Manuel Curros Enríquez, 1º Bacharelato

2,021 views

Published on

0 Comments
1 Like
Statistics
Notes
  • Be the first to comment

No Downloads
Views
Total views
2,021
On SlideShare
0
From Embeds
0
Number of Embeds
713
Actions
Shares
0
Downloads
12
Comments
0
Likes
1
Embeds 0
No embeds

No notes for slide

Manuel Curros Enríquez, 1º Bacharelato

  1. 1. 1º BACHARELATO
  2. 2. Manuel Curros Enríquez pasa por ser, xunto con Rosalía de Castro e Eduardo Pondal, o gran referente do “Rexurdimento” da literatura galega de finais do século XIX.
  3. 3.  Considera que a poesía debe estar ao servizo da sociedade, comprometida cos máis desfavorecidos.  Autor de dous libros: Aires da miña terra, publicado en 1880, e O Divino Sainete, publicado en 1888.  O seu primeiro poema, «Cántiga» foi escrito con tan só 18 anos.  En 1877 gaña o certame poético convocado en Ourense con «A virxe do cristal», «Unha voda en Einibó» e «O gaiteiro de Penalta»
  4. 4.  Os ataques públicos e o procesamento por mor dos poemas de ton anticlerical que figuran en Aires da miña terra fixeron que a sona de Curros se espallase por toda Galiza e que a obra tivese moi boa acollida (a primeira edición esgotouse en apenas quince días), de xeito que o celanovés acabou por ser o poeta galego do século XIX máis coñecido popularmente, mesmo por riba da sona de Rosalía.
  5. 5.  Definiuse a si mesmo como un home de «ideas e conviccións». A súa poesía estivo marcada polo combate e o compromiso cos ideais de progreso, democracia, liberdade, república e galeguismo, contra a inxustiza e a opresión. A súa poesía está asentada en tres bases:  1.- Progresismo: Curros é un poeta social ou civil, que defende con firmeza as liberdades e os dereitos individuais que canta os elementos do progreso e ataca a intolerancia, a censura, o fanatismo relixioso, a tiranía, a pena de morte e os abusos dos poderosos.  2.- Compromiso social: Curros cre que ten como misión ética denunciar a inxustiza, poñerse ao lado dos que sofren, dos maltratados, dos perseguidos, ser a voz dos que non teñen voz. Ataca así o caciquismo, a opresión, a explotación dos campesiños, os privilexios dos máis ricos, etc.  3.- Anticlericalismo: Ataca sen desmaio a Igrexa católica, o Papa, os xesuítas, os frades e os clérigos de ideoloxía carlista, por consideralos imaxe da intolerancia, represores da liberdade de pensar e facer ciencia, fariseos, etc.
  6. 6. O libro ten unha estrutura encadrada: ábrese cun poema de ton xustificatorio, a "Introdución" e féchase cunha esperanzada "Encomenda".
  7. 7.  Aínda que cre na poesía social e a maior parte dos poemas pertencen a esta temática, hai ademais outras temáticas: . Temática costumista: os tres poemas cos que gañou o certame están incluídos neste libro. . Temática intimista: poemas que se deben a sentimentos provocados por diferentes circunstancias como o nacemento dun fillo, a morte doutro ou a da súa nai, a anguria ou a soidade.
  8. 8. a) Cívica:  Nela o poeta adopta un punto de vista crítico. Preocúpase, de xeito altruísta, pola sociedade en que vive e trata de combater as inxustizas que se cometen coas clases populares.  Presenta as seguintes características xerais: – Defensa dun programa de benestar, progreso e liberdade para todos os individuos, fronte ao fanatismo relixioso, o escurantismo, a opresión e a ignorancia reinantes. – Critícase o abuso de poder da Igrexa, facendo sátira da figura-cumio (o Papa). – Considéranse negativos para o pobo outros poderes como a monarquía, a Xustiza e a burocracia administrativa en xeral. – Proponse liberar o agro de todos os males que o abafan: o inxusto reparto da terra, os trabucos e impostos en xeral, as levas para o servizo militar e as guerras, a escaseza de produtos de primeira necesidade (o sal), as supersticións...
  9. 9. b) Poesía costumista — Un costume. Recrea "Unha voda en Einibó", unha voda popular en tres romances: o noivado, a cerimonia e o xantar. — Un tipo. Neste caso trátase dun gaiteiro (influencias rosalianas). — Unha lenda tradicional. Curros elixe a coñecida en Celanova como da Virxe do Cristal. A peripecia reside no milagre realizado pola Virxe para salvar a honra dunha rapaza namorada. Trátase dun poema longo de máis de mil cen versos.
  10. 10.  c) Poesía intimista Poemas que se deben a sentimentos provocados por diferentes circunstancias como o nacemento dun fillo, a morte doutro ou a da súa nai, a anguria ou a soidade. • “Ben chegado” • “¡Ai!” • “Na morte da miña nai” • “A Rosalía” • “Tempro deserto” • “Sola”
  11. 11.  Acompañado polo poeta Francisco Añón, fai un percorrido crítico, desde o seu punto de vista ideolóxico, polos sete vagóns que conteñen sete pecados capitais.  PREGUIZA – ENVEXA – GULA – IRA – LUXURIA – AVARICIA – SOBERBIA  Está concibida como unha réplica de A divina comedia de Dante. Curros sitúa a acción nun tren que se dirixe a Roma.
  12. 12.  É unha obra de agudo contido crítico e satírico. Curros critica o negocio das peregrinacións e satiriza a diversas personalidades e institucións da vida galega.  Tres obxectivos básicos: . Facer unha crítica ás institucións de goberno e aos sectores reaccionarios da sociedade en xeral e á Igrexa católica en particular. . Expresar unha defensa do Rexurdimento e das súas principais figuras e reivindicar a existencia da Literatura Galega. . Satirizar determinados inimigos persoais, ideolóxicos e literarios.
  13. 13.  Curros baseou o seu galego literario na fala popular, resultando en liñas xerais máis enxebre, depurado de castelanismos e rico que o de Rosalía, aínda que menos elaborado e culturizante que o de Pondal.  A súa poesía ten unha intención claramente didáctica e moralizante e a súa linguaxe procura ante todo sinxeleza, autenticidade e eficacia comunicativa.  Válese con frecuencia de recursos como a anáfora e o paralelismo.

×