1. Un blogue (tamén chamado weblog ou caderno de bitácora) é un sitio dinámico na rede no que se recollen
artigos ou anotacións persoais de maneira cronolóxica, aparecendo en primeiro lugar os máis recentes.
Tamén ofrece opcións de interactividade para o visitante, fundamentalmente a través dos comentarios.
Os blogues soen crearse en plataformas que facilitan ter control sobre esa participación dos visitantes e
mais sobre a visibilidade dos contidos e que nos permiten editar de xeito doado, sen coñecementos
informáticos específicos, polo que a súa actualización adoita ser frecuente.
Debido a esta facilidade de uso para canalizar a creación e a reflexión tanto persoal como social,
desenvolvéronse en todos os ámbitos da rede -desde a política ao ensino- e representan e integran os
parámetros da web social de hoxe en día.