A lámpada, o reloxo, o teléfono, o avión, o ordenador… todos son inventos que revolucionaron a historia da humanidade e que están neste mundo porque alguén se preocupou de crealos. Nesta guía atoparás unha selección de recursos relacionados coas invencións e coas persoas que lles deron vida.