1. CIENCIAS NATURAIS – 2ºESO
BOLETÍN DE REPASO TEMA 12
1. Qué é a traxectoria dun obxecto en movemento? E o espacio percorrido? Por que
dicimos que son dous conceptos “relativos”?
2. Qué é a velocidade? Sobre que nos informa? Cómo se representa gráficamente? En
qué unidades se mide no Sistema Internacional?
3. Qué diferencia hai entre velocidade media e velocidade instantánea?
4. Que é a aceleración? En qué unidades se mide?
5. Qué é unha forza? Cómo se pode calcular? Cando dicimos que un corpo está en
equilibrio?
6. Que di o principio de Arquímedes?
7. Que entendes por peso? E por empuxe? Segundo estes, cando flotará un corpo e cando
se afundirá?
8. Pésase un corpo dentro da auga e fóra da auga obteñéndose un peso de 25N e 60N
respectivamente. Cal será o empuxe? Considerando que a gravidade é aproximadamente
10N/kg, cal é a masa do obxecto? E a masa da agua que despraza?
Solución:35N. 6kg.3,5kg.
9. Explica como poderías calcular a aceleración da gravidade experimentalmente.
10. Calcula, en km/h, a velocidade dunha mariposa que percorre 17 metros en 11
segundos.
Solución:5,56km/h
11. Calcula o espazo que percorrerá unha apisonadora que leva unha velocidade de 3km/h
durante 45segundos.
Solución:37,5m
12. Calcula o tempo que tardará un autobús que se despraza a 50km/h en chegar dende A
Estrada a Pontevedra se a distancia entre as cidades é de 60km.
Solución:1,2h
13. Exercicio 10 da páxina 177 do libro.
14. Exercicio 27 da páxina 183 do libro.
15. Exercicio 28 da páxina 183 do libro.
16. Exercicio 33 da páxina 183 do libro.