Linguas minorizadas e linguas minoritarias. O galego: lingua en vías de normalización.
 
Die Sonne scheint über den Berg Fala raro este individuo Como vai todo, meu? Non é fácil coexistir nun mesmo espazo  cando...
Minorización lingüística Unha das linguas -dominante- vaise impoñendo sobre a outra - dominada-, ocupando progresivamente ...
Esta tensión de intentar ampliar funcións no seo da sociedade ou evitar ser desprazada nalgunha delas provoca a aparición ...
Unha lingua autóctona é  minoritaria   no seu territorio cando a porcentaxe de poboación que a usa é baixa, ben sexa pola ...
 
Angola
Unha lingua é  minorizada  cando os seus usos sociais están supeditados aos usos doutra lingua ( dominante ), normalmente ...
Vexamos algúns exemplos: Linguas maioritarias maiorizadas : francés en Francia, alemán en Suíza, flamenco en Flandres, etc...
 
 
Agora ben, as linguas minoritarias son en realidade tan minoritarias?   Ás veces as estatísticas confunden grupo étnico co...
o  eco­lingüismo  defende o equilibrio lingüístico, protexendo as linguas en perigo, de modo que cada comunidade conserve ...
Linguas nacionais e nacionalismos lingüísticos.
Agás no caso da illa de Islandia, en ningunha outra situación van coincidir unha fronteira lingüística cunha fronteira adm...
 
Hai estados que lles aplican ás súas linguas  estatutos territoriais , sen teren en conta a non coincidencia entre territo...
En Europa, ante a magnitude do problema, o Consello de Europa aprobou en 1992 unha  Carta Europea das Linguas  Rexionais o...
 
comportamento dos Estados fronte á diversidade lingüística:  Monolingüismo estatal real :  é o caso de Islandia, onde o  i...
Os contactos das linguas. desequilibrios hibridación substitución asimilación
Mais o proceso de minorización non é un camiño sen retorno  A recuperación das linguas menores pasa primeiramente pola lea...
A moitas destas linguas fáltalles conquistar  prestixio , pois uso aínda teñen. Para modificar esta situación cómpre un mí...
ENTREVISTA CON ALBERT HOFFMAN Suíza está constituída por 24 cantóns, unidades altamente autónomas.  En Suíza hai tres zona...
 
 
 
 
 
Upcoming SlideShare
Loading in …5
×

tema3_09

2,434 views

Published on

0 Comments
1 Like
Statistics
Notes
  • Be the first to comment

No Downloads
Views
Total views
2,434
On SlideShare
0
From Embeds
0
Number of Embeds
351
Actions
Shares
0
Downloads
36
Comments
0
Likes
1
Embeds 0
No embeds

No notes for slide

tema3_09

  1. 1. Linguas minorizadas e linguas minoritarias. O galego: lingua en vías de normalización.
  2. 3. Die Sonne scheint über den Berg Fala raro este individuo Como vai todo, meu? Non é fácil coexistir nun mesmo espazo cando se ansía o mesmo.
  3. 4. Minorización lingüística Unha das linguas -dominante- vaise impoñendo sobre a outra - dominada-, ocupando progresivamente os seus ámbitos de uso. Deste xeito, a esta última impídeselle desenvolverse con normalidade, limitando as súas posibilidades nos diferentes espazos comunicativos e empobrecéndoa por falta de cultivo.
  4. 5. Esta tensión de intentar ampliar funcións no seo da sociedade ou evitar ser desprazada nalgunha delas provoca a aparición do chamado conflito lingüístico .
  5. 6. Unha lingua autóctona é minoritaria no seu territorio cando a porcentaxe de poboación que a usa é baixa, ben sexa pola chegada de poboación foránea, ben por abandono do idioma por parte do grupo étnico-histórico que sempre a empregou. E, á súa vez, unha lingua é maioritaria cando a porcentaxe que a usa é máis elevada.
  6. 8. Angola
  7. 9. Unha lingua é minorizada cando os seus usos sociais están supeditados aos usos doutra lingua ( dominante ), normalmente foránea, cando fronte a esta última está nunha situación de desvantaxe ou desequilibrio. Unha lingua é maiorizada cando ten uns usos sociais plenos e as súas funcións sociais están garantidas e normalizadas.
  8. 10. Vexamos algúns exemplos: Linguas maioritarias maiorizadas : francés en Francia, alemán en Suíza, flamenco en Flandres, etc. Linguas maioritarias minorizadas : galego en Galiza, frisón en Frisia (Holanda), sardo en Sardeña (Italia), etc. Linguas minoritarias minorizadas : é a tipoloxía máis común por ser produto da falta de coincidencia entre fronteira lingüística e fronteira político-administrativa. É o caso do galego en Asturias, León, Cáceres; do portugués en España; do grego en Italia e Albania; etc.
  9. 13. Agora ben, as linguas minoritarias son en realidade tan minoritarias? Ás veces as estatísticas confunden grupo étnico con grupo lingüístico. Os grupos étnico-lingüísticos maioritarios tenden a apropiarse de falantes doutras orixes, mentres os minoritarios e minorizados sofren deserción dos falantes cara os maioritarios e maiorizados.
  10. 14. o eco­lingüismo defende o equilibrio lingüístico, protexendo as linguas en perigo, de modo que cada comunidade conserve a súa propia lingua e coñeza unha segunda exclusivamente para as relacións con outras idiomaticamente diferentes. Eu son Je suis I am Jo sóc Ni naiz Eu sou Io sono Ich bin
  11. 15. Linguas nacionais e nacionalismos lingüísticos.
  12. 16. Agás no caso da illa de Islandia, en ningunha outra situación van coincidir unha fronteira lingüística cunha fronteira administrativa. A política e economía dos poderosos impuxéronse historicamente sobre as linguas e nacións naturais. Por iso non vale aplicar o adxectivo “ estatal ” ás linguas: o catalán non é só unha lingua española, tamén o é francesa, andorrana e italiana.
  13. 18. Hai estados que lles aplican ás súas linguas estatutos territoriais , sen teren en conta a non coincidencia entre territorio político e lingüístico. Outros estados aplican un estatuto persoal . A persoa pode empregar a lingua que queira en calquera parte do territorio estatal. Isto acontece en Finlandia co finlandés e o sueco (pero non co saami). O problema que presenta este modelo é que resulta antieconómico.
  14. 19. En Europa, ante a magnitude do problema, o Consello de Europa aprobou en 1992 unha Carta Europea das Linguas Rexionais ou Minoritarias. Nela recoñécese a pluralidade lingüística como unha riqueza cultural e declárase que é responsabilidade dos poderes públicos a defensa dos idiomas minorizados. Artigo 12 1. No ámbito público, todo o mundo ten dereito a desenvolver tódalas actividades na súas lingua, se é a lingua propia de onde reside. Artigo 29 1. Toda persoa ten dereito a recibi-la educación na lingua propia do territorio onde reside.
  15. 21. comportamento dos Estados fronte á diversidade lingüística: Monolingüismo estatal real : é o caso de Islandia, onde o islandés é a única lingua falada pola totalidade da poboación. Plurilingüismo estatal : pode ser oficial igualitario; en todo o Estado son cooficiais e válidas para todos os usos varias linguas. É o caso de Irlanda e Iugoslavia . Monolingüismo estatal irreal : é o caso de Francia , Grecia, Letonia, Lituania, Estonia. Dentro das súas fronteiras hai falantes doutras linguas pero o Estado ignóraas e impón o monolingüismo na única lingua oficial Estatal oficial territorial ; existe unha lingua nacional oficial en todo o Estado e, nalgúns territorios concretos, a lingua autóctona é cooficial. É o caso de España. Pode ser que coexistan varias linguas nacionais oficiais cada unha nun territorio do Estado. É o caso de Bélxica , onde a única lingua oficial de Flandres é o flamenco e a única lingua de Valonia é o francés
  16. 22. Os contactos das linguas. desequilibrios hibridación substitución asimilación
  17. 23. Mais o proceso de minorización non é un camiño sen retorno A recuperación das linguas menores pasa primeiramente pola lealdade familiar, pola esixencia da lingua vehicular na escolar por medidas de discriminación correctiva E sobre todo pola conciencia e vontade dos e das falantes
  18. 24. A moitas destas linguas fáltalles conquistar prestixio , pois uso aínda teñen. Para modificar esta situación cómpre un mínimo de poder político, unha mínima autonomía e vontade e capacidade de xestión e decisión para poñer en práctica medidas de equilibrio e discriminación positiva.
  19. 25. ENTREVISTA CON ALBERT HOFFMAN Suíza está constituída por 24 cantóns, unidades altamente autónomas. En Suíza hai tres zonas culturais: a alemá, a italiana e a francesa. Cada parte, dentro do posible, ten a súa liberdade e a súa identidade. Esta distribución do poder en pequenas unidades étnicas paréceme a base de toda posibilidade de convivencia en liberdade. Se unha parte tenta dominar a outra, como vemos agora en Iugoslavia, créase un conflito; pero se cada grupo é respectado dentro dunha Constitución que lle permite a súa propia cultura, as súas propias ideas e toda a liberdade posible, daquela poden vivir xuntos. Desta forma temos este sistema político de pequenas unidades autónomas, o que é moi importante. Un mínimo de centralismo e un máximo de Particularismo: esta é a esencia da fórmula suíza. 0 nacionalismo ten moitos aspectos. 0 nacionalismo pode significar un amor polo teu país. Unha nación é un grupo de xente coa mesma lingua e a mesma cultura; (... ) E eu creo que todo ser humano precisa estar "na casa" nalgunha parte: a súa nación, no mellor sentido do termo. Dentro do seu corpo étnico, xente coa mesma lingua, as mesmas crenzas, o mesmo ambiente. Isto dá un sentido de felicidade e protección. Isto é o lado positivo do nacionalismo. Con todo, se o teu nacionalismo consiste na dominación ... vexamos, unha nación é o que xa existe; non é algo artificial que te propós construír. (... ) Adaptación da entrevista con Albert Hoffman (investigador, químico que sinettizou o LSD) publicada en BABELIA, revista de cultura, El País , o 11 de xullo de 1992.

×