“BILLY BEG E O
SEU TOURO”
“O CENICIENTO
IRLANDÉS"

Había unha vez
en Irlanda, un rei
e unha raíña que
tiñan un fillo
chamado Billy
Beg.
Un día a raíña
regaloulle a Billy un
touro.
 Un fatídico día a
raíña faleceu, pero
antes de morrer
fíxolle prometer ao
seu esposo que
nunca separaría a
Billy do seu touro,
promesa que o rei
aceptou sen
reparos.
Ao cabo do un tempo o rei
volveuse a casar. A nova
raíña detestaba a Billy e ao
seu touro.
Como non atopou ningún
xeito de separarlos, decidiu
urdir un plan para matar ao
animal.
Prostrouse na cama
simulando estar moi
enferma e díxolle ao seu
marido que a única solución
a súa enfermidade era beber
o sangue do touro de Billy.
 O rei non quería nin oír falar
desa posibilidade, pero a súa
esposa foi"empeorando" e
finalmente decidiu que tiña
que sacrificalo.
Cando Billy se decatou de
que ían matar ao touro
encheuse de tristeza pero o
animal ao velo tan
desanimando díxolle:

- "Non te preocupes por min,
a raíña nunca probará nin
unha pinga do meu sangue"

Ao día seguinte cando todo
estaba preparado para a
execución, xusto antes de
que se levase a cabo, o touro
díxolle a Billy:

- "Salta encima de min!

E escaparon en dirección ao
bosque.
Alí o touro doulle a Billy
unha servilleta que sempre
lle daría comida e unha vara
que ao golpeala tres veces
converteríase nunha espada.


Sucedeu que o touro tivo
que baterse en duelo con
outros tres touros do lugar.
Aos dous primeiros
venceunos pero antes de ir
loitar co terceiro díxolle a
Billy:

- É imposible que gañe este
combate. Se morro fai coas
miñas tripas un cinto.
Sempre que o leves serás
invencible.
E efectivamente o
touro morreu.
Triste pola morte
do seu touro, Billy
camiñou
apesadumbrado
pola montaña ata
que chegou ao
castelo dun
cabaleiro.
Pediu emprego e o
cabaleiro díxolle que
buscaba a alguén que
se fixese cargo do seu
rabaño só que había un
"pequeno problema":
ninguén que coide dos
animais volve con vida
porque un xigante que
vai a ordeñar o rabaño
mata sempre ao
coidador.
O raparigo aceptou e
á mañá seguinte foise
ao horto a coidar do
rabaño. Ao mediodía
Billy oíu tres grandes
e terribles ruxidos.
Nada tan espantoso
se escoitara antes en
Irlanda! Viu que se
achegaba un inmenso
xigante. O mozo sacou
a súa espada e
derrotouno.
Ao volver ao castelo
o cabaleiro,
admirado pola súa
proeza, propúxolle
outro reto: a filla do
rei vai ser devorada
por un dragón de
tres cabezas. Se hai
algún opoñente que
a salve poderá casar
con ela.
Billy quixo salvar á
princesa, da que se
namorou nada máis
vela.

 Cando chegou o
dragón sacou a súa
espada e comezou
unha apaixonante
pelexa da que saíu
vitorioso. Pero, xusto
no momento da súa
marcha, perdeu un dos
seus zapatos.
Todo o reino falaba do misterioso
home que derrotou ao dragón e
perdeu un zapato. O rei decidiu
que todos os habitantes do seu
reino terían que ir a palacio a
probarse o zapato co fin de
descubrir quen era o seu
propietario.


Chegou o día en que Billy tiña que
ir a palacio e polo camiño atopou a
un vagabundo co cal intercambiou
as súas vestimentas. Ao chegar a
palacio todo o mundo se burlaba
do seu aspecto, pero cando se
probou o zapato este encaixou
perfectamente no seu pé.


E así foi como casou coa filla do rei
e este colmouno de riquezas. A
voda durou nove días, nove horas,
nove minutos e nove segundos.
(Recollido do dossier educativo do Auditorio de Galicia)

Passages

  • 1.
    “BILLY BEG EO SEU TOURO” “O CENICIENTO IRLANDÉS" Había unha vez en Irlanda, un rei e unha raíña que tiñan un fillo chamado Billy Beg.
  • 2.
    Un día araíña regaloulle a Billy un touro. Un fatídico día a raíña faleceu, pero antes de morrer fíxolle prometer ao seu esposo que nunca separaría a Billy do seu touro, promesa que o rei aceptou sen reparos.
  • 3.
    Ao cabo doun tempo o rei volveuse a casar. A nova raíña detestaba a Billy e ao seu touro. Como non atopou ningún xeito de separarlos, decidiu urdir un plan para matar ao animal. Prostrouse na cama simulando estar moi enferma e díxolle ao seu marido que a única solución a súa enfermidade era beber o sangue do touro de Billy. O rei non quería nin oír falar desa posibilidade, pero a súa esposa foi"empeorando" e finalmente decidiu que tiña que sacrificalo.
  • 4.
    Cando Billy sedecatou de que ían matar ao touro encheuse de tristeza pero o animal ao velo tan desanimando díxolle: - "Non te preocupes por min, a raíña nunca probará nin unha pinga do meu sangue" Ao día seguinte cando todo estaba preparado para a execución, xusto antes de que se levase a cabo, o touro díxolle a Billy: - "Salta encima de min! E escaparon en dirección ao bosque.
  • 5.
    Alí o tourodoulle a Billy unha servilleta que sempre lle daría comida e unha vara que ao golpeala tres veces converteríase nunha espada. Sucedeu que o touro tivo que baterse en duelo con outros tres touros do lugar. Aos dous primeiros venceunos pero antes de ir loitar co terceiro díxolle a Billy: - É imposible que gañe este combate. Se morro fai coas miñas tripas un cinto. Sempre que o leves serás invencible.
  • 6.
    E efectivamente o touromorreu. Triste pola morte do seu touro, Billy camiñou apesadumbrado pola montaña ata que chegou ao castelo dun cabaleiro.
  • 7.
    Pediu emprego eo cabaleiro díxolle que buscaba a alguén que se fixese cargo do seu rabaño só que había un "pequeno problema": ninguén que coide dos animais volve con vida porque un xigante que vai a ordeñar o rabaño mata sempre ao coidador.
  • 8.
    O raparigo aceptoue á mañá seguinte foise ao horto a coidar do rabaño. Ao mediodía Billy oíu tres grandes e terribles ruxidos. Nada tan espantoso se escoitara antes en Irlanda! Viu que se achegaba un inmenso xigante. O mozo sacou a súa espada e derrotouno.
  • 9.
    Ao volver aocastelo o cabaleiro, admirado pola súa proeza, propúxolle outro reto: a filla do rei vai ser devorada por un dragón de tres cabezas. Se hai algún opoñente que a salve poderá casar con ela.
  • 10.
    Billy quixo salvará princesa, da que se namorou nada máis vela. Cando chegou o dragón sacou a súa espada e comezou unha apaixonante pelexa da que saíu vitorioso. Pero, xusto no momento da súa marcha, perdeu un dos seus zapatos.
  • 11.
    Todo o reinofalaba do misterioso home que derrotou ao dragón e perdeu un zapato. O rei decidiu que todos os habitantes do seu reino terían que ir a palacio a probarse o zapato co fin de descubrir quen era o seu propietario. Chegou o día en que Billy tiña que ir a palacio e polo camiño atopou a un vagabundo co cal intercambiou as súas vestimentas. Ao chegar a palacio todo o mundo se burlaba do seu aspecto, pero cando se probou o zapato este encaixou perfectamente no seu pé. E así foi como casou coa filla do rei e este colmouno de riquezas. A voda durou nove días, nove horas, nove minutos e nove segundos. (Recollido do dossier educativo do Auditorio de Galicia)