5. Levaduras
● Son fungos unicelulares pertencentes aos ascomicetes.
● Presentan formas ovais, esféricas ou cilíndricas.
● En algúns casos poden ter forma filamentosa como na “Candida albicans”.
● Divídense asexualmente por xemación ou fisión e algúns xéneros presentam un ciclo
sexual mediante conxugación (“Saccharomyces cerevisiae”).
● Acostuman a medrar en medios con alto contido en glícidos (azucres) coma flores,
froitas ou cortizas.
● Hai especies de vida libre, outras simbiontes con variados organismos (hainas vivindo
no estómago humano) e tamén as hai parasitas.
● Moitas delas teñen un alto interese comercial xa que son empragadas en procesos
fermentativos varios como a produción de viño, cervexa, lácteos e pan.
48. ● Versicolor
● “Trametes versicolor”
● Non se usa en cociña, pero veñen de probar en Xapón que o seu consumo é
medicinal para loitar contra o cancro de estómago.