Selección de textosdo libro ”Acuario”, que
publica Edicións Embora, escrito por María
Canosa, e con ilustracións de Dani Padrón.
2.
Este animal
de apetitovoraz
ten unha aleta
como a do arroaz.
Fero o gran peixe
de famosa aleta
é tamén coñecido
co nome de quenlla.
Aí ven ao lonxe
coa boca aberta
ataca cos dentes
ataca coa aleta.
Todo o seu corpo
é un perigo.
agarrate forte
e fuxe comigo.
3.
O corpo nono cobren
nin pelo nin escamas,
si aneis e placas
con formas ben raras.
A forma da cabeza
e o fociño alongado
deulle a este peixe
o nome de cabalo.
O curioso do rabo
é non telo estirado
en lugar de teso
está ben revirado.
Dá moitas voltas
fai unha espiral.
o rabo do cabalo?
totalmente xenial.
4.
Unha cabeza
e unúnico pé.
só con iso
sabemos quen é.
Tan só cunha perna
non pode camiñar
por iso aos penedos
se ten que agarrar.
Pola marea
están ben batidos
para eles as ondas
son aloumiños.
Ten na cabeza unha chea de
cunchas
que fan de coroa
todas ben xuntas.
5.
Pode ser verde
podeser azul
de todas as cores
ou da cor da luz.
É moi branda
como a xelatina
son filamentos
as patas finas.
Móvese pola auga
cal fose voar,
pero gústalle máis
botarse a bailar.
Son moi fermosas.
quéroas coller.
non as toques, neno,
que te vai proer!
Como é transparente
elle moi fácil
agocharse da xente.
6.
Por extremidades
ten oitoraios
non é ningún sol,
sonche os seus brazos!
Nestes apéndices
ten fortes ventosas
con elas agárrase
a furnas e rochas.
Que brando, que mol
corpo e cabeza,
ben pode meterse
nalgunha botella.
Como unha mensaxe
poderá chegar
navegando no vidro
moi lonxe no mar.
7.
Coouse no barco
alópolo fondo
unha gran familia
que vive no lodo
Teñen dúas cunchas
que lles fan de casa
con elas protéxense
e nada lles pasa.
Se algún peixe
as vai molestar
as súas cunchas
deben pechar.
Son pequenas
son ben feitas,
están saborosas
á mariñeira.
8.
De todos osque viven
dentro do mar
é o máis grande,
sen comparar!
Non é un peixe,
pero nada ben
no medio da auga
como se mantén!
É cetáceo
é mamífero.
no alto do lombo
ten un orificio.
Por el sae auga
en forma de ducha.
dispara tan forte..
que asusta!
9.
Dúas cunchas
negro-azuladas
protexen acarne
da cor da laranxa.
Nunha batea
poden medrar
ou moi agarrados
ás rochas do mar.
Aínda que semellan
unhas castañolas
están moi ricos
fervidos en olas.
Tamén están bos
á vinagreta
sendo sinxela
esta receita.