Boletín

896 views

Published on

Boletín nº 10, verán 2006
Pan de raposo
Asociación micolóxica-naturalista da Costa da Morte.

Published in: Education
  • Be the first to comment

  • Be the first to like this

Boletín

  1. 1. AAssoocciiaacciióónn mmiiccoollóóxxiiccoo--nnaattuurraalliissttaa PPAANN DDEE RRAAPPOOSSOO LLLLiiiinnnngggguuuuaaaa ddddeeee vvvvaaaaccccaaaa oooo xxxxéééénnnneeeerrrroooo HHHHyyyyddddnnnnuuuummmm tttteeeennnn aaaabbbbuuuunnnnddddaaaannnntttteeeessss eeee aaaapppprrrreeeecccciiiiaaaaddddoooossss ccccooooggggoooommmmeeeelllloooossss nnºº 1100 VVeerráánn ddee 22000066 AAvvaallaannccoo rreeaall,, oo ppaattoo aazzuull OOrrddee PPhhaallllaalleess:: ssoorrpprreennddeennttee MMááiiss ssoobbrree ccooggoommeellooss ppaarraassiittooss OO ssaabbuugguueeiirroo RRoommáánniiccoo rruurraall eenn MMuuxxííaa AAss ssaallaazzóónnss nnaa CCoossttaa ddaa MMoorrttee 10 Boletín conselleria medio ambiente.qxd 11/1/08 10:33 Página 1
  2. 2. Tempo de cambios? Os últimos cambios políticos trouxeron compromisos de goberno expresados en forma de leis ou proxectos de lei. Hoxe referirémonos aos que tocan de cheo en materias que, como ambientais afectan a todos pero aínda máis aos que que estamos interesados en frenar a degradación que está a sufrir a nosa costa. Un deles é a nova normativa galega de ubicación de plantas de acui- cultura. O novo goberno da Xunta de Galicia ven de deseñar un plan que recolle o compromiso de respectar a súa ubicación fóra dos terreos da Rede Natura e con esto xa nos debía abondar a todos os naturalistas. Sen embar- go, esto non é exactamente así porque contempla 13 novas plantas, superan- do en 5, que significan un 31% máis de terreo adicado a este labor, con res- pecto ao plan aprobado polo anterior goberrno en funcións xusto despois de perder as eleccións. Dos 26 novos proxectos que recolle o plan, 5 son impor- tantes ampliacións de plantas xa ubicadas con anterioridade na Rede Natu- ra, coma o de Lira (Carnota), e outros 9 están ubicados en terreos moi próxi- mos a eses espazos protexidos que mesmo son susceptibles de ser incluidos neles, coma os que lle afectan á Costa da Morte en Merexo (Muxía), Camelle (Camariñas), Xandriña-Sabadelle (Vimianzo-Camariñas) e Seiruga (Malpi- ca), onde está contemplado que as súas tuberías surcarán os terreos da Rede Natura entrando así a formar parte da fermosa paisaxe agora malamente protexida. Así, máis da metade dos novos proxectos aféctanlle directamente aos espazos que se din protexer. Cando menos é contraditorio que por unha banda nada de novas plantas en zonas protexidas coma a de Toruriñán, pero por outra ubicaránse outras xusto ao lado delas e mesmo permiten amplia- cións dalgunhas plantas que xa están alí. Tamén controvertida é a lei do litoral, que prohíbe construir a menos de 500 m da costa. É un motivo de ledicia ver que con esto se impide encher a costa de ladrillo como a mediterránea e mesmo a das Rías Baixas pero tamén é bas- tante evidente que será moi difícil de cumprir en moitos dos nosos concellos por ser estes eminentemente costeiros. A fisonomía nestes lugares medrará cara a enriba pois se non se poden facer novas edificacións neles, os alcaldes terán que permitir elevar máis plantas nas xa existentes, conseguindo así os gobernanrtes autonómicos o mesmo fin que o que din tentar evitar. Parece demagóxico promulgar leis de carácter xeral e non ofrecer simultáneamente os instrumentos para desenrolalas. Sería moito máis eficiente e realista que todos os concellos (ou alomenos os que non superasen un mínimo de habi- tantes) delegasen as competencias urbanísticas no goberno galego ou nas res- pectivas diputacións, que así terían certa razón de ser. É desalentador, pero tanto nun coma no outro caso ocorrésenos que os gober- nantes (con intención ou sen ela) van a conseguir o que menciona G. Tomasi di Lampedusa no Gatopardo: facer grandes cambios para que todo siga igual. EDITORIAL SUMARIO O avalanco real . . . . . . . . . . . . . . . . . . .. 4 Fungos parasitos de árbores . . . . . . . . 6 Phallales . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . 8 Cogomelos raros na Costa da Morte. 11 O xénero Hydnum . . . . . . . . . . . . . . . . 13 Gastronomía . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . 15 O sabugueiro. . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . 16 Arte románica en Muxía . . . . . . . . . . . 18 Salazóns na Costa da Morte . . . . . . . . 20 BBoolleettíínn COORDINA e REDACTA Carlos Regueira COLABORAN Violeta Corujo, José Mª Costa, JMC Marcote, César Pérez, Manuel Pose, Miguel Sil- varredonda e Chemi Traba ASESORA LINGÜISTA Mª Xosé Quintans DESEÑO E MAQUETACIÓN Carlos Regueira IMPRIME euroGráficas (Santa Comba) DEPÓSITO LEGAL: C - 1829/2002 É unha publicación gratuita da Asociación Micolóxico-Naturalista Pan de Raposo. NIF: G-15791403 Tf. 981747044 Fax: 981747044 e-mail: panderaposo@panderaposo.com Asociación micolóxico-naturalista PAN DE RAPOSO LLLLiiiinnnngggguuuu aaaa dddd eeee vvvvaaaaccccaaaa oooo xxxxéééénnnneeeerrrroooo hhhhyyyy ddddnnnnuuuummmm tttteeeennnn aaaabbbbuuuunnnnddddaaaannnntttteeeessss eeee aaaapppprrrreeeecccciiiiaaaaddddoooossss ccccooooggggoooommmmeeeelllloooossss nº 10 Verán de 2006 Avalanco real, o pato azul Orde Phallales: sorprendente Máis sobre cogomelos parasitos O sabugueiro Románico rural en Muxía As salazóns na Costa da Morte Fotos da portada e da contraportada: J.M. Castro Marcote 10 Boletín conselleria medio ambiente.qxd 11/1/08 10:33 Página 2
  3. 3. Hoxe toca falar da páxina da sociedade micolóxica ERROTARI de Durango (Biscaia), pertencente á Asociación Micolóxica de Durango, nacida en 2000, e que literalmente significa "molinero/a", nome común de Clitopilus prunulus. Esta páxina está divi- dida en seis enlaces. QUIENES SOMOS. Lévanos a coñecer a súa histo- ria, os obxectivos que se fixaron e a un formulario para darse de alta como socio. ACTIVIDADES. É unha listaxe co programa anual de actividades a desenvolver, programación de fes- texos e as fotografías premiadas no concurso foto- gráfico que convocan todos os anos. MICOLOGÍA. Este é o máis complexo e completo, con tres apartados diferenciados: Iniciación, Micros- copía e Galería de fotografías. Iniciación divídese en cogomelos e fungos, cando e onde saen, carácteres orga- nolépticos e principais xéneros. En cogomelos e fungos comentan sobre as crenzas populares e unha breve descrición do que é un cogomelo e un fungo e a forma de nutrirse, describindo cada grupo en fun- ción do tipo de alimentación. Cando e onde saen informa da mellor época e os lugares onde buscar cogomelos, así como unhas sinxelas normas de recollida. Carácteres organolépticos céntrase exclusi- vamente nos cheiros, agrupando especies afíns neste sentido. Principais xéneros fai unha breve des- crición duns poucos. Microscopía carece de datos. Galería de fotografías divídese en introdución, na que comentan sobre a zona de estudo e ecoloxía das fotografías que colleitan e expoñen; hábitats comen- ta sobre os ecosistemas onde fixeron as fotos; e especies onde ordenan alfabeticamente en dúas lis- tas diferenciadas por nome científico e nome común unhas 850 especies, aproximadamente, con fotografía e unha breve ficha. LINKS. Ofrece unha listaxe con enlaces con páxinas doutras asociacións nacionais ou internacionais. PUBLICACIONES. Ten dous apartados, un coa revista da asociación, onde expón a portada e os sumarios das tres revistas publicadas. No outro ofrecen os tres libros publicados pola asociación e os catro publicados por José Manuel Ruíz. FORO. Conecta co foro da asociación. En resumo, paréceme unha excelente páxina para visitar, aínda que non estea completa. brevesInternet Gulliver. Pois xa vemos como andan a cultivar as setas por China. Haberá que preguntarlles o xeito de misturar as vitaminas para que podamos obter aquí uns boletiños xeitosos e así poder paliar a desfeita dos incendios. Especialización. Desde hai algún tempo comezan a xurdir iniciativas coma a do rótulo do lado atopado en Salamanca . Aledámonos delas e augurámoslle un bo porvir, sobre todo pola conta que nos ten. Punto negro. Nas andainas que facemos por tantos lugares ás veces custa non botar un sorriso ao contemplar certas cousas. Partillas.A esto chámase unha partilla ben feita. Vese que un dos herdeiros pasou do tema ou ben non lle gustaba a proposta “arquitectónica” do outro. 10 Boletín conselleria medio ambiente.qxd 11/1/08 10:33 Página 3
  4. 4. O alavanco real ou azulón (Anas Platyrthynchos) é un pato de superficie do xénero Anas, pertencente á orde dos anseriformes e á familia Anatidae. É unha das espe- cies máis estendidas de pato salvaxe, da que descenden a maioría dos patos domésticos, cos cales habitualmente crea mestizaxe e ás veces dan indivi- duos albinos. Habita áreas de tempe- ratura subtropical de Norte América, Europa e Asia. Tamén frecuenta Cen- troamérica e o Caribe. En Galicia é sedentario e probablemente é o máis coñecido de todos os patos. Identificación. O macho e inconfun- dible coa cabeza e pescozo verdes, este último cun colar branco, peito castaño, corpo cincento, espellete morado aveirado de branco, rabo negro en cuña coas rectrices externas brancas e características plumas revi- radas cara arriba, infracobertoras cau- dais negras, peteiro amarelo e patas alaranxadas. En plumaxe de eclipse, xuño-setembro, é coma a femia pero coa cor do peteiro e do curuto máis escuros. A femia é parda apencada, ten espellete e o peteiro é pardo alaranxa- 4 AAAAllllaaaavvvvaaaa nnnnccccoooo rrrreeeeaaaallll,,,, oooo mmmmááááiiiissss ccccoooommmmúúúúnnnn ddddoooossss ppppaaaattttoooossss Por César PérezUnha avUnha ave sempre agradable de ve sempre agradable de verer 10 Boletín conselleria medio ambiente.qxd 11/1/08 10:33 Página 4
  5. 5. rio Xallas, a ría de Lires, o esteiro do Anllóns ou os humedais de Razo e Bal- daio entre outros moitos enclaves. Comportamento. É unha ave moi gre- garia, bastante arisca e desconfiada, que raramente permite o acercamento a corta distancia, sendo normalmente o primeiro pato que fuxe ante a presen- cia humana. Agrúpase para sestear durante o día e pola noite desprázase aos comedeiros. A súa gran capacidade de adaptación e aproveitamento de distintas fontes de alimentos son as razóns da súa numerosa poboación, que crece cada ano. Come principal- mente sementes, brotes e vástagos de prantas acuáticas e invertebrados. A súa presenza en estado salvaxe é bene- ficiosa para os humanos, xa que des- trúe larvas de mosquito. NOTA ACRARATORIA do. Os inmaduros son semellantes a ela, co peteiro arrubiado e pés amare- los. A femia desta especie diferénciase da do pato cincento (Cast.: ánade friso) pola coloración do peteiro, polo ventre e pola diferente cor do espelle- te. Na época de cría a femia pón de 3 a 12 ovos que eclosionarán ao cabo de 15 a 27 días. A femia coida as súas crías en solitario. A cría é amarela e marrón a manchas. Son case indepen- dentes desde o primeiro día, alimén- tanse sós e en só 2 ou 3 meses xa están totalmente preparados para voar. Hábitat. Habita todo tipo de hume- dais (naturais ou artificiais) indepen- dentemente da súa estensión, profun- didade e grado de humanización. Nidifica alonxado das zonas húmi- das, en cultivos ou baldíos. Tamén pode criar en árbores. Ocupa perfec- tamente cauces fluviais. Na Costa da Morte podémolos contemplar en moi- tos sitios, como a lagoa de Louro, na Boca do Río en Carnota, os encoros do fauna Os patos son anátidas de tamaño mediano de voo rápido e potente con diferencia sexual cromática na maior parte das especies. As femias son moi semellantes entre si polo que resulta difícil a súa identificación. En voo caracterízanse polo curto rabo e o pes- cozo longo. Pódense dividir en: Patos propiamente ditos: nadadores, que só mergullan a metade anterior do corpo para procurar a súa mantenza, erguen o voo de golpe sen necesidade de carreira previa. Parrulos: mergulladores, introducen totalmente o corpo baixo a auga para procurar o alimento. Para iniciar o voo necesitan impulsarSe mediante unha carreira sobre a superficie da auga. 10 Boletín conselleria medio ambiente.qxd 11/1/08 10:33 Página 5
  6. 6. N o número anterior falabamos do destructivos que poden chegar a ser os cogumelos parasitos para as prantas e os árbores. Non só nos bosques provocan estas accións, tamén nos parques, nas casas atacando as vigas, nas construcción en madeira, nos aserradeiros, nas vías do tren, nos árbores frutais... Pero, ¿como son? ¿que formas teñen? Poden ter morfoloxías diversas, mem- branosa, de costra, de ramiñas ou de masas xelatinosas, entre outras, pero as fórmulas máis representativas son dúas. A de típico cogomelo, con pé e sombreiro ben diferenciado, e outra con forma de plataforma ou abanico, coma unha repisa semicircular posta sobre a árbore ca cara superior máis inclinada como recordando os cascos dos cabalos, dise ungulada. Destes xéneros con especies con forma máis ou menos "ungulada" imos falar neste artigo. Os máis representativos poden ser Fomes, Phellinus, Inonotus, Gano- derma e Fistulina. Fomes. Presentan as especies deste xénero a típica forma ungulada, de pezuño de cabalo, son de consistencia dura e a estructura da cutícula, de cores grisáceas ou pardas, e diferente da carne. Ésta oscurece ao reaccionar con bases fortes. O seu crecemento é plurianual. A especie tipo e Fomes fomentarius. Este fungo pode alcanzar tamaños de ata 40 cm. Ten a cutícula zonada, algo pruinosa, e de cores gri- sáceas, pardas ou case negras. O hime- nio constitúeno poros regulares de pequeno tamaño. Medra sobre troncos de faias causando podremia amarela e logo branca. Phellinus. Non teñen pé. A carne de cores ferruxinosas ennegrece coa pota- sa. O himenio está formado por poros moi pequeniños e redondeados. Medran de forma resupinada, coma unha costra ou almofadiña sobre os troncos e ramas de diferentes árbores. Unha especie representativa que medra sobre os pinos é Phellinus pini, se o cortamos de xeito horizontal semella un triángulo, ainda que o seu aspecto é semicircular ou oblongo. A superficie é rugosa e desigual, presen- ta surcos concéntricos de cores pardas que ennegrecen coa idade. A carne moi dura é de cores pardos ou leonados. Os tubos do himenio presentanse estratifi- cados en capas anuais e os poros desi- guais e irregulares de ata 1 ou 2 por mm teñen tons amarelo grisáceos. Medra sobre coníferas causando podredume parda moi danina. Inonotus. medran de xeito resupinado e de forma anual. A parte superior do sombreiro non presenta unha costra dura como nos xéneros anteriores. O himenio en tubos forma unha capa FFuunnggooss ppaarraassiittooss ddee áárrbboorreess ((IIII)) 6 Máis datos sobre estes importantes axentes destructivos por J.Mª Traba Velay 10 Boletín conselleria medio ambiente.qxd 11/1/08 10:33 Página 6
  7. 7. diferente da carne, esta poder ser esponxosa e logo dura, coloreada e logo máis escura. Unha especie ben coñecida é Inonotus radiatus, é de pequeno tamaño, ata 6 cm de diáme- tro, de forma ungulada. A cutícula tomentosa, rugosa e de cor pardo ama- rela escurece co tempo. A marxe é máis clara e de forma ondulada. Pode medrar sobre troncos e ramas de fron- dosas, en filas ou columnas de varios individuos, causando podremia branca e fibrosa. Ganoderma. As especies de este xéne- ro teñen a cutícula recuberta dunha capa lacada e brilante. A carne é moi dura de cor leonada ou parda. A máis coñecida e Ganoderma lucidum, coñeci- da como "pipa" pola súa forma. Ten un pé rudimentario de cor grana que ao medrar ensánchase no extremo for- mando un sombreiro cada vez máis grande de ata 10 cm de diámetro. A cutícula lacada é de cor leonada ver- mella ou púrpura e ao final máis escu- ra. Ten a marxe máis clara. Medra sobre troncos e tocóns de carballos e castiñeiros causando podremia branca. Pódese usar como adorno e nos países asiáticos ten usos medicinais. Fistulina. Este xénero so ten unha espe- cie, Fistulina hepatica, que a diferencia dos anteriores é comestible, un bo comesti- ble. E un fungo carnoso cos tubos do himenio non soldados entre si. Ten forma de abanico extendido ou fígado, de ahí o seu nome común "figado de boi". Pode chegar at os 25 cm de diámetro. A cutícu- la é viscosenta en tempo húmido de cor pardo vermella ou rosa vermella, cuberta de papilas de cor sangue. O himenio for- mado por tubos finos, cortos e clíndricos, separables e de cor branca. Ten a carne maciza e fibrosa de sabor algo ácedo. É un bo comestible que se come incluso cru. Nace sobre troncos de carballos e castiñeiros producindo unha podremia parda. setas 10 Boletín conselleria medio ambiente.qxd 11/1/08 10:33 Página 7
  8. 8. O orden Phallales encóntrase dentro dos Gasteromycetes e caracteríza- se por ter a gleba esporal verdosa e xelatinosa ou mucilaxinosa. Ten asigna- das seis familias e tres delas teñen repre- sentación en Europa. Hysterangiaceae. Con receptáculos hipo- xeos e semimihipoxeos ao madurar. Phallaceae. Con receptáculos epixeos, cilíndrico fusiformes, simples, sen rami- ficar e coa gleba na parte apical do receptáculo. Clathraceae. Con receptáculos epixeos, complexos, con formas moi variables, xeralmente ramificados ou reticulados e coa gleba no interior da rede ou dos brazos. É un orden que non deixa indiferente a ninguén, tanto polas súas formas peculia- res como polos seu cheiro. Xeralmente medran en ambientes ricos en residuos e madeira, con abondante materia orgá- nica, sendo saprofitos. O cheiro da gleba xelatinosa imita ao de excrementos ou cadáveres e atrae ás moscas dende moi lonxe. Estas acuden nun gran número para alimentarse dos doces nutrintes da matriz da masa esporal. As esporas pasan a través do aparato dixestivo das moscas sen estragarse e son expulsadas cos excre- mentos, sendo este o único medio de propagación. Existen numerosas espe- cies, a maioría de distribución tropical, encontrándose na Península Ibérica catorce especies. Dentro das Clathrace- ae temos os xéneros: Ileodictyon, Lysu- rus, Clathrus e Colus. Dentro das Pha- llaceae: Mutinus e Phallus. Dentro das Clathraceae, o xénero Clathrus é o máis Asombrosos cogomelos de aspectos e olores inconfundibles 8 Foto: J.M.C. Marcote por J. M.C. Marcote Foto: J.M.C. Marcote Phallus impudicus Mutinus ravanelli 10 Boletín conselleria medio ambiente.qxd 11/1/08 10:33 Página 8
  9. 9. abondante, con dúas especies presen- tes en Galicia. Clathrus archeri (Berk.) Dring. É unha especie orixinaria de Tasmania e Australia que chega a Europa na pri- meira guerra mundial, a través dos soldados australianos ou da lan importada para facer os uniformes dos soldados. A primeira cita ibérica dase en Tolosa en 1968 e hoxendía está estendida por toda Europa, parte de África e o norte da Península. Medra baixo árbores de folla, parques e xar- díns, en solos ricos en materia orgánica. Desenvólvese a partir dun ovo subglo- boso e semihipoxeo, co peridio branco e liso. Ao madurar ábrese polo ápice e emerxe o carpóforo, formado por un pé e, xeralmente, cinco brazos de forma triangular que se abren lembrando a unha lura. A carne cavernosa, de cor branca, rosada no pé e vermella escarla- ta nos brazos. Na base permenecen os restos do exoperidio a modo de volva. A gleba recobre a superficie interior dos brazos, de cor verde olivácea e olor a excrementos. Clathrus ruber P. Micheli: Pers. Medra en solos ricos e piñeiros areo- sos das zonas costeiras, ainda que está distribuido por toda a Penínsu- la. Primeiro globoso, semihipoxeo e con cordóns miceliares na base. Exo- peridio branco con sucos pentago- nais que lembran a un balón de fút- bol. Ao madurar emerxe unha masa alaranxada ou vermella con forma de rede, permanecendo os restos do exoperidio na base a modo de volva. A gleba xelatinos ae de cor verde, atópase no interior da rede. PhallalesPhallales Foto: J.M.C. MarcoteClathrus archeri 10 Boletín conselleria medio ambiente.qxd 11/1/08 10:33 Página 9
  10. 10. Dentro das Phallaceae, encontramos seis especies en Galicia. A diferencia fundamental entre os dous xéneros e que no xénero Phallus a gleba atópase sobre un receptáculo en forma de capuchón no ápice do pseudopé, men- tres que no Mutinus a gleba sitúase directamente sobre o pseudoestípite. Ademais, os exemplares do xénero Mutinus son máis pequenos. Phallus impudicus L. Pers. Medra en solos con abondancia de restos de madeira. De novo presenta forma de ovo liso e branco con un cordón miceliar na base. Ao madurar ábrese polo ápice e emerxe un pé branco, oco, longo, cilíndrico, de 10 a 20 cm de alto por 2 a 3 de ancho e coa superficie cuberta de poros. Na parte superior ten un sombreiro cónico con numerosos alveolos e un orificio no ápice. A gleba é de cor verde escura e alóxase nos alveolos. Olor a cadáver. 10 Phallus hadriani Vent.: Pers. Diferén- ciasse do anterior por que ten o exope- ridio do ovo de cor rosado e agleba de cor pardoescura. Cheiro entre esper- mático e cadavérico. Outros dous Pha- llus citados na Península son Phallus duplicatus Bosc e Phallus rubicundus (Bosc) Fr. Mutinus caninus (Huds. : Pers.) Fr. Medra en solos co abondantes restos leñosos en descomposición e as veces nos pés de tocos moi deterio- rados, en pequenos grupos. De novo presenta forma de ovo con dous cor- dóns miceliares na base. Exoperidio branco e liso. Ao madurar, ábrese polo ápice e emerxe un pé abranca- zado ou amarelo ocre claro, oco longo e cilíndrico, de 4-9 cm de alto por 0,5-1 cm de ancho e coa superfi- cie cuberta de poros. Na parte supe- rior ten un ensanchamento que é unha continuación do pé, de cor ver- mella e con numerosos eminúsculos alveolos. A gleba de cor parda olivá- cea alóxase nos alveolos. Olor débil a excrementos. Mutinus elegans (Mont.) E. Fischer in Sacc. É máis grande, non ten o ensan- chamento no ápice e ten a gleba menos localizada ao largo do pé. O exoperidio é rosado e o pé rosa amarillento intenso. Mutinus ravenelii (Berk. & Curt.) E.Fischer.-É unha especie americana que se diferencia de M. caninus po lo seu aspecto más robusto, o pseudoestí- pite fusiforme e a cor máis vermella, que vai dende o branco na volva hasta o vermello carmín debaixo da gleba, ó envellecer vólvese cor salmón. O ano pasado encontrámolo en Galicia uns socios de Pan de Raposo grazas a un aviso da nosa amiga Milagros da Coru- ña, a que lle agradecemos tan valiosa información. Clathrus archeri Foto: J.M.C. Marcote Foto: J.Mª. CostaPhallus hadriani 10 Boletín conselleria medio ambiente.qxd 11/1/08 10:33 Página 10
  11. 11. COGOMELOS RAROS NA COSTA DA MORTE (II) N este artigo vaise falar de copri- nos interesantes que atopamos na nosa bisbarra. A pesar da súa rareza teñen unha cualidade añadida que é a de unha fácil determinación, tanto polas suas características como polo seu hábitat. Coprinus spilosporus medra sobre o chan rico en restos vexetais, Coprinus xanthothrix é lignícola e Coprinus angula- tus medra sobre restos de madeira quei- mada. Coprinus spilosporus Romagn. É fácil de recoñecer pola forma redondeada do seu sombreiro. Mentres que a maio- ría dos coprinos teñen o sombreiro con forma cónica ou cilíndrica, C. spilospo- rus ten forma semiesférica recordando máis ás Psathyrella que aos do seu propio xénero. Outra característica importante é o seu pé cun bulbo basal ben marcado. O sombreiro é hemisfé- rico, de 1,5 a 2,5 cm de diámetro, pri- meiro totalmente recuberto dun veo bran- co uniforme que máis tarde rómpese en escamas moi fugaces. A pel e lisa, de cor gris, un pouco lubricada en tempo húmi- do. O marxe é estriado ata 2/3 da súa lon- xitude e as lamelas son anchas e delicues- centes. Pé de 4 a 5 cm de alto por 0,3 cm de diámetro, cilíndrico, fistuloso, ensan- chado na base e terminando nun bulbo ben marcado. Carne escasa, inodora e insípida. Foto: J.M.C. Marcote por J.M.C. Marcote Coprinus spilospoprus 10 Boletín conselleria medio ambiente.qxd 11/1/08 10:33 Página 11
  12. 12. e con poro xerminativo, de 8 a 10 por 5 a 6 micras. A cutícula é himeniforme con células alargadas ou fusiformes. Como se pode apreciar na fotografía, cando é xoven adoita ter unhas escamas espe- ciais ourizadas na parte máis alta do sombreiro. Atopámolo en Fisterra en Xaneiro de 2005, medrando sobre madeira de xesta. Coprinus angulatus Peck. É un peque- no coprino que medra sobre restos de madeira queimada e se caracteriza polo sombreiro ovoide acampanado e suca- do, de cor pardo vermello, e ó micros- copio pola forma das esporas, que recorda a da mitra papal. Sombreiro, 2 a 3 cm de alto, claramente sucado e de forma acampanada, coa cutícula de cor ocre ou pardo vermella. Pé cilíndrico, liso e branquiño. Esporas con tres lóbu- los irregulares, dándolle o aspecto de mitra, de 9,5 a 10 por 7 a 8 micras. Ato- pámolo en Zas sobre restos de madeira queimada de eucalipto, onde saían xunto a outros coprinos como C. lagopi- des, C. micaceus e outros cogomelos, pero de esto falaremos noutra ocasión. Esporas ovoides ou troncocónicas, a modo de grans de millo, con un peque- no poro xerminativo central, de 9,5 a 10 por 7,5 a 8,5 micras. Encontrámolo medrando na terra con abondantes res- tos vexetais de piñeiro e carballo, en pequenos grupos. Vimianzo, 27 de agos- to de 2006. Exsiccata: Pan de Raposo- 1270806152. Coprinus xanthothrix Romagn. É un pequeño coprino que medra sobre madeira, é lignícola. Pode confundirse con C. domesticus, de tamaño máis gran- de e tamén lignícola e con C. micaceus que medra no chan sobre restos vexetais e moitas veces sobre restos de madeira queimada. O sombreiro, delicuescente, é ovoide e de pequeno tamaño, 1,0 a 2,5 cm de diámetro, ao madurar vólvese aplanado e lixeiramente umbonado. A pel é estriada e está recuberta de un veo branco e graúdo que máis tarde vólvese gris. Lamelas brancas que se volven mouras pola cor das esporas. As esporas son elípticas, de cor marrón escuro, lisas Coprinus xanthothrix Coprinus angulatus Foto: J.M.C. Marcote Foto: J.M.C. Marcote 10 Boletín conselleria medio ambiente.qxd 11/1/08 10:33 Página 12
  13. 13. Sombreiro: De 5 a 10 cm de diámetro, ás veces máis. Carnoso, convexo, despois irregularmente estendido, coa marxe ondulada e incurvada. Cutícula rugosa, mate e seca. De cor variable, branquiña, ocre pálida a cor gamuza con tonos asalmonados ou leonados. Himenio: Formado por aguillóns frá- xiles e decurrentes, apretados. De cor branco-crema, algo rosados ao medrar. De sabor amargo. Pé: De ata 7 cm. Moitas veces excén- trico e algo deformado. Branco e máis pálido que có sombreiro. De consistencia máis dura que a carne do chapeu. Carne: Compacta pero quebradiza. Branca o principio, ocre ao roce. De olor débil, agradable, e sabor doce, vólvese algo amarga ao madurar. Hábitat: Atópase no outono e inver- no tanto en bosques de coníferas como de frondosas en grupos de numerosos exemplares. Comestibilidade: É un bo comestible que recorda ao sabor das noces. O XÉNERO HYDNUM Hydnum repandum Linneo Ex Fries. Galego: lingua de vaca Castelán: gamuza, lengua de gato Euskera: tripaki argi Catalá: aguilletes, llémena Texto: J.Mª. Traba Velay Fotos: J.M.C. Marcote Estes cogomelos distínguense moi ben polas súas púas do himenio E ste xénero pertence ao Orden Cantharellales, Familia Hydna- ceae. Cacterízase por ter o hime- nio formado por púas ou aguillóns dispostos baixo o sombreiro, sendo estes fácilmente separables da carne. As especies que compoñen o Xénero Hydnum son terrícolas e presentan formas típicas con pé e chapeu ben diferenciados, de carne homoxénea algo coriácea e quebradiza, e todos comestibles. O pé e central, as veces algo excéntrico e o chapeu liso ou ape- nas tomentoso. As súas cores varian entre os tonos máis ou menos verme- llo pálidos, gamuza, rosados ou abrancazados. Está composto o Xénero de 3 especies. A especie típica é Hydnum repandum, que xa se trata ao marxe, e as outras son Hydnum rufescens e Hydnum albidum. Hydnum repandum 10 Boletín conselleria medio ambiente.qxd 11/1/08 10:34 Página 13
  14. 14. Hydnum rufescens. É para algúns autores unha simple variedade de Hydnum repandum pero é máis pequeno e fráxil, con cores máis avermelladas ou amarelo verme- llas. Ten un sombreiro que ás veces é algo deprimido, de cutícula algo aterciopelada. O himenio presenta uns aguillóns máis longos e menos decurrentes que a especie tipo e como no chapeu son de cores menos pálidas. O pé é menos robusto, máis esbelto que en H. repandum. É comestible pero menos abundante. Hydnum albidum. Como no caso anterior semella un H. repandum de cores moi brancas pero en realidade é unha especie ben diferenciada, moi rara, que en Galicia non atopa- mos. Ten un sombreiro ben irre- gular de ata 10 centímetros, bran- co puro que se mancha de pardo amarelo ao medrar. A cutícula e algo aterciopelada, rugosa e con pequenos bultos a modo de che- pas. O himenio fórmano abun- dantes aguillóns ben apretados, subdecurrentes de cor abrancaza- da manchada de pardo amarela. O pé é cilindrico, corto e robusto. A carne é máis fráxil que nas outras especies e fructifica fundamental- mente baixo piñeiros. É un bo comestible. Según algúns o mellor do xénero. Hydnum rufescens Detalle do himenio dun Hydnum 10 Boletín conselleria medio ambiente.qxd 11/1/08 10:34 Página 14
  15. 15. o chef Miguel recoméndanos... gastronomía ensalada morna de coprinos, percebesensalada morna de coprinos, percebes e herbas aromáticase herbas aromáticas INGREDIENTES (1 ración) 30 g coprinos pechados e frescos 1 folla de albahaca 1 rama de rucola 1 rama de tomillo 1 rama de herba Luisa 60 g de percebe 50 ml de aceite de oliva 25 ml de vinagre de Módena Sal Maldón conserva de morchela en escabeche econserva de morchela en escabeche e longueiróns de Fisterralongueiróns de Fisterra INGREDIENTES (1 ración) 4 morchelas pequenas 4 longueiróns pequenos 70 ml de aceite de oliva 1 culleriña de pimentón doce 25 ml de viño branco 25 ml de auga de cocción do lon- gueirón 25 ml de vinagre de xerez 6 grans de pementa negra e sal ELABORACIÓN 1. Escaldar as morchelas 20 segundos. 2. Abrir os longueiróns e retirar a cuncha. Reservar a auga da súa cocción. 3. Nun cazo poñer aceite e saltear as mor- chelas 1 minuto. Engadir pimentón e, de seguido, o viño, vinagre e a auga de coc- ción do marisco. 4. Levantar o fervor, separar do lume e engadir os longueiróns. 5. Enfriar e servir. ELABORACIÓN 1. Limpar e preelaborar os coprinos. Escaldalos durante 15 segundos. 2. Lavar e limpar as herbas. 3. Cocer os percebes a 85ºC durante minu- to e medio. Pelar e reservar o quente. 4. Coa auga de cocción dos percebes ela- borar unha vinagreta misturando esta co aceite e o vinagre. Sazonar a gusto e reservar. 5. Dispoñer en prato morno os ingre- dientes armoniosamente. Por último aliñar coa vinagreta de percebe. 10 Boletín conselleria medio ambiente.qxd 11/1/08 10:34 Página 15
  16. 16. flora Texto e fotos: Manuel Pose O SABUGUEIRO (Sambucus nigra L.) Arboriño empregado con fins medicinais A orixe do nome latino do saúco é descoñecida, aínda que hai auto- res que consideran que provén da palabra grega sambuke, frauta, porque supón que dos talos ocos deste arbusto confeccionábase este instrumento. Arbusto ou pequeno arbolillo caducifo- lio e moi ramificado da familia Caprifo- liaceae de copa redondeada ata o chan, regular e moi densa. Non adoita pasar dos 5 metros de altura, con todo, baixo certas condicións de terreo favorable, temperatura e humidade adecuadas, pode crecer por encima desa altura. Tronco. É, xeralmente, retorcido e pouco groso, non excedendo, case nunca, dos 30 centímetros de diámetro. Del parten as numerosas e retortas ramas, que á súa vez se volven a ramificar; e así varias veces. A cortiza, sempre gretada, é, a pri- meira vista, parecida á textura da cortiza e de cor pardo grisácea, volvéndose máis grisácea nas ramas e verdosa nas poliña novas. A médula, de cor esbrancuxada, é moi grosa e moi branca, como esponxosa. Follas. Nacen das novas poliñas do ano. Son compostas, imparipinnadas e forma- das por 5 ou 7 folíolos lanceolados, ase- rrados, algo pelosos polo envés e dispos- tos por parellas en situación oposta e un folíolo na terminación. A partir do outo- no comeza a caída das follas que se pode prolongar durante o inverno. Flores. Son hermafroditas e están dispos- tas en corimbos aplanados que se for- man na terminación das poliñas do mesmo ano. Aparecen de forma moi numerosa, son moi pequenas e de cor branca. Cáliz formado por 5 sáibaos e corola por 5 pétalos soldados, coma se fose unha soa peza, entre os que se sitú- an os 5 estambres do androceo. Ovario ínfero tricarpelar, onde se acha soldado o cáliz, con 3 estigmas sésiles. A floración prodúcese na primavera e no verán, dependendo da altitude na que se atope. Froito. Frutifica durante o verán e o outo- no, dependendo, do mesmo xeito que a floración, da altitude. O froito é unha pequena baga globosa, negra ou violácea Sambucus nigra L. Galego: bieiteiro, binteiro, baiteiro, sabugueiro, sabucu, sabugu Castelán: saúco, sabuco, sabugo, sayu go, canillero, linsusa Catalán: saüc, saüquer, saüquera, bonarbre . Eúskaro: sauko, sakuta, intxusa, sabu kitze, txotxika 16 10 Boletín conselleria medio ambiente.qxd 11/1/08 10:35 Página 16
  17. 17. cando está madura, que contén moito zume da mesma cor e de 3 a 5 sementes. Reprodúcese por sementes, plantadas na primavera ou outono, e tamén por brotes. Pódese achar en Europa, Asia e norte de África e polas zonas tépedas e frías do con- tinente americano. En España distribúese principalmente pola metade setentrional da península, faltando totalmente nas Illas Baleares. Esténdese polos pisos inferior e montano ata non máis aló dos 800 metros en chans soltos, fondos e ricos en nutrien- tes, preferentemente en lugares frescos e húmidos, así é frecuente atopalo preto de ríos ou correntes de auga e en bosques umbríos e húmidos; linderos de bosques mixtos, robledales, soutos e aciñais. A pesar do seu pouco agradable cheiro, sobre todo das súas follas, a cultura popular utili- zou este arboliño desde tempos inmemo- riais, tanto polas súas propiedades medici- ñais e alimenticias coma por outros usos diversos. A madeira é tan mala que racha e torce con moita facilidade e non se empre- ga nin como combustible porque arde con dificultade. As follas, cortiza fresca e froitos inmaturos son lixeiramente tóxicos, pero non así as flores e os froitos cando están maduros por iso nalgúns lugares séguense consumindo as flores cocidas ou empana- das en receitas máis ou menos complexas. Cos froitos fanse licores, augardentes, xaro- pes, marmeladas e compotas. Pero, sen dúbida, o uso como planta medicinal fixo desta árbore un dos máis populares, polo menos no mundo rural. Contén nitrato potásico, pectina, taninos, pequenas canti- dades de aceite esencial, azucres, ácidos orgánicos, alcaloides (sambucina) e vitami- na C. Ten propiedades sudoríficas, diuréti- cas, depurativas e antiinflamatorias. Emprégase en casos de catarros, gripes, afeccións de garganta e cutáneas, conxunti- vitis, como tonificante e como laxante suave, dermatite, feridas e queimaduras. Como non podía ser doutro xeito, a cultura popular hao provisto de usos máxicos, xa desde a época dos celtas, para os que eran unha árbore sacra, ao que denominaban Ruis no seu alfabeto druídico Ogham, e rexía a época do 2 ao 29 de outubro. Úsase en distintos ritos relacionados co solsticio de verán, xeralmente para espantar os malos espíritos para utilizarse máis tarde como protector do gando e as facendas. Asphodelus albus Miller Galego: abrótega, abrótiga, mortegas Castelán: gamón, asfódelo, albezón Familia: Liliaceae. Altura: Ata 100 centímetros. Tipo: Perenne. Floración: De abril a xuño. Talo: Dereito, poucas veces ramificado, liso, forte e duro. Raíces con forma de tubérculo. Follas: Moi numerosas e todas en roseta basal, carnosas, moi longas e estreitas (20-60 x 1-2 cm) e sección con forma de V aberta. Do cen- tro da roseta parte o talo. Flores: Inflorescencia terminal con forma de espiga. Flores brancas. Perianto dividido en 6 tépalos de ata 3 cm de longo cunha liña central lonxitudidal de cor abermellada. Androceo con 6 estames libres. Ovario súpero trilocular con 3 carpelos soldados, estilo longo e delgado e estigma dividido en 4 lóbulos desiguais. Froito: Cápsula casi esférica de cor castaño cando está madura, de 1 cm ou algo máis de diámetro, dividido en 3 lóbulos pouco marca- dos e con 6 sementes no interior. Hábitat: En solos pobres procedentes de rochas silíceas, bosques, descampados, brei- xos e diversos matorrais. Distribuida por todo o sur de Europa. Importancia práctica: Antigamente consumíase a raíz, pero na actualidades xa non se fai por- que contén asfodelina, un alcaloide velenoso. Tamén se empregou na fabricación de cosmé- ticos e obtención de alcohol. A raíz machuca- da úsase, en aplicación externa, para combar- tir eccemas, herpes ou psoriase. 10 Boletín conselleria medio ambiente.qxd 11/1/08 10:35 Página 17
  18. 18. A abundante arquitectura relixiosa do concello de Muxía atópase, ao igual que a súa poboación, espallada polas pequenas aldeas do interior. Seguindo un roteiro de norte a sur o viaxeiro pode visitar as igrexas parroquiais de San Pedro de Leis, San Martiño de Ozón, Santa María de Morquintián, San Xiao de Moraime, Santa Leo- cadia de Frixe e San Cristovo de Nemiña, bos exemplos do predominio na comarca do que os historiadores da arte dan en chamar "románico rural galego". Daucu carota L. subsp. gummifer Hooker. Galego: cenoura, cenoira, cenoria Castelán: bufanaga, acenoria, sinoria, forrajera Familia: Umbelliferae (Apiaceae). Altura: Case sempre menor dos 100 cm Tipo: Bienal. Floración: De abril en diante. Talo: Recto, delgado e estriado, recuberto de pelos duros e inclinados, moi correoso e difícil de romper. Ten unha raíz longa e leñosa, en forma de nabo, non comestible. Follas: Algo carnosas e brillantes. Polas feridas exuda un líquido gomoso. Flores: Inflorescencia terminal umbelar de 15- 30 radios e ata 10 cm de diámetro. Flores pen- támeras e hermafroditas de cor branca ou rosa- da, xeralmente cunha flor púrpura no centro. Cáliz con dentes moi pequenos ou ausentes, corola con 5 pétalos desiguais, androceo con 5 estames, xineceo con 2 carpelos, ovario ínfero e 2 estilos libres. Froito: Oblongo, comprimido, con 5 costelas primarias ciliadas e 4 secundarias con espinas. Maduración no verán e outono. Hábitat: Crece desde a beira do mar ata non máis dos 800 metros, nas beiras de camiños, pastizais, lugares areosos e, en xeral, en lugares dedicados a inculto, con independencia do tipo de chan. Cultívase en todo o mundo a subespecie sativus, a popular zanahoria. Importancia práctica: Os froitos e a raíz empré- ganse polas súas propiedades diuréticas. Ademais, polo seu alto contido en provita- mina A, é beneficiosa en caso de trastornos da visión e alteracións da pel. 10 Boletín conselleria medio ambiente.qxd 11/1/08 10:35 Página 18
  19. 19. P ara "entender" estas construc- cións temos que situarnos crono- loxicamente entre finais do S. XI e principios do S. XIII nos dominios do conde Pedro Froilaz e a súa familia, os Traba, ligados aos monarcas Alfonso VII, Fernando II ou Alfonso IX, gran- des mecenas e protectores das terras monxías. Foi no S. XII cando se edifica- ron a maioría destas igrexas nunha coxuntura favorable: crecemento demográfico, importantes transforma- cións no plano social e económico e estabilidade política. Neste mundo rural, con enclaves mal comunicados, cunha poboación aínda máis espallada que na actualidade e que vivía basicamente da agricultura, xorde unha prolífica arte rural, froito dunha grande demanda popular que ve nas igrexas tanto un refuxio espiri- tual coma un lugar de defensa en situa- cións límite, ademais dun punto de encontro para solucionar os problemas relacionados coa colectividade. E non podemos esquecer a importancia de Muxía como finisterre xacobeo e que moitos peregrinos a Compostela conti- nuaban a súa andaina ata este recun- cho, fenómeno que tamén demanda infraestructuras. Para cubrir ditas demandas, polos mesmos camiños chegaron á Costa da Morte unha serie de obradoiros itinerantes procedentes de Santiago, os cales, unha vez ralenti- zadas as obras da basílica compostelá, difundirán polo rural as técnicas aprendidas na construcción da mesma. En canto ás características constructi- vas, salientar en primeiro lugar o emprego de materiais locais coma o granito, que condiciona a cantería como tipo de aparello. A tipoloxía das igrexas segundo a súa planta responde maioritariamente a edificios de nave e ábsida únicas, esta última case sempre rectangular, con sinxelos sistemas de cuberta: teitumes de madeira a dúas augas nas naves, reservando a bóveda de canón para as ábsidas. As excep- cións son os edificios vencellados a comunidades monásticas, con tres naves e tres ábsidas semicirculares, caso das igrexas de Ozón e Moraime, constituindo a segunda o exemplo mellor conservado de articulación do espazo en tramos, típico da arquitectu- ra románica. Outros elementos arquitectónicos son as torres-campanario, máis ben escasas (Moraime e Morquintián), as espada- nas, de construcción máis sinxela, e os distintos elementos ornamentais, que no interior do edificio se concentran na ábsida e no arco trunfal que da acceso ao presbiterio e no exterior nos canzo- rros dos beirados, así como en portas e ventás. Trátase de motivos xeométri- cos, vexetais e figurativos, tanto de humanos coma de animais (reais ou imaxinarios) e nos que predomina a temática sacra sobre a profana, esta última relacionada co mundo dos xograres, esa xente de mal vivir (Mor- quintián, Leis). A escultura constituía naqueles tempos un auténtico "catecis- mo en imaxes", onde se recollían prin- cipios teolóxicos e morais, lidos coma se fosen cómix polos nosos iletrados antergos. arte O ROMÁNICO RURAL GALEGO NO CONCELLO DE MUXÍA I. Contexto histórico e características constructivas por J.Mª Costa Lago 10 Boletín conselleria medio ambiente.qxd 11/1/08 10:35 Página 19
  20. 20. 20 P aseando polas praias de Carnota chámanos a atención unhas edifica- cións coñecidas como salazóns, sali- nas ou mesmo almacéns. Son construc- cións adicadas á salgadura do peixe, bási- camente sardiña, procedemento usado maiormente entre outros como o afuma- do, o escabechado ou o secado. O salgado, procedemento máis usado en Galiza para a conserva do peixe, consistía en descabe- zar, eviscerar e limpar a especie máis común que era a sardiña. Foi unha activi- dade complementaria da pesca á que se chamaba escochado, realizada preferente- mente por famiiares dos mariñeiros de todas as parroquias, coincidindo coas épocas de abundancia de peixe, almace- nándoas en barrís, coas que facían fronte ás duras tempadas de escasez de peixe ou mal tempo para saír ao mar. Facendo un pouco de historia e con res- pecto á pesca, o ilustrado Lucas Labrada a comezos do século XIX di: "La pesca que se hace en Finisterre, Corcubión, Cee y El Pindo asciende anualmente a sesen- ta mil millares de sardina, 200 quintales de congrio, 1.500 de merluza y 300 de abadejo". Ocorreu ao longo do século pasado, cando se instalaron as industrias de salazón polas familias catalanas na maior parte dos portos de A Costa da Morte, que ata entón adicábanse entre outras á pesca da balea. Neste momento a pesca sufre un cambio importante adi- cándose á salazón da sardiña e aos seca- deiros de congro. A iniciativa foi promo- vida, según se conta, polo naufraxio en costas galegas dun veleiro francés que transportaba unha partida de conservas de sardiñas de Nantes. As sardiñas des- pertaron o interese de D. Victor Curbera Puig, quen pensou na aplicación da abun- dante e excelente materia prima que entón existía nas nosas rías. A instalación destas factorías concéntran- se principalmente na ría de Corcubión, Quilmas, Caldebarcos, Panchés, O Pindo, Brens, Corcubión e Duio pero tamén houbo factorías nas rías de Camariñas e Muxía, nas de Corme e Laxe e na vila de Malpica. Introducíuse ademais un cambio nas condicións de traballo; os mariñeiros que ata entón traballaban de xeito autóno- mo, pasaron a ser asalariados destes novos empresarios que se fan donos dos medios de producción e comercialización. Os galegos preparaban a sardiña polo procedemento do escochado; sacában- lle a cabeza e tripas e o peixe mantiña toda a súa graxa, oxidándose rapida- mente ao contacto co aire e collendo unha cor amarelenta pouco apetecible para un comestible, impedindo a súa exportación a mercados de clima máis cálidos coma os do Mediterráneo. Co método catalán, salgaban as sardiñas AA IINNDDUUSSTTRRIIAA DDAA SSAALLAAZZÓÓNN NNAA CCOOSSTTAA DDAA MMOORRTTEE paseando por aquí por V. Corujo 10 Boletín conselleria medio ambiente.qxd 11/1/08 10:36 Página 20
  21. 21. enteiras que eran procesadas en lotes, mesturando o sal coa axuda de pas e efectuando a súa inmersión en salmoi- ra dentro de píos de cantería cuxa cabi- da era moi superior á dos recipientes de madeira que se usaban con anterio- ridade nas citadas adegas das viven- das, onde permanecían pechadas de 13 a 15 días, que era cando abrían os laga- res e pasaban ao morto para o seu pren- sado moi a modiño ata quedar limpas de graxa, polo que o custo da produc- ción era máis baixo, a sardiña tiña mellor presenza, e comercializábanse todos os excedentes, malia que o seu gusto era peor que a preparada á gale- apenas modificou as estructuras económicas galegas porque os beneficios levábanse para Cataluña, pero resultou ser o xérmolo da industria conserveira do século XX. Este sis- tema orixinou varios conflictos anticatalanis- tas, como o que se deu na vila de Cee no ano 1757, cando un grupo dunhas setenta mulle- res atacaron aos empleados de fomentadores cataláns, destrozándolles os aparellos que usaban. Na primeira etapa, (1750-1813) os comerciantes cataláns desprazábanse a Gali- za por colleitas, compraban, e ás veces mani- pulaban a pesca salgada, traían viños para comerciar, augardentes e estampados de algodón, e, para facer rendíbel a viaxe de volta, enchían os barcos co peixe salgado ela- ga. A única innovación tecnolóxica que trouxeron os cataláns a Galiza foi a do uso dunha prensa de madeira, denomi- nada "prensa de machos", que extraía a graxa das sardiñas colocadas unhas enriba das outras, prensándoas durante unhas doce horas e deixando que esta saíse lentamente e se deslizase por unha rede de canles cara un pozo de almacenamento. A graxa recollida ven- díase como saín para curtir peles e se preparar pinturas. A escama do peixe utilizábase para estercar as leiras. A burguesía catalana introduce un siste- ma de producción capitalista aínda que 10 Boletín conselleria medio ambiente.qxd 11/1/08 10:36 Página 21
  22. 22. borado polos pescadores galegos. Máis tarde difundiron a súa técnica de prensado, que eliminaba a graxa e conservaba máis tempo o peixe, podendo comerciar mellor o producto ao longo de todo o Mediterráneo. Nunha segunda etapa, (1813-1830) moitas familias catalanas acabaron asentándose definitivamente nas rías galegas debido ao crecemento dos seus negocios e, xa nunha terceira fase comezan coa transformación das salgadeiras en fábricas de conservas enlatadas destinadas á exportación, anima- dos polo desestanco e abaratamento do sal e pola desmilitarización dos pescadores. Estes empresarios cataláns con fortes axu- das do goberno de entón, construíron gran- des almacéns ou factorías de salgadura. Dos primeiros almacéns construídos en Galiza no século XVIII, feitos con madeiras e con escasos medios, non quedan vesti- xios, xa que foron substituídos por edifica- cións de mampostería, cachote de pedra ou sillares, que son hoxe as contruccións en ruínas que abondan na nosa costa. Estos almacéns, ou salgadeiras parten dunha planta rectangular distribuída en tres sec- cións diferenciadas. 22 Chanca. É a parte da fábrica constituída polos lagares ou pías, nos que se salgaba a sardiña. Estos lagares estaban escava- dos na terra, construídos con lousas de perpiaño no fondo e nos laterais, que son medianeiros e unidas con morteiro de cal hidráulico. Claro ou patio. Estaba descuberto, a diferencia da chanca e do morto. O chan está lusado e inclinado cara ó centro polo que descorre unha gabia de pedra que se une á saída da fábrica con outra máis grande que ía dar ao mar. Pola gabia desaugaba a choiva, a auga do lavado do peixe e a do baldeo diario do claro. Este baldeo facíase con auga do mar mesturada con sosa cáustica para eliminar as graxas do lousado e evitar os escorregamentos dos traballadores e tra- balladoras. Morto. Era a parte da fábrica destinada ao prensado da sardiña, e alí atopabanse as pozas para o saín e a morca. Ao longo do morto atopábase a grade, formada por dúas trabes de madeira. O morto e a chanca atopábanse teitados cunha estructura de madeira que descan- saba sobre esteos de pedra e alí se situaba un local teitado no que se gardaban e repa- saban as redes dos barcos. Isto aínda se observa en salgadeiras como a de Fisterra. Ademais destes espazos comúns a todas as salgadeiras, existía un depósito de sal, afo- nil ou alfolí, situado ao remate da chanca. Nalgúns edificios erguían un volume que ben podía adicarse a despacho do dono, ou tamén acoller o uso de casa-cuarto que podía incluir un despacho. Entre Camariñas e Muros destacan arqui- tecturas deste tipo como o conxunto de sal- gadeiras en Quilmas, en Carnota, e os seca- doiros de congro en Muxía e aquelas dunha segunda industrialización, como as ruínas da baleeira de Caneliñas. O incre- mento da producción e o éxito comercial catalán veu dado pola interación destos tres factores: o aumento das capturas debi- do ás redes de arrastre, a organización do traballo e as novas técnicas conserveiras. Isto último propiciou algúns cambios no deseño do edificio adicado ao salgado da sardiña, que foron facéndose máis impor- tantes ao introducir o enlatado e que aca- barían derivando máis tarde no abandono da vella salgadeira, ben na súa transforma- ción, ben na súa incorporación a unha nave maior. Son moitas e variadas as arquitectu- ras da primeira e segunda industrializa- ción adicadas á explotación do mar, feitas nos cen anos que van de mediados do século XIX a mediados do século XX. Temos na nosa costa un patrimonio que explica a transformación da mesma e dos seus habitantes, un ben aínda sen valorar, descoñecido e pouco estudado. É necesario dar a coñecer estas arquitecturas indus- triais e procurar que calquera intervención que se achegue a elas sexa proteccionista, dándolle un uso social e mantelas aprovei- tando as grandes posibilidades que o seu entorno ofrece. 10 Boletín conselleria medio ambiente.qxd 11/1/08 10:36 Página 22
  23. 23. Se queres formar parte da Asociación ou escribir algunha colaboración no Boletín, por favor enche os espacios cos teus datos e mándaos ao enderezo: Asociación Pan de Raposo, Rúa de Arriba, nº 1 15270 CEE (A Coruña). Nome: ______________________________________________ Enderezo: ______________________________________________ C.P.: ______________________________________________ Localidade: ______________________________________________ Teléfonos: ______________________________________________ Fax: ______________________________________________ e-mail: ______________________________________________ Tamén podes suscribirte a BBoolleettíínn por só 5 € de gastos de envío ao ano. Contáctanos no Tf. 981747044 ou no enderezo panderaposo@panderaposo.com pan de raposo No pasado outono, fundouse no concello de Ames unha agrupación micolóxica que pretende integrarse en Pan de Raposo e participar nas nosas actividades. En tan pouco tempo organizaron xa varias saí- das, coma as que percorreron as beiras dos ríos Sar (na zona de Teo) e Xallas (en Tapia), outra na que visitaron Guitiriz e outra a desem- bocadura do Anllóns na Barra de Ponteceso. Adoitan facer os “xoves micolóxicos”. Boa sorte!! O 25 de novembro do pasado ano, unha vez rematadas as actividades da VI Semana Micolóxica da Costa da Morte, celebrouse a VI Cea Pan de Raposo. Nesta ocasión a festa organi- zouse en Neaño (Cabana) e coma sempre o chef Miguel tivo que escoitar as máis cálidas felicitacións polo éxito das súas elaboracións culinarias. Cada vez un sinte que é todo un pri- vilexio participar desta exquisita cita gastronómica. Na pasada primavera un grupo de compañeiros visitou unha zona tan singular como a paraxe das Médu- las, no límite xeográfico de Galicia e León. Alí puideron percorrer os seus antigos soutos e admirar aque- la característica paisaxe luar. Esta visita contrastou coa que se fixo semanas antes ao percorrido da Freixa do concello da Lama (Ponte- vedra), entre bosques de acivros e fragas polas que descorre o río Xesta. 10 Boletín conselleria medio ambiente.qxd 11/1/08 10:36 Página 23
  24. 24. 10 Boletín conselleria medio ambiente.qxd 11/1/08 10:36 Página 24

×