Novembro Oriental. Acompáñanos nunha fantástica viaxe polas culturas milenarias de China e Xapón. Na Biblioteca Municipal Infantil e Xuvenil, durante todo o mes de novembro teremos charlas, obradoiros, contacontos..., ademais dunha escolma de novelas, poesía, contos, películas, obras divulgativas, etc., dirixidas a todo tipo de público. A cal te apuntas?