2. Definicións
• Tecidos: la, liño e seda (escasa).
• Vestimenta drapeada, non cosida: rectángulo de tela
suxeita con cintos e broches.
• Grande semellanza entre as roupas masculinas e
femininas
• ἐξωμίς: túnica curta que deixa un ombro fóra.
• χιτών: túnica curta (dórica) ou longa (xónica) suxeita nos
dous ombros.
• ἱμάτιον: manto.
• χλαμύς: manto prendido ao ombro, propio de soldados,
efebos e cabaleiros.
• πέπλος: túnica e manto suxeito aos ombros, versión
feminina da χλαμύς.
3. Muller: quitón xónico leve con
múltiples pregas ou dobras que
insinúa as formas.
Home: himation estampado.
Os dous levan coroas de hedra.
Trátase dunha cena de banquete.
9. Figura de cabaleiro: chapeu de viaxe
(πέτασος), quitón de la e capa curta
ou clámide.
10. Auriga de Delfos: quitón xónico que
cae como unha columna, con mangas
e cinto. Obsérvese a construción das
mangas, posibelmente cosidas. Fita
para prender o cabelo. Descalzo.
11. Figura masculina: quitón longo ou
xónico e himation. Bastón.
A figura feminina parece vestir un
quitón xónico con mangas. Leva o
cabelo recollido cun pano ou rede.
12. Figura feminina: quitón longo ou
xónico con mangas e himation.
Figura masculina: clámide sobre o
corpo nu. Chapeu , bastón e botas
(ἐνδρομίδες).
Cena funeraria: os dous personaxes
están diante dunha tumba.
13. Quitón longo ou xónico e himation.
Coroa de ouro, rico adorno das
grandes festas e ocasións.
14. Quitón longo ou xónico e himation.
Cabelo recollido con pano. A cena
representa a unha Musa tocando a
lira. Obsérvese a paisaxe insinuada e o
paxariño que aparece debaixo.
16. Cena de δεξίωσις ou dous homes
dándose a man. Ambos os dous levan
unicamente o himation, mais colocado
de xeitos diferentes. Obsérvese o
cabelo e a barba.
17. Reconstrución da famosa Kore do
peplo (en segundo plano). Lembra que
as estatuas, a pesar de ternos chegado
brancas, estaban completamente
pintadas. Nesta imaxe é de destacar o
complicado penteado.
Na imaxe inferior descríbese o xeito de
vestir o peplo.
18. Cena que representa a Hades e a súa
esposa Perséfone. Alén de vestir os
dous quitón e himation é interesante
notar as xoias dela (coroa , pendentes
ou brincos, colar) e o estampado e o
cinto do quitón del .
19. A figura da esquerda leva un peplo, a
da dereita un quitón. As dúas levan
por cima o himation.
20. O mozo leva un quitón curto ou
dórico. Obsérvese o cabelo longo. Á
dereita aparece a deusa Atenea co
seu manto característico, a éxida.
21. Quitón longo ou xónico de múltiples
pregas e mangas, por cima leva o
manto ou himation prendido ao
ombro esquerdo. Cabelo recollido
cunha fita.