Successfully reported this slideshow.
We use your LinkedIn profile and activity data to personalize ads and to show you more relevant ads. You can change your ad preferences anytime.

Atraer fauna ao noso entorno. caixa niño.

530 views

Published on

Como facer caixas niño. materia didáctico para a ESO

Published in: Education, Technology, Travel
  • Be the first to comment

  • Be the first to like this

Atraer fauna ao noso entorno. caixa niño.

  1. 1. COMO ACHEGAR A FAUNA AO NOSO ENTORNO 1.Caixas niño Ocórrenseme tres grandes motivos para levar acabo estaactividade: • Axudar ás aves, xa que moitas veces escasea os lugares onde aniñar. • Colaborar, de xeito natural, a combater pragas de insectos, as aves insectívoras xa fan o traballo. • E sobre todo.... marabillarnos e aprender coa súa presenza. Intentaremos atraer a estas dúas especies, xa que está comprobado que ocupan facilmente caixas niño. Non todas as aves teñen os mesmos “gustos”. Aínda así se chega outro “especimen diferente”, un pardal por exemplo, benvido sexa! 1
  2. 2. Ferreiriño azul (foto: Isolino Pérez) Ferreiriño real (foto:Xacobo de Toro) Hai DOUSMODELOSbásicos de caixaniño, a tipo buzón e a debalcón. Sen dúbida é mellor a segunda, pero 2
  3. 3. é preciso máis maña, así que vos decidides, os e as mañosas...xa sabedes. Fotos: Xacobo de Toro 3
  4. 4. A continuación, as vantaxes e inconvenientes de ambas caixas....sen comentarios... 4
  5. 5. INSTRUCIÓNS PARA FACER UNHA “ENVIDIABLE” CAIXA NIÑO • Elixide un dos modelos expostos arriba e empregade as medidas que alí indican, que son xa para pequenas aves como as que pretendemos “conquistar”. Para o buraco seguide as indicacións da táboa que ven máis abaixo, xa que en función do diámetro virán especies diferentes. Se queredes que a Caixa sexa ocupada e que os seus inquilinos nonsufran ningunha “traxedia”, seguide ao pe da letra estes consellos: • Non usar contrachapados ou aglomerados, están feitos para interior, e á intemperie inflarían coa chuvia. Usar sempre madeira resistente á humidade, como piñeiro ou carballo, chopo ... • Non lixar nunca, as pequenas imperfeccións serviranlles de apoio. • O grosor nunca inferior a un centímetro, é importante para a “climatización”. Recomendable de 2 cm • O buraco mellor redondo, unha broca é a mellor solución para facelo. O diámetro ten que ser o xusto, e dependerá do tamaño do paxaro, tedes as medidas e outros datos na táboa que segue. Diámetro Ubicación Material Nº de Incuba do buraco do niño ovos ción 5
  6. 6. Ferreiriño azul Musgo, 13-15Parus caeruleus 27-28 mm xardíns plumas, 9-13 días ramiñas..Ferreiriño real Case Musgo, 13-14 Parus major 32-34 mm calqueira plumas, 7-11 días sitio ramiñas.. • Opcional: aplicarlle un antimofo, so polo exterior. Ou aplicarlle un verniz de poro aberto ( que xa leva antimofo) ou aceite de liñaza. Ollo, se optamos polo verniz, que sexa ecolóxico!!! • De pintar a caixa, produtos nunca tóxicos, e cores que se camuflen co entorno. Outra alternativa é camuflalas con terra ou musgo. • Situar a caixa a salvo de depredadores, é dicir, a certa altura, entre 3 e 9 metros, e nunca sobre unha pola. Unha boa solución é colgala. • Nunca poñer posadeiro na caixa, é un punto de apoio para moitos predadores, que ás aves non o precisan para nada. • A orientación non ten excesiva importancia, pero se é posible ao sur. 6
  7. 7. • Non molestar aos inquilinos, se non queremos que a nai abandone aos seus pequenos. • Deben colocarse moito antes da época de nidificación, para que as aves poidan habituase a súa presenza. Así que non desesperes, se non é este ano, será o que ven... • E non poñades moitas xuntas, xa que necesitan o seu territorio, e sobre todo na época de cría, que a comida non da para todos! • “Protexer ás aves, e non ás plantas, equivale a non facer nada” (Montaigne;). Vaia, que se ides instalar a caixa nunha árbore, non usar nunca cravos!, si que podedes usar alambre (de 5 mm de diámetro), pero haberá que cambialos cada ano para non estrangular á nosa amiga, e poñer ademais un tronco entre o alambre e a cortiza que actuará como almofada. • E xa de “postre”, para tentalos definitivamente, podemos procurarlles un valioso agasallo, e de paso usamos unha das tres erres, lembras?...REUTILIZAR, si, restos de la, pequenos anacos de tela, musgo seco, pelo da túa mascota (si, si, non vos riades, pero o que lle caia, nada de martirizar ao pobre amigo)... E agora...a esperar e vixiar...pero ollo! Sen molestar Se temos a sorte de que os nosos veciños quedaran cativados polasnosas dotes arquitectónicas, podemos pasar ao máis interesante,observalas, SEN MOLESTAR, e descubrir a súa intensa e interesantevida. Ademais de sentirnos estupendamente por ter axudado unpouquiño á súa conservación. Debuxaremos no caderno de campo un 7
  8. 8. plano das caixas niño numeradas para facer o seguimento, anotaremosentón as nosas observacións, como: • Transporte de material para o niño. • Quen fai cada cousa, o pai, a nai, ambos? • Cantos poliños saen e canto tardaron en saír? • Cando empezan a voar? Cantos quedan?, comportamentos • Escoitar o reclamo da prole. Tipo de alimentos que lles levan os pais. Grazas a persoas coma ti, sábese moito máis da bioloxía destesanimais NON ESQEZAS que as caixas teñen un mantemento, hai quelimpalas por dentro unha vez ao ano, por suposto, cando non as esteanempregando, en decembro por exemplo. É importante que estean limpasse queremos que volvan a ser habitadas e os poliños se críen nunhacaixa libre de infeccións. Enlaces de Vídeos e imaxes; • Preme aquí para ver unhas imaxes de ferreiriño real alimentándose • Preme aquí para ver un vídeo dun ferreiriño real alimentándose MOITA SORTE AMIG@ FEITO con fines VIDEOS: educativos por: • Xacobo de Toro • Belén L. Arenal • Xacobo de Toro DEBUXOS: FOTOGRAFÍAS: • Pierre Deom • Xacobo de Toro BIBLIOGARFÍA: • Isolino Pérez 8
  9. 9. • Deom, Pierre. • Grup Ecoloxista Revista nº 9 El Xoriguer. Manual Cárabo. par construir cajas nido y otros• CPN. Cajas nido. La artilugios similares. gaceta de las madrigueras. • Rhuí y Vidal, Albert. La naturaleza en tu jardín. Ed. BrauCréditos:Materiais didácticos elaborados por BelénArenal e Xacobo de Toro. Ferebiro do 2011.Enfocado a rapaces de ESO 9

×