SlideShare a Scribd company logo
1 of 22
Download to read offline
ÓRTESES, AXUDAS TÉCNICAS PARA A
BIPEDESTACIÓN E A MARCHA
SERVIZO DE FISIOTERAPIA
As órteses son:
⚫ Dispositivos ortopédicos que se aplican a un ou varios
segmentos corporais para previr a aparición de
deformidades, corrixir ou diminuír as xa existentes ou ben
facilitar unha función que non existe ou está alterada.
⚫ Existen moitos tipos: dispositivos para a posición correcta
de nocellos e pés, para os xeonllos, férulas de todo o
membro inferior, para provocar a separación de cadeiras,
férulas para manter o pulso e dedos estirados .... e tamén
corsés para a corrección das deformidades de columna
vertebral.
⚫ Nas seguintes diapositivas presentamos as que estaba
usando algún do noso alumnado e algunha indicación a
modo de recordatorio.
Órteses antiequino
⚫ As órteses antiequino permiten corrixir e controlar as
alteracións posturais do nocello e do pé (normalmente o
equino, valgo ou varo).
⚫ Os AFOS y DAFOS son órteses antiequino.
⚫ A.F.O. (Ankle Foot Orthesis): órteses de nocello e pé, pode
ser estándar ou feita a medida. Úsase para o control
postural.
Órteses antiequino
⚫ D.A.F.O. (Dynamic Ankle Foot Orthesis): órtese dinámica
de nocello e pé. Diferénciase da anterior en que esta é unha
órtese envolvente do pé que ten como función ademais do
control postural axudar e facilitar a marcha.
⚫ O obxectivo é manter o nocello e o pé nunha posición
funcional dando o mínimo soporte necesario para limitar o
menos posible as habilidades motrices.
Órteses antiequino
⚫ Xa que son dispositivos que se elaboran de forma
individualizada deben encaixar perfectamente nos
contornos do pé, nocello e perna. Tamén deben resultar
confortables dentro do posible.
⚫ É importante ter en conta que a medida que o alumnado
medra ou cambian os obxectivos funcionais é preciso
revisar estes dispositivos.
Colocación antiequino
⚫ Alumno sentado ou tumbado.
⚫ Soltar todas as cinchas, colocar o membro inferior na
posición correcta facéndoo coincidir coa forma da férula,
facilitará a colocación ter o xeonllo flexionado.
⚫ Axustar primeiro a cincha que coincide na articulación:
debe ir axustada pero sen comprimir demasiado. A maioría
levan unha lengüeta debaixo da cincha para evitar roces,
debemos colocala totalmente estirada.
Colocación antiequino
⚫ Colocamos o resto de cinchas para que manteñan a
posición sen apretar.
⚫ Recomendamos uns calcetíns altos para evitar o roce da
órtese na pantorrilla.
⚫ Con respecto ao tempo de colocación debemos ter en conta
a tolerancia do alumno, hai nenos que conseguen levala
todo o día e outros aos que lles molesta antes. Non debe
molestar.
Órteses para pulso e man
⚫ Hai moitos tipos pero as que estaban usando o noso
alumnado este curso son órteses de posicionamento, que
teñen como obxectivo manter a estrutura, evitar retraccións
na musculatura e na estrutura ligamentosa e manter a
correcta alineación.
Colocación
⚫ Soltar todas as cinchas, colocar o membro
superior na posición correcta facéndoo
coincidir coa forma da férula, facilitará a
colocación realizar previamente estiramentos
de pulso e dedos.
⚫ Axustar primeiro a cincha que coincide na
articulación do pulso, despois debemos
insistir na apertura do dedo polgar para que
quede ben estirado e na posición correcta,
logo facemos a extensión do resto dos dedos e
finalmente colocamos a cincha superior.
⚫ Debe ir axustada pero sen comprimir
demasiado.
⚫ Hai algún alumno que ten prescritas férulas para os dous
membros superiores, pódense poñer simultáneamente
aínda que normalmente colocamos primeiro unha e
despois outra. Se hai maior afectación dunha man colocar
preferentemente a da man mais afectada.
⚫ No noso alumnado este tipo de férulas soen ser peor
toleradas así que se manterán durante un tempo suficiente
pero según tolerancia.
CORSÉS
⚫ Os corsés empréganse para o tratamento das desviacións da
columna vertebral. Hai moitos tipos segundo o tipo de
desviación e a corrección que se queira obter.
⚫ Están prescritos polo médico e son individualizados para as
características do alumno.
⚫ Colocalos segundo a prescrición.
⚫ Axustalo ben para que se manteña na posición correcta.
⚫ Colocar unha camiseta por debaixo para minimizar a
fricción, sen enrugas e o mais estirada posible.
⚫ Convén vixiar os puntos de apoio para evitar feridas ou
lesións (sobre todo a nivel axilar e pélvico).
As axudas técnicas
Son aqueles dispositivos que serven para conseguir unha
maior independencia e facilitar ou mellorar funcións que o
individuo non é capaz de facer sen axuda. Poden axudar a
actividades da vida diaria e tamén serven para favorecer a
posición de bipedestación e a marcha.
Nas seguintes diapositivas facemos un recordatorio daquelas
que usa algún do noso alumnado para favorecer a
bipedestación e a marcha.
Bipedestadores
⚫ Os bipedestadores son
axudas técnicas que serven
para conseguir a posición
do neno en bipedestación
cando o control motriz non
está o suficientemente
desenvolvido para permitir
estar de pé sen axuda.
Tipos de bipedestadores
⚫ Hai moitos tipos e o servizo de atención temperá ou
rehabilitación prescribe o mais axeitado para as
necesidades do alumnado:
⚫ con apoio anterior ou posterior
⚫ que permiten a inclinación diminuíndo o traballo do
neno para manter a verticalidade.
⚫ que permiten regular a posición dos pés, dos xeonllos,
das cadeiras, a altura dos controis de tronco....
⚫ bipedestadores termoplásticos feitos a medida...
⚫ O que estaban
empregando de xeito mais
habitual o alumnado do
noso servizo é o
bipedestador básico que é
adecuado para a maioría de
casos, cómodo e fácil de
usar.
Uso do bipedestador
⚫ Comprobar que a colocación de cada articulación é a
axeitada: que os nocellos se atopan a 90 grados, o xeonllo o
mais alineado posible, a cincha glútea á altura adecuada
para permitir que a cadeira esté o mais estirada posible e o
tronco tamén alineado sen inclinacións nin rotacións.
⚫ No alumnado que o ten prescrito é unha moi boa opción
para realizar o cambio postural.
⚫ Adecuar os tempos de permanencia á tolerancia do neno
evitando a fatiga, é importante que manteña unha posición
axeitada mais que que estea moito tempo.
Axudas técnicas para a marcha
⚫ Se non existen contraindicacións e o desenvolvemento
motor o permite está moi recomendado facilitar a marcha.
⚫ Para a reeducación da marcha úsanse moitos dispositivos:
guindastres que permiten a marcha, as paralelas,
andadores, trípodes, muletas, bastóns...
Andadores
⚫ Neste momento o noso
alumnado está usando
preferentemente andadores.
⚫ Existen moitísimos tipos, os
mais habituais son:
⚫ Andadores anteriores e
posteriores
⚫ Andadores axilares
⚫ Andador tipo «pony»
⚫ Andador dinámico con
órtesis tipo «NF Walker»
Uso do andador
⚫ Sempre tentaremos que os nenos sexan o mais activos que
podan dentro das posibilidades de cada un, así que se o
alumno ten prescrito un andador debe quitarlle o maior
partido que lle sexa posible.
⚫ Ao igual que nos bipedestadores é importante comprobar
que o andador está ben regulado para as características do
neno e adaptado á súa altura.
⚫ Cando camiñe tentar que realice unha marcha o mais
normalizada posible e corrixir as alteracións que
observemos: que apoie ben os pés (talón-punta), que non
arrastre os pés, que o apoio sexa simétrico, o tronco e a
cabeza erguidos, que realice o menor apoio posible ...

More Related Content

More from ceeabarcia

Habitos de vida
Habitos de vidaHabitos de vida
Habitos de vidaceeabarcia
 
Compota de mazá
Compota de mazáCompota de mazá
Compota de mazáceeabarcia
 
Cen anos non son nada ou si
Cen anos non son nada ou siCen anos non son nada ou si
Cen anos non son nada ou siceeabarcia
 
La alegria a traves del gusto
La alegria a traves del gustoLa alegria a traves del gusto
La alegria a traves del gustoceeabarcia
 
O noso monstro rosa
O noso monstro rosaO noso monstro rosa
O noso monstro rosaceeabarcia
 
MOITO SENTIDIÑO
MOITO SENTIDIÑOMOITO SENTIDIÑO
MOITO SENTIDIÑOceeabarcia
 
Unha pequena equivocacion
Unha pequena equivocacionUnha pequena equivocacion
Unha pequena equivocacionceeabarcia
 
Triptico biblioteca escolar cee a barcia
Triptico biblioteca escolar cee a barciaTriptico biblioteca escolar cee a barcia
Triptico biblioteca escolar cee a barciaceeabarcia
 
Libros recomendados samain
Libros recomendados samainLibros recomendados samain
Libros recomendados samainceeabarcia
 
Dia das bibliotecas. presentacion rematada
Dia das bibliotecas. presentacion rematadaDia das bibliotecas. presentacion rematada
Dia das bibliotecas. presentacion rematadaceeabarcia
 
Cee a barcia. ano ii er
Cee a barcia. ano ii erCee a barcia. ano ii er
Cee a barcia. ano ii erceeabarcia
 
CEE A BARCIA. EDUCACIÓN RESPONSABLE. AÑO 2
CEE A BARCIA. EDUCACIÓN RESPONSABLE. AÑO 2CEE A BARCIA. EDUCACIÓN RESPONSABLE. AÑO 2
CEE A BARCIA. EDUCACIÓN RESPONSABLE. AÑO 2ceeabarcia
 
Patrulla recicladora
Patrulla recicladora Patrulla recicladora
Patrulla recicladora ceeabarcia
 
Actividades galletas de nutella
Actividades galletas de nutellaActividades galletas de nutella
Actividades galletas de nutellaceeabarcia
 
Que tenemos que hacer todos los dias
Que tenemos que hacer todos los diasQue tenemos que hacer todos los dias
Que tenemos que hacer todos los diasceeabarcia
 

More from ceeabarcia (20)

Habitos de vida
Habitos de vidaHabitos de vida
Habitos de vida
 
Compota de mazá
Compota de mazáCompota de mazá
Compota de mazá
 
Xela arias ud
Xela arias udXela arias ud
Xela arias ud
 
Cen anos non son nada ou si
Cen anos non son nada ou siCen anos non son nada ou si
Cen anos non son nada ou si
 
La alegria a traves del gusto
La alegria a traves del gustoLa alegria a traves del gusto
La alegria a traves del gusto
 
Alimentos
AlimentosAlimentos
Alimentos
 
O noso monstro rosa
O noso monstro rosaO noso monstro rosa
O noso monstro rosa
 
MOITO SENTIDIÑO
MOITO SENTIDIÑOMOITO SENTIDIÑO
MOITO SENTIDIÑO
 
Unha pequena equivocacion
Unha pequena equivocacionUnha pequena equivocacion
Unha pequena equivocacion
 
Monstro rosa
Monstro rosaMonstro rosa
Monstro rosa
 
Sabias que
Sabias queSabias que
Sabias que
 
Triptico biblioteca escolar cee a barcia
Triptico biblioteca escolar cee a barciaTriptico biblioteca escolar cee a barcia
Triptico biblioteca escolar cee a barcia
 
Libros recomendados samain
Libros recomendados samainLibros recomendados samain
Libros recomendados samain
 
Dia das bibliotecas. presentacion rematada
Dia das bibliotecas. presentacion rematadaDia das bibliotecas. presentacion rematada
Dia das bibliotecas. presentacion rematada
 
Maosto 2020
Maosto 2020Maosto 2020
Maosto 2020
 
Cee a barcia. ano ii er
Cee a barcia. ano ii erCee a barcia. ano ii er
Cee a barcia. ano ii er
 
CEE A BARCIA. EDUCACIÓN RESPONSABLE. AÑO 2
CEE A BARCIA. EDUCACIÓN RESPONSABLE. AÑO 2CEE A BARCIA. EDUCACIÓN RESPONSABLE. AÑO 2
CEE A BARCIA. EDUCACIÓN RESPONSABLE. AÑO 2
 
Patrulla recicladora
Patrulla recicladora Patrulla recicladora
Patrulla recicladora
 
Actividades galletas de nutella
Actividades galletas de nutellaActividades galletas de nutella
Actividades galletas de nutella
 
Que tenemos que hacer todos los dias
Que tenemos que hacer todos los diasQue tenemos que hacer todos los dias
Que tenemos que hacer todos los dias
 

Recently uploaded

Non penses nun elefante rosa antía yáñez.pdf
Non penses nun elefante rosa antía yáñez.pdfNon penses nun elefante rosa antía yáñez.pdf
Non penses nun elefante rosa antía yáñez.pdfRemoeaLinguaLinguaGa
 
a cuarta onda traballo sobre o libro.pdf
a cuarta onda traballo sobre o libro.pdfa cuarta onda traballo sobre o libro.pdf
a cuarta onda traballo sobre o libro.pdfRemoeaLinguaLinguaGa
 
GUIÓN DA XIMCANA CAIÓN SOLUCIONARIO.docx
GUIÓN DA XIMCANA CAIÓN SOLUCIONARIO.docxGUIÓN DA XIMCANA CAIÓN SOLUCIONARIO.docx
GUIÓN DA XIMCANA CAIÓN SOLUCIONARIO.docxAgrela Elvixeo
 
Como atopar informacion de confianza na rede
Como atopar informacion de confianza na redeComo atopar informacion de confianza na rede
Como atopar informacion de confianza na redeEduNoia1
 
Revista Chío Maio 2024, n-30 artigo de A G M.pdf
Revista Chío Maio 2024, n-30 artigo de A G M.pdfRevista Chío Maio 2024, n-30 artigo de A G M.pdf
Revista Chío Maio 2024, n-30 artigo de A G M.pdfAntonio Gregorio Montes
 
Resistencia (Unha historia tenra e dramática que non te defraudará (1).pdf
Resistencia (Unha historia tenra e dramática que non te defraudará (1).pdfResistencia (Unha historia tenra e dramática que non te defraudará (1).pdf
Resistencia (Unha historia tenra e dramática que non te defraudará (1).pdfRemoeaLinguaLinguaGa
 
Traballo Ruido,Relatos de Guerra por Daniel Carcamo Avalo..pdf
Traballo Ruido,Relatos de Guerra por Daniel Carcamo Avalo..pdfTraballo Ruido,Relatos de Guerra por Daniel Carcamo Avalo..pdf
Traballo Ruido,Relatos de Guerra por Daniel Carcamo Avalo..pdfRemoeaLinguaLinguaGa
 

Recently uploaded (7)

Non penses nun elefante rosa antía yáñez.pdf
Non penses nun elefante rosa antía yáñez.pdfNon penses nun elefante rosa antía yáñez.pdf
Non penses nun elefante rosa antía yáñez.pdf
 
a cuarta onda traballo sobre o libro.pdf
a cuarta onda traballo sobre o libro.pdfa cuarta onda traballo sobre o libro.pdf
a cuarta onda traballo sobre o libro.pdf
 
GUIÓN DA XIMCANA CAIÓN SOLUCIONARIO.docx
GUIÓN DA XIMCANA CAIÓN SOLUCIONARIO.docxGUIÓN DA XIMCANA CAIÓN SOLUCIONARIO.docx
GUIÓN DA XIMCANA CAIÓN SOLUCIONARIO.docx
 
Como atopar informacion de confianza na rede
Como atopar informacion de confianza na redeComo atopar informacion de confianza na rede
Como atopar informacion de confianza na rede
 
Revista Chío Maio 2024, n-30 artigo de A G M.pdf
Revista Chío Maio 2024, n-30 artigo de A G M.pdfRevista Chío Maio 2024, n-30 artigo de A G M.pdf
Revista Chío Maio 2024, n-30 artigo de A G M.pdf
 
Resistencia (Unha historia tenra e dramática que non te defraudará (1).pdf
Resistencia (Unha historia tenra e dramática que non te defraudará (1).pdfResistencia (Unha historia tenra e dramática que non te defraudará (1).pdf
Resistencia (Unha historia tenra e dramática que non te defraudará (1).pdf
 
Traballo Ruido,Relatos de Guerra por Daniel Carcamo Avalo..pdf
Traballo Ruido,Relatos de Guerra por Daniel Carcamo Avalo..pdfTraballo Ruido,Relatos de Guerra por Daniel Carcamo Avalo..pdf
Traballo Ruido,Relatos de Guerra por Daniel Carcamo Avalo..pdf
 

Orteses corses e axudas tecnicas para a bipedestacion e a marcha

  • 1. ÓRTESES, AXUDAS TÉCNICAS PARA A BIPEDESTACIÓN E A MARCHA SERVIZO DE FISIOTERAPIA
  • 2. As órteses son: ⚫ Dispositivos ortopédicos que se aplican a un ou varios segmentos corporais para previr a aparición de deformidades, corrixir ou diminuír as xa existentes ou ben facilitar unha función que non existe ou está alterada. ⚫ Existen moitos tipos: dispositivos para a posición correcta de nocellos e pés, para os xeonllos, férulas de todo o membro inferior, para provocar a separación de cadeiras, férulas para manter o pulso e dedos estirados .... e tamén corsés para a corrección das deformidades de columna vertebral. ⚫ Nas seguintes diapositivas presentamos as que estaba usando algún do noso alumnado e algunha indicación a modo de recordatorio.
  • 3. Órteses antiequino ⚫ As órteses antiequino permiten corrixir e controlar as alteracións posturais do nocello e do pé (normalmente o equino, valgo ou varo). ⚫ Os AFOS y DAFOS son órteses antiequino. ⚫ A.F.O. (Ankle Foot Orthesis): órteses de nocello e pé, pode ser estándar ou feita a medida. Úsase para o control postural.
  • 4. Órteses antiequino ⚫ D.A.F.O. (Dynamic Ankle Foot Orthesis): órtese dinámica de nocello e pé. Diferénciase da anterior en que esta é unha órtese envolvente do pé que ten como función ademais do control postural axudar e facilitar a marcha. ⚫ O obxectivo é manter o nocello e o pé nunha posición funcional dando o mínimo soporte necesario para limitar o menos posible as habilidades motrices.
  • 5. Órteses antiequino ⚫ Xa que son dispositivos que se elaboran de forma individualizada deben encaixar perfectamente nos contornos do pé, nocello e perna. Tamén deben resultar confortables dentro do posible. ⚫ É importante ter en conta que a medida que o alumnado medra ou cambian os obxectivos funcionais é preciso revisar estes dispositivos.
  • 6. Colocación antiequino ⚫ Alumno sentado ou tumbado. ⚫ Soltar todas as cinchas, colocar o membro inferior na posición correcta facéndoo coincidir coa forma da férula, facilitará a colocación ter o xeonllo flexionado. ⚫ Axustar primeiro a cincha que coincide na articulación: debe ir axustada pero sen comprimir demasiado. A maioría levan unha lengüeta debaixo da cincha para evitar roces, debemos colocala totalmente estirada.
  • 7. Colocación antiequino ⚫ Colocamos o resto de cinchas para que manteñan a posición sen apretar. ⚫ Recomendamos uns calcetíns altos para evitar o roce da órtese na pantorrilla. ⚫ Con respecto ao tempo de colocación debemos ter en conta a tolerancia do alumno, hai nenos que conseguen levala todo o día e outros aos que lles molesta antes. Non debe molestar.
  • 8. Órteses para pulso e man ⚫ Hai moitos tipos pero as que estaban usando o noso alumnado este curso son órteses de posicionamento, que teñen como obxectivo manter a estrutura, evitar retraccións na musculatura e na estrutura ligamentosa e manter a correcta alineación.
  • 9. Colocación ⚫ Soltar todas as cinchas, colocar o membro superior na posición correcta facéndoo coincidir coa forma da férula, facilitará a colocación realizar previamente estiramentos de pulso e dedos. ⚫ Axustar primeiro a cincha que coincide na articulación do pulso, despois debemos insistir na apertura do dedo polgar para que quede ben estirado e na posición correcta, logo facemos a extensión do resto dos dedos e finalmente colocamos a cincha superior. ⚫ Debe ir axustada pero sen comprimir demasiado.
  • 10. ⚫ Hai algún alumno que ten prescritas férulas para os dous membros superiores, pódense poñer simultáneamente aínda que normalmente colocamos primeiro unha e despois outra. Se hai maior afectación dunha man colocar preferentemente a da man mais afectada. ⚫ No noso alumnado este tipo de férulas soen ser peor toleradas así que se manterán durante un tempo suficiente pero según tolerancia.
  • 11. CORSÉS ⚫ Os corsés empréganse para o tratamento das desviacións da columna vertebral. Hai moitos tipos segundo o tipo de desviación e a corrección que se queira obter. ⚫ Están prescritos polo médico e son individualizados para as características do alumno. ⚫ Colocalos segundo a prescrición. ⚫ Axustalo ben para que se manteña na posición correcta. ⚫ Colocar unha camiseta por debaixo para minimizar a fricción, sen enrugas e o mais estirada posible. ⚫ Convén vixiar os puntos de apoio para evitar feridas ou lesións (sobre todo a nivel axilar e pélvico).
  • 12.
  • 13. As axudas técnicas Son aqueles dispositivos que serven para conseguir unha maior independencia e facilitar ou mellorar funcións que o individuo non é capaz de facer sen axuda. Poden axudar a actividades da vida diaria e tamén serven para favorecer a posición de bipedestación e a marcha. Nas seguintes diapositivas facemos un recordatorio daquelas que usa algún do noso alumnado para favorecer a bipedestación e a marcha.
  • 14. Bipedestadores ⚫ Os bipedestadores son axudas técnicas que serven para conseguir a posición do neno en bipedestación cando o control motriz non está o suficientemente desenvolvido para permitir estar de pé sen axuda.
  • 15.
  • 16. Tipos de bipedestadores ⚫ Hai moitos tipos e o servizo de atención temperá ou rehabilitación prescribe o mais axeitado para as necesidades do alumnado: ⚫ con apoio anterior ou posterior ⚫ que permiten a inclinación diminuíndo o traballo do neno para manter a verticalidade. ⚫ que permiten regular a posición dos pés, dos xeonllos, das cadeiras, a altura dos controis de tronco.... ⚫ bipedestadores termoplásticos feitos a medida...
  • 17.
  • 18. ⚫ O que estaban empregando de xeito mais habitual o alumnado do noso servizo é o bipedestador básico que é adecuado para a maioría de casos, cómodo e fácil de usar.
  • 19. Uso do bipedestador ⚫ Comprobar que a colocación de cada articulación é a axeitada: que os nocellos se atopan a 90 grados, o xeonllo o mais alineado posible, a cincha glútea á altura adecuada para permitir que a cadeira esté o mais estirada posible e o tronco tamén alineado sen inclinacións nin rotacións. ⚫ No alumnado que o ten prescrito é unha moi boa opción para realizar o cambio postural. ⚫ Adecuar os tempos de permanencia á tolerancia do neno evitando a fatiga, é importante que manteña unha posición axeitada mais que que estea moito tempo.
  • 20. Axudas técnicas para a marcha ⚫ Se non existen contraindicacións e o desenvolvemento motor o permite está moi recomendado facilitar a marcha. ⚫ Para a reeducación da marcha úsanse moitos dispositivos: guindastres que permiten a marcha, as paralelas, andadores, trípodes, muletas, bastóns...
  • 21. Andadores ⚫ Neste momento o noso alumnado está usando preferentemente andadores. ⚫ Existen moitísimos tipos, os mais habituais son: ⚫ Andadores anteriores e posteriores ⚫ Andadores axilares ⚫ Andador tipo «pony» ⚫ Andador dinámico con órtesis tipo «NF Walker»
  • 22. Uso do andador ⚫ Sempre tentaremos que os nenos sexan o mais activos que podan dentro das posibilidades de cada un, así que se o alumno ten prescrito un andador debe quitarlle o maior partido que lle sexa posible. ⚫ Ao igual que nos bipedestadores é importante comprobar que o andador está ben regulado para as características do neno e adaptado á súa altura. ⚫ Cando camiñe tentar que realice unha marcha o mais normalizada posible e corrixir as alteracións que observemos: que apoie ben os pés (talón-punta), que non arrastre os pés, que o apoio sexa simétrico, o tronco e a cabeza erguidos, que realice o menor apoio posible ...