1. Edificio Administrativo San Caetano, s/n
15781 Santiago de Compostela
www.edu.xunta.es
PRESENTACIÓN
A formación permanente do profesorado resulta especialmente importante no ensino a
distancia, polos trazos peculiares que a caracterizan e a súa metodoloxía específica.
As Tecnoloxías da Información e da Comunicación (TIC) ofrecen moitas posibilidades
para o desenvolvemento da educación a distancia, polo que é necesario que o
profesorado adquira ou actualice as habilidades que lle permitan adaptar os modelos
pedagóxicos a esta modalidade de ensino.
O curso de Formación de persoas adultas a través de plataformas virtuais de
aprendizaxe ten como obxectivo orientar ao profesorado.