Con motivo da celebración do Día Internacional da eliminación da violencia contra a muller, que se celebra o 25 de novembro, poñemos a disposición do noso público unha mostra de materiais relacionados con esta temática coa finalidade de chamar a atención e divulgar a mensaxe de loita na procura de poñer fin a esta lacra social. Suscitar interese, achegarse á problematica, visibilizar o que segue a constituír un problema en moitas familias e múltiples espazos de noso día a día, así como amosar contidos que apoien ás persoas que sufren ou aos seus entornos para poder asesoralas, é a finalidade desta escolma de materiais. Cine, música, cómic, ensaio, novela e todo un abano de contidos que dende a Biblioteca Ágora esperamos sirvan para visibilizar e loitar contra a discriminación, o maltrato e a violación dos dereitos das mulleres.