1. COMITE DE EMPRESA DE PORTOS DE GALICIA
NOTA INFORMATIVA
CONSOLIDACIÓN EXTRAORDINARIA
O pasado 4 de febreiro, o Director trasladou ao Comité de Empresa a seguinte
información acerca do proceso de Consolidación Extraordinaria:
A intención é a de convocar un proceso selectivo para todas as prazas actualmente
ocupadas por interinos ou persoal laboral indefinido con data de último contrato anterior
ao 1 de xaneiro de 2008.
O proceso selectivo será un concurso-oposición de acceso libre, tal e como foi aprobado
no Consello de Administración do pasado mes de decembro.
O comité de empresa está a traballar nas bases deste concurso-oposición, agardamos
poder facer unha proposta á empresa o antes posible.
Agradecemos todas aquelas aportacións que nos acheguedes e que nos axuden a facer
unha proposta o mais xusta posible para todos.