Textos ao redor dos trompos

422 views

Published on

PRESENTACIÓN CON DIFERENTES TIPOS DE TEXTO AO REDOR DOS TROMPOS

Published in: Education
  • Be the first to comment

  • Be the first to like this

Textos ao redor dos trompos

  1. 1. TEXTOS AO REDOR DOS TROMPOS/BUXAINAS/PEONZA CEIP VILAVERDE 2015
  2. 2. COMO XOGAR AOS TROMPOS • As chuchadas ou cazolas: – Debúxase no chan un círculo de tamaño variable, segundo o número de xogadoras e xogadores, empregando o propio trompo coa brenza facendo de compás. Ao comezar o xogo cada rapaza ou rapaz vai botando o seu trompo a bailar e ten que picar dentro do redondel e rematar de bailar fóra. Se o trompo queda dentro perde o xogo e un compañeiro ou unha compañeira pode quitalo dándolle unha picada ou chuchada coa punta. Se ás tres veces seguidas de botar o trompo este non baila ponse tamén dentro do círculo ata que o quite outro. – REGRAS: – -Ao bailar o trompo non pode picar fóra do círculo. – -Se non baila só se pode tirar tres veces. – -Se ao rematar de bailar queda dentro do círculo perdes o xogo. – -Quenconsegue sacar o trompo doutro xogador ou doutra xogadora do círculo dise que fai unha cazola e ao sacalo tres veces ten dereito a golpearllo coa pica do seu trompo.
  3. 3. COMO XOGAR AOS TROMPOS • O solto – Consiste en ir botando o trompo sen normas nin espazo determinado. – Tamén se pode facer entre varios e varias xogando a dar choques.
  4. 4. DITOS E REFRÁNS
  5. 5. BUSCA AS DATAS E FÍXATE NESTES REFRÁNS POLO PILAR, BUXAINAS A BAILAR. POLO SAN MARTIÑO, BUXAINAS AO CAMIÑO. POLA SANTA EULALIA, PEÓNS Á BORRALLA. POLO SAN AMARO, BUXAINAS NO FAIADO.
  6. 6. CARTEL
  7. 7. ADIVIÑAS • Bailo sempre moi dereito e cando empezo a cansar tremo e quedo quieto no chan ata que alguén me ven levantar. Non teño pés nin mans bailar é o meu destino na palma son levado e entreteño aos cativos. Do ceo vino baixar dando un brinco moi lixeiro e sabe escribir e bailar. Para bailar póñome a capa para bailar vólvoa sacar xa non podo bailar coa capa e sen a capa non podo bailar.
  8. 8. ADIVIÑA • BAILO SEMPRE MOI DEREITO E CANDO EMPEZO A CANSAR TREMO E QUEDO QUIETO NO CHAN ATA QUE ALGUÉN ME VEN LEVANTAR.
  9. 9. CANCIÓNS • Na música temos cancións infantís coma "O peón" do albúm de Monolo Rico Unha pulga e un pulgón (1982) "A buxaina brincadeira" do album Cantareliña de Saraibas (1983) "O vals do trompo" do grupo Cri-Cri
  10. 10. PARA SABER SOBRE OS TROMPOS • http://brinquedia.net/web/wp- content/uploads/2013/11/Enr%C3%B3llate-y- dale-cuerda-a-la-vida.pdf
  11. 11. XOGO DE TROMPOS NO ORDENADOR • http://www.soloenanos.com/juegos_trompos. htm#

×