Programa xogando co pensamento

236 views

Published on

Published in: Education
0 Comments
0 Likes
Statistics
Notes
  • Be the first to comment

  • Be the first to like this

No Downloads
Views
Total views
236
On SlideShare
0
From Embeds
0
Number of Embeds
1
Actions
Shares
0
Downloads
3
Comments
0
Likes
0
Embeds 0
No embeds

No notes for slide

Programa xogando co pensamento

  1. 1. PROGRAMA “XOGANDOCO PENSAMENTO”PLAN DE ACCIÓN TITORIAL“Unha vez espertado o pensamento non volve dormitar” -(Thomas Carlyle)DEPARTAMENTO DE ORIENTACION
  2. 2. PROGRAMA “XOGANDO CO PENSAMENTO”1. INTRODUCIÓN2. OBXECTIVOS3. CONTIDOS4. ACTIVIDADES E TEMPORALIZACIÓN5. MATERIAIS6. AVALIACIÓN E SEGUEMENTO 2
  3. 3. PROGRAMA “XOGANDO CO PENSAMENTO” 1. INTRODUCIÓN Unha preocupación constante nos centros educativos é a calidade dopensamento do seu alumnado: cómo se chega aos niveis do bo pensamento. Aíndaque o pensamento desexable foi caracterizado de moitos xeitos (produtivo, racional,lóxico, etc.), o termo máis empregado é pensamento crítico. O pensamento creativoou inventivo é un segundo tipo de pensamento que se debe fomentar nas aulas.Considerase que o pensamento crítico é, primordialmente, pensamento avaliativo eo pensamento creativo, xenerativo. Unha diferenza entre ambos radica en que ocrítico emite xuízos de avaliación baseados nun razoamento lóxico (Piette, 1998).Pero os dous tipos de pensamento non son contrarios, compleméntanse ecomparten moitos atributos. Os pensadores críticos xeran maneiras de probar assúas afirmacións; os pensadores creativos examinan pensamentos xeradosrecentemente para avaliar a súa validez e utilidade. Tanto un coma outrocaracterizan un tipo de pensamento de orden superior, que é a esencia dacomprensión e evita a aplicación repetitiva de coñecementos ou habilidadesmecánicas. Dende a psicoloxía cognitiva vense traballando na mellora do pensamentopor medio de estratexias ou programas específicos, como son os de Feuerstein,Lipman, Gardner, co propósito de “ensinar a pensar” ao alumnado dentro docontexto escolar. Dende esta perspectiva do “ensinar a pensar” xenáronse algúnsmodelos orientados a desenvolver estratexias de pensamento. Os supostos básicosdestes modelos os podemos resumir nos puntos seguintes: A ensinanza directa de habilidades de pensamento xunto aos contidos curriculares xera coñecemento e axuda a profundizar cada vez máis na aprendizaxe. A organización da información mediante representacións mentais é esencial para a integración do coñecemento. A reflexión sobre o aprendido ou metacognición axuda a controlar e avaliar o propio pensamento. A aplicación do aprendido (transferencia) axuda a interiorizar a aprendizaxe. Por outra banda, as actividades lúdicas resultan altamente atractivas paratraballar co alumnado, posibilitando na intervención educativa conxugaraxeitadamente unha aprendizaxe construtivo-creativa. Sen dúbida, incrementa ouactiva o campo do interese do alumnado, favorecendo a adquisición decoñecementos significativos. Nikitin (1988) manifesta que os xogos desenvolvendiferentes cualidades intelectuais: atención, memoria, representación espacial,imaxinación, observación, clasificación, sistematización, combinación, etc. É dicir, éun bo mecanismo para impulsar situacións e vivencias ricas de aprendizaxesignificativa. 3
  4. 4. PROGRAMA “XOGANDO CO PENSAMENTO”Ensinando a pensarSir Ernest Rutherford, presidente da Sociedade Real Británica e Premio Nobel de Química en 1908, contaba aseguinte anécdota: Hai algún tempo, recibín a chamada dun colega. Estaba a piques de pór un cero a unestudante pola resposta que dera nun problema de física, a pesar de que este afirmaba con rotundidade que asúa resposta era absolutamente acertada. Profesores e estudantes acordaron pedir arbitraxe de alguénimparcial e fun elixido eu. Lin a pregunta do exame e dicía: "Demostre como é posible determinar a altura dunedificio coa axuda dun barómetro". O estudante respondera: "leva o barómetro á azotea do edificio e átalleunha corda moi longa. Descólgao até a base do edificio, marca e mide. A lonxitude da corda é igual á lonxitudedo edificio". Realmente, o estudante expuxera un serio problema coa resolución do exercicio, porquerespondera á pregunta correcta e completamente.Doutra banda, se se lle concedía a máxima puntuación, podería alterar a media do seu ano de estudos, obterunha nota mais alta e así certificar o seu alto nivel en física; pero a resposta non confirmaba que o estudantetivese ese nivel. Suxerín que se lle dese ao alumno outra oportunidade. Concedinlle seis minutos para que merespondese a mesma pregunta pero esta vez coa advertencia de que na resposta debía demostrar os seuscoñecementos de física.Pasaran cinco minutos e o estudante non escribira nada. Pregunteille se desexaba marcharse, perocontestoume que tiña moitas respostas ao problema. A súa dificultade era elixir a mellor de todas. Escuseimepor interromperlle e rogueille que continuase.No minuto que quedaba escribiu a seguinte resposta: colle o barómetro e lánzao ao chan dende a azotea doedificio, calcula o tempo de caída cun cronómetro. Despois aplícase a formula altura = 0,5 pola por T2. E asíobtemos a altura do edificio. Neste punto pregunteille ao meu colega se o estudante podíase retirar. Deulle anota mais alta.Tras abandonar o despacho, reencontreime co estudante e pedinlle que me contase as súas outras respostas ápregunta. Bo, respondeu, hai moitas maneiras, por exemplo, tomas o barómetro nun día asollado e mides aaltura do barómetro e a lonxitude da súa sombra. Se medimos a continuación a lonxitude da sombra doedificio e aplicamos unha simple proporción, obteremos tamén a altura do edificio.Perfecto, díxenlle, e doutra maneira? Si, contestou, este é un procedemento moi básico: para medir unedificio, pero tamén serve. Neste método, tomas o barómetro e sitúaste nas escaleiras do edificio na plantabaixa. Segundo sobes as escaleiras, vas marcando a altura do barómetro e contas o numero de marcas ata aazotea. Multiplicas ao final a altura do barómetro polo numero de marcas que fixeches e xa tes a altura. Este éun método moi directo.Por suposto, se o que quere é un procedemento mais sofisticado, pode atar o barómetro a unha corda emovelo coma se fose un péndulo. Se calculamos que cando o barómetro está á altura da azotea a gravidade écero e se temos en conta a medida da aceleración da gravidade ao descender o barómetro en traxectoriacircular ao pasar pola perpendicular do edificio, da diferenza destes valores, e aplicando unha sinxela formulatrigonométrica, poderiamos calcular, sen dúbida, a altura do edificio.En neste mesmo estilo de sistema, atas o barómetro a unha corda e descólgalo dende a azotea á rúa. Usándoocomo un péndulo podes calcular a altura medindo o seu período de precesión. En fin, concluíu, existen outrasmoitas maneiras. Probablemente, a mellor sexa tomar o barómetro e golpear a porta da casa do conserxe.Cando abra, dicirlle: señor conserxe, aquí teño un bonito barómetro. Se vostede dime a altura deste edificio,regálollo. Neste momento da conversación, pregunteille se non coñecía a resposta convencional ao problema(a diferenza de presión marcada por un barómetro en dous lugares diferentes proporciónanos a diferenza dealtura entre ambos os lugares) evidentemente, dixo que a coñecía, pero que durante os seus estudos, os seusprofesores tentaran ensinarlle a pensar.O estudante chamábase Niels Bohr, físico danés, premio Nobel de Física en 1922, máis coñecido por ser oprimeiro en propor o modelo de átomo con protóns e neutróns e os electróns que o rodeaban. Foifundamentalmente un innovador da teoría cuántica. Á marxe do personaxe, o divertido e curioso da anécdota,o esencial desta historia é que LLE ENSINARON A PENSAR… 4
  5. 5. PROGRAMA “XOGANDO CO PENSAMENTO” 2. OBXECTIVOS Fomentar o pensamento hipotético-dedutivo a través de resolución de casos. Aprender a manexar e valorar a información aportada. Empregar o xogo como unha ferramenta para a aprendizaxe. 3. CONTIDOS28 casos detectivescos: 20 casos do inspector Sánchez 8 casos da inspectora Noemí 4. ACTIVIDADES E TEMPORALIZACIÓNOs diferentes casos distribuiranse en coincidencia os grupos de 1º e 3º e os gruposde 2º e 4º. 1º Trimestre1º e 3º da ESO Casos do inspector Sánchez: 1, 2, 3, 4, 5, 6.2º e 4º da ESO Casos do inspector Sánchez: 7, 8, 9, 10, 11, 12 2º Trimestre1º e 3º da ESO Casos do inspector Sánchez: 13, 14, 15, 16 Casos da inspectora Noemí: 1, 2, 3, 42º e 4º da ESO Casos do inspector Sánchez: 17, 18, 19, 20 Casos da inspectora Noemí: 5, 6, 7, 8. 5. MATERIAIS - Documento de cada caso. - Solucionario para o profesorado. - Imaxes impresas a cor para o profesorado. 6. AVALIACIÓN E SEGUEMENTOAo remate do programa pasarase ao alumnado e ao profesorado-titor unha enquisapara valorar o seu grao de aproveitamento e disfrute. 5
  6. 6. A ALFOMBRA Jorge Salazar e Méndez, era o único herdeiro da gran fortuna familiar e, probablemente, última persoa que levaría tan prestixioso apelido, xa que no seu matrimonio non se puideron ter descendentes. Nestes momentos estaba sendo interrogado pola policía debido a que Paula, a súa esposa, fora asasinada e el era o único acusado. Fermín e Clotilde, o matrimonio que se encargaba dos labores do servizo na casa, declararon que presenciaron o crime cometido polo señor Méndez a través dunha cristaleira, sen que este désese contade que estaba sendo observado tras a vidreira do salón.Na súa declaración dixeron que golpeou á súa esposa cunha pesada figura de bronce eque trasladou o cadáver ao faiado e que xusto nese momento soou o timbre da entrada.Eran os invitados da festa que ían dar esa mesma noite. Como o chan do salónmanchouse de sangue, o señor Méndez precipitadamente e sen dubidalo, arrastrou aalfombra que había debaixo dunha mesa e tapo con ela a mancha de sangue que só unssegundos antes derramase a súa esposa.Cando entraron os primeiros invitados díxolles que subiría a avisar á súa esposa da súachegada, pero uns minutos despois baixou as escaleiras con xesto preocupado dicindoque Paula non estaba arriba.O matrimonio do servizo doméstico, pasado un tempo pensou que debían chamar ápolicía e contar o que viran. Deste xeito o señor Méndez estábase vendo acusado docrime da súa esposa, pero sen dubidalo negou todas as acusacións.Con todo cando a policía buscou pola casa, o cadáver apareceu no faiado, tal comodixeron o matrimonio encargado do servizo doméstico. Así mesmo, a figura de bronce,con que golpeou a Paula, estaba manchada de sangue. Tamén se atoparon manchas desangue na escaleira do salón ebaixo a alfombra.Non cabía dúbida, todas aspistas acusaban ao esposo eaínda que se empeñaba ennegar o que parecía evidente, apolicía empezou a lerlle os seusdereitos á vez que o esposaba.Con todo cando o inspector íasaír do salón, detívose, virousede novo e mirando fixamente aalfombra do salón, pediu aospolicías que soltarán ao señorMéndez e que esposarán aomatrimonio encargada doservizo, acusándoos doasasinato da señora Paula. Acababa de darse conta dun detalle que demostraba quementían na súa declaración.
  7. 7. A solución a este enigma pode estar no texto ou no debuxo. Para axudarche apescudalo, segue estes consellos.1.- Le atentamente todo o texto.2.- Non deas solucións sen pensar se ten lóxica ou non.3.- Non se trata dunha xogo de acertar, se non de razoar.4.- Se non logras atopar a solución mira atentamente o debuxo e volve relelo.A resposta é:Se o lograches sen axuda, es un fenómeno, se non, non che desanimes no próximo ponmáis atención na lectura e verás como o logras. Actividade sacada da páxina web de actiludis
  8. 8. “A FRECHA” As relacións familiares non sempre son as que un pode esperar que sexan: amorosas, afables, amigables, sentimentais,… e sobre todo cando hai diñeiro de por medio, pero as relacións se poden complicar aínda máis, volvéndose envexosas, mesquiñas, traidoras,… se cando do que se trata non é simplemente diñeiro; se non dunha extremada e considerable fortuna. Nestes casos as relacións ás veces son realmente moi, moi complicadas. O primeiro fin de semana posterior á morte de Alfredo, patriarca da familia Gómez, ía ter lugar aesperada e desexada lectura testamento do ancián defunto. A reunión non podíaconsiderarse normal na familia Gómez e o certo era que, segundo anunciou el mesmo envida, algúns dos seus herdeiros tiñan reservada unha sorpresa.Todos se deron cita no vello caserón, tradicional residencia familiar. Nas súas mentesestaba unha idea: o único que podía esperar algo do vello era Teodoro, o fillo menor,que sempre estivo moi unido ao seu pai, dende o seu nacemento e ata o último día dasúa longa vida.Aquela noite tras a silenciosa cea que compartiu co resto dos seus familiares, Teodororetirouse temperán ao seu dormitorio alegando encontrarse moi canso. Pechou coferrollo a porta do seu dormitorio e o primeiro que lle chamou a atención foi unha follade papel sobre o escritorio.Achegouse a ela e puido ler que nela lle pedían que acudise nese mesmo instante aoXardín detrás do invernadoiro, a uns cincuenta metros da casa, onde alguén lle esperabapara darlle unha información importante.Na nota non indicaba quen lle facía semellante petición, pero a curiosidade fíxolle baixarsen facer ruído erodeou a casacamiñando preto daparede. Ao separarsedesta non tivo tempode camiñar máis, xaque unha frecha secravou nas súascostas.Ningún dos tresparentes tiñacoartada xa quedeclararonencontrarse soscando aconteceu oasasinato. Candochegou o inspectorSánchez, Pedrodíxolle encontrarseno salón xunto á cheminea, Lois informoulle que saíu a dar un paseo polo lado oposto
  9. 9. onde apareceu o cadáver, polo que non o viu, e Xoán declarou encontrarse no seu cuartodo piso superior descansando. Tras examinar o cadáver e as declaracións de cada un, oinspector non o dubidou e detivo como sospeitoso de asasinato a Xoán.Sabes cal foi o detalle que lle permitiu supoñer ao inspector Sánchez que Xoan era oasasino?. A solución pode estar no texto e no debuxo.Le atentamente e observa o escenario dos feitos narrados. Para axudarche a descubrilo,segue estes consellos.1. Le atentamente todo o texto.2. Non deas solucións sen pensar se ten lóxica ou non.3. Non se trata dunha xogo de acertar, se non de razoar.4. Se non logras encontrar a solución mira atentamente o debuxo e volve relelo.A resposta é:Se o lograches sen axuda, es un fenómeno, se non, non te desanimes no próximo ponmáis atención na lectura e no debuxo e verás como o logras. Actividade sacada da páxina web de actiludis
  10. 10. “A ESCALEIRA” Rosalía e Fernando formaban un matrimonio sinxelo cunha vida tranquila e feliz. Ambos os dous xubiláranse facía escasamente uns meses e fóranse a vivir a unha casiña no campo no pobo que os viu nacer. Dende a súa volta á localidade recuperaran as amizades de cando eran novos e adoitaban reunirse unha vez á semana, para recordar os vellos tempos e organizar paseos polos arredores. En xeral tratábase dunha vida tranquila na que o único obxectivo diario que formulaban era gozar os días da súa xubilación que tiñan por diante, senbuscarse excesivas complicacións e sen deixar pasar aqueles momentos para podergozalos en compañía dos amigos.Para o Inspector Sánchez, este tipo de vida tan apracible era o que non comprendía e lleimpedía ver a razón que empurrara á señora Rosalía a poñer fin á súa vida daquelaforma tan desagradable. Aquela mañá aparecera morta no salón da súa casa de campocolgada da lámpada cunha corda.O seu marido foi quen a encontrou, colgando a máis dun metro do chan. No chanestaban as súas zapatillas e unha pequena escaleira de dous chanzos que fora utilizada eque se encontraba pechada e caída xunto ás zapatillas. A escena do salón supuxo unhaforte impresiónpara o marido, dacal aínda non sepuidera repoñer.Cando avisou ápolicía, en poucosminutos seencheu toda acasa e nonpararon defacerlle todo tipode preguntas,que non parecíanter respostasabondo. Declarouque aquela mañáse levantara moitemperán, senespertar a súaesposa, e que apasara arranxando as rosas do xardín, e que sobre as dez da mañá, crendo que xaestaría esperta a chamou, para que vise como estaban a quedar as roseiras, pero ao nonrecibir contestación comezou a preocuparse. Tras entrar na casa descubriuna tal e comoa encontraría posteriormente a policía, xa que segundo declarou non tivo forza parabaixala, debido á súa avanzada idade e ao peso da súa muller, esperando sen máisremedio ata que chegase a policía.
  11. 11. Un rexo axente de uniforme foi quen a descolgara subindo á mesma escaleira queutilizou a vítima, necesitando a axuda dun compañeiro, xa que debido á altura á queestaba o corpo non podía suxeitala ben. Rematada a operación o Inspector Sánchez fixosaír o marido do salón e pediulle que o acompañase para asinar unha declaración detrámite. O home tiña uns ollos inexpresivos e parecía que por primeira vez empezaba apreguntarse por que a súa esposa se suicidara. Vendo o rostro daquel home asustado,ninguén podía pensar que dous días máis tarde sería detido por asasinato, por unpequeno detalle que non previra.Sabes cal foi ese detalle que lle escapou?. A solución pode estar no texto e no debuxo.Le atentamente e observa o escenario dos feitos narrados. Para axudarche a descubrilo,segue estes consellos.1. Le atentamente todo o texto.2. Non deas solucións sen pensar se ten lóxica ou non.3. Non se trata dunha xogo de acertar, se non de razoar.4. Se non logras encontrar a solución mira atentamente o debuxo e volve relelo.A resposta é:Se o lograches sen axuda, es un fenómeno, se non, non te desanimes no próximo ponmáis atención na lectura e no debuxo e verás como o logras. Actividade sacada da páxina web de actiludis
  12. 12. “O CABALO” A señora Berta sentía un amor especial polos cabalos. Dende nena criárase entre eles e sempre acudira cos seus pais á casa de campo propiedade da súa familia. Nela contaban con cortes con varios fermosos exemplares de pura raza. Gustáballe presumir de ter aprendido a montar a cabalo antes de botar a andar e que nunca renunciara ao seu paseo diario nalgún dos seus cabalos, nin sequera cando facía mal tempo.Pedro o mozo de cortes, sabía que todos os días ás oito en punto da mañá, o cabalo daseñora, debía de estar a punto fronte á porta principal da casa, aínda que a mañáamencese fría e o ceo anubrado ameazase chuvia. Non obstante esperaba que aquel díaa señora renunciase ao seu paseo, pero ao igual que todos os demais, á hora previstaapareceu pola porta coas súas botas de montar, as súas luvas, o seu pano ao pescozo,un chuvasqueiro e a fusta na súa man dereita preparada para montar.Pedro, por moito que lle molestase aquela situación, baixou os ollos e resignouse aesperar na porta da casa o regreso da señora, como facía diariamente. A pesar deintenso frío o paseo prolongouse máis do habitual, o cal empezou a preocupar a Pedro, emesmo o fixo presaxiar que algo desagradable puidese acontecer.O frío empezaba a calarlle os ósos e aínda que non paraba de moverse dun lado paraoutro para combatelo, a situación cada vez parecíalle mais desapracible. Poucos minutosdespois empezou a oír o ruído producido polo cabalo, que xa podía empezar a distinguirentre a néboa que saía do bosque, e que ao galope con grandes zancadas chegaba ácasa.De pronto algo pareceu chamar a atención da señora Berta que volveu a cabeza sendecatarse que neses momentos o cabalo pasaba baixo unhas árbores con ramas baixas.O forte golpe en plenorostro lanzouna facíaatrás, caendo o seucorpo boca abaixo, xasen vida, no frío ehúmido chan.Cando o Inspector depolicía Sánchezchegou ao terreopuido comprobar queno chan, xunto ao seucorpo, se encontraronos seus lentes, afusta, unha das súasluvas, un pano quesempre levaba aopescozo, un pasadorque adornaba o seupelo e as pegadas
  13. 13. xuntas do cabalo ao seu paso por alí.Tras escoitar minuciosamente o relato dos feitos pola única testemuña do accidente, unpequeno detalle fíxolle sospeitar que o mozo de cortes mentira na súa declaración emandou detelo.O constante mal clima da zona, o frío das mañás de inverno e o gusto polos cabalos doseu xefe, que non perdoaba, un só día sen o seu paseo, causara efecto no mozo, queperdeu a razón e asasinou á señora Berta, ideando unha coartada que non conseguiuenganar ao Inspector Sánchez.Sabes cal foi ese detalle que lle escapou?. A solución pode estar no texto e no debuxo.Le atentamente e observa o escenario dos feitos narrados. Para axudarche a descubrilo,segue estes consellos.1.- Le atentamente todo o texto.2.- Non deas solucións sen pensar se ten lóxica ou non.3.- Non se trata dunha xogo de acertar, se non de razoar.4.- Se non logras encontrar a solución mira atentamente o debuxo e volve relelo.A resposta é:Se o lograches sen axuda, es un fenómeno, se non, non te desanimes no próximo ponmáis atención na lectura e no debuxo e verás como o logras. Actividade sacada da páxina web de actiludis
  14. 14. "O CALENDARIO" Aquel día Elisa levantárase moi feliz e decidira ir a visitar o seu ancián tío aquela mesma noite. En realidade a Elisa non lle faltaban motivos para selo, xa que dende había varias semanas pasaba a ser a única herdeira da fortuna do seu tío Don Pedro. Un gran terrateniente propietario dun terreo de miles de oliveiras que todos os anos lles reportaba suculentas ganancias da venda do aceite. Ademais era propietario do muíño de aceite e posuía unha flota de vintecamións cisterna e unha fábrica de embasado do prezado ouro verde, na que dabatraballo a case todas as persoas que vivían no pobo.Non obstante Elisa e o seu tío, nunca se levaron ben xa que ao seu tío lle gustaba quetodos cantos lle rodeaban sempre tivesen algún motivo para sentirse preocupado edesconfiados. Era unha persoa túzara e desconfiada, tanto que levaba persoalmentetoda a contabilidade da súa fortuna, xa que cría que calquera empregado podía ser unpotencial delincuente. Don Pedro non tiña fillos xa que xamais chegou a casar, ninsequera se lle coñeceu pretendente algunha, aínda que isto non lle estrañaba a ninguéndebido á súa personalidade tan complicada.Debido á súa idade, uns anos atrás, decidiu redactar o seu testamento, pero como erade esperar amolando todo o que puido, como a el gustáralle durante toda a súa vida. Notestamento deixaba toda a súa fortuna á súa única sobriña, Elisa, pero coa condición deque ela tivese cumprido os dezaoito anos e alcanzase a maioría de idade antes domomento da súa morte, pola contra toda a súa fortuna pasaría ás mans de persoasanónimas que nada tiveran que ver con el en toda a súa vida.Elisa acudiu á casa do seu tío, para darlle a gran noticia de que a pesar dos seus intentosde deixala co mel nos labios xa era maior de idade. Facía varias semanas que non ovisitaba e ao entrar se estraño do silencio que había na casa e do olor nauseabundo queo fixo conter a respiración. Ao entrar no escuro salón a súa impresión foi enorme. O seutío estaba morto, sentado nunha cadeira de brazos coa cara iluminada polo reflexodunha luz procedente dunha nutrida peixeira onde os rápidos e xoguetóns movementosdos peixes parecían dar movemento ao rostro inerte do seu tío.A policía descubriu que a morte foi por paro cardíaco había máis de tres semanas, senpoder precisar exactamente o día.
  15. 15. Sen embargo no despacho púidosecomprobar a data exacta en que morrerapolo calendario de notas que había sobre asúa mesa e que sinalaba xustamente un díadespois do aniversario de Elisa. O inspectorde policía tras dar as ordes oportunas tomoudo brazo a Elisa e levouna a un lugarapartado onde lle preguntou en voz moibaixa: O seu tío morreu antes da data doseu aniversario, verdade?. Cal foi o detallepolo que o inspector Sánchez descubriu queElisa estivera na casa varias veces antesdese día?.A solución a este enigma pode estar no texto ou no debuxo. Para axudarche adescubrilo, segue estes consellos.1. Le atentamente todo o texto.2. Non deas solucións sen pensar se ten lóxica ou non.3. Non se trata dunha xogo de acertar, se non de razoar.4. Se non logras encontrar a solución mira atentamente o debuxo e volve relelo.A resposta é:Se o lograches sen axuda, es un fenómeno, se non, non te desanimes no próximo ponmáis atención na lectura e verás como o logras. Actividade sacada da páxina web de actiludis
  16. 16. "O CANDIL" Estebo morreu como sempre quixo; na súa casa. Aínda que polo que parecía non foi dunha morte natural, se non que tivo que axudarse abrindo a chave do gas deixándoo saír libremente mentres durmía. Vivía nunha humilde casa aos arredores da cidade, xunto a un vertedoiro. A vivenda era dunha soa planta e tiña dous únicos cuartos, ambas as dúas de reducidasdimensións, onde se almacenaban obxectos vellos moi diversos que Estebo foragardando pouco a pouco, coma se se tratase dun pequeno tesouro ao que considerabadalgún valor, aínda que a verdade calquera outra persoa tería pensado que os recollerado vertedoiro próximo.O defunto tiña varios amigos que como el se dedicaban a recoller ferralla polas rúas coacal conseguir unhas moedas para ir tirando na vida. O Inspector de policía Sánchez,localizou axiña dous deles. Un foi o que esa mesma noite lle chamara á comisaría parainformar da sorte do seu amigo, pero coidouse de non dar o seu nome e colgou senidentificarse. Chamábase Lucas e era demasiado mozo para pensar que xa fosevagabundo e que se dedicase á recollida de ferralla. Ao parecer, Lucas encontrou ocadáver de Estebo porque, segundo contou o Inspector, acudiu á súa vivenda copropósito de recoller unhas ferramentas que lle prestara uns días antes. Dixo que seviran a mañá anterior e quedaron citados na súa casa pola noite. Cando chegou a portaestaba pechada, pero sen o ferrollo botado, polo tanto, só tivo que empurrala paraentrar. Dentro notou que o aire era irrespirable, e na escuridade total da noite, a luz dasúa lanterna permitiulle ver levemente o rostro de Estebo, cunha estraña corcaracterística dos que morren por asfixia.Estaba tendido sobre o seu sucio catre e antes de deitarse debeu de coidarse de pecharmoi ben as dúas únicas ventás da súa vivenda para evitar que o gas saíse do cuarto.Un asubío constante indicou aomozo que a bombona de gas docuarto aínda estaba aberta, deixoua gardaba canto recollía pola rúaque puidese ter algún valor;pechou a chave de gas e abriu asventás para airear a casa.Aproximadamente á mesma horapasou polo lugar, Manuel, o outroamigo de Estebo que compartía conel moitos días de soidade. Era unhome duns cincuenta anos quevestía unha sucia cazadora azul.Igualmente confirmou ao Inspectorque entrou na casa cun pequenocandil e que ao ver o seu amigo sen vida sobre a cama fuxiu para non se verinvolucrado.O Inspector examinou o saco da vítima no que había algunhas latas de conserva, unha
  17. 17. navalla, papeis de xornal e algunhas ferramentas e a continuación mandou deter undeles por considerar que non se trataba dun suicidio.Sabes a quen detiveron? Por que?A solución a este enigma pode estar no texto ou no debuxo. Para axudarche adescubrilo, segue estes consellos.1.- Le atentamente todo o texto.2.- Non deas solucións sen pensar se ten lóxica ou non.3.- Non se trata dun xogo de acertar, se non de razoar.4.- Se non logras encontrar a solución mira atentamente o debuxo e volve arelelo.A resposta é:Se o lograches sen axuda, es un fenómeno, se non, non te desanimes no próximo ponmáis atención na lectura e verás como o logras. Actividade sacada da páxina web de actiludis
  18. 18. "O ATROPELO" A pesar do sucedido aquela tarde de inverno, o certo era que a casa dos Gutiérrez tiña obras de arte en cantidade abondo como para instalar un verdadeiro museo nela. Moitas das obras só tiñan un valor sentimental para a familia, que as fora adquirindo e custodiando de xeración en xeración, pero tamén entre elas se encontraban algunhas de gran valor económico. Como era de esperar con tantas obras de arte na casa,era necesario que os propietarios as tivesen aseguradas por unha cantidade de diñeiromoi considerable e sobre todo dende que tivesen sufrido dous intentos de roubo, na súaresidencia, no transcurso do último ano.Segundo contaron ao Inspector Sánchez, sobre as cinco da tarde dous homespresentásense conducindo unha gran furgoneta fronte á porta principal da casa. Oenreixado do xardín, aínda que estaba encaixada como acontecía habitualmente, nonestaba pechado, polo que non lles constou nada empurrala e entrar co vehículo ata alí.Cando chamaron á porta presentáronse como unha empresa de limpeza de chemineas eunha vez dentro e con toda tranquilidade, ameazaron os donos, amordazáronos ecomezaron a sacar as pezas da colección, que consideraban máis importantes,cargándoas na furgoneta coidadosamente. Pasada unha hora consideraron que o botínera suficiente polo que antes de irse arrancaron os cables do teléfono, quitáronlles osmóbiles e partisen velozmente na súa furgoneta sen causar o menor dano aospropietarios.Tras atravesar o amplo xardínvelozmente, viron a figura dun grandanés parado ante o enreixado desaída. O can que vivía cos Gutiérrezdende había aproximadamente 12anos, máis que axudar á familia navixilancia da casa, debido á súaavanzada idade pasábase a maiorparte do tempo durmido. Cando afurgoneta se lle abalanzou, o velloanimal non tivo demasiado tempopara reaccionar, sendo arrastrado decara polos dous delincuentes, quesaíron do terreo sen deterse e aoesquivar o can tropezaron coacolumna dereita que suxeitaba o enreixado.Os donos da casa presenciaron a escena aterrados, dende a entrada da casa, sen poderauxiliar ao seu pobre can que xacía inmóbil xunto ao enreixado da entrada. Tras logrardesatarse e empalmar os cables do teléfono chamaron á policía.Cando os axentes chegaron explicáronlle detalladamente o sucedido ao InspectorSánchez, que facendo gala do seu sagaz olfacto de detective comprendeu rapidamenteque todo fora unha montaxe para cobrar da compañía de seguros a importante pólizadas obras supostamente roubadas.
  19. 19. Sabes cal foi o detalle que lle permitiu descubrir a verdade ao Inspector?. A soluciónpode estar no texto e no debuxo. Le atentamente e observa o escenario dos feitosnarrados. Para axudarche a descubrilo, segue estes consellos.1. Le atentamente todo o texto.2. Non deas solucións sen pensar se ten lóxica ou non.3. Non se trata dunha xogo de acertar, se non de razoar.4. Se non logras encontrar a solución mira atentamente o debuxo e volve relelo.A resposta é:Se o lograches sen axuda, es un fenómeno, se non, non te desanimes no próximo ponmáis atención na lectura e no debuxo e verás como o logras. Actividade sacada da páxina web de actiludis
  20. 20. "ROUBO NA BIBLIOTECA" Na pequena localidade de San Xoán era todo un acontecemento poder contar, aínda que fose só por uns días, cos manuscritos que anos atrás se descubriron na abadía do pobo nos que se narraban os primeiros feitos acontecidos na independencia do país e que por seguridade se trasladaron á Biblioteca Nacional. Para os habitantes de San Xoán era unha oportunidadeúnica poder ver os textos que lles colocaron no mapa, dándolles notoriedade desde o seudescubrimento e convertendo a súa pequena localidade de menos de 3.000 habitantes, nunreferente na historia nacional do seu país. Se o descubrimento do manuscrito producira moita atención O espectacular roubo nabiblioteca non tiña precedentes. Durante un mes expuxéronse ao público uns exemplares doséculo XVII, cun gran éxito de asistencia de público. Debido ao valor dos manuscritos sehabían extremados as medidas de seguridade, contratouse unha compañía de vixiantes,instalado cámaras e detectores de movemento. O tomo máis valioso da exposición estaba sobre un armazón de madeira e protexida cunhaurna de cristal conectada mediante unha alarma á central de policía, que se puña enfuncionamento se alguén intentaba romper ou levantar o cristal. Cando todo parecía que ía concluír cun gran éxito, o último día produciuse o roubo. Oladrón seguramente había estado estudando, nos días previos ao peche, os sistemas deseguridade instalados na biblioteca e en lugar de forzar o cristal, primeiro cortou os cables daalarma, das cámaras de vídeo e despois rompeuno para apoderarse dos manuscritos. A pesar das precaucións tomadas,ao ladrón debéuselle pasar algúnsistema de seguridade, xa que apolicía chegou nun tempo record ábiblioteca. Alí puideron comprobarque a pesar da súa rapidez o libromáis valioso desaparecera,tampouco deixara pegada, só deixouabandonadas alí as ferramentas queutilizou, do mesmo xeito que asluvas que utilizou e un cigarrofumarento. Logo de interrogar a todos osempregados da biblioteca que se atopaban alí, así como aos vixiantes contratados para aexposición, e tras un minucioso exame do lugar dos feitos, o Inspector Sánchez, pediu que
  21. 21. non se deixarán saír aínda a ninguén e que se pechasen todas as saídas da biblioteca xa queestaba completamente seguro da posibilidade de que ao ladrón, logo de coller o libro e tras arápida chegada da policía, non lle deu tempo a escapar e que estivese aínda dentro doedificio. Tras montar un control na saída, polo que pasaron todos os visitantes do museo, empregadose vixiantes, pouco despois tívose a sorte de descubrir ao ladrón co manuscrito baixo o abrigo,tal e como supuxera o Inspector. Sabes cal foi o detalle que lle permitiu supor á policía que o ladrón aínda estaba noedificio?. A solución pode estar no texto e no debuxo. Le atentamente e observa o escenariodos feitos narrados. Para axudarche a pescudalo, segue estes consellos.1.- Le atentamente todo o texto.2.- Non deas solucións sen pensar se ten lóxica ou non.3.- Non se trata dunha xogo de acertar, se non de razoar.4.- Se non logras atopar a solución mira atentamente o debuxo e volve relelo.A resposta é: ___________________________________________________________________________________________________________________________________________________________________________________________________________________Se o lograches sen axuda, es un fenómeno, se non, non che desanimes no próximo pon máisatención na lectura e no debuxo e verás como o logras. Actividade sacada da páxina web de actiludis
  22. 22. “O ROUBO DE DIAMANTES" Don Pedro García vivía coa súa esposa nunha gran mansión do centro da cidade rodeada dun precioso xardín e dun muro cunha soa cancela de entrada a este. Era moi coñecido xa que era o propietario dunha das máis importantes xoiarías da cidade. Aquela mañá ao erguerse realizou as mesmas actividades dun día calquera: aseouse, tomou o seu acostumado almorzo de café e torradas, dirixiuse ao seu despacho para resolver os últimos asuntos da casa antes de dirixirse ao seu establecemento e saíu como era habitual ás9:30 am. Aquela mañá non podía imaxinarse, que unhas horas máis tarde se encontraríaen comisaría polo maior roubo de xoias que se cometera na cidade.Don Pedro, tiña o rostro desencaixado, era un home que non estaba afeito a viviracontecementos que se saísen da monotonía da orde diaria da súa vida e verse encomisaría era para el algo extraordinario á vez que inaudito. A súa casa fora asaltada,mentres el se encontraba na xoiaría e da súa caixa forte desapareceron uns valiososdiamantes. Aínda que puidese pensarse que o lugar máis segura era a caixa forte daxoiaría, Don Pedro informoulle a policía que el pensaba que se nalgún momento podíasufrir un roubo, sería máis probable que fose na tenda que non na súa casa, e que poresta razón gardaba nela as pezas máis valiosas.Para o ladrón, abrir a caixa forte debeu ser sumamente sinxelo xa que se trataba dunhacaixa antiga cuxo mecanismo era moi rudimentario. O autor do roubo fixo no fecho moipoucos danos, polo que nun primeiro momento a policía descartou de que se tratasen deladróns profesionais, máis ben podía tratarse dun ladrón de pouca monta que seencontrou a maior sorpresa da súa vida.Ao parecer, o ladrón, entrou trepando a unha árbore do xardín, cuxas ramas estabanmoi preto das ventás. Varios toradas de cristal foron encontrados pola policía no chandun cuarto do piso superior. Tamén desapareceu un cadro de gran valor e algúnsobxectos de prata, todos eles ao igual que os diamantes estaban asegurados. Todoparecía indicar que o ladrón saíu da casa polo mesmo lugar que entrara.Para sorpresa do Inspector Sánchez, dous días despois do roubo chegou, nun sobreanónimo, a comisaría unha curiosa fotografía, dun home intentando abrir o portón deentrada ao Xardín do terreo de DonPedro. Cando a policía amosou aosGarcía a fotografía, dixeron recoñecer ohome coma un visitante que estivo nasúa casa había algún tempo, por unasunto de pouco interese, pero que nonrecordaban claramente para que.Non obstante, o Inspector Sánchez trasrepasar todos os indicios do caso avisoua compañía de seguros de que nonpagase nada, ao señor García, dosdiferentes obxectos roubados e foidetido acusado de estafa contra acompañía aseguradora.
  23. 23. Sabes cal foi o detalle que lle permitiu ao Inspector de que se trataba dunha montaxepara cobrar o seguro?. A solución pode estar no texto e no debuxo.Le atentamente e observa o escenario dos feitos narrados. Para axudarche a descubrilo,segue estes consellos.1. Le atentamente todo o texto.2. Non deas solucións sen pensar se ten lóxica ou non.3. Non se trata dunha xogo de acertar, se non de razoar.4. Se non logras encontrar a solución mira atentamente o debuxo e volve relelo.A resposta é:Se o lograches sen axuda, es un fenómeno, se non, non te desanimes no próximo ponmáis atención na lectura e no debuxo e verás como o logras.
  24. 24. “A CHAMADA" Don Mario era un importante home de negocios da cidade, moitas empresas xurdiran da nada grazas á súa gran capacidade nos negocios. Só uns anos atrás fora nomeado "Empresario do ano", galardón co que se premiaba a súa sagaz vista para adiantarse aos tempos coas súas ideas innovadoras que lle permitiran crear un pequeno imperio empresarial e cuxo diploma colgaba orgullosamente no seu despacho. Aquela tarde, tras unha curta conversación telefónica colgou o teléfono e dirixiuse amoucado epensativo, dende a biblioteca da súa casa ata o seu despacho, situado no outro extremodo corredor.Segundo contou o mordomo, o viu pasar polo corredor, e observou que algo raro lledebía de acontecer, pero se contivo de preguntar, sabía por outras ocasións que ao seuxefe non lle gustaba nada que se inmiscuise nos seus asuntos persoais nin de negocios.Don Mario, segundo relatou a policía, ao entrar no seu despacho non pechou a porta trasde si, polo que puido ver todo o que aconteceu alí.Contou que o viu situarse de pé, ante o seu escritorio, que abriu un dos caixóns e trasunha breve pausa extraeu un revolver e sen deixar pasar un instante apertou o gatillo. Aforza do disparo fíxolle retroceder violentamente un paso, tropezando bruscamentecontra un espello que tiña na parede xusto tras de si.Cando o mordomo quixo reaccionar xa era demasiado tarde, conforme se achegaba aDon Mario, puido observar como as súas pernas comezaba a afrouxarse e suavementese deslizaba, apoiado no espello, ata caer sentado no chan, deixando, ao esvarar, unhagran mancha de sanguesobre o cristal. Tras o cal,pensou, que o único quepodía facer era tomalo opulso para comprobar semorrera e avisar a policía.O Inspector Sánchezdescubriu que Don Marioincriblemente, pasaba porimportantesdificultades económicas.Varios dos seus negocios,nos que invertera todo oseu capital, e queemprendera ultimamente,fixérano perder unha granfortuna e dende habíavarios días esperaba conimpaciencia unha chamada telefónica na que algo moi importante deberon comunicarllepara que decidise tomar aquela decisión.Tras escoitar atentamente a declaración do mordomo o Inspector, pensou que polosucedido tería que localizar á persoa coa que Don Mario falou telefonicamente unsminutos antes de tomar tan fatal decisión, ao obxecto de poder coñecer máis detalles.
  25. 25. Non obstante, non foi necesario e tras o asombro do resto dos policías ordenou que sedetivese o mordomo acusado de asasinato.Sabes cal foi o detalle que permitiu saber o inspector que o mordomo mentira na súadeclaración e que non se trataba dun suicidio?.A solución pode estar no texto e no debuxo. Le atentamente e observa o escenario dosfeitos narrados. Para axudarche a descubrilo, segue estes consellos.1. Le atentamente todo o texto.2. Non deas solucións sen pensar se ten lóxica ou non.3. Non se trata dunha xogo de acertar, se non de razoar.4. Se non logras encontrar a solución mira atentamente o debuxo e volve relelo.A resposta é:Se o lograches sen axuda, es un fenómeno, se non, non te desanimes no próximo ponmáis atención na lectura e no debuxo e verás como o logras. Actividade sacada da páxina web de actiludis
  26. 26. "UN DÍA DE CHOIVA" Esperanza herdara aquel enorme terreo, Só había dúas semanas que se instalara alí co seu marido e a verdade é que non lamentaba en absoluto a morte do seu tío Luis. Dende nena sabía que o terreo sería seu e unicamente foi cuestión de tempo posuíla, o que lles garantía un futuro tranquilo sen problemas económicos. Non obstante, a mala fortuna cruzouse no seucamiño, novamente aquel día amencera cunha desas mañás chuviosas que ao seumarido tanto lle agradaban e que ela aborrecía con todas as súas forzas, xa que nondeixara de chover dende que tres días antes, pola tarde, se iniciase a tormenta. Necesitaba tomar o aire e ver a luz do día, aínda que este fóra gris, por iso saíu aosoportal da entrada e encheu os seus pulmóns de aire fresco. O soportal era amplo eestaba cuberto por un tellado suxeito con dúas columnas de estilo clásico, un par dechanzos permitían baixar a unha extensa explanada de terra avermellada que separaba acasa das árbores e que se encontraba completamente embarrada por causa da chuvia. Ao fondo, un home de idade que se ocupaba dos labores de xardinaríaempeñábase en protexer das chuvias unhas plantas poñendo un plástico por enriba. Aoseu lado estaba un dos cans, un exemplar de gran tamaño que se habituararapidamente á súa nova dona. Apenas viuna, o animal percorreu baixo a chuvia adistancia que o separaba da casa e chegou ata ela. Aínda non se detivera cando levantouas súas patas dianteiras ante Esperanza. A envergadura do can contrastaba coa fraxilidadeda muller que non puido evitar caer cara a tras con tan mala fortuna que a súa cabezagolpeou contra un moble que tiña detrás.Unha vez no chan Esperanza apenasmoveuse e o seu cadáver quedoutendido no chan, xunto á porta deentrada. O animal seguía xogando aoseu arredor cando o xardineiroacudiu. Afastou de alí o can e avisouinmediatamente o servizo, pero nadapuideron facer por ela.
  27. 27. Cando o Inspector de policía Sánchez, escoitou a versión do xardineiro, única testemuñado sucedido e viu o escenario, non dubidou un instante en cuestionar a historia que oxardineiro lle contara e desbotou por completo que tivese acontecido como el contaba ahistoria, desbotando rotundamente que se tratase dun terrible accidente, a pesar de quenon deixaba de repetir e afirmar que o can e só o can fora o causante do accidente. Tras escoitar as versións do marido e do resto do servizo da casa, queconfirmaron non ter visto nin odio nada ata que lles avisaron, mandou deter oxardineiro xa que na súa historia pasara por alto un pequeno detalle que odesmontaba todo. Sabes cal foi o detalle que lle permitiu descubrir a verdade ao Inspector?. Asolución pode estar no texto e no debuxo. Le atentamente e observa o escenario dos feitosnarrados. Para axudarche a descubrilo, segue estes consellos.1.‐ Le atentamente todo o texto.2.‐ Non deas solucións sen pensar se ten lóxica ou non.3.‐ Non se trata dunha xogo de acertar, se non de razoar.4.‐ Se non logras encontrar a solución mira atentamente o debuxo e volve relelo.A resposta é:Se o lograches sen axuda, es un fenómeno, se non, non te desanimes no próximo ponmáis atención na lectura e no debuxo e verás como o logras. Actividade sacada da páxina web de actiludis
  28. 28. “A VENTÁ” A señora Marta ocupaba unha pequena vivenda dos arredores do pobo. En realidade tratábase dunha zona apartada cuxa estrada de acceso remataba na faldra da montaña, o que xustificaba que xamais se vise por alí ningunha cara descoñecida. O máis destacado do lugar era o aburrimento e a falta de noticias locais, xa que nunca pasaba nada distinto do que acontecía o día anterior. O roubo das xoias da señora Marta representou, polo tanto, algo histórico na localidade, pois probablemente era a primeira vez que se producía un feito tanextraordinario.As circunstancias do roubo estrañaron a todos, en especial porque a anciá non abría aporta da súa casa a ninguén, incluídos os seus propios veciños, aos cales atendía dendeunha ventá. Apenas saía á rúa, se acaso para coidar o seu xardín, e o facía tomandotoda clase de precaucións. Nin sequera se movía de casa para comprar, todo o quenecesitaba o encargaba por teléfono e o levaban a domicilio.Aquel día, ao parecer recibiu tres visitas: o repartidor do mercado coa compra habitual,un vendedor de libros que a visitaba todos os meses para traerlle as últimas novidadeseditoriais e unha nova veciña do pobo para devolverlle unha regadeira que a anciá lleprestara uns días antes. Calquera outro visitante que se tivese achegado á casa teríasido visto e un gran número de persoas terían podido describir sen ningún problema aquen se teríaachegado por alí, contodo luxo de detalles.Xa na casa,o Inspector depolicía Sánchez,comprobou que esedía a señora Martarecibiu do mercadodous paquetes deleite e algunhasverduras levadasdende osupermercado dalocalidade, o mozo dorepartición foiinterrogado e afirmouque entregou o seupedido como todos os días sobre as doce da mañá e que como de costume lle deixo todaa compra a través da ventá, deixándoa na anciá uns minutos máis tarde, encontrándoseperfectamente, non notando nada raro nin fóra do habitual de todos os días.En canto ao vendedor de libros e a veciña que a visitara aquel día, ambos os dousdixeron ter deixado en perfecto estado á señora Marta e no caso do vendedor moicontento por venderlle cinco novelas dunha soa vez, aínda que tivese tido que atenderlle
  29. 29. incomodamente a través da ventá.A proximidade da ventá á porta fixo pensar ao inspector que o ladrón puido introducir obrazo pola ventá e dende aí alcanzar o fecho, pero esta hipótese foi descartada deinmediato, xa que a anciá tiña sempre a porta pechada con chave e a gardaba consigono peto do seu vestido. Non obstante, o Inspector non tardou moito en descubrir quenentrara na casa, golpeado fortemente á súa dona e deixándoa inconsciente durantevarias horas e roubándolle pouco despois todas as xoias que gardaba.Sabes quen o fixo?. A solución pode estar no texto e no debuxo. Le atentamente eobserva o escenario dos feitos narrados. Para axudarche a descubrilo, segue estesconsellos.1.- Le atentamente todo o texto.2.- Non deas solucións sen pensar se ten lóxica ou non.3.- Non se trata dunha xogo de acertar, se non de razoar.4.- Se non logras encontrar a solución mira atentamente o debuxo e volve relelo.A resposta é:Se o lograches sen axuda, es un fenómeno, se non, non te desanimes no próximo ponmáis atención na lectura e no debuxo e verás como o logras. Actividade sacada da páxina web de actiludis
  30. 30. SOLUCIONARIO1. A ALFOMBRASe non saben podes axudarlles facéndolles reflexionar con estas preguntas que servirán de pista: - Segundo o que declarou o matrimonio, desde que soou o timbre e escondeu o cadáver, pasou moito tempo?. - Cres que o sangue derramado no chan tarda moito en secarse? - Por que cres que o detective quedou parado mirando a alfombra?. - Como se deu conta o detective que mentiran?SOLUCIÓN: Se sucedeu como contaron o matrimonio do servizodoméstico,o sangue debería estar aínda húmido cando a tapou coaalfombra, sen embargo no debuxo se ve a mancha no chan pero non naalfombra.2. O CALENDARIO:Se non saben podes axudarlles facéndolles reflexionar con estas preguntas que servirán de pista: - Por que haberá tan malo olor onde estaba o cadáver do seu tío?. - Que iluminaba a cara do seu tío na escuridade do salón? - Que facían parecer o reflexo dos movementos dos peixes na cara do cadáver? - Cada canto tempo deben comer os peixes dunha peixeira?SOLUCIÓN: Se ninguén estivera na casa durante esas semanas,evidentemente os peixes da peixeira deberían ter morto por falta decomida. Elisa debeu descubrir a seu tío morto antes de cumprir os 18anos e para non perder a herdanza, preparou o calendario e esperouvarias semanas para que non puideran detectar o día exacto da mortedo seu tío. 1
  31. 31. 3. O CANDIL Se non saben podes axudarlles facéndolles reflexionar con estas preguntas que servirán de pista: - Sabes a razón pola que o gas ule tan mal?. - Con que entrou Lucas na casa?, E Manolo? - Un dos dous mente claramente, xa que é imposible entrar na casa nas condicións que dicía. Por que? SOLUCIÓN: Si Manuel entrara na casa co candil, o fogo do mesmo faría estoupar a casa pola acumulación de gas.4. O ATROPELO Se non saben podes axudarlles facéndolles reflexionar con estas preguntas que servirán de pista: - Segundo os donos da casa Que fixeron os ladróns para entrar no terreo?. - Cando atropelaron o can que lles aconteceu? - Paráronse na súa fuxida nalgún momento? - Segundo o que contestaches anteriormente fíxate ben no debuxo e que hai que non concorda co que contaron os donos ao inspector Sánchez? -SOLUCIÓN: Se non pararon a furgoneta na fuxida nin candoatropelaron ao can nin cando rozaron a columna da entrada daverxa, ¿como pasou a furgoneta a verxa sen abrila de todo?. Polotanto tratábase dunha montaxe para cobrar o seguro das obras dearte.5. ROUBO NA BIBLIOTECA Se non saben podes axudarlles facéndolles reflexionar con estas preguntas que servirán de pista: - Que obxectos deixou o ladrón na súa precipitada fuxida?.SOLUCIÓN: Entre as cousas que o ladrón deixou na súa precipitadafuxida atopábase un cigarro que aínda estaba acendido e fumeando,polo que lle fixo supor ao Inspector que non debía andar moi lonxe. 2
  32. 32. 6. ROUBO DE DIAMANTES: Se non saben podes axudarlles facéndolles reflexionar con estas preguntas que servirán de pista: - Escribe a continuación os pasos que segundo o texto di que seguiu o ladrón para entrar na casa. - Dende onde cres que está feita a foto do presunto ladrón de diamantes? - Se a fotografía está realizada dende onde ti dixeches que a fixeron. Notas algo estraño no portón?.SOLUCIÓN: Se a foto se fixo dende fóra da casa, como o que envioua carta anónima quería facer crer, esqueceu o detalle do fecho doportón, que soamente é visible dende o interior da casa. Polo tantotratábase dunha montaxe para culpar a un inocente dun roubofinxido para cobrar o diñeiro do seguro. 3
  33. 33. SOLUCIONARIO7. A CHAMADA Se aínda non o sabes contesta estas preguntas que che servirán de pista: - Onde se encontraba Don Mario no momento do disparo?. - Cantos pasos deu antes de golpearse co espello?. - Como cres que tivo que ser o golpe que se deu antes de esvarar e caer ao chan?.SOLUCIÓN: Se Don Mario tan só deu un paso atrás cando se golpeoucontra o espello, debía de estar moi preto del, e se o golpe, poloimpulso da bala, foi tan grande como contou o mordomo, o espellodebería estar roto, e non o estaba. Polo tanto se el era o único que viua escena, e mentiu a explicación é que o asasinou e quixo aparentarun suicidio.8. UN DÍA DE CHOIVA Se aínda non o sabes contesta estas preguntas que che servirán de pista: - Cantos días levaba chovendo sen parar?. - Como estaba a explanada de terra avermellada fronte ao soportal da casa? - Segundo o xardineiro, onde estaba o can cando saíu ao soportal Esperanza?, e ata onde foi?. SOLUCIÓN: Se houbera sucedido como contou o xardineiro, o pórche debería estar cheo de barro das pisadas do can, xa que tivo que chegar alí atravesando a extensión de terra vermella que pola choiva estaba embarrada. 4
  34. 34. 9. A VENTÁSe aínda non o sabes contesta estas preguntas que che servirán de pista: - Segundo o relato, cada persoa que a visitou deixoulle algo á señora Marta. Indica a continuación que deixou cada un. - Como sabes, a señora Marta nunca abría a porta. Segundo o que levaron cada un iso era posible?SOLUCIÓN: A única persoa que necesitou abrirlle a porta foi á veciñaxa que a regadeira que lle devolveu non cabía entre as rexas daventá, o resto, tanto o que lle trouxeron do supermercado coma oslibros, si os puideron meter entre os barrotes. 10. A FRECHA Se aínda non o sabes contesta estas preguntas que che servirán de pista: - Onde declarou Xoán que se encontraba no momento dos feitos?. - En que planta da casa estaba o dormitorio de Xoán? - Que postura ten a frecha?, pódeche indicar algo? SOLUCIÓN: A inclinación da frecha indica que tan só puido dispararse dende un piso alto e o único que declarou atoparse no seu cuarto do piso superior era Xoán 5
  35. 35. 11. A ESCALEIRA Se aínda non o sabes contesta estas preguntas que che servirán de pista: - Como de grande era a escaleira que supostamente usou? - Puido o rexo axente de policía desatar a corda a Rosalía, el so?. Por que?. - Se o policía non chegaba el so, Que cres que hai en toda a historia do marido que non concorda?.SOLUCIÓN: Se o fornido policía precisou axuda para baixala,empregando a mesma escaleira que supostamente empregou ela,porque non chegaba á altura necesaria, significa que elatampouco puido usar dita escaleira para o suicidio porquetampouco tería chegado. Tratábase polo tanto dunha montaxepara facelo parecer un suicidio.12. O CABALOSe aínda non o sabes contesta estas preguntas que che servirán de pista:- Segundo o mozo de cortes como chegaba o cabalo de regreso á casa?- A humidade do chan deixou ben marcadas as pegadas do cabalo.Como eran estáspegadas?.- Segundo as dúas cuestións anteriores, como debía de ir o cabalo?.E se era así como cres que foi o golpeSOLUCIÓN: Se o cabalo ia ao galope as pegadas que se ven no chandeberían de estar máis separadas e non xuntas como están, polo queandando o golpe non puido ser mortal. 6

×