1. –
Orgullosos do NOSO. Orgullosos do UN, da casa, da eira, das corredoiras e dos
carballos, das cerradas e das cancelas, dos regatos e das pingueiras. Dos castros,
penedos, cruceiros, outeiros, fervenzas e toxeiras. Pombais, muíños e hórreos. A
igrexa, o cemiterio,o campo da festa e o de fútbol. A taberna e o tele-club.
Todos eles son partes de UN e agora queremos recollelos, capturalos en imaxes,
para formar parta da nosa memoria fotográfica.
COLABORA aportando todas as fotos que queiras. No nome do arquivo indica onde foi tomada. Se a cámara (ou
móbil) ten a posibilidade, preferimos que activedes o GPS para logo poder ubicalas no Google Maps. Ten en
conta que son para un arquivo público ase que non convén que aparezan persoas salvo que estas den o seu
consentimento para ser publicadas.
mais información en www.edu.xunta.es/centros/iesnumero1estrada