SlideShare a Scribd company logo
1 of 11
2º BACHARELATO
2013-2014
Os Grupos de Traballo de Historia da
Filosofía e de Historia de España para
as Probas de Acceso ás Universidades
en Galicia comunican ao profesorado
de bacharelato:
1.Que se ten establecido un novo
marco legal, derivado da plena
implantación da Lei Orgánica de
Educación (LOE), que modifica
parcialmente tanto os currículos de
ambas as materias (con cambios máis
relevantes no caso da Filosofía) como
os procedementos de acceso ás
universidades.
2.Que se mantén a opcionalidade
para o alumnado entre Historia e
Filosofía, dentro da parte xeral ou
común da proba de acceso á
Universidade.
3. Que os exames de ambas as
materias deben responder a
contidos establecidos nos
respectivos currículos, aínda que non
son exames terminais para obter o
título da bacharelato senón que,
baixo a responsabilidade do Sistema
Universitario de Galicia, terán a
finalidade de comprobar as
competencias e as capacidades
para poder acceder aos estudos
universitarios
4. Que para constatar de maneira
equitativa a madureza do
alumnado, é aconsellable que os
exames de ambas as materias teñan
un carácter similar, tanto na súa
estrutura como nos criterios de
avaliación.
5. Que o R.D. 1892/2008 (BOE 24 novembro
2008) determina que o alumnado
responda a unha “serie de cuestiones
adecuadas al tipo de conocimientos y
capacidades que deban ser evaluadas”.
6. Que a experiencia mostra que as probas
baseadas en preguntas pechadas
inducen a reproducir contidos máis ou
menos memorizados e non a manifestar a
capacidade de comprensión,
razoamento e expresión, compoñentes
fundamentais da madureza intelectual.
7. Que con estas probas non se buscará
comprobar a capacidade de
memorización do alumnado (repetición
mecánica de contidos), senón sobre
todo a súa capacidade de compresión e
interpretación de documentos, de
aplicar e reestruturar os seus
coñecementos nunha síntese escrita
persoal; e de establecer relacións entre
informacións, datos, teorías ou
acontecementos.
8. Que para mellor axeitarse a esta
finalidade, na proba de Filosofía e
na de Historia solicitarase do
alumnado que realice unha
redacción, composición ou
exposición única a partir dun ou
varios documentos de carácter
filosófico ou histórico, segundo o
caso.
9. Que para facilitar o seu
desenvolvemento para o
alumnado, eses documentos irán
precedidos dunha introdución na
que se oriente por medio de ítems
ou pautas concretas as cuestións
máis importantes que os e as
estudantes deben ter en conta na
redacción, pero sen perder o
carácter global da proba.
10. Que a avaliación da proba será
global, sen que a cualificación
corresponda necesariamente á
ponderación de cada unha das
pautas ou ítems que se indiquen
no preámbulo, senón
– Ao conxunto de coñecementos que
manifeste, para o que se terá en conta
se responde correctamente ao tema e
orientacións formuladas, que serán
conformes con contidos establecidos
nos currículos das respectivas materias
en 2º curso de bacharelato.
– Ás calidades formais da exposición:
claridade expositiva, capacidade
crítica, rigor conceptual e, en xeral, á
maior ou menor madureza intelectual
que a composición ou comentario
deixe translucir, polo que se penalizarán
as incorreccións gramaticais e
ortográficas.
• A modo de exemplo, sen
que se trate dunha
proposta ríxida e aplicable
mecanicamente en todos
e cada un dos casos, a
cualificación dos exames
poderá realizarse
conforme as seguintes
pautas:
Filosofía Historia Puntuación
Comprensión
Sinalar as propostas, teses,
problemas… fundamentais
do texto
Liñas principais do
pensamento do autor
Relacionar o contido do
texto coas ideas principais
do autor
Capacidade do alumno ou
alumna para realizar unha
redacción clara, coherente
e con rigor conceptual.
Identificar e explicar o
problema histórico que
mostren os documentos
Evolución histórica do
problema formulado;
precisar correctamente o
marco cronolóxico
(antecedentes, causas,
consecuencias, …)
Relacionar correctamente
entre eles os documentos
que se propoñan
Capacidade do alumno
ou alumna para realizar
unha redacción clara,
coherente e con rigor
conceptual.
4
Filosofía Historia Puntuación
Interpretación
e
reelaboración
persoal
Relación do pensamento
do autor e a problemática
do texto co marco histórico
e intelectual da época
Capacidade do alumno ou
alumna para realizar unha
redacción clara, coherente
e con rigor conceptual.
Relacionar os
acontecementos históricos
aos que se refiran os
documentos co seu
contexto histórico (social,
político, económico etc.
segundo corresponda)
Capacidade do alumno
ou alumna para realizar
unha redacción clara,
coherente e con rigor
conceptual.
3
Filosofía Historia Puntuación
Coñecemento
específico
Segundo a temática e as
características do texto,
propoñer algunha cuestión
que o poña en relación
expresa con outro(s)
punto(s) da temática do
curso e/ou suxira algún
comentario crítico
Capacidade do alumno ou
alumna para realizar unha
redacción clara, coherente
e con rigor conceptual.
Segundo a natureza do
problema histórico
formulado, identificar aos
protagonistas, ideoloxías,
cambio e continuidade…
Capacidade do alumno
ou alumna para realizar
unha redacción clara, 
coherente e con rigor
conceptual.
3
• Este cadro, como se
indica, ten un carácter
meramente orientativo. En
cada exame
estableceranse criterios
concretos de avaliación
para os correctores, que
serán públicos.

More Related Content

More from Dudas-Historia

More from Dudas-Historia (20)

Legislation and human resources. 2020 2021
Legislation and human resources. 2020 2021Legislation and human resources. 2020 2021
Legislation and human resources. 2020 2021
 
Vocabulary Lesson 1. 2019 2020
Vocabulary Lesson 1. 2019 2020Vocabulary Lesson 1. 2019 2020
Vocabulary Lesson 1. 2019 2020
 
Tema 1. A Idade Moderna
Tema 1. A Idade ModernaTema 1. A Idade Moderna
Tema 1. A Idade Moderna
 
Obras en las que se debe hacer especial incidencia
Obras en las que se debe hacer especial incidenciaObras en las que se debe hacer especial incidencia
Obras en las que se debe hacer especial incidencia
 
Impresionismo-Posimpresionismo
Impresionismo-PosimpresionismoImpresionismo-Posimpresionismo
Impresionismo-Posimpresionismo
 
Pintura Barroca
Pintura BarrocaPintura Barroca
Pintura Barroca
 
Escultura Barroca
Escultura BarrocaEscultura Barroca
Escultura Barroca
 
Legislation and Human Resources
Legislation and Human ResourcesLegislation and Human Resources
Legislation and Human Resources
 
Directrices ABAU 2019
Directrices ABAU 2019Directrices ABAU 2019
Directrices ABAU 2019
 
Tema 1. O inicio da Idade Moderna
Tema 1. O inicio da Idade ModernaTema 1. O inicio da Idade Moderna
Tema 1. O inicio da Idade Moderna
 
Franquismo. 1959-1975
Franquismo. 1959-1975Franquismo. 1959-1975
Franquismo. 1959-1975
 
Neoclasicismo, Goya e Romanticismo
Neoclasicismo, Goya e RomanticismoNeoclasicismo, Goya e Romanticismo
Neoclasicismo, Goya e Romanticismo
 
Pintura barroca
Pintura barrocaPintura barroca
Pintura barroca
 
Marketing mix Exercises
Marketing mix Exercises Marketing mix Exercises
Marketing mix Exercises
 
Finance
Finance Finance
Finance
 
Finance
FinanceFinance
Finance
 
Bernini como modelo
Bernini como modeloBernini como modelo
Bernini como modelo
 
Tema 16. Segunda etapa de la dictadura. 1959-1975
Tema 16. Segunda etapa de la dictadura. 1959-1975Tema 16. Segunda etapa de la dictadura. 1959-1975
Tema 16. Segunda etapa de la dictadura. 1959-1975
 
Tema 15. Dictadura franquista de posguerra. 1939 1959
Tema 15. Dictadura franquista de posguerra. 1939 1959Tema 15. Dictadura franquista de posguerra. 1939 1959
Tema 15. Dictadura franquista de posguerra. 1939 1959
 
Definiciones
DefinicionesDefiniciones
Definiciones
 

Introducción selecctividad. 2013 14

  • 2. Os Grupos de Traballo de Historia da Filosofía e de Historia de España para as Probas de Acceso ás Universidades en Galicia comunican ao profesorado de bacharelato: 1.Que se ten establecido un novo marco legal, derivado da plena implantación da Lei Orgánica de Educación (LOE), que modifica parcialmente tanto os currículos de ambas as materias (con cambios máis relevantes no caso da Filosofía) como os procedementos de acceso ás universidades. 2.Que se mantén a opcionalidade para o alumnado entre Historia e Filosofía, dentro da parte xeral ou común da proba de acceso á Universidade.
  • 3. 3. Que os exames de ambas as materias deben responder a contidos establecidos nos respectivos currículos, aínda que non son exames terminais para obter o título da bacharelato senón que, baixo a responsabilidade do Sistema Universitario de Galicia, terán a finalidade de comprobar as competencias e as capacidades para poder acceder aos estudos universitarios 4. Que para constatar de maneira equitativa a madureza do alumnado, é aconsellable que os exames de ambas as materias teñan un carácter similar, tanto na súa estrutura como nos criterios de avaliación.
  • 4. 5. Que o R.D. 1892/2008 (BOE 24 novembro 2008) determina que o alumnado responda a unha “serie de cuestiones adecuadas al tipo de conocimientos y capacidades que deban ser evaluadas”. 6. Que a experiencia mostra que as probas baseadas en preguntas pechadas inducen a reproducir contidos máis ou menos memorizados e non a manifestar a capacidade de comprensión, razoamento e expresión, compoñentes fundamentais da madureza intelectual. 7. Que con estas probas non se buscará comprobar a capacidade de memorización do alumnado (repetición mecánica de contidos), senón sobre todo a súa capacidade de compresión e interpretación de documentos, de aplicar e reestruturar os seus coñecementos nunha síntese escrita persoal; e de establecer relacións entre informacións, datos, teorías ou acontecementos.
  • 5. 8. Que para mellor axeitarse a esta finalidade, na proba de Filosofía e na de Historia solicitarase do alumnado que realice unha redacción, composición ou exposición única a partir dun ou varios documentos de carácter filosófico ou histórico, segundo o caso. 9. Que para facilitar o seu desenvolvemento para o alumnado, eses documentos irán precedidos dunha introdución na que se oriente por medio de ítems ou pautas concretas as cuestións máis importantes que os e as estudantes deben ter en conta na redacción, pero sen perder o carácter global da proba.
  • 6. 10. Que a avaliación da proba será global, sen que a cualificación corresponda necesariamente á ponderación de cada unha das pautas ou ítems que se indiquen no preámbulo, senón – Ao conxunto de coñecementos que manifeste, para o que se terá en conta se responde correctamente ao tema e orientacións formuladas, que serán conformes con contidos establecidos nos currículos das respectivas materias en 2º curso de bacharelato. – Ás calidades formais da exposición: claridade expositiva, capacidade crítica, rigor conceptual e, en xeral, á maior ou menor madureza intelectual que a composición ou comentario deixe translucir, polo que se penalizarán as incorreccións gramaticais e ortográficas.
  • 7. • A modo de exemplo, sen que se trate dunha proposta ríxida e aplicable mecanicamente en todos e cada un dos casos, a cualificación dos exames poderá realizarse conforme as seguintes pautas:
  • 8. Filosofía Historia Puntuación Comprensión Sinalar as propostas, teses, problemas… fundamentais do texto Liñas principais do pensamento do autor Relacionar o contido do texto coas ideas principais do autor Capacidade do alumno ou alumna para realizar unha redacción clara, coherente e con rigor conceptual. Identificar e explicar o problema histórico que mostren os documentos Evolución histórica do problema formulado; precisar correctamente o marco cronolóxico (antecedentes, causas, consecuencias, …) Relacionar correctamente entre eles os documentos que se propoñan Capacidade do alumno ou alumna para realizar unha redacción clara, coherente e con rigor conceptual. 4
  • 9. Filosofía Historia Puntuación Interpretación e reelaboración persoal Relación do pensamento do autor e a problemática do texto co marco histórico e intelectual da época Capacidade do alumno ou alumna para realizar unha redacción clara, coherente e con rigor conceptual. Relacionar os acontecementos históricos aos que se refiran os documentos co seu contexto histórico (social, político, económico etc. segundo corresponda) Capacidade do alumno ou alumna para realizar unha redacción clara, coherente e con rigor conceptual. 3
  • 10. Filosofía Historia Puntuación Coñecemento específico Segundo a temática e as características do texto, propoñer algunha cuestión que o poña en relación expresa con outro(s) punto(s) da temática do curso e/ou suxira algún comentario crítico Capacidade do alumno ou alumna para realizar unha redacción clara, coherente e con rigor conceptual. Segundo a natureza do problema histórico formulado, identificar aos protagonistas, ideoloxías, cambio e continuidade… Capacidade do alumno ou alumna para realizar unha redacción clara,  coherente e con rigor conceptual. 3
  • 11. • Este cadro, como se indica, ten un carácter meramente orientativo. En cada exame estableceranse criterios concretos de avaliación para os correctores, que serán públicos.