Hipatia

1,576 views

Published on

Hipatia de Alexandría

Published in: Education, Technology
0 Comments
3 Likes
Statistics
Notes
  • Be the first to comment

No Downloads
Views
Total views
1,576
On SlideShare
0
From Embeds
0
Number of Embeds
208
Actions
Shares
0
Downloads
28
Comments
0
Likes
3
Embeds 0
No embeds

No notes for slide

Hipatia

  1. 1. Hipatia ῾Υπατία Por Xabier Garabal Departamento de Matemáticas IES de Melide (A Coruña)
  2. 2. Naceu en Alexandría, Hipatia de Alexandría foi, Exipto, no ano 355 ou sen dúbida, unha das 370 da nosa era e primeiras mulleres na morreu nesa mesma historia que contribuíu ao cidade no 415. desenvolvemento das matemáticas.
  3. 3. Hipatia de Alexandría Da nai de Hipatia non se ten ningún rexistro pero sábese que o seu pai foi Teón de Alexandría, ilustre filósofo e matemático desa época e que foi o mestre de Hipatia dende a súa infanza. Teón era unha excepción no seu tempo: permitiu que a súa filla se convertise en astrónoma, filósofa e matemática, cousa que era sumamente inusual nun sistema no que as mulleres non tiñan dereito á educación.
  4. 4. Hipatia de Alexandría Contan de Hipatia que polas mañás moi cedo, dedicaba varias horas ao exercicio físico, despois tomaba baños Teón quixo que Hipatia que a relaxaban e que fora “un ser humano lle permitían concentrar perfecto” e por iso coidou a mente, e así adicar o moi de perto a educación resto do día ao estudo das ciencias, a música da súa mente e do seu e a filosofía. corpo.
  5. 5. • Teón traballaba na Biblioteca (“Museo”) que fora fundada por Ptolomeo, rei que sucedeu a Alexandre Magno, fundador da cidade de Alexandría. • Hipatia viaxou a Italia e Atenas para recibir algúns cursos de filosofía, e formouse como científica na Biblioteca, chegando incluso a dirixila polo ano 400.
  6. 6. Na cuaresma, en marzo do 415, acusada de conspirar contra o patriarca cristián de Alexandría (Cirilo de Xerusalén), foi asasinada por unha turba de cristiáns entolecidos.
  7. 7. Os cristiáns queimaron Perseguiron aos e destruíron todos os académicos da templos e centros Biblioteca, obrigándoos gregos. a converterse ao cristianismo ou morrer.
  8. 8. Hipatia negouse… Negouse a converterse ao cristianismo… Negouse a renunciar ao coñecemento grego, á filosofía e, á ciencia que por máis de vinte anos aprendera e ensinara na Biblioteca.
  9. 9. Sócrates Escolástico (s. IV-V) relata na súa Historia Ecclesiástica: “Arrancárona do seu carro, deixárona totalmente espida; martirizárona con cortes na pel e nas carnes, usando cunchas de caracois afiadas, ata que o alento deixou o seu corpo...”
  10. 10. Ao asasinar a Hipatia asasinaron a unha muller, a unha matemática e filósofa, a primeira na historia, a máis notable da súa época; pero non puideron asasinar o pensamento filosófico e matemático grego.
  11. 11. Hipatia é autora de tres traballos: un comentario á Aritmética de Diofanto de Alexandría, o Canón Astronómico e un comentario ás Seccións Cónicas de Apolonio de Perga. Traballou coas ecuacións diofánticas, coas cónicas e a xeometría, e elaborou táboas sobre os movementos dos astros.
  12. 12. Deseñou un novo modelo de Astrolabio. Inventou un destilador, para medir o nivel da auga, e un hidrómetro graduado, para medir a densidade relativa e a gravidade dos líquidos, precursor do actual aerómetro
  13. 13. Hipatía era o símbolo do ideal grego porque reunía sabiduría, beleza, razón e pensamento filosófico. Ademáis era unha muller científica cun papel político importante.
  14. 14. Con Hipatía desapareceu o pensamento matemático grego e que emerxerá de novo un milenio máis tarde durante o Renacemento.
  15. 15. “Hipatia -Vai con calquera -dicían, querendo emporcar a súa liberdade. -Non parece muller –dicían, querendo eloxiar a súa intelixencia. Pero numerosos profesores, maxistrados, filósofos e políticos acudían de lonxe á Escola de Alexandría, para escoitar a súa palabra. Hipatia estudiaba os enigmas que desafiaran a Euclides e a Arquímedes, e falaba contra a fe cega, indigna do amor divino e do amor humano. Ela ensinaba a dubidar e a preguntar. E aconsellaba: -Defende o teu dereito a pensar. Pensar equivocándote é mellor que non pensar.
  16. 16. Que facía esa muller herexe ditando cátedra nunha cidade de machos cristiáns? Chamábana bruxa e meiga, ameazábana de morte. E un mediodía de marzo do ano 415, o xentío botóuselle enriba. E foi arrancada do seu carromato e espida e arrastrada polas rúas e golpeada e acoitelada. E na praza pública a fogueira levouse o que quedaba dela. -Investigarase –dixo o prefecto de Alexandría.” (Eduardo Galeano, “Espellos. Unha historia case universal”)

×