1. Puxémoslle nome ás persoas: Suso, Maruxa… Aos apelidos: Vázquez, Nogueira… e alcumes: O Rachaoferro, O Bichoguizo…
2. Puxémoslle nomes ás nosas árbores: abeneiro, freixo, carballo, salgueiro, cerdeira… E apelidos: Carballa da Rocha, Castiñeiro da Capela... Botamos aturuxos, arroutadas... e damos o colo, apertas...
3. Puxémoslle nome ás froitas: pexego, mazá, fatón, laranxa, amorodo... Aos arbustos: silva, xesta, salgueiro, carqueixa, toxo...
4. Ás comidas: grelos, cacheira, touciño, freba... aos insectos: vagalume, escornabois, vacaloura, cascuda...
5. Aos peixes: xouba, ollomol, pescada, robaliza... e aos mariscos: vieira, zamburiña, ameixa...
6. Ás nosas praias: de Rodas, A Rapadoira, As Combouzas, As Catedrais...
7. Ás serras: O Larouco, A Capelada, O Eixo... Aos montes: A Zapateira, O Galiñeiro, ...