SlideShare a Scribd company logo
1 of 3
Download to read offline
NOTA DE PRENSA

En relación coas denuncias de supostas brutalidades contra o Exercito israelí
                         durante a guerra en Gaza.



O pasado 15 de Xullo de 2009, os medios de comunicación de todo o mundo
divulgaban un informe da ONG israelí Shovrim Shtika (Rompendo o silencio) no que
ao longo de 110 páxinas denuncia que, durante a operación "Chumbo Fundido" (27
de decembro do 2008 - 17 de xaneiro do 2009), as tropas das Forzas de Defensa de
Israel actuaron con brutalidade innecesaria á hora de levar a cabo os seus obxetivos
militares. Esta información foi difundida coma certa polos medios de comunicación,
ocasionando un gran escándalo a nível mundial. Así, por exemplo, o londinense The
Times publica: "As descripcións dos soldados confirman a información anteriormente
publicada por The Times durante a ofensiva, de que os soldados recibiran ordes de
disparar primeiro e preguntar despois". Sen embargo, "confirmar" significa que hai
probas que o demostran. Hainas neste caso? Hai algo sólido ao que aferrarse para
dar por certa estas informacións?

A Asociación Galega de Amizade con Israel está integrada por máis de douscentos
galegos e galegas que, voluntariamente, escollemos colaborar para fomentar na
medida das nosas posibilidades as relacións entre Galicia e Israel, ademáis de
recuperar o pasado xudeu de Galicia e alertar dos perigos da xudeofobia, entre
outras. A nosa simpatía é, pois, cara o Pobo de Israel, non cara o Goberno que en
cada época os israelíes escollan libremente, e polo tanto non varía en función de
que no poder se atope unha ou outra cor política. Pero cando, coma neste caso, as
institucións do Estado, vense gravemente difamadas, queremos expoñer toda a
información á luz pública para que a sociedade galega decida con pleno
coñecemento de causa.

Na democracia israelí existe unha ampla variedade de asociacións que teñen coma
obxetivo vixiar e fiscalizar a actuación do seu Goberno, comprobando que, en cada
actuación das institucións de Estado, se procede conforme á legalidade.

Dende a Asociación Galega de Amizade con Israel, comprometidos coma estamos
cos valores de liberdade e democracia que imperan en Israel, e que oxalá algún día
se extendan aos países limítrofes, non podemos por menos que estar satisfeitos
desa mostra de normalidade democrática que é a vixiancia cidadá das actuación
gubernativas. Se a súa actuación consiste en denunciar posibles erros de xeito
construtivo, con vista a mellorar o funcionamento das institucións públicas, a súa
lexitimidade está fóra de toda dúbida. Porén, e co debido respeto para a ONG
"Rompendo o silencio", neste caso danse varias circunstancias que presentar puntos
moi escuros.

En primeiro lugar, e o máis importante, o informe de "Rompendo o silencio" non
presenta nin unha sóa proba que o respalde. O único contido do mesmo son as
declaracións anónimas de vinteseis soldado que afirman que participaron na
operación militar en Gaza. Só se coñece a identidade dunha persoa, o sarxento
reservista Amir. Sen embargo, este informe está a ser tomado coma plenamente
certo por xornais de todo o mundo, sen proceder sequera a algo tan elemental,
ainda que por desgraza hoxendía de capa caída, coma é o de contrastar a
información. Sinceramente, é difícil imaxinar que un informe baseado en
declaracións anónimas e sen probas merecese o mesma credibilidade en calquera
outra situación.

En segundo lugar, o xeito de actuar da ONG parece abertamente desleal, e máis ca
unha vontade de correxir erros o que denota é a intención de danar a imaxe pública
das Forzas de Defensa de Israel. Despois de calquera operación do exército israelí,
se algúen presenta queixas por unha actuación concreta, éstas son remitidas ao
Ministerio de Defensa para que abra unha investigación que determine si están ou
non fundadas, e en caso afirmativo, tomar as medidas pertinentes contra o soldado
ou soldados implicados; arresto, degradación, e mesmo prisión, en función da
gravidade do feito. Este é o procedemento habitual. Logo da operación "Chumbo
Fundido" abriuse unha investigación na que se recolleron todas as reclamacións
feitas tanto por soldados participantes coma por diferentes ONG´s. O resultado da
investigación determinou que, se ben se produciran vítimas civís, debido ás zonas
densamente urbanas nas que se levou a cabo o combate, os soldados das FDI
actuaron en todo momento co obxetivo de tentar minimizar o número de vítimas
inocentes.

"Rompendo o silencio" puido remitir as súas denuncias durante o transcurso da
investigación para que se tomasen en conta coma todas as demáis e, se non
quedaba satisfeita coas conclusións da mesma, podía posteriormente publicar o seu
informe explicando en qué non estaba dacordo coa investigación oficial. No seu
lugar, o que esta ONG fixo foi agardar a varias semanas despois de que se
publicase o informe oficial do Ministerio de Defensa para remitirlle o seu propio
informe só vintecatro horas antes de facelo público, sen deixar tempo para investigar
os datos aportados. Parécenos importante insistir neste punto; se a ONG tiña
vontade real de depurar posibles responsabilidades e de evitar que os feitos que
denunciaban, en caso de que tiveran producido non se repetisen, non se entende
que non se acollesen ao procedemento habitual. Se os resultados non foran
satisfactorios, repetimos, sempre podía facelo público despois.

En terceiro lugar, o xornal Jerusalem Post divulga hoxe, 17 de xullo do 2009, unha
información sobre o financiamento da ONG que contribúe a aumentar as dúbidas
sobre a súa honestidade. Segundo revelaba onte, xoves 16, unha organización
baseada en Xerusalén que ten coma obxetivo controlar o correcto funcionamento
das organizacións non gubernamentais, a ONG "Rompendo o silencio" está
constituída baixo a forma xurídica de empresa, e non coma ONG. A distinción básica
é que na lexislación israelí as ONG´s están obrigadas a facer público o listado dos
seus donantes para garantir a transparencia, mentres que as empresas non teñen
porqué facer pública esta información en todos os casos.

Logo de que esta información se fixera pública, "Rompendo o silencio" aceptou
divulgar o rexistro de donantes do ano 2008. Entre outros, a ONG está financiada
pola Embaixada Británica en Tel Aviv, que donou só o ano pasado 226,589 shekels
(41.183 €), a embaixada de Alemaña, que donou 19.999 dólares (14.185,29 €), e a
Unión Europea, que abonou 43.541 euros. Evidentemente, estos datos non indican
que a ONG actuase coma o fixo para deslexitimar ao exército israelí, no canto de
facer unha crítica construtiva, pero o feito de que non fixera pública as súas fontes
de financiación ate que foi descuberta, contribúe a despexar as dúbidas.

A Asociación Galega de Amizade con Israel quere manifestar que considera as
medidas de autorregulación das que o Estado de Israel se dota en todo o seu
entramado institucional coma unha mostra clara do seu compromiso democrático.
Consecuentemente, se en casos puntuais a actuación dun soldado non se axusta ás
normas establecidas, é lóxico que se leve a cabo unha investigación ao respecto.
Non obstante, nesta ocasión temos dúbidas, entendemos que fundadas, de que o
obxetivo real do informe de "Rompendo o silencio" sexa contribuír a mellorar a
actuación das Forzas de Defensa de Israel, senón máis ben procurar a súa
difamación

Vigo, a 17 de Xullo de 2009




       Apartado de Correos 730 – 36200 Vigo / amizadeconisrael@yahoo.es /
                              www.amizadeconisrael.org

More Related Content

More from GZ-Israel

Seica o basilisco é animal de compaña
Seica o basilisco é animal de compañaSeica o basilisco é animal de compaña
Seica o basilisco é animal de compañaGZ-Israel
 
Jordi Pujol i els jueus primeres pagines
Jordi Pujol i els jueus primeres paginesJordi Pujol i els jueus primeres pagines
Jordi Pujol i els jueus primeres paginesGZ-Israel
 
Vida - Atlantico diario . 11.09.2011.01
Vida - Atlantico diario . 11.09.2011.01Vida - Atlantico diario . 11.09.2011.01
Vida - Atlantico diario . 11.09.2011.01GZ-Israel
 
Francis Papiernik na revista O Noso País
Francis Papiernik na revista O Noso PaísFrancis Papiernik na revista O Noso País
Francis Papiernik na revista O Noso PaísGZ-Israel
 
Tui xudeu 2011
 Tui xudeu 2011 Tui xudeu 2011
Tui xudeu 2011GZ-Israel
 
Sehudat Shabat en Atlantico diario
Sehudat Shabat en Atlantico diarioSehudat Shabat en Atlantico diario
Sehudat Shabat en Atlantico diarioGZ-Israel
 
Destino Israel. Por Pablo Veiga
Destino Israel. Por Pablo Veiga   Destino Israel. Por Pablo Veiga
Destino Israel. Por Pablo Veiga GZ-Israel
 
Shabat Monforte La Voz de Galicia 2
Shabat Monforte La Voz de Galicia 2Shabat Monforte La Voz de Galicia 2
Shabat Monforte La Voz de Galicia 2GZ-Israel
 
Shabat Monforte Voz de Galicia
Shabat Monforte Voz de GaliciaShabat Monforte Voz de Galicia
Shabat Monforte Voz de GaliciaGZ-Israel
 
Shabat monforte el progreso
Shabat monforte el progresoShabat monforte el progreso
Shabat monforte el progresoGZ-Israel
 
Boicot a China, Irán, Siria, Corea...
Boicot a China, Irán, Siria, Corea...Boicot a China, Irán, Siria, Corea...
Boicot a China, Irán, Siria, Corea...GZ-Israel
 
Aurora . 21.04.2011
Aurora . 21.04.2011Aurora . 21.04.2011
Aurora . 21.04.2011GZ-Israel
 
Boicot israel. xornal de galicia . 18.04
Boicot israel. xornal de galicia . 18.04Boicot israel. xornal de galicia . 18.04
Boicot israel. xornal de galicia . 18.04GZ-Israel
 
Xornal de Galicia . 18.04.2011
Xornal de Galicia  . 18.04.2011Xornal de Galicia  . 18.04.2011
Xornal de Galicia . 18.04.2011GZ-Israel
 
Por la paz contra el boicot contra israel
Por la paz contra el boicot contra israelPor la paz contra el boicot contra israel
Por la paz contra el boicot contra israelGZ-Israel
 
Por la paz_contra_el_boicot_contra_israel_Diario de Noticias
Por la paz_contra_el_boicot_contra_israel_Diario de NoticiasPor la paz_contra_el_boicot_contra_israel_Diario de Noticias
Por la paz_contra_el_boicot_contra_israel_Diario de NoticiasGZ-Israel
 
Pola Paz contra o Boicot a Israel . La Region de Ourense
Pola Paz contra o Boicot a Israel . La Region de OurensePola Paz contra o Boicot a Israel . La Region de Ourense
Pola Paz contra o Boicot a Israel . La Region de OurenseGZ-Israel
 
Per la Pau contra el boicot a Israel. AVUI
Per la Pau contra el boicot a Israel. AVUIPer la Pau contra el boicot a Israel. AVUI
Per la Pau contra el boicot a Israel. AVUIGZ-Israel
 
Pr la pau contra el boicot a israel. El Punt
Pr la pau contra el boicot a israel. El PuntPr la pau contra el boicot a israel. El Punt
Pr la pau contra el boicot a israel. El PuntGZ-Israel
 
Per la pau contra el boicot a Israel AVUI
Per la pau contra el boicot a Israel  AVUIPer la pau contra el boicot a Israel  AVUI
Per la pau contra el boicot a Israel AVUIGZ-Israel
 

More from GZ-Israel (20)

Seica o basilisco é animal de compaña
Seica o basilisco é animal de compañaSeica o basilisco é animal de compaña
Seica o basilisco é animal de compaña
 
Jordi Pujol i els jueus primeres pagines
Jordi Pujol i els jueus primeres paginesJordi Pujol i els jueus primeres pagines
Jordi Pujol i els jueus primeres pagines
 
Vida - Atlantico diario . 11.09.2011.01
Vida - Atlantico diario . 11.09.2011.01Vida - Atlantico diario . 11.09.2011.01
Vida - Atlantico diario . 11.09.2011.01
 
Francis Papiernik na revista O Noso País
Francis Papiernik na revista O Noso PaísFrancis Papiernik na revista O Noso País
Francis Papiernik na revista O Noso País
 
Tui xudeu 2011
 Tui xudeu 2011 Tui xudeu 2011
Tui xudeu 2011
 
Sehudat Shabat en Atlantico diario
Sehudat Shabat en Atlantico diarioSehudat Shabat en Atlantico diario
Sehudat Shabat en Atlantico diario
 
Destino Israel. Por Pablo Veiga
Destino Israel. Por Pablo Veiga   Destino Israel. Por Pablo Veiga
Destino Israel. Por Pablo Veiga
 
Shabat Monforte La Voz de Galicia 2
Shabat Monforte La Voz de Galicia 2Shabat Monforte La Voz de Galicia 2
Shabat Monforte La Voz de Galicia 2
 
Shabat Monforte Voz de Galicia
Shabat Monforte Voz de GaliciaShabat Monforte Voz de Galicia
Shabat Monforte Voz de Galicia
 
Shabat monforte el progreso
Shabat monforte el progresoShabat monforte el progreso
Shabat monforte el progreso
 
Boicot a China, Irán, Siria, Corea...
Boicot a China, Irán, Siria, Corea...Boicot a China, Irán, Siria, Corea...
Boicot a China, Irán, Siria, Corea...
 
Aurora . 21.04.2011
Aurora . 21.04.2011Aurora . 21.04.2011
Aurora . 21.04.2011
 
Boicot israel. xornal de galicia . 18.04
Boicot israel. xornal de galicia . 18.04Boicot israel. xornal de galicia . 18.04
Boicot israel. xornal de galicia . 18.04
 
Xornal de Galicia . 18.04.2011
Xornal de Galicia  . 18.04.2011Xornal de Galicia  . 18.04.2011
Xornal de Galicia . 18.04.2011
 
Por la paz contra el boicot contra israel
Por la paz contra el boicot contra israelPor la paz contra el boicot contra israel
Por la paz contra el boicot contra israel
 
Por la paz_contra_el_boicot_contra_israel_Diario de Noticias
Por la paz_contra_el_boicot_contra_israel_Diario de NoticiasPor la paz_contra_el_boicot_contra_israel_Diario de Noticias
Por la paz_contra_el_boicot_contra_israel_Diario de Noticias
 
Pola Paz contra o Boicot a Israel . La Region de Ourense
Pola Paz contra o Boicot a Israel . La Region de OurensePola Paz contra o Boicot a Israel . La Region de Ourense
Pola Paz contra o Boicot a Israel . La Region de Ourense
 
Per la Pau contra el boicot a Israel. AVUI
Per la Pau contra el boicot a Israel. AVUIPer la Pau contra el boicot a Israel. AVUI
Per la Pau contra el boicot a Israel. AVUI
 
Pr la pau contra el boicot a israel. El Punt
Pr la pau contra el boicot a israel. El PuntPr la pau contra el boicot a israel. El Punt
Pr la pau contra el boicot a israel. El Punt
 
Per la pau contra el boicot a Israel AVUI
Per la pau contra el boicot a Israel  AVUIPer la pau contra el boicot a Israel  AVUI
Per la pau contra el boicot a Israel AVUI
 

Nota De Prensa 17.07.09

  • 1. NOTA DE PRENSA En relación coas denuncias de supostas brutalidades contra o Exercito israelí durante a guerra en Gaza. O pasado 15 de Xullo de 2009, os medios de comunicación de todo o mundo divulgaban un informe da ONG israelí Shovrim Shtika (Rompendo o silencio) no que ao longo de 110 páxinas denuncia que, durante a operación "Chumbo Fundido" (27 de decembro do 2008 - 17 de xaneiro do 2009), as tropas das Forzas de Defensa de Israel actuaron con brutalidade innecesaria á hora de levar a cabo os seus obxetivos militares. Esta información foi difundida coma certa polos medios de comunicación, ocasionando un gran escándalo a nível mundial. Así, por exemplo, o londinense The Times publica: "As descripcións dos soldados confirman a información anteriormente publicada por The Times durante a ofensiva, de que os soldados recibiran ordes de disparar primeiro e preguntar despois". Sen embargo, "confirmar" significa que hai probas que o demostran. Hainas neste caso? Hai algo sólido ao que aferrarse para dar por certa estas informacións? A Asociación Galega de Amizade con Israel está integrada por máis de douscentos galegos e galegas que, voluntariamente, escollemos colaborar para fomentar na medida das nosas posibilidades as relacións entre Galicia e Israel, ademáis de recuperar o pasado xudeu de Galicia e alertar dos perigos da xudeofobia, entre outras. A nosa simpatía é, pois, cara o Pobo de Israel, non cara o Goberno que en cada época os israelíes escollan libremente, e polo tanto non varía en función de que no poder se atope unha ou outra cor política. Pero cando, coma neste caso, as institucións do Estado, vense gravemente difamadas, queremos expoñer toda a información á luz pública para que a sociedade galega decida con pleno coñecemento de causa. Na democracia israelí existe unha ampla variedade de asociacións que teñen coma obxetivo vixiar e fiscalizar a actuación do seu Goberno, comprobando que, en cada actuación das institucións de Estado, se procede conforme á legalidade. Dende a Asociación Galega de Amizade con Israel, comprometidos coma estamos cos valores de liberdade e democracia que imperan en Israel, e que oxalá algún día se extendan aos países limítrofes, non podemos por menos que estar satisfeitos desa mostra de normalidade democrática que é a vixiancia cidadá das actuación gubernativas. Se a súa actuación consiste en denunciar posibles erros de xeito construtivo, con vista a mellorar o funcionamento das institucións públicas, a súa lexitimidade está fóra de toda dúbida. Porén, e co debido respeto para a ONG
  • 2. "Rompendo o silencio", neste caso danse varias circunstancias que presentar puntos moi escuros. En primeiro lugar, e o máis importante, o informe de "Rompendo o silencio" non presenta nin unha sóa proba que o respalde. O único contido do mesmo son as declaracións anónimas de vinteseis soldado que afirman que participaron na operación militar en Gaza. Só se coñece a identidade dunha persoa, o sarxento reservista Amir. Sen embargo, este informe está a ser tomado coma plenamente certo por xornais de todo o mundo, sen proceder sequera a algo tan elemental, ainda que por desgraza hoxendía de capa caída, coma é o de contrastar a información. Sinceramente, é difícil imaxinar que un informe baseado en declaracións anónimas e sen probas merecese o mesma credibilidade en calquera outra situación. En segundo lugar, o xeito de actuar da ONG parece abertamente desleal, e máis ca unha vontade de correxir erros o que denota é a intención de danar a imaxe pública das Forzas de Defensa de Israel. Despois de calquera operación do exército israelí, se algúen presenta queixas por unha actuación concreta, éstas son remitidas ao Ministerio de Defensa para que abra unha investigación que determine si están ou non fundadas, e en caso afirmativo, tomar as medidas pertinentes contra o soldado ou soldados implicados; arresto, degradación, e mesmo prisión, en función da gravidade do feito. Este é o procedemento habitual. Logo da operación "Chumbo Fundido" abriuse unha investigación na que se recolleron todas as reclamacións feitas tanto por soldados participantes coma por diferentes ONG´s. O resultado da investigación determinou que, se ben se produciran vítimas civís, debido ás zonas densamente urbanas nas que se levou a cabo o combate, os soldados das FDI actuaron en todo momento co obxetivo de tentar minimizar o número de vítimas inocentes. "Rompendo o silencio" puido remitir as súas denuncias durante o transcurso da investigación para que se tomasen en conta coma todas as demáis e, se non quedaba satisfeita coas conclusións da mesma, podía posteriormente publicar o seu informe explicando en qué non estaba dacordo coa investigación oficial. No seu lugar, o que esta ONG fixo foi agardar a varias semanas despois de que se publicase o informe oficial do Ministerio de Defensa para remitirlle o seu propio informe só vintecatro horas antes de facelo público, sen deixar tempo para investigar os datos aportados. Parécenos importante insistir neste punto; se a ONG tiña vontade real de depurar posibles responsabilidades e de evitar que os feitos que denunciaban, en caso de que tiveran producido non se repetisen, non se entende que non se acollesen ao procedemento habitual. Se os resultados non foran satisfactorios, repetimos, sempre podía facelo público despois. En terceiro lugar, o xornal Jerusalem Post divulga hoxe, 17 de xullo do 2009, unha información sobre o financiamento da ONG que contribúe a aumentar as dúbidas sobre a súa honestidade. Segundo revelaba onte, xoves 16, unha organización baseada en Xerusalén que ten coma obxetivo controlar o correcto funcionamento das organizacións non gubernamentais, a ONG "Rompendo o silencio" está constituída baixo a forma xurídica de empresa, e non coma ONG. A distinción básica é que na lexislación israelí as ONG´s están obrigadas a facer público o listado dos
  • 3. seus donantes para garantir a transparencia, mentres que as empresas non teñen porqué facer pública esta información en todos os casos. Logo de que esta información se fixera pública, "Rompendo o silencio" aceptou divulgar o rexistro de donantes do ano 2008. Entre outros, a ONG está financiada pola Embaixada Británica en Tel Aviv, que donou só o ano pasado 226,589 shekels (41.183 €), a embaixada de Alemaña, que donou 19.999 dólares (14.185,29 €), e a Unión Europea, que abonou 43.541 euros. Evidentemente, estos datos non indican que a ONG actuase coma o fixo para deslexitimar ao exército israelí, no canto de facer unha crítica construtiva, pero o feito de que non fixera pública as súas fontes de financiación ate que foi descuberta, contribúe a despexar as dúbidas. A Asociación Galega de Amizade con Israel quere manifestar que considera as medidas de autorregulación das que o Estado de Israel se dota en todo o seu entramado institucional coma unha mostra clara do seu compromiso democrático. Consecuentemente, se en casos puntuais a actuación dun soldado non se axusta ás normas establecidas, é lóxico que se leve a cabo unha investigación ao respecto. Non obstante, nesta ocasión temos dúbidas, entendemos que fundadas, de que o obxetivo real do informe de "Rompendo o silencio" sexa contribuír a mellorar a actuación das Forzas de Defensa de Israel, senón máis ben procurar a súa difamación Vigo, a 17 de Xullo de 2009 Apartado de Correos 730 – 36200 Vigo / amizadeconisrael@yahoo.es / www.amizadeconisrael.org