Successfully reported this slideshow.
We use your LinkedIn profile and activity data to personalize ads and to show you more relevant ads. You can change your ad preferences anytime.

Conto martiño

682 views

Published on

Adaptación do conto "Cando Martiño tivo ganas de mexar na noite de Reis"

Published in: Education
  • Be the first to comment

  • Be the first to like this

Conto martiño

  1. 1. Adaptación do conto «Cando Martiño tivo ganas de mexar na noite de Reis» De Chema Heras e Kiko Dasilva. Kalandraka
  2. 2. Este neno chámase MARTIÑO
  3. 3. No Nadal MARTIÑO escribiulle unha carta aos Reis Magos
  4. 4. Onde lle pedía un tren. Cunha locomotora e 3 vagóns. O primeiro de cor vermella, o segundo de cor azul e o terceiro de cor amarela.
  5. 5. MARTIÑO inventou unha canción: «O TREN DE MARTIÑO, CHU, CHU, CHU VAI POLO CAMIÑO, CHU, CHU,CHU
  6. 6. Os seus pais dixéronlle que os Reis entraban nas casas onde os nenos estaban durmindo. E non entraban nas casas onde os nenos estaban espertos.
  7. 7. Antes de durmir, MARTIÑO foi a cociña. Puxo enriba da mesa 3 puñados de noces e 3 cuncas de leite para os Reis. E 3 caldeiros con auga para os camelos.
  8. 8. MARTIÑO foi para a cama e quedouse durmindo pensando no seu tren e na súa canción «O tren de MARTIÑO, chu, chu, chu... Vai polo camiño, chu, chu, chu»
  9. 9. MARTIÑO espertou de noite porque tiña ganas de mexar. Pero non quería ir ao baño porque se acordaba do que lle dixera o seu pai «Os Reis non entran nas casas onde os nenos están espertos»
  10. 10. MARTIÑO tiña moitas ganas de mexar... Levantouse e sen facer ruído foi ao baño. Pero que ruído fixo o pis cando caía no váter!
  11. 11. De súpeto, detrás súa, oíu a voz dun Rei Mago que lle dicía: E ti que fas aquí?
  12. 12. MARTIÑO chorando escondeuse debaixo das sabas. Quedouse durmindo pensando que os Reis lle ían traer CARBÓN!
  13. 13. Pola mañá MARTIÑO levantouse moi contento pensando no seu tren. Foi á cociña e alí non estaban as noces, o leite nin a auga. Pero tampouco estaba o seu tren.
  14. 14. MARTIÑO buscou o tren por toda a casa: no armario, debaixo da cadeira, na cheminea ... Pero o tren non estaba!
  15. 15. MARTIÑO mirou debaixo da cama e .... Alí estaba o seu tren!
  16. 16. Un tren cunha locomotora e con 3 vagóns. O primeiro de cor vermella, o segundo de cor azul e o terceiro ... Un penico?
  17. 17. MARTIÑO estaba moi contento. Buscou un fío, atouno a locomotora e xogou por toda a casa co seu tren mentres cantaba: «O TREN DE MARTIÑO,CHU, CHU, CHU... VAI POLO CAMIÑO CHU, CHU, CHU...»
  18. 18. ALUMNADO DA AULA 5 CEE A BARCIA

×