Successfully reported this slideshow.
We use your LinkedIn profile and activity data to personalize ads and to show you more relevant ads. You can change your ad preferences anytime.

Programa electoral completo - Vilalba 2019

486 views

Published on

Programa electoral dos socialistas de Vilalba para os comicios electorais do 26 de maio de 2019

Published in: News & Politics
  • Be the first to comment

  • Be the first to like this

Programa electoral completo - Vilalba 2019

  1. 1. PROMOCIÓN DO NOSO 2 AS NOSAS PARROQUIAS /29 3 MEDIO AMBIENTE 4 TRANSPARENCIA E EFICIENCIA 5 CULTURA / ASOCIACIÓNS / DEPORTE / 6 SERVIZOS SOCIAIS / FEMINISMO / DIVERSIDADE 7 XUVENTUDE E INFANCIA 8
  2. 2. Promoción do noso A Vilalba que queres precisa dun goberno que estea disposto a valorar todo o potencial do seu pobo 1. Posta en valor do patrimonio material e inmaterial da nosa contorna. 2. Deseño, trazado e homologación de rutas de sendeirismo e realización periódica de roteiros culturais a lugares de interese. 3. O Camiño de Santiago terá especial consideración na promoción cultural e turística do noso Concello, impulsando o adecentamento do Camiño Norte. 4. A Feira do Queixo de San Simón e a do Capón de Vilalba terán unha programación anual, coordinando diferentes actividades ao redor destas dúas datas para o pulo dunha gastronomía e costumes propios. 5. Celebración de eventos e feiras sectoriais coincidindo coa celebración das feiras mensuais. 6. Campañas para o fomento do comercio local. 7. Impulso ao Museo de Prehistoria e Arqueoloxía promovendo o seu coñecemento nos centros de ensino e operadores turísticos. 8. Promoción e posta en valor dos Bens de Interese Cultural do noso Concello. 9. As Redes Sociais do Concello servirán como plataforma de información para o fomento dos nosos valores culturais, patrimoniais e históricos. 10. Creación dunha oficina de captación de empresas e asesoramento a emprendedores. O Goberno formará parte activa na coordinación e fortalecemento da iniciativa empresarial. 11. Habilitaranse locais de traballo compartido para novas iniciativas ou proxectos punteiros. 12. Fomento de espazos pensados para as persoas a través dun Plan de Humanización continuo, eliminando paulatinamente as barreiras arquitectónicas e mellorando a accesibilidade dos edificios públicos municipais, así como a limpeza das nosas rúas. 13. Estudo da ordenación do tráfico e das zonas de aparcamento.
  3. 3. As nosas parroquias /29 O rural que queres depende dun traballo continuo nas parroquias fóra do período electoral e lonxe da política de favores 1. As vías de comunicación parroquiais estarán en mellora continua a través dun Plan de estradas municipais, con criterios e prioridades adaptadas ás demandas da veciñanza do rural. 2. Os fondos correspondentes ao Canon Eólico serán destinados a incrementar o uso sostible dos terreos incluídos na Rede Natura, así como a reposición de animais mortos por fauna salvaxe. Polo menos o 70 % do canon será invertido nas parroquias que soportan os parques eólicos. 3. Aumento da rede de captación de auga, mellorando o abastecemento e a posta a disposición deste recurso, principalmente en épocas de seca. Instalación de depósitos de carga. 4. Emprego de mecanismos que substitúan aos herbicidas químicos, tales como as accións derivadas dos traballos manuais ou as automatizadas mediante tractores de desbroce. 5. Impulso de procedementos que permitan as concentracións parcelarias amigables e a ordenación e comercialización da produción primaria. 6. Plan de loita contra o despoboamento nas parroquias, fortalecendo a prestación de servizos públicos de calidade e deseñando programas continuos de dinamización sociocultural no rural. 7. Promoveranse Puntos Wifi nos locais de actividade das parroquias para aumentar as posibilidades do rural e a adaptación ás TICs. 8. Racionalización do alumeado público. 9. Información e formación dos plans de acción de interese agropecuario e forestal. 10. Apertura dun rexistro de vivendas rurais en aluguer.
  4. 4. Medio ambiente A Vilalba do futuro merece unha atención absoluta ao coidado da súa terra e tamén a maior das consideracións co medio ambiente e a sostibilidade 1. Construción dunha nova Estación Depuradora de Augas Residuais que dea cobertura ás necesidades reais do que será o Plan Xeral de Ordenación Municipal. 2. Novas bases para licitación da concesión da recollida de Residuos Sólidos Urbanos. Mellora da xestión de recollida nas parroquias, incluíndo a recollida selectiva de plásticos agrícolas. Eliminación de vertedoiros incontrolados. 3. Posta en marcha de puntos de compostaxe orgánica interparroquial, así como instalación de pequenas depuradoras en núcleos rurais. 4. Posta en valor da reserva da biosfera no termo municipal. 5. A educación ambiental estará presente en todas as áreas de goberno. 6. Acondicionamento das zonas de ribeira. Desbroce e/ou eliminación da vexetación de impacto e dos entullos nas zonas de servidume dos nosos ríos, principalmente nos tramos dedicados á pesca sen morte. 7. Campañas de concienciación para a loita contra a vespa velutina. 8. Construción dun albergue para a recollida de animais domésticos abandonados. Control dos rexistros de animais domésticos. Activar educación cívica e procedemento sancionador. 9. Formación Transversal para a implantación de prácticas de cultura biosaudable e de sostibilidade ambiental. 10. Axenda Municipal para a redución progresiva da emisión dos gases con efecto invernadoiro. O Concello sumarase de forma efectiva ao pacto mundial dos alcaldes polo clima.
  5. 5. Transparencia e eficiencia O Concello que queres debe abrir portas e fiestras ante a veciñanza e xestionar os recursos para mellorar a vida da xente. 1. Adaptación da web do Concello ás esixencias da Lei de Transparencia, acceso á información pública e bo goberno, cunha boa usabilidade e contidos pensados para a lectura e comprensión das persoas usuarias. 2. Posta en marcha de programas específicos para a formación en competencias dixitais e manexabilidade do entorno web, en particular da administración electrónica para vilalbesas e vilalbeses. 3. Busca permanente de financiación externa que permita acceder a maiores recursos á marxe das partidas orzamentarias municipais. 4. A alcaldesa e concelleiras/os terán un horario predeterminado de atención ao público, de xeito que calquera persoa poderá solicitar cita co representante público que desexe. 5. As sesións plenarias para o debate entre as forzas políticas da Corporación Municipal serán retransmitidas online. 6. Regulamento de participación veciñal para abrir o Concello ás demandas en Vilalba, casco urbano e parroquias. Representantes políticas e persoal traballarán para facilitar o exercicio dos dereitos da veciñanza. 7. Posta en funcionamento dunha liña telefónica gratuíta e dunha app móbil para recibir información e trasladar incidencias, suxerencias ou solicitudes. 8. Os orzamentos municipais contarán cunha partida específica para toma de decisións da veciñanza. 9. Seguimento e control dos servizos públicos de xestión directa mediante empresa. 10. Aprobación da Relación de Postos de Traballo (RPT). 11. Implantación de novas cláusulas sociais para a contratación pública, tanto nas licitacións de obras como nas de servizos.
  6. 6. Cultura / asociacións / deporte / O goberno que mereces ten que formar parte activa no traballo excepcional de asociacións, músicos, deportistas, e apoiar o motor principal e corazón de Vilalba. 1. As subvencións de concorrencia competitiva estableceranse con criterios obxectivos, creando liñas específicas para cultura, deporte e asociacións veciñais. 2. Regulamento de uso de locais para asociacións, con parámetros de adxudicación públicos atendendo á maior coordinación posible. Existirá a posibilidade de solicitar espazos públicos a través da web accedendo a un calendario de dispoñibilidade. Modificación da ordenanza de uso do Auditorio Municipal. 3. O Concello tomará unha posición proactiva na organización e coordinación da axenda cultural e deportiva. 4. Promoverase a creación de novas iniciativas asociativas cunhas condicións de axuda económica especiais relacionadas con obxectivos a acadar como condición indispensable. 5. Reordenación do uso das instalacións deportivas municipais, realizando un estudo das necesidades para valorar unha posible ampliación do pavillón municipal. 6. Compromiso de visibilización e potenciación do deporte feminino e dos deportes minoritarios. 7. Iniciarase o proceso para facer de Vilalba o concello de referencia nacional da modalidade deportiva de media maratón. 8. Compromiso de apoio específico a colectivos e entidades que conserven as nosas tradicións e cultura, tamén a través da música e da arte. Promoción dun Plan interxeracional. 9. Programa de recuperación da memoria histórica. Cumprimento da lei de referencia. 10. As festas patronais serán organizadas polo Concello. 11. Feira do Libro e Festival de cine en Vilalba, aproveitando tamén o Auditorio Municipal para a proxección habitual de filmes as fins de semana. 12. Programación de actividades na Biblioteca Municipal para o fomento da lectura.
  7. 7. Servizos sociais / feminismo / diversidade A Vilalba que queres respecta a diversidade das súas xentes, cre firmemente na igualdade entre mulleres e homes, e leva por bandeira a xustiza social e a igualdade de trato 1. Impulsarase a creación dun Centro de Día de titularidade pública. 2. Apertura dun rexistro de persoas maiores que viven soas para prestar especial atención ás súas necesidades. 3. Plan de Igualdade en colaboración con diversos axentes sociais implicados nesta materia. Atenderase especialmente ás dobres discriminacións (interseccionalidade). 4. Programas de prevención en materia de agresións sexuais para poñer freo á cultura da violación. Puntos lila nas festas patronais e eventos festivos. 5. Actividades específicas para a promoción do emprego feminino co obxectivo dunha maior inserción laboral. 6. Compromiso de apoio ás mulleres do rural en todos os ámbitos do seu desenvolvemento vital. 7. Favorecer o benestar das mulleres migrantes valorando posibles vulnerabilidades en canto á lingua, costumes, etc. 8. Empregarase unha linguaxe inclusiva e non discriminatoria nos documentos oficiais, campañas e información emitida polo Concello. 9. Plan contra o acoso por bifobia, transfobia e homofobia, especialmente en centros de ensinanza. 10. Día do orgullo, pola importancia de visibilizar ao colectivo LGTBI especialmente en entornos rurais. Libres e diversxs. 11. Facilitar a conciliación familiar, persoal e profesional cunha rede de servizos públicos de calidade.
  8. 8. Xuventude e infancia A sociedade que queres para Vilalba pensa nas futuras xeracións como principais axentes de cambio, con políticas que os teñan presentes 1. Creación da Oficina Municipal de Información Xuvenil (OMIX) para que as mozas e mozos podan asesorarse sobre os seus proxectos vitais e profesionais, inquedanzas, ou mesmo planificación e orientación sobre ideas xerminais. 2. Programas alternativos de ocio e recreación deportiva empregando diferentes espazos públicos (polideportivos, centros de cultura, locais de mocidade, bibliotecas, colexios, parques…). 3. Contacto continuo cos centros de ensino secundario e Formación Profesional a través de rapaces e rapazas designadas polo propio alumnado para trasladar as demandas dos máis novos e novas do municipio. 4. Promoción do debate entre a mocidade como ferramenta de análise e reflexión crítica da sociedade. 5. Establecemento dun bono cultural para persoas menores de 25 anos. 6. Plan de Emprego Xuvenil, con oportunidades laborais para a mocidade. Apertura dun Rexistro de Profesionais de mozos e mozas que teñan rematado a súa etapa formativa e busquen emprego. 7. Escola Municipal de nais e pais para formar ás familias en asuntos que lles preocupan na crianza das súas fillas e fillos. 8. Facilitar ás familias o contacto con entidades que traballan con nenas e nenos con capacidades diferentes para o seu asesoramento a través dos centros educativos. 9. Ampliación da programación infantil cunha temporalidade anual, con actividades como contacontos, teatro, música, e lecer de calidade. 10. Substitución do actual parque acuático por unha piscina municipal pública gratuíta para todas as persoas. 11. Renovación e mantemento dos parques infantís, con zonas de xogo para as diferentes idades.

×