Libro de alimentación

542 views

Published on

0 Comments
0 Likes
Statistics
Notes
  • Be the first to comment

  • Be the first to like this

No Downloads
Views
Total views
542
On SlideShare
0
From Embeds
0
Number of Embeds
6
Actions
Shares
0
Downloads
2
Comments
0
Likes
0
Embeds 0
No embeds

No notes for slide

Libro de alimentación

  1. 1. CEIP VILAVERDE 3º CURSO
  2. 2. Que sabemos?  É boa para o corpo.  Temos que ter unha alimentación variada.  Hai que ter unha alimentación moi sá e non hai que tomar bolería.  Non é bo tomar bolería porque engordas e é malo para a saúde. Podrece e fai que che caian os dentes. É malo para o corpo e para a mente.  O chocolate é bo porque ten unha cousa moi boa para o cerebro e a memoria, sobre todo o chocolate duro. Non é malo se é cen por cen cacao.  Algunhas barras de chocolate levan azucre que non é bo de todo.  Non se poden tomar moitas lambetadas.  O azucre non é bo porque os xermes que hai nos dentes fan que se piquen.  As lambetadas e as cousas con graxa son malas porque engordan e despois non podes correr.  O polbo nas patas ten unha cousa, semellante a cor do chocolate, que é boa para o cerebro.  Unha receita dunha torta con plátano e galleta é boa para o corpo porque ten froita e cereais.  Os cereais son bos porque teñen fibra.  A fibra é unha vitamina de ferro e calcio.  Os cereais con chocolate só se poden comer algunhas veces.  O chocolate endurece a “caca”, mentres que o kiwi é bo para facer “caca”.  É malo tomar lentellas antes de durmir porque teñen moito ferro.  Non se pode comer moita coliflor porque é malo para o fígado.  O leite é moi bo porque ten calcio que é bo para a saúde e os ósos.
  3. 3.  A verdura máis san é o brócoli, que xunto coas patacas cocidas son moi boas.  O zume de laranxa,feito acabado de coller das árbores, ten moitas vitaminas: A e B, que serven para ser máis rápido e ter máis flexibilidade.  O almorzo non se pode saltar porque da enerxía para xogar e para ter a mente ben. É a comida máis importante do día.  Hai que variar as comidas, aínda que sexan boas, porque se comes o mesmo engordas.  Só podes tomar cousas malas, como as patacas fritas, variando de vez en cando.  As comidas hai que mesturalas porque teñen moitas vitaminas.  Os alimentos son de tipo animal e vexetal. Agrúpanse en: peixes, verduras e carne.  O peixe é bo se o comes sempre. Dáche vitaminas.  Existen dous tipos de peixes:  Planos e anchos.  Grandes e pequenos.  De auga doce e salgada.  Uns poñen ovos e outros non.  Os caracois, grilos e outros “bichos” cómense en moitos lugares do mundo.  Outro tipo de alimento é a froita.  O mango é das mellores froitas porque ten calcio e vitaminas.  Hai froitas que son boas para os paxaros e malas para os humanos.  Os alimentos hai que quentalos para matar as cousas malas que teñen.  Os grupos de alimentos represéntanse pola pirámide alimenticia e a roda dos alimentos.  O alimento máis bo é a auga que aparece no centro da roda dos alimentos.
  4. 4.  Unha forma de clasificar os alimentos é do máis san ó máis malo.  Os alimentos máis sans son: o brócoli, o peixe; e os máis malos: a carne e os que teñen moita graxa.  O azucre é malo.  Un pouco de azucre é bo.  Cada vez que tomas azucre hai que lavar os dentes.  O azucre provoca vómitos, dor de cabeza, colesterol.  O colesterol é unha cousa que temos dentro e que tapona as veas.  O Actimel é bo para quitar o colesterol.  O Actimel, o Danacol e o ketchup con patacas fritas son malos.  O ketchup se é comprado é malo porque lle botan cousas para escurecelo, pero se está feito na casa non é malo.  Din que os produtos non son malos porque os queren vender.  Non comen o mesmo os nenos que os adultos.  A carne pódena comer os nenos e os adultos.  O viño e a cervexa non a poden tomar nin os nenos nin os maiores. Que queremos aprender ?  Que é a alimentación? Nunha alimentación variada que alimentos hai que tomar? Cando? En que cantidades?
  5. 5.  Como son a roda dos alimentos e a pirámide alimentaria?  É importante o azucre na alimentación? Cando é malo?  Que son as vitaminas? Cales son? Que teñen os alimentos ademais de vitaminas?  Que é o colesterol? E a fibra?  Cal é a comida máis importante do día? E a máis lixeira? Por que?  Por que os alimentos cocidos son mellores que as frituras?  Por que os alimentos preparados na casa son máis saudables cos do supermercado?  Por onde pasa a comida no noso corpo?  Cales son as comidas típicas de Galicia? E as de China e Sudáfrica?
  6. 6. Onde buscamos información ?  En Internet (google).  En libros de alimentos.  No libro de coñecemento.  En documentais da televisión.  Nos periódicos.  No blog do colexio.  Preguntando a papá e a mamá.  Na biblioteca do colexio.  Na biblioteca de Pontevedra.  Nas enciclopedias.
  7. 7. Que facemos coa información? Reelaboración da información:  Que é a alimentación? A alimentación consiste na obtención, preparación e inxestión dos alimentos, necesaria para o desenvolvemento e a supervivencia dunha persoa. Nunha alimentación variada que alimentos hai que tomar? Hai que tomar de todo: carne, peixe, legumes, froita... en distinta cantidade segundo a idade da persoa e o exercicio físico que realicemos. Cando? No almorzo (á mañá), xantar (á mediodía), merenda (á tarde) e cea (á noite). En que cantidades? Os alimentos hai que tomalo nas seguintes cantidades: Lácteos: 2-3 racións diarias. Verduras: 2 racións diarias. Froitas: 3 racións diarias. Auga: 4- 8 vasos diarios. Legumes: 2-4 racións semanais. Peixe: 3- 4 racións semanais. Carne: 3-4 racións semanais. Ovos: 3-4 racións semanais. Froitos secos: 3-7 racións semanais. Doces e aceites: ocasionalmente.  Como son a roda dos alimentos e a pirámide alimentaria? A roda dos alimentos clasifica os alimentos en seis grupos segundo os nutrientes que posúen. A pirámide alimenticia é un gráfico que nos indica dunha forma sinxela que tipos de alimentos son necesarios para levar unha dieta equilibrada, e con que frecuencia se deben consumir.
  8. 8.  É importante o azucre na alimentación? O azucre é importante na alimentación porque aporta enerxía e o corpo precisa un pouco de todo. Cando é malo? O azucre é malo cando o tomas en exceso, xa que provoca enfermidades como poden ser : a caries, diabetes, obesidade...  Que son as vitaminas? As vitaminas son substancias que se atopan nos alimentos en pequenas cantidades, e que son necesarias para a vida. Só se poden incorporar ó corpo por medio dos alimentos, agás a vitamina D que é producida polo noso organismo coa axuda do Sol. Cales son? Son as vitaminas: A, B, C, D, E, F,K... Existen dous tipos: Hidrosolubles: as que se disolven en auga. Entre elas atópase a vit. B e C. Liposolubles: non se disolven en auga. É o caso das vits: A, D, E, K. Que teñen os alimentos ademais de vitaminas? Os alimentos ademais de vitaminas conteñen: proteínas, hidratos de carbono, graxas e minerais, así como fibra, sodio e potasio.  Que é o colesterol? O colesterol é unha graxa (alcol complexo) que tapona as veas e non deixa pasar o sangue. Cando hai moito produce hipercolesterolemia que pode provoca problemas cardiovasculares.  Que é a fibra? A fibra é unha substancia presente nos alimentos vexetais que axudan a non ter estrinximento, xa que non é absorbida polo noso corpo.  Cal é a comida máis importante do día?
  9. 9. A comida máis importante do día é o almorzo porque despois de tantas horas sen comer nada necesitamos enerxía para empezar o día. E a máis lixeira? Por que? A comida máis lixeira debe ser a cea porque despois imos durmir e non necesitamos moita enerxía, polo que a dixestión debe ser máis curta para descansar mellor.  Por que os alimentos cocidos son mellores que os fritos? Os alimentos cocidos son mellores porque son cociñados con auga e teñen máis vitaminas, mentres que os fritos levan máis graxa, xa que os aceites que usan, en exceso, son malos.  Por que os alimentos preparados na casa son máis saudables cos do supermercado? Os alimentos preparados na casa son máis saudables porque son máis frescos e naturais, conservan mellor as vitaminas, non levan nin conservantes nin colorantes, teñen menos graxas, e sobre todo, están máis ricos.  Por onde pasa a comida no noso corpo? A comida no noso corpo pasa polo aparato dixestivo. A comida e a auga entran pola boca onde os alimentos son cortados e mastigados polos dentes, logo mestúranse coa saliva. A comida mesturada baixa polo esófago ata chegar ó estómago onde se engaden ácidos e outras substancias dixestivas formándose unha papa chamada quimo (este proceso dura unhas 3 horas). Logo baixa ata o intestino- un largo tubo- onde a comida remata de descompoñerse unhas 24 horas. As substancias útiles son absorbidas polas paredes do intestino pasando ó sangue e o que non serve é expulsado en forma de excrementos.  Cales son as comidas típicas de Galicia? As comidas típicas de Galicia son, entre outras moitas : o cocido galego, o lacón con grelos, o polbo á feira,o marisco, a empanada, os pementos de Padrón, o queixo de tetilla, as filloas, as castañas, as orellas do Entroido, o roscón de Vilalba, a torta de Mondoñedo ou a torta de Santiago.
  10. 10. E as de China e Sudáfrica? As comidas típicas de China son: o arroz tres delicias, gambas vexetais, sopa de aleta de quenlla, roliños de primavera, pan frito, porco agridoce... Entre as comidas típicas de Sudáfrica atópase: o pincho de carne de kudu, crocodilo, avestruz ou búfalo, o bobotie: base de carne picada con salsa picante e moi condimentada, o sosaties: semellante a un kebab de carne e salsa picante, o bedies: guiso con carne e legumes e o biltong: carne seca e salgada. Que aprendemos? A alimentación:  A alimentación consiste na obtención, preparación e inxestión dos alimentos.  Nunha alimentación variada hai que tomar de todo: carne, peixe,froita,verdura,... en distintas cantidades segundo a idade e o exercicio físico que fagamos.
  11. 11.  O 16 de Outubro celebrouse o Día Mundial da Alimentación. Os alimentos: Como se representan ?  Os alimentos represéntanse pola roda dos alimentos e a pirámide alimenticia.  A roda dos alimentos clasifica os alimentos segundo os nutrientes que posúe.  A pirámide alimenticia distribúe os alimentos segundo a cantidade que se debe tomar ó día. Que nutrientes conteñen?  Os alimentos conteñen: hidratos de carbono,graxas, proteínas, vitaminas e minerais.  As vitaminas son substancias que conteñen os alimentos. A vitamina D é producida polo noso corpo coa axuda do sol. Existen moitos tipos: A, B, C, D, E, F, K... Como axudan ou prexudican a saúde?  A fibra dos alimentos axuda ó estrinximento.  O colesterol é unha graxa que tapona as venas e non deixa pasar o sangue.  O azucre apórtanos enerxía, se tomas moito pode producir enfermidades: caries, obesidade ou diabetes... Como os preparamos?  Os alimentos preparados na casa son máis saudables porque non levan conservantes nin colorantes.  Os alimentos cocidos son mellores que os fritos porque non levan tanta graxa. As comidas: Cantas facemos ó día?  Realizamos 4 comidas ó día: almorzo, xantar, merenda e cea.
  12. 12.  A comida máis importante é o almorzo porque nos aporta enerxía para todo o día.  A cea debe ser a máis lixeira xa que imos durmir, e cunha dixestión curta descansamos mellor. Por onde pasa no noso corpo?  A comida no noso corpo pasa polo aparato dixestivo. Entra pola boca, baixa polo esófago ata o estómago onde se forma o quimo e pasa ó intestino. Cales son as típicas?  De Galicia: cocido galego, polbo á feira,empanada, marisco, castañas , filloas, orellas de entroido, torta de Santiago...  De China: arroz tres delicias, sopa de aleta de quenlla, roliños de primavera, pan frito chino...  De Sudáfrica: pinchos de carne de avestruz, búfalo, crocodilo... Traballo en equipo: Estamos aprendendo a:  Distribuír as tarefas dentro do grupo.  Respectar a opinión dos demais, sen enfadarnos cos compañeiros e coas compañeiras

×