SlideShare a Scribd company logo
1 of 1
Download to read offline
MANIFESTO NO DÍA ESCOLAR DA PAZ E A NON VIOLENCIA
Hoxe Día escolar da Paz e a non Violencia dende o CPI Conde de Fenosa manifestámonos e
pronunciámonos:
Somos os nenos e nenas que integrarán a sociedade do século XXI e soñamos cun planeta en
harmonía entre as xentes e paz entre os pobos.
Soñamos que chegará o día en que as fronteiras marcarán só os antigos reinos nos que se xestou
unha lingua e unha cultura, pero non serán xa máis os filtros con que uns homes excluamos do noso
lado a outros irmáns nosos.
Soñamos co día en que os recursos da terra permitan a cada pobo o seu propio desenvolvemento,
cesen as explotacións dos máis fortes sobre os máis débiles e o desenvolvemento e a cultura sexan
os fundamentos da vida das nacións en paz.
Soñamos co día en que as nosas valoracións non terán en conta o sexo nin as razas sobre a terra,
porque a máxima importancia consistirá en ser persoa humana.
Soñamos co día en que os corazóns de todos superen os receos, as envexas e as desconfianzas e nos
patios das nosas escolas non se coñezan nunca máis as pelexas nin as ameazas.
Soñamos co día en que todos os fogares sexan o espazo onde os adultos cada día recobran a
bondade interior e a tenrura e nós, os pequenos, desenvolvamos uns ollos limpos e un corazón
forte.
Soñamos co día en que sexa necesario borrar do dicionario palabras como terrorismo, guerra,
violación, escravitude... porque, logo de caer en desuso, carecen xa de significado.
Soñamos que chegará un fermoso día no que as montañas e os bosques, os mares e os peixes, o ar,
as plantas, os animais e o home serán pureza e harmonía natural.
SOÑAMOS CON ESTE FERMOSO DÍA PORQUE O QUEREMOS, PORQUE O INSTINTO DE VIDA DINOS
QUE O NECESITAMOS, PORQUE DE NÓS DEPENDE, E CADA DÍA SOMOS MÁIS E MÁIS OS QUE NOS
ESTAMOS CONVENCENDO.
QUE CHEGUE PRONTO O DÍA EN QUE TODOS, AO LEVANTAR A VISTA, VEXAMOS UN MUNDO NOVO
ONDE POÑA ¡SOLIDARIEDADE, AMOR E LIBERDADE!
                                          VIVA A PAZ!!!

More Related Content

More from Yolanda Castro

More from Yolanda Castro (20)

través del podes desatar a túa imaxinación
 través del podes desatar a túa imaxinación través del podes desatar a túa imaxinación
través del podes desatar a túa imaxinación
 
Manifesto no Día dos Dereitos dos Nen@s e en contra la Violencia de Xénero.
Manifesto no Día dos Dereitos dos Nen@s e en contra la Violencia de Xénero.Manifesto no Día dos Dereitos dos Nen@s e en contra la Violencia de Xénero.
Manifesto no Día dos Dereitos dos Nen@s e en contra la Violencia de Xénero.
 
Manifesto carreira solidaria 2019. cpi virxe da cela
Manifesto carreira solidaria 2019. cpi virxe da celaManifesto carreira solidaria 2019. cpi virxe da cela
Manifesto carreira solidaria 2019. cpi virxe da cela
 
La silla roja cuento ilustrado
La silla roja cuento ilustradoLa silla roja cuento ilustrado
La silla roja cuento ilustrado
 
The red chair
The red chairThe red chair
The red chair
 
A cadeira vermella conto ilustrado
A cadeira vermella conto ilustradoA cadeira vermella conto ilustrado
A cadeira vermella conto ilustrado
 
Revista albares 2019
Revista albares 2019Revista albares 2019
Revista albares 2019
 
Plantilla percorrido de santiago
Plantilla percorrido de santiagoPlantilla percorrido de santiago
Plantilla percorrido de santiago
 
Unidade didactica entroido
Unidade didactica entroidoUnidade didactica entroido
Unidade didactica entroido
 
Monfero manifesto paz 2019
Monfero manifesto paz 2019Monfero manifesto paz 2019
Monfero manifesto paz 2019
 
Ecoactive por Pablo y Marta
Ecoactive por Pablo y MartaEcoactive por Pablo y Marta
Ecoactive por Pablo y Marta
 
My reflection about the erasmus to croatia
My reflection about the erasmus to croatiaMy reflection about the erasmus to croatia
My reflection about the erasmus to croatia
 
My experience learning about ecology in croatia
My experience learning about ecology in croatiaMy experience learning about ecology in croatia
My experience learning about ecology in croatia
 
Programa xx asamblea red de centros solidarios. cpi Virxe da Cela. Monfero
Programa xx asamblea red de centros solidarios. cpi Virxe da Cela. MonferoPrograma xx asamblea red de centros solidarios. cpi Virxe da Cela. Monfero
Programa xx asamblea red de centros solidarios. cpi Virxe da Cela. Monfero
 
Manifesto Día Internacional contra a Violencia de Xénero
Manifesto Día Internacional contra a Violencia de XéneroManifesto Día Internacional contra a Violencia de Xénero
Manifesto Día Internacional contra a Violencia de Xénero
 
Bases concurso Fotografía Concello de Ares
Bases concurso Fotografía Concello de AresBases concurso Fotografía Concello de Ares
Bases concurso Fotografía Concello de Ares
 
Revista ALBARES. Curso 2017-2018
Revista ALBARES. Curso 2017-2018Revista ALBARES. Curso 2017-2018
Revista ALBARES. Curso 2017-2018
 
Bases PREGUNTÓN 2018
Bases PREGUNTÓN 2018Bases PREGUNTÓN 2018
Bases PREGUNTÓN 2018
 
Manifesto 8 marzo, Día da Muller. CPI As MIrandas
Manifesto 8 marzo, Día da Muller. CPI As MIrandasManifesto 8 marzo, Día da Muller. CPI As MIrandas
Manifesto 8 marzo, Día da Muller. CPI As MIrandas
 
Mulleres gañadoras do premio nobel da paz
Mulleres gañadoras do premio nobel da pazMulleres gañadoras do premio nobel da paz
Mulleres gañadoras do premio nobel da paz
 

Manifesto polo día da paz

  • 1. MANIFESTO NO DÍA ESCOLAR DA PAZ E A NON VIOLENCIA Hoxe Día escolar da Paz e a non Violencia dende o CPI Conde de Fenosa manifestámonos e pronunciámonos: Somos os nenos e nenas que integrarán a sociedade do século XXI e soñamos cun planeta en harmonía entre as xentes e paz entre os pobos. Soñamos que chegará o día en que as fronteiras marcarán só os antigos reinos nos que se xestou unha lingua e unha cultura, pero non serán xa máis os filtros con que uns homes excluamos do noso lado a outros irmáns nosos. Soñamos co día en que os recursos da terra permitan a cada pobo o seu propio desenvolvemento, cesen as explotacións dos máis fortes sobre os máis débiles e o desenvolvemento e a cultura sexan os fundamentos da vida das nacións en paz. Soñamos co día en que as nosas valoracións non terán en conta o sexo nin as razas sobre a terra, porque a máxima importancia consistirá en ser persoa humana. Soñamos co día en que os corazóns de todos superen os receos, as envexas e as desconfianzas e nos patios das nosas escolas non se coñezan nunca máis as pelexas nin as ameazas. Soñamos co día en que todos os fogares sexan o espazo onde os adultos cada día recobran a bondade interior e a tenrura e nós, os pequenos, desenvolvamos uns ollos limpos e un corazón forte. Soñamos co día en que sexa necesario borrar do dicionario palabras como terrorismo, guerra, violación, escravitude... porque, logo de caer en desuso, carecen xa de significado. Soñamos que chegará un fermoso día no que as montañas e os bosques, os mares e os peixes, o ar, as plantas, os animais e o home serán pureza e harmonía natural. SOÑAMOS CON ESTE FERMOSO DÍA PORQUE O QUEREMOS, PORQUE O INSTINTO DE VIDA DINOS QUE O NECESITAMOS, PORQUE DE NÓS DEPENDE, E CADA DÍA SOMOS MÁIS E MÁIS OS QUE NOS ESTAMOS CONVENCENDO. QUE CHEGUE PRONTO O DÍA EN QUE TODOS, AO LEVANTAR A VISTA, VEXAMOS UN MUNDO NOVO ONDE POÑA ¡SOLIDARIEDADE, AMOR E LIBERDADE! VIVA A PAZ!!!