto, para a realización de proxectos e accións conxuntas con impacto global. O Acordo Atlántico constitúe, polo tanto, a primeira pedra que poñen estas organizacións para consolidar procesos de internacionalización durante os vindeiros anos. Representa á súa vez unha proba de madurez e visión global das organizacións asinantes do acordo, que reforza a auxe que o Software Libre/Código Aberto está experimentando en todo o mundo e, en concreto, nos países hispanos e lusófonos. Entidades asinantes do Acordo Atlántico: AGASOL ASL ASOLiF Presidente: Jorge Vázquez González Presidente: Ricardo Fritsch Presidente: Pablo Gómez García Web: http://www.agasol.org Web: http://www.softwarelivre.org/ Web: http://www.asolif.es CAdESoL ESOP SoLAr Presidente: Daniel E. Coletti Presidente: Gustavo A. Vouga de Presidente: Horacio Arroyo Carvalho Homem Web: http://www.cadesol.org.ar Web: http://www.esop.pt Web: http://www.solar.org.ar 2