Eleccións xerais ao congreso dos deputados de España
Eliximos 350 deputados, distribuídos por circunscricións (neste caso as provincias). Cada provincia ten asignados 2 deputados, agás Ceuta e Melilla que teñen 1 cada unha, deste xeito xa están distribuídos 102 deputados. Os 248 que quedan asígnanse por cotas de reparto (cota de reparto= poboación total de España : 248). Divídese a poboación da provincia entre a cota de reparto, a parte enteira deste cociente asignase á provincia. Os deputados que “sobran” asígnanse despois ás provincias que obtiveron maior parte decimal.
No caso de Ourense correspóndenos elixir 4 deputados.  Para elixilos, primeiro elimínanse  as candidaturas que teñen menos do 3% dos votos, e os 4 deputados asígnanse tendo en conta os votos de cada candidatura,  utilizando a regra D´Hont.
Regra D´Hont A regra D’ Hont consiste en que imos dividindo o número de votos de cada partido polos números naturais consecutivos. Ou sexa que divídese o número de votos de cada partido por 1, 2, 3, ……….. Vanse  asignando os escanos  aos maiores cocientes obtidos nestas divisións ata cubrir o total de escanos.
Resultados eleccións xerais 2008 en Ourense Datos obtidos do Ministerio do Interior Unha vez eliminadas as candidaturas que non obtiveron o 3% dos votos, quedaría as Polo tanto, obtiveron 2 deputados o PP e 2 deputados o PSOE
Outras formas de reparto Para corrixir o privilexio que dá a regra D’Hont aos partidos maioritarios, noutros sistemas proporcionais mudaron a serie de números entre os que dividen, e en todos eles os partidos maioritarios quedan menos favorecidos que no sistema Español. Nos países escandinavos divídese entre os números impares, coñécese como Regra de ST-LAGÜE.  O sistema Danés divide entre 1, 4, 7, 10, 13,..
Resultados de Ourense se  usaramos  a regra de  St Lagüe Con esta regra obterían  2 deputados o PP e 2 deputados o PSOE, pero o primeiro do BNG entraría antes que o terceiro do PP.
Resultados de Ourense se  repartiramos  polo sistema danés Usando este sistema os resultados serian ben diferentes:  2 o PP, 1 o PSOE e 1 o BNG
Outros desfases da lei electoral Se miramos os resultados do Estado, ou sexa se se tomara toda España como única circunscrición, observase que o reparto é moi pouco proporcional ao número total de votos obtidos por cada partido. As circunscricións permiten a representatividade de territorios pouco poblados e de partidos que representen unha zona concreta, pero haberá que equilibrar estes desaxustes.
Resultados España eleccións 2008  Datos obtidos do Ministerio do Interior
Resultados estatais 2008 Está claro que os pequenos partidos de ámbito estatal como I.U. saen en clara desventaxa, pois ten o triple de votos que o PNV e a terceira parte de deputados. Tamén está claro que se a circunscrición fose única non se podería esixir o 3% de votos, pois de ser así quedarían fora partidos moi representativos de territorios.
Propostas É tempo de propostas, xa hai algunhas encima da mesa, esperemos que non só se basen nos números, esperemos que nas propostas se respeten os dereitos das minorías a estar representadas.

Eleccions xerais

  • 1.
    Eleccións xerais aocongreso dos deputados de España
  • 2.
    Eliximos 350 deputados,distribuídos por circunscricións (neste caso as provincias). Cada provincia ten asignados 2 deputados, agás Ceuta e Melilla que teñen 1 cada unha, deste xeito xa están distribuídos 102 deputados. Os 248 que quedan asígnanse por cotas de reparto (cota de reparto= poboación total de España : 248). Divídese a poboación da provincia entre a cota de reparto, a parte enteira deste cociente asignase á provincia. Os deputados que “sobran” asígnanse despois ás provincias que obtiveron maior parte decimal.
  • 3.
    No caso deOurense correspóndenos elixir 4 deputados. Para elixilos, primeiro elimínanse as candidaturas que teñen menos do 3% dos votos, e os 4 deputados asígnanse tendo en conta os votos de cada candidatura, utilizando a regra D´Hont.
  • 4.
    Regra D´Hont Aregra D’ Hont consiste en que imos dividindo o número de votos de cada partido polos números naturais consecutivos. Ou sexa que divídese o número de votos de cada partido por 1, 2, 3, ……….. Vanse asignando os escanos aos maiores cocientes obtidos nestas divisións ata cubrir o total de escanos.
  • 5.
    Resultados eleccións xerais2008 en Ourense Datos obtidos do Ministerio do Interior Unha vez eliminadas as candidaturas que non obtiveron o 3% dos votos, quedaría as Polo tanto, obtiveron 2 deputados o PP e 2 deputados o PSOE
  • 6.
    Outras formas dereparto Para corrixir o privilexio que dá a regra D’Hont aos partidos maioritarios, noutros sistemas proporcionais mudaron a serie de números entre os que dividen, e en todos eles os partidos maioritarios quedan menos favorecidos que no sistema Español. Nos países escandinavos divídese entre os números impares, coñécese como Regra de ST-LAGÜE. O sistema Danés divide entre 1, 4, 7, 10, 13,..
  • 7.
    Resultados de Ourensese usaramos a regra de St Lagüe Con esta regra obterían 2 deputados o PP e 2 deputados o PSOE, pero o primeiro do BNG entraría antes que o terceiro do PP.
  • 8.
    Resultados de Ourensese repartiramos polo sistema danés Usando este sistema os resultados serian ben diferentes: 2 o PP, 1 o PSOE e 1 o BNG
  • 9.
    Outros desfases dalei electoral Se miramos os resultados do Estado, ou sexa se se tomara toda España como única circunscrición, observase que o reparto é moi pouco proporcional ao número total de votos obtidos por cada partido. As circunscricións permiten a representatividade de territorios pouco poblados e de partidos que representen unha zona concreta, pero haberá que equilibrar estes desaxustes.
  • 10.
    Resultados España eleccións2008 Datos obtidos do Ministerio do Interior
  • 11.
    Resultados estatais 2008Está claro que os pequenos partidos de ámbito estatal como I.U. saen en clara desventaxa, pois ten o triple de votos que o PNV e a terceira parte de deputados. Tamén está claro que se a circunscrición fose única non se podería esixir o 3% de votos, pois de ser así quedarían fora partidos moi representativos de territorios.
  • 12.
    Propostas É tempode propostas, xa hai algunhas encima da mesa, esperemos que non só se basen nos números, esperemos que nas propostas se respeten os dereitos das minorías a estar representadas.