1. EXERCICIOS OPENOFFICE WRITER
1.- Crear un documento:
Escribe unha nova actual do xornal, ou calquer documento que precises ou queras.
(clic en Archivo (arquivo), elixe a opción Gardar como..., porque así elixes ónde
queres gardalo e en qué formato) Exemplo: Gardalo como writer-01.odt
2.- Pegar texto
2.1. Selecciona e copia o texto sombreado (clic botón dereito do rato e arrastra
ata o final) ou un texto calquera do noso documento:
Informática ou computación é a ciencia do tratamento automático da información mediante un
computador (chamado tamén ordenador e computadora). Entre as tarefas máis populares que
facilitou esta técnología encóntranse: elaborar documentos, enviar e recibir correo electrónico,
debuxar, crear efectos visuais e sonoros, maquetación de folletos e libros, manexar a
información contable nunha empresa, tocar música, controlar procesos industriais e xogar.
2.2. Pulsa sobre a icona correspondente da barra de tarefas do escritorio para activar
o documento novo de OpenOffice.org Writer.
2.3. Pega o texto. Tés catro formas diferentes de facelo. Próbaas todas:
• Pulsar o botón Colar (ou Pegar) da barra de funcións.
• Seleccionar Editar->Pegar.
• Seleccionar a opción Pegar do menú contextual que se abre
pulsando o botón dereito do rato.
• Pulsar a combinación de teclas Ctrl V.
3.-Gardar o documento
3.1. Garda o documento. Tes tres formas de facelo:
* Pulsar o botón Guardar da barra de funcións.
* Seleccionar Arquivo->Guardar.
* Pulsar a combinación de teclas Ctrl S ou Ctrl G, dependendo do
noso idioma.
3.2. Como se trata dun documento novo, abrirase o cadro de diálogo Guardar
como, onde deberás indicar o nome con que queres gardalo. Gárdao como
writer-01.odt Para iso, teclea writer-01 no cadro de texto Nome de arquivo
(non é necesario poñer a extensión) e comproba que a opción seleccionada no
cadro Tipo de arquivo sexa Texto en formato OpenDocument (.odt). Por
último pulsa o botón Guardar.
2. 4.-Exportar como PDF
O formato PDF úsase moito para compartir documentos para a súa visualización e
impresión. É importante para enviar documentos, porque non se pode modificar.
4.1. Exporta o documento como writer-01.pdf. Para iso, selecciona
Arquivo->Exportar en formato PDF. Abrirase o cadro de diálogo Exportar,
similar ao cadro de diálogo Guardar como que acabamos de ver. Pulsa o
botón Exportar.
4.2. Abrirase o cadro de diálogo Opciones PDF, onde podes axustar as opcións
de exportación. Pulsa o botón Exportar e listo.
* Unha forma máis rápida de exportar o documento en formato PDF, sen pasar
polo cadro de diálogo Opciones PDF, consiste simplemente en pulsar o botón Exportar
directamente como PDF da barra de funcións e, como no caso anterior, completar o
cadro de diálogo Exportar.
5.-Formato de carácter
Son propiedades do formato dos carácteres todas aquelas características do documento
que afectan, ou poden afectar, a unha extensión de texto inferior ao parágrafo. Por
exemplo, o tamaño da fonte pode variar dentro do parágrafo: é, polo tanto, unha
propiedade do formato dos carácteres.
Entre as propiedades aplicadas máis a miúdo destacan as seguintes:
* A familia da fonte (Arial, Times New Roman, etc.)
* O tamaño da fonte
* O estilo da fonte (regular, grosa, cursiva, etc.)
* A decoración e efectos da fonte (subliñado, cor, relevo, etc.)
* A posición e orientación dos carácteres
* A cor do fondo dos carácteres
Podemos considerar tres métodos para dar formato aos carácteres: co menú, coa barra
de obxectos e co teclado. En todos os casos:
5.1. Selecciona primeiro o texto ao que desexas aplicar o formato; se non
seleccionas nada, o formato aplicarase á palabra onde estea situado o cursor.
5.2. Aplica o formato empregando o método que che resulte máis cómodo ou
que estea dispoñible (hai propiedades de formato que non se poden aplicar por
medio da barra de obxectos nin do teclado).
* Dar formato co menú
5.21. Abre o cadro de diálogo Caracteres. Tes dúas formas de facelo.
ou Seleccionar Formato->Carácter.
3. ou Seleccionar a opción Carácter do menú contextual que se abre pulsando o
botón secundario do rato.
5.2.2. No cadro de diálogo Caracteres selecciona os formatos que desexas aplicar.
Observa que se accede ás diferentes propiedades a través de cinco fichas
diferentes(tipo de letra, tamaño, estilo, alineación e interlineado). Pulsa Aceptar
para aplicar o formato e pechar o cadro de diálogo.
• Dar formato coa barra de obxectos de texto
os seguintes formatos de carácter pódense aplicar (ou quitar) directamente
pulsando sobre o botón correspondente da barra de obxectos de texto: familia
da fonte, tamaño da fonte, estilo e efectos da fonte (grosa, cursiva e subliñado),
cor dos carácteres e cor do fondo dos carácteres.
* Dar formato co teclado
Algunhas propiedades teñen as súas propias combinacións de teclas, por exemplo:
negra Ctrl N, cursiva Ctrl I, subliñado Ctrl U. Para máis información, consulta
o tema de axuda Combinacións de teclas en OpenOffice.org.
EXERCICIO
*O obxectivo é formatar writer-01.odt para que se pareza o máis
posible a writer-01.pdf.
* O tipo básico debe ser Times New Roman de 12 puntos. Polo tanto, o
primeiro que debes facer é seleccionar todo o texto e aplicar este tipo.
* Non debes realizar ningunha operación que non sexa aplicar formato de
carácteres. Podes usar o cadro de diálogo Caracteres, a Barra de
obxectos de texto e as combinacións de teclas.
* As cores usadas son Azul claro, Vermello claro e Turquesa. Para
aplicalos, mantén pulsado o rato sobre o símbolo Cor do carácter da
Barra de obxectos de texto ata que se abra o cadro de selección de
cores.
Garda o texto novo no formato que queras como
writer-02.odt e writer-02.pdf e gárdaos na túa carpeta persoal sen
cambiarlles o nome.