SlideShare a Scribd company logo
1 of 2
Download to read offline
DETERMINACIÓN DO GRUPO SANGUÍNEO

OBXECTIVOS.-
             1. Que cada alumno coñeza o seu grupo sanguíneo e o factor Rh
             2. Coñecemento e interpretación da técnica de análise de grupos sanguíneos
MATERIAL.-
              Reactivos anti-A; anti-B e anti-D                    Algodón
              Material punzante (lancetas)                         Alcol/auga osixenada
              Escarvadentes                                        Portaobxectos
FUNDAMENTO TEÓRICO.-
       Na especie humana existen varios xenes
diferentes implicados na compatibilidade ou
incompatibilidade das transfusións de sangue. Os
dos grupos principais coñécense como ABO y Rh.
       Grupo sanguíneo ABO.-Na membrana dos
glóbulos vermellos sanguíneos hai unhas proteínas
chamadas antíxenos que poden ser de dous tipos:
A e B. Polo tanto, os glóbulos vermellos poden ter o antíxeno A, o antíxeno B, os dous antíxenos ou ben non
posuir ningún. Por outra banda, no plasma sanguíneo temos anticorpos coma defensa contra os antíxenos,
así temos anti-A (os que teñan o g. sanguíneo B), anti-B(os do g. sanguíneo A), anti-A e anti-B (os do g.
sanguíneo 0) e ningún anticorpo ( os do g. sanguíneo AB). O patrón de herdanza destes grupos sanguíneos,
corresponde á interacción de alelos múltiples A, B e O, nos cales o xene O é recesivo frente aos A e B, que
son codominantes entre sí.
       Factor Rh.- Existe tamén outra proteína, o antíxeno D, ou factor Rh, cuxo nome ven do nome
científico do mono onde foi descuberta, o Macaccus rhesus. As persoas que posúen este antíxeno son Rh+ e
as que non o posúen, Rh-, sendo o factor Rh+ dominante sobre o Rh-

                                                   GRUPOS SANGUÍNEOS
              A+         A-          B+            B-        AB+        AB-          O+         O-
Antixeno      A          A           B             B         A          A            D
              D                      D                       B          B
                                                             D
Anticorpo     Anti-B     Anti-B      Anti-A        Anti-A               Anti-D       Anti-A     Anti-A
                         Anti-D                    Anti-D                            Anti-B     Anti-B
                                                                                          Anti-D
       Isto ten importancia nas transfusións de sangue,e asi,por exemplo, un individuo A non poderá
recibir sangue dun individuo do grupo B, por posuir éste último anticorpos Anti-A no seu plasma sanguíneo,
que poderían provocar a coagulación do sangue do receptor.
PROCEDEMENTO.-
    1. Coloca tres portas sobre un folio e escribe debaixo de cada un deles anti-A, anti-B e anti-D, e deixa
        un escarvadentes ao lado de cada un
    2. Limpamos cun algodón en alcol ou auga osíxenada a xema do dedo para desinfectala
    3. Picamos coa lanceta na xema do dedo e presionamos para que saia o sangue
    4. Depositamos unha pinga de sangue en cada porta
    5. Engadimos unha pinga do reactivo correspondente sobre o sangue de cada porta e mesturamos
        ben, empregando o escarvadentes correspondente
    6. Observamos se existe aglutinación das hemacías: se existe, a reacción é positiva, se non, é negativa




Por exemplo: Aglutina anti-A . Non aglutina anti-B . Si aglutina anti-D = Grupo Sanguíneo A+


CUESTIÓNS.-
    1. Elabora unha táboa na que indiques os resultados das reaccións que tiveron lugar con cada reactivo
        para cada un dos 8 posibles grupos sanguíneos
    2. Que grupo é considerado “doante universal” e cal “receptor universal”? Por que?
    3. Agora que coñeces o teu grupo sanguíneo, investiga na túa familia e elabora unha árbore
        xenealóxica indicando os grupos sanguíneos dos membros e os xenotipos de cada un deles
    4. Os grupos sanguíneos máis comúns na poboación española son o A+ e o O+, ambos cun 36% da
        poboación. Sen embargo, o grupo máis polivalente é o O-, que pode empregarse para transfundir a
        pacentes de todos os grupos sanguíneos nunha situación de urxencia, e sólo o compón entre un 5%
        e un 7% da poboación. Fai un estudio dos grupos sanguíneos dos teus compañeiros. Cál é o grupo
        sanguíneo máis abundante no grupo e cál o máis escaso? Hai coincidencia coas estadísticas no noso
        país?
    5. Poderían dúas persoas do grupo A+ ter un fillo AB+?

More Related Content

Viewers also liked

Viewers also liked (18)

Legis. y pol. amb. pareja blogger
Legis. y pol. amb. pareja bloggerLegis. y pol. amb. pareja blogger
Legis. y pol. amb. pareja blogger
 
Weganweisung
WeganweisungWeganweisung
Weganweisung
 
Consultoria ¿cuales son tus razones para poner un negocio
Consultoria   ¿cuales son tus razones para poner un negocioConsultoria   ¿cuales son tus razones para poner un negocio
Consultoria ¿cuales son tus razones para poner un negocio
 
Kvk Maart 2011
Kvk Maart 2011Kvk Maart 2011
Kvk Maart 2011
 
FUTURO 2012 | PEDRO RIBEIRO | Lista A
FUTURO 2012 | PEDRO RIBEIRO | Lista AFUTURO 2012 | PEDRO RIBEIRO | Lista A
FUTURO 2012 | PEDRO RIBEIRO | Lista A
 
Jofre vieira da rocha
Jofre vieira da rochaJofre vieira da rocha
Jofre vieira da rocha
 
MOÇÃO POLÍTICA | SÚMULA | PEDRO RIBEIRO
MOÇÃO POLÍTICA | SÚMULA | PEDRO RIBEIROMOÇÃO POLÍTICA | SÚMULA | PEDRO RIBEIRO
MOÇÃO POLÍTICA | SÚMULA | PEDRO RIBEIRO
 
Soap Magazine Flat Plan
Soap Magazine Flat PlanSoap Magazine Flat Plan
Soap Magazine Flat Plan
 
Presentation1
Presentation1Presentation1
Presentation1
 
UNScoverphoto
UNScoverphotoUNScoverphoto
UNScoverphoto
 
Dificil
DificilDificil
Dificil
 
хлопок
хлопокхлопок
хлопок
 
Enfoque practico
Enfoque practicoEnfoque practico
Enfoque practico
 
Apresentaçãopiteccorrigidolivanijoana
ApresentaçãopiteccorrigidolivanijoanaApresentaçãopiteccorrigidolivanijoana
Apresentaçãopiteccorrigidolivanijoana
 
Corp Takeover
Corp TakeoverCorp Takeover
Corp Takeover
 
10. términos utilizados en la preparación de las soldaduras
10.  términos utilizados en la preparación de las soldaduras10.  términos utilizados en la preparación de las soldaduras
10. términos utilizados en la preparación de las soldaduras
 
Planillas
PlanillasPlanillas
Planillas
 
LA VAQUERIA
LA VAQUERIA LA VAQUERIA
LA VAQUERIA
 

PRÁCTICA GRUPO SANGUÍNEO

  • 1. DETERMINACIÓN DO GRUPO SANGUÍNEO OBXECTIVOS.- 1. Que cada alumno coñeza o seu grupo sanguíneo e o factor Rh 2. Coñecemento e interpretación da técnica de análise de grupos sanguíneos MATERIAL.-  Reactivos anti-A; anti-B e anti-D  Algodón  Material punzante (lancetas)  Alcol/auga osixenada  Escarvadentes  Portaobxectos FUNDAMENTO TEÓRICO.- Na especie humana existen varios xenes diferentes implicados na compatibilidade ou incompatibilidade das transfusións de sangue. Os dos grupos principais coñécense como ABO y Rh. Grupo sanguíneo ABO.-Na membrana dos glóbulos vermellos sanguíneos hai unhas proteínas chamadas antíxenos que poden ser de dous tipos: A e B. Polo tanto, os glóbulos vermellos poden ter o antíxeno A, o antíxeno B, os dous antíxenos ou ben non posuir ningún. Por outra banda, no plasma sanguíneo temos anticorpos coma defensa contra os antíxenos, así temos anti-A (os que teñan o g. sanguíneo B), anti-B(os do g. sanguíneo A), anti-A e anti-B (os do g. sanguíneo 0) e ningún anticorpo ( os do g. sanguíneo AB). O patrón de herdanza destes grupos sanguíneos, corresponde á interacción de alelos múltiples A, B e O, nos cales o xene O é recesivo frente aos A e B, que son codominantes entre sí. Factor Rh.- Existe tamén outra proteína, o antíxeno D, ou factor Rh, cuxo nome ven do nome científico do mono onde foi descuberta, o Macaccus rhesus. As persoas que posúen este antíxeno son Rh+ e as que non o posúen, Rh-, sendo o factor Rh+ dominante sobre o Rh- GRUPOS SANGUÍNEOS A+ A- B+ B- AB+ AB- O+ O- Antixeno A A B B A A D D D B B D Anticorpo Anti-B Anti-B Anti-A Anti-A Anti-D Anti-A Anti-A Anti-D Anti-D Anti-B Anti-B Anti-D Isto ten importancia nas transfusións de sangue,e asi,por exemplo, un individuo A non poderá recibir sangue dun individuo do grupo B, por posuir éste último anticorpos Anti-A no seu plasma sanguíneo, que poderían provocar a coagulación do sangue do receptor.
  • 2. PROCEDEMENTO.- 1. Coloca tres portas sobre un folio e escribe debaixo de cada un deles anti-A, anti-B e anti-D, e deixa un escarvadentes ao lado de cada un 2. Limpamos cun algodón en alcol ou auga osíxenada a xema do dedo para desinfectala 3. Picamos coa lanceta na xema do dedo e presionamos para que saia o sangue 4. Depositamos unha pinga de sangue en cada porta 5. Engadimos unha pinga do reactivo correspondente sobre o sangue de cada porta e mesturamos ben, empregando o escarvadentes correspondente 6. Observamos se existe aglutinación das hemacías: se existe, a reacción é positiva, se non, é negativa Por exemplo: Aglutina anti-A . Non aglutina anti-B . Si aglutina anti-D = Grupo Sanguíneo A+ CUESTIÓNS.- 1. Elabora unha táboa na que indiques os resultados das reaccións que tiveron lugar con cada reactivo para cada un dos 8 posibles grupos sanguíneos 2. Que grupo é considerado “doante universal” e cal “receptor universal”? Por que? 3. Agora que coñeces o teu grupo sanguíneo, investiga na túa familia e elabora unha árbore xenealóxica indicando os grupos sanguíneos dos membros e os xenotipos de cada un deles 4. Os grupos sanguíneos máis comúns na poboación española son o A+ e o O+, ambos cun 36% da poboación. Sen embargo, o grupo máis polivalente é o O-, que pode empregarse para transfundir a pacentes de todos os grupos sanguíneos nunha situación de urxencia, e sólo o compón entre un 5% e un 7% da poboación. Fai un estudio dos grupos sanguíneos dos teus compañeiros. Cál é o grupo sanguíneo máis abundante no grupo e cál o máis escaso? Hai coincidencia coas estadísticas no noso país? 5. Poderían dúas persoas do grupo A+ ter un fillo AB+?