Manual araboard

344 views

Published on

MANUAL ARABOARD

Published in: Education
0 Comments
0 Likes
Statistics
Notes
  • Be the first to comment

  • Be the first to like this

No Downloads
Views
Total views
344
On SlideShare
0
From Embeds
0
Number of Embeds
95
Actions
Shares
0
Downloads
1
Comments
0
Likes
0
Embeds 0
No embeds

No notes for slide

Manual araboard

  1. 1. GRUPO TIC CEE A BARCIA O curso pasado realizamos no noso centro un GT centrado nas posibilidades educativas que as Tablets nos ofrecían. Entre os diversos materiais que elaboramos está este manual sobre o Araboard. Esperamos que vos sexa de utilidade. MANUAL ARABOARD ELABORADO FONTES DE INFORMACIÓN: http://informaticaparaeducacionespecial.blogspot.com.es/ http://giga.cps.unizar.es/affectivelab/araboard.html http://www.catedu.es/arasaac/ ARABOARD UTILIDADES: – Comunicación alternativa e aumentativa (facilitar a comunicación funcional). – Taboleiros de rutinas sinxelas. – Taboleiros para anticipar a realización de tarefas previstas. REQUISITOS SISTEMA: – Pódese usar en ordenadores, smartphone ou tablet. – Dispoñible para Windows e Android. – Necesita o Player Adobe Air. ESTÁ COMPOSTO DE 2 FERRAMENTAS COMPLEMENTARIAS: – ARABOARD CONSTRUCTOR: Para crear e editar os taboleiros de comunicación. Usa pictos ARASAAC ou calquera imaxe ou son que teñamos almacenados no dispositivo. – ARABOARD PLAYER: Para executar os taboleiros de comunicación creados previamente polo Araboard construtor. CARACTERÍSTICAS XERAIS: – Sinxelo e intuitivo. – Podemos crear taboleiros dende 1 ata 32 celdas. – Comunicación directa mediante internet a los pictos e sons de ARASAAC (quedan gardado directamente no dispositivo).
  2. 2. DESCARGA E INSTALACIÓN PARA WINDOWS – Ir a páxina: http://giga.cps.unizar.es/affectivelab/araboard.html – Descargamos o Araboard: – Ao darlle, entrarmos en Sourceforge (é un repositorio de software libres en internet). Nesta páxina pulsamos: – No noso ordenador ábrese a seguinte ventá: – Pulsamos gradar como e seleccionamos a carpeta onde quero gardalo: – Cando remate a descarga, abrimos a carpeta onde o aloxamos: – O arquivo está comprimido, temos de descomprimilo: No noso ordenador é: facer clic no botón dereito do rato e selecciono "Extraer aquí". – Cando remate de extraelos, fago dobre clic na seguinte carpeta
  3. 3. E aparecen os seguintes arquivos. – Facemos dobre clic sobre cada un deles e instalámolos seguindo as indicacións (de un en un). – Se non temos instalado o Adobe Air, o sistema o instalará automaticamente. – As iconas aparecerán no noso escritorio: DESCARGA E INSTALACIÓN PARA ANDROID – Ir a aplicación Play Store. – No cadro de busca escribimos Araboard. – Instalamos as dúas aplicacións (se non temos o Adobe Air, pediranos que o instalemos). CONFIGURACIÓN DO TABOLEIRO (Araboard Constructor) – Abrimos o construtor e dámoslle a comezar.
  4. 4. – Aparece: – Se colocamos o curso sobre "Nombre del Tablero", podemos poñerlle o nome que queiramos ao noso taboleiro. – COMO ENGADIR FILAS E COLUMNAS? Pulsando nas iconas filas e columnas.Indicando máis ou menos en función do número que queiramos. – COMO CONFIGURAR A COR DO FONDO E A COR DAS LETRAS? Pulsando nas iconas fondo e letra. Exemplo:
  5. 5. – SELECCIONAR IDIOMA DE BUSCA: – A conexión de Araboard con ARASAAC permítenos descargar directamente os pictogramas e audios. CREAMOS E GARDAMOS O TABOLEIRO (Araboard Constructor) – Imos a casilla de busca e escribimos o nome do picto que queremos atopar (exemplo: beber). Facer a busca en minúscula e coas tiles cando os leven. – Teño que arrastrar o picto ata a casilla que eu queira (fago clic co botón esquerdo do rato e sen soltalo movo o picto ata a casilla).
  6. 6. – Araboard ten unha comunicación directa a través de Internet (mediante unha API) ca páxina de ARASAAC. Así podemos buscar e descargar os pictogramas necesarios para facer o taboleiro. Cando rematemos o taboleiro xa non é necesario ter acceso a Internet (os sons e pictos quedan gardados automaticamente). – Cando buscamos un pictograma, xunto a el aparece unha icona de son. Se prememos nela podemos escoitar a locución que ten asociada e que se descargará xunto co picto. Se non ten locución asociada aparecerá tachada cunha aspa vermella. – Para eliminar un picto arrastrámolo ata Borrar – Se queremos editar o seu contido arrastrámolo ata Editar (parte inferior dereita). – Tamén podemos acceder a Edición de pictogramas facendo clic sobre calquera das casillas baleiras:
  7. 7. Así poderemos introducir imaxes, fotos,debuxos, sons, cancións.... Examinar: podo acceder a calquera imaxe ou son gardado no noso dispositivo. Se fago clic na icona da cámara de fotos: pode sacar unha foto dende a cámara do ordenador, móbil ou Tablet. Para sacar a foto dámoslle a "Tomar Foto" e logo pulsamos sobre a icona da foto (xa que se non a cámara segue funcionando e fai que a aplicación vaia máis lenta). Se fago clic na icona do micro pode gravar un son para esa foto.
  8. 8. Quedaría así: – Cando rematemos o Taboleiro, temos que gardalo: Imos a "Guardar Tablero"
  9. 9. – Indicamos onde o queremos gardar (en Examinar seleccionamos onde o queremos gardar) e a continuación dámoslle a "Guardar Tablero". MODIFICAR UN TABOLEIRO CREADO: Abrimos o Araboard Contructor → Cargar tablero → Seleccionamos o taboleiro que queremos modificar En Android, a opción de Cargar Tableiro aparece ao abrir o Araboard Constructor. IMPRIMIR UN TABOLEIRO Dámoslle a "Imprimir Tablero". A continuación facemos clic en "Generar un tablero imprimible".
  10. 10. Indicamos en Examinar onde queremos que se garde o documento. E por último "Guardar PDF del Tablero". Buscamos a carpeta onde o gardamos e xa o podemos imprimir. USAMOS O ARABOARD PLAYER Abrimos o Araboard Player.
  11. 11. Facemos clic en "comenzar" Facemos clic en "Cargar Tablero" e buscamos o taboleiro que imos usar. Abrimos o taboleiro e xa podemos traballar con el. Na versión para Android e máis sinxelo: ao entrar no AraBoard Player xa aparece a opción de Cargar Taboleiro.
  12. 12. PASAR TABOLEIROS DO PC Á TABLET OU SMARTPHONE E VICEVERSA Se temos instalado no noso PC o Araboard e temos unha Tablet Android, podemos transferir os nosos taboleiros dende o PC á Tablet e viceversa. – Conectamos Tablet ao PC cun cable USB. – Abrimos o explorador de Windows. – Cando apareza o Tablet na árbore de directorios, pulsamos sobre ela e abrirase o directorio raíz. Con coidado (para non eliminar nada) desprazámonos polo directorio raíz buscando a carpeta "MIS_TABLEROS" (onde Araboard garda os Taboleiros en Android). – Busco no noso ordenador a carpeta cos taboleiros que quero mandar a Tablet, copio a carpeta e incorpóraa á Tablet. MOITO COIDADO DE NON TOCAR NINGÚN ARQUIVO DO DIRECTORIO DA TABLET OU DO SMARTPHONE. Pódese realizar á inversa.

×