Jeanette Winter, Biblioburro
Aidea do Biblioburro comezou no Departamento de Magdalena (Colombia), cando
o profesor Luis Humberto Soriano, observando como os nenos e nenas de zonas
rurais chegaban á escola sen facer as tarefas por falta de libros, decidiu coa
axuda dun burro levarlles, durante as fins de semana, libros.
“Esta es una historia real que sucede en Colombia.
El maestro Luis, un día, decide cargar sus dos burros, Alfa
y Beto, con libros, para llevarlos a los niños que, por vivir
en alejadas zonas rurales, no tienen acceso a ellos. Desde
entonces, recorre el país con su biblioteca ambulante”.
O BIBLIOBURRO
3.
Jeanette Winter, Labibliotecaria de Basora
A BIBLIOTECARIA DE BASORA
A invasión de Iraq alcan-
zou Basora o 6 de abril do
2003. Coa axuda de ami-
gos e veciños, a directora
da Biblioteca Central de
Basora, Alia Muhammad
Baker, conseguiu rescatar
o setenta por cento da co-
lección da biblioteca, an-
tes de que se incendiara
nove días máis tarde.
Shaila K. Dewan, reportei-
ra do New York Times foi
a primeira en revelar es-
tes feitos ao mundo.
Pouco despois de que a bi-
blioteca fose destruída,
Alia sufriu unha apoplexía
e tiveron que operala do
corazón.
Na súa recuperación xa
estaba decidida a ver a
reconstrución da bibliote-
ca.
4.
“Down Cut ShinCreek, The Pack Horse Librarians of Kentucky”,
by Kathi Appelt and Jeanne Cannella Schmitzer
Heather Henson, La señora de los libros
AS SEÑORAS
DOS LIBROS
Esta iniciativa comezou en 1935.
As “señoras dos libros”, cabalgando por
difíciles e tortuosos camiños, levaban a
biblioteca pública ás zonas pobres onde
só se podía acceder a pé, a cabalo ou
cunha mula. Aínda que foi un éxito, o
programa rematou en 1943.
Montes Apalaches, Kentucky
5.
O bubisher éun pequeno paxaro do deserto que anuncia boas novas. Con esta mensaxe, o
Proxecto Bubisher pretende proporcionar acceso á cultura e ao coñecemento a un pobo
abandonado pola comunidade internacional, o pobo saharaui.
A rede de bibliotecas e autobuses puxéronse en marcha, cargados de libros, no ano 2008
con destino aos campos de refuxiados e refuxiadas saharauis de Tinduf (Arxelia).
Foto: Gonzalo Moure
Foto: Bubisher.org
BUBISHER
6.
Fotos: Universidade deChicago Press
Jambyn Dashdondog é un escritor infantil de Mongolia, autor de máis de 100
libros, que viaxa polo seu país para facer chegar contos aos nenos e nenas das
comunidades de pastores nómades e das áreas remotas do deserto de Gobi.
Esta orixinal biblioambulante é un camello.
"As paredes desta sala de lectura
están feitas de montañas cubertas de
bosques, o teito é o ceo azul, o chan é
unha estepa cuberta de flores, e a
bombilla de lectura é o sol".
BIBLIOCAMELLO
7.
Arma de instrucción
masiva
Oartista arxentino Raúl Lemesoff recorre cada día as rúas de Bos Aires nun tanque que
dispara libros. O proxecto chámase Arma de Instrucción Masiva (ADIM) e pretende levar
a cultura aos barrios máis desfavorecidos das cidades arxentinas.
Tamén vai polas rúas elegantes para conseguir doazóns.
Foto: Raúl Lemessoff
8.
En Laos, asONGs Room to Read, ElefantAsia e Action with Lao
Children puxeron en funcionamento unha biblioteca ambulante que
pode transportar ata 150 kg. de libros. O encargado desta tarefa é
un elefante. O obxectivo: axudar á alfabetización das zonas rurais
e concienciar á poboación sobre o perigo de extinción dos elefantes
asiáticos.
BIBLIOELEFANTE
9.
KUDAPUSTAKA
Ridwan Sururi
cuidador decabalos
Lúa
cabalo salvaxe domesticado
A biblioteca a cabalo
achega libros doados ás
escolas dos pobos remotos
en Indonesia.
Putu Sayoga/Getty Images
10.
BIBLIOTAPTAP
Foto: Bibliothèques SansFrontières
Este proxecto, posto en marcha por Bibliothèques Sans Frontières, quere promocionar a
lectura en zonas vulnerables de Haití e apoiar, tamén, ás escolas.