Successfully reported this slideshow.
We use your LinkedIn profile and activity data to personalize ads and to show you more relevant ads. You can change your ad preferences anytime.
Autor:
Xosé Veiras García
Ecoloxista e biólogo
Blog: http://unclaronobosque.prazapublica.com
xveiras@yahoo.es
@xoseveiras
...
O mundo debe avanzar rapidamente cara a unha redución das emisións
actuais e futuras de gases de efecto invernadoiro para ...
Estamos a chocar contra os límites
do planeta. O cambio climático é
unha manifestación diso. O
crecemento acelerado do con...
diferente. As emisións ligadas ao
consumo da UE en 2009 eran un 2%
máis altas que en 1995. E é que unha
parte considerábel...
A nosa terra emitiu 27 millóns e
medio de toneladas de gases de
invernadoiro durante 2013. Desde
1990 as emisións reducíro...
2013. Non tería sido posíbel sen a
expansión da produción renovábel,
nomeadamente da eólica. Porén, a
actividade das centr...
Moi diferente ten sido a evolución
das emisións do transporte. Entre
1990 e 2013, e malia o descenso
rexistrado desde o es...
Alén do sector enerxético, a
industria tamén diminuiu as súas
emisións en comparación con 1990,
se ben nunha proporción e ...
A achega de Galicia ao cambio
climático é moi importante en
termos relativos. As emisións por
habitante no noso país, mali...
Cinco grandes empresas foron
responsábeis do 45 % das emisións
galegas de gases de invernadoiro
durante 2013. Son multinac...
Para termos unha visión completa
da responsabilidade de Galicia no
quentamento global, alén das
emisións territoriais, cóm...
O impacto climático das familias
é moi desigual. As emisións
medias do 10% dos fogares
españois con maior nivel de gasto
s...
Galicia debe asumir de vez a súa
responsabilidade na crise climática,
sen agardar por un improbábel
cumio climático mundia...
(nomeadamente da eólica). Esta
política traduciuse en aforros
importantes de emisións de CO2,
non simbólicos, como os deri...
O cambio climático castiga con
maior dureza os países
empobrecidos, os menos
responsábeis na xeración do
problema climátic...
Referencias dos datos sobre emisións:
Tempo de actuar. Galicia e a crise climática
Tempo de actuar. Galicia e a crise climática
Upcoming SlideShare
Loading in …5
×

Tempo de actuar. Galicia e a crise climática

4,175 views

Published on

Galicia perante o desafío climático. Análise das emisións de gases de invernadoiro en Galicia (1990-2013).

Published in: Environment
  • Dating for everyone is here: ❶❶❶ http://bit.ly/2u6xbL5 ❶❶❶
       Reply 
    Are you sure you want to  Yes  No
    Your message goes here
  • Follow the link, new dating source: ❶❶❶ http://bit.ly/2u6xbL5 ❶❶❶
       Reply 
    Are you sure you want to  Yes  No
    Your message goes here
  • Be the first to like this

Tempo de actuar. Galicia e a crise climática

  1. 1. Autor: Xosé Veiras García Ecoloxista e biólogo Blog: http://unclaronobosque.prazapublica.com xveiras@yahoo.es @xoseveiras Novembro de 2015 Esta publicación licenciouse coa Licenza Creative Commons Recoñecemento- Non comercial 4.0 Internacional. Para ver unha copia desta licenza, visite http://creativecommons.org/licenses/by-nc/4.0/. Sumario Demasiado tempo perdido 3 Eólica e crise apenas diminúen as emisións de Galicia 5 Cal é a nosa pegada climática? 11 Mudar a economía para que non mude o clima 14 Os impactos do cambio climático en Galicia 15
  2. 2. O mundo debe avanzar rapidamente cara a unha redución das emisións actuais e futuras de gases de efecto invernadoiro para minimizar os considerábeis riscos do cambio climático (…). Se non actuamos, exporemos as futuras xeracións da humanidade a un risco desmedido e inaceptábel. Declaración de Mainau de científicos galardoados co Premio Nobel. 3 de xullo de 2015. Antes viviamos nun mundo pequeno nun grande planeta. Agora habitamos un mundo grande –con grandes impactos- nun planeta pequeno. É por iso polo que necesitamos respectar os límites ambientais. Big World. Small Planet. Abundance within planetary boundaries. Johan Rockström. Max Ström Publishing, 2015. A actual crise climática pon en entredito non só o capitalismo, senón tamén os relatos de crecemento e progreso sen fin que tan fundamentais son para a nosa civilización e nos que todos –dun xeito ou doutro- seguimos estando atrapados. Esto lo cambia todo. El capitalismo contra el clima. Naomi Klein. Paidós, 2015. O ritmo de consumo, de desperdicio e de alteración do medio superou as posibilidades do planeta, de tal xeito que o estilo de vida actual, por ser insustentábel, só pode rematar en catástrofes, como de feito xa está ocorrendo periodicamente en diversas rexións. Carta encíclica Laudato Si do Papa Francisco. Roma, 24 de maio de 2015. Agosto de 2015 foi o mes máis cálido no planeta Terra desde que hai rexistros (1880). E 2014 foi o primeiro ano, durante a era industrial, en que a dispoñibilidade de enerxía primaria per cápita disminuiu a respecto do ano anterior (exceptuando shocks do petróleo esóxenos como o de 1973-74). Estas dúas dinámicas –quentamento climático e escaseza crecente de enerxía e materiais—están determinando xa, e van facelo de forma moito máis intensa, o destino dos seres humanos no século XXI –que hai tempo eu veño chamando o Século da Grande Proba Sobre ecosocialismo e cambio climático. Jorge Riechmann. Bogotá, 22 de setembro de 2015
  3. 3. Estamos a chocar contra os límites do planeta. O cambio climático é unha manifestación diso. O crecemento acelerado do consumo e a poboación, posibilitado polo uso masivo de combustíbeis fósiles, liberou unha cantidade inxente de gases de efecto invernadoiro á atmosfera, até ultrapasarmos a capacidade do planeta de os absorber, desestabilizando o clima de xeito moi perigoso. A cegueira perante os sinais ambientais dun modelo económico produtivista e consumista guiado polos intereses dunha minoría privilexiada da Humanidade (apenas un 20%) levounos a unha dramática situación. O cambio climático xa está aquí, golpeando sobre todo as xentes e países empobrecidos. Xa é tarde de máis para evitarmos que atinxa unha dimensión desastrosa. Porén, se se comezaren a reducir axiña as emisións globais de dióxido de carbono (CO2) e outros gases causantes do cambio climático, semella posíbel aínda evitarmos un cambio climático terribelmente devastador. Segundo os datos máis recentes do Carbon Global Project, as emisións globais de CO2 procedentes da queima de combustíbeis fósiles e a produción de cemento ascenderon a 36.000 millóns de toneladas durante 2013, as maiores da historia humana. As proxeccións apuntan a un novo incremento en 2014. Desde 1990, o ano de referencia para o Protocolo de Quioto, aumentaron o 61%. Galicia, cunhas elevadas emisións por habitante, debería ter reducido nas últimas décadas a súa achega ao cambio climático de forma importante. Mais non ten sido así. As emisións galegas de gases de invernadoiro tan só diminuíron o 4% entre 1990 e 2013, último ano para o que hai datos. O crecemento previsíbel das emisións en 2014 e 2015 volverá situalas por riba do nivel de 1990. A evolución das emisións no noso país contrasta coa seguida no conxunto da UE, onde baixaron un 20% durante o mesmo período. Non obstante, cómpre destacar que a UE só reduciu significativamente as súas emisións territoriais. Se consideramos a súa pegada de carbono, isto é, as emisións asociadas ao consumo europeo, sen importar o lugar no que se producen, o desempeño da UE no combate ao cambio climático é ben
  4. 4. diferente. As emisións ligadas ao consumo da UE en 2009 eran un 2% máis altas que en 1995. E é que unha parte considerábel das presións ambientais asociadas ao sobreconsumo da UE teñen lugar fóra do seu territorio, en moitos casos en países empobrecidos. A UE exporta destrución ambiental ao resto do mundo. E non só no que atinxe ás emisións de gases de invernadoiro. Tamén noutras categorías de impacto ambiental. Tamén os padróns de produción e consumo de Galicia impactan negativamente no medio ambiente a escala global. Está moi estendida a crenza de que somos un país rico en recursos naturais, mais mesmo plenamente explotados, non abondarían para soster a nosa estrutura produtiva e o noso estilo de vida actuais, inviábeis sen a importación neta de grandes cantidades de alimentos, combustíbeis ou minerais, con elevadas pegadas de deterioración ambiental asociadas. Por exemplo, máis do 80% da enerxía primaria usada anualmente en Galicia procede do exterior. Importamos petróleo, carbón, gas natural e agrocombustíbeis. Non temos excedente enerxético. Todo o contrario.
  5. 5. A nosa terra emitiu 27 millóns e medio de toneladas de gases de invernadoiro durante 2013. Desde 1990 as emisións reducíronse o 4%. Unha diminución insuficiente que foi posíbel grazas ao crecemento da produción renovábel e á crise económica. Entre 1990 e 2007 medraron o 23%, pero desde 2007 caeron o 28%. O crecemento da produción renovábel e a crise económica favoreceron a diminución da xeración eléctrica con carbón, causa principal da caída das emisións a respecto de mediados da década pasada. Con todo, as térmicas de carbón de Meirama (Gas Natural Fenosa) e As Pontes (ENDESA) seguen a ser a maior fonte de gases de invernadoiro en Galicia. As centrais eléctricas de carbón son aínda responsábeis dun terzo das emisións galegas. A redución da produción eléctrica con carbón a respecto de 1990 fixo que as emisións do sector enerxético baixasen un 30% no período 1990-
  6. 6. 2013. Non tería sido posíbel sen a expansión da produción renovábel, nomeadamente da eólica. Porén, a actividade das centrais de carbón tocou fondo en 2010 para repuntar despois, en parte debido á ofensiva anti-renovábeis do Goberno Rajoy, principal responsábel do estancamento da capacidade de produción eléctrica renovábel en Galicia, despois dun período de forte crecemento.
  7. 7. Moi diferente ten sido a evolución das emisións do transporte. Entre 1990 e 2013, e malia o descenso rexistrado desde o estoupido da crise económica, incrementou as emisións en case un 50%. As emisións do transporte disparáronse polo aumento do número de vehículos e do seu uso, favorecido pola sobredotación de infraestruturas, un crecemento das cidades e as súas áreas de influencia xerador de dependencia do automóbil e unha insuficiente oferta de transporte colectivo.
  8. 8. Alén do sector enerxético, a industria tamén diminuiu as súas emisións en comparación con 1990, se ben nunha proporción e nunha cantidade moito menores. A crise económica dos últimos anos foi decisiva na redución das emisións industriais. A achega ao cambio climático da agricultura e a gandaría incrementouse nun 20% desde 1990, a pesar da caída brutal no número de explotacións agrarias. Nos últimos anos as emisións, procedentes do gando e do uso de fertilizantes nitroxenados, tenden a se estabilizar. Moito maior foi o medre das emisións do sector residencial, comercial e institucional. En 2013 as emisións foron o 67% superiores ás de 1990. En termos absolutos, foi o sector no que máis aumentaron as emisións, despois do transporte. Outras actividades cuxas emisións figuran no inventario do Ministerio de Medio Ambiente teñen moito menor peso que as anteriores. Son o tratamento e eliminación de residuos (512.750 toneladas en 2013) e as emisións fuxitivas dos combustíbeis fósiles (334.000 toneladas)
  9. 9. A achega de Galicia ao cambio climático é moi importante en termos relativos. As emisións por habitante no noso país, malia teren descendido nos últimos anos para volver a níveis da década de 1990, ultrapasan as emisións medias mundiais e mesmo as do conxunto da UE.
  10. 10. Cinco grandes empresas foron responsábeis do 45 % das emisións galegas de gases de invernadoiro durante 2013. Son multinacionais privadas españolas ou estranxeiras do sector enerxético ou da transformación de metais, un sector moi intensivo en consumo enerxético. Para diminuíren sensibelmente as súas emisións estas empresas terían que recortar a súa produción.
  11. 11. Para termos unha visión completa da responsabilidade de Galicia no quentamento global, alén das emisións territoriais, cómpre considerarmos tamén a nosa pegada climática: a cantidade de gases de  invernadoiro emitida para producir todos os bens e servizos que demandamos. Para calculala, ás emisións desde o territorio galego hai que lle restar as asociadas ás exportacións e sumarlle as vecelladas ás importacións. Lamentabelmente, sabemos moi pouco sobre a pegada climática de Galicia. Tan só se estimou parcialmente, tendo en conta apenas o consumo privado. E ademais tan só para un só ano.
  12. 12. O impacto climático das familias é moi desigual. As emisións medias do 10% dos fogares españois con maior nivel de gasto son unhas sete veces superiores ás emisións do 10% dos fogares con menor nivel de gasto. Se alén do consumo privado se incorporasen as outras compoñentes da nosa demanda interna (o gasto público e as decisións de investimento), menos importantes, semella que a pegada climática de Galicia para 2007 estaría no intervalo das 8-11 toneladas. Polo tanto, é unha pegada insustentábel e elevada a nivel mundial. A crise dos últimos anos e a conseguinte caída do consumo diminuiu a nosa pegada climática.
  13. 13. Galicia debe asumir de vez a súa responsabilidade na crise climática, sen agardar por un improbábel cumio climático mundial que “salve o clima”, sen limitarse a seguir iniciativas europeas ou españolas que até hoxe careceron da ambición necesaria. Ademais dunha obriga moral, reducirmos as emisións de gases causantes do cambio climático contribuirá á construción dunha sociedade máis resiliente, mellor preparada para se adaptar a un inevitábel escenario mundial de recursos naturais decrecentes e graves problemas socioambientais. Ningún goberno da Xunta adoptou medidas, obxectivos e prazos para a diminución, en termos absolutos, das nosas emisións de gases de invernadoiro. Nunca houbo unha política climática autonomica merecente de tal nome. Pola contra, si houbo vontade política para defender teimudamente as ineficientes e moi contaminantes térmicas de carbón, para promover intensamente o transporte por estrada mediante a ampliación desmedida da capacidade viaria, ou para impulsar por todos os medios a incineración dos residuos urbanos. O compromiso climático por parte das institucións locais tamén deixa moito que desexar. Polo xeral, Concellos e Deputacións coidan que a mitigación da mudanza climática non é asunto delas, a pesar da súa especial responsabilidade en ámbitos como a planificación urbanística, a mobilidade ou os residuos urbanos, decisivos para a mitigación e adaptación ao cambio climático. A única política institucional desenvolvida até hoxe cun impacto climático positivo importante foi a tendente ao desenvolvemento das enerxías renovábeis
  14. 14. (nomeadamente da eólica). Esta política traduciuse en aforros importantes de emisións de CO2, non simbólicos, como os derivados doutras políticas proclima de moito menor alcance, senón certamente cuantiosos. Lamentabelmente, o actual Goberno estatal decretou un “parón renovábel” que só beneficia o oligopolio eléctrico, cuxo negocio se sustenta nas enerxías sucias. A descarbonización da economía baixo criterios de sustentabilidade ecolóxica e xustiza social require dunha profunda transformacion do noso modelo económico produtivista e consumista. Decrecer o uso de recursos naturais e substituír os recursos fóseis por renovábeis son desafíos chaves. Entre as medidas concretas necesarias para recortar as emisións pódense salientar o peche a curto prazo das térmicas de carbón de Meirama e As Pontes, a eliminación dos incentivos ao uso do vehículo privado e o potenciamento do transporte colectivo, a expansión das enerxías renovábeis da forma máis descentralizada posíbel ou a promoción dunha alimentación máis vexetariana e baseada en alimentos ecolóxicos, próximos e de temporada.
  15. 15. O cambio climático castiga con maior dureza os países empobrecidos, os menos responsábeis na xeración do problema climático pero os máis vulnerábeis ás súas consecuencias. Mais tamén para unha sociedade desenvolvida como a nosa, o cambio climático podería chegar a ser devastador. O quentamento global tornará Galicia moito menos habitábel e rica en vida. Secas moito máis intensas no interior Menos pesca e marisco Vagas de lumes forestais máis destrutivas Perda de biodiversidade. Extinción do urogalo e do salmón. Diminución da produción agraria e gandeira Desaparición de praias e marismas pola suba do nivel do mar. Temporais máis frecuentes e intensos Maiores dificultades nos abastecementos de auga Máis vagas de calor
  16. 16. Referencias dos datos sobre emisións:

×