SlideShare a Scribd company logo
C.P.I. UXÍONOVONEIRA
Estrada Cervantes s/n
27670 Pedrafita do Cebreiro (Lugo)
 982870633// 982 870634 / 982870635
cpi.uxio.novoneira@edu.xunta.es
http://edu.xunta.es/centros/cpiuxionovoneira
1
CPI UXÍO NOVONEIRA
C.P.I. UXÍONOVONEIRA
Estrada Cervantes s/n
27670 Pedrafita do Cebreiro (Lugo)
 982870633// 982 870634 / 982870635
cpi.uxio.novoneira@edu.xunta.es
http://edu.xunta.es/centros/cpiuxionovoneira
2
FOMENTAR A AUTONOMÍA DOS NENOS E NENAS
É certo que os vosos fillos e fillas son aínda pequenos/as e
precisan da vosa axuda, pero hai moitas cousas que poden ir
facendo para reforzar a súa autonomía.
Ser autónomo para un neno/a é moi importante, xa que van
desenvolvendo áreas tan importantes como a capacidade de
desprazarse só por diferentes espazos, resolver pequenos problemas por si mesmo, aumenta a súa
capacidade de prestar atención ás cousas e aprendelas máis rápido, fórmase unha boa autoestima
ó sentirse capaz de facer cousas por si mesmo/a e desenvolve a súa capacidade de afrontar a
frustración, de forma que a resposta cando as cousas non saen ben non sexa entristecerse e
enfadarse.
¿COMO PODEMOS AXUDAR A QUE A NOSA FILLA OU FILLO SEXA MÁIS AUTÓNOMO?
A autonomía adquírese pouco a pouco, a medida que vai crecendo e se vai desenvolvendo. Como
pais e nais pódese favorecer a autonomía a través de:
 ASIGNADE OBRIGAS. Debedes evitar facerlles todo porque é
máis rápido e sinxelo. As obrigas e tarefas axudan a
desenvolver o sentimento de responsabilidade.
 ESIXIDE DENTRO DAS SÚAS POSIBILIDADES. Tendo presente
que as esixencias deben facerse con afecto pero con
convicción.
 PERMITIDE QUE AFRONTE RETOS. Deixando que o neno ou nena se enfronte pouco a pouco
a novos retos, como atar os zapatos, usar o cóitelo e o garfo, … Podemos axudalos
recoñecendo a dificultade e animándoos, por exemplo, “… é complicado utilizar as dúas
mans á vez para usar os cubertos”. Tamén lles podemos dar consellos sobre cómo poden
facelo “… é complicado, pero ás veces funciona pinchar forte co garfo para que o filete no
saia disparado”
 PERMITIDE QUE SE EQUIVOQUE. Para logo ofrecerlle estratexias de solución. Así o neno/a
aprende a tolerar a frustración e a asumir as consecuencias dos seus actos.
C.P.I. UXÍONOVONEIRA
Estrada Cervantes s/n
27670 Pedrafita do Cebreiro (Lugo)
 982870633// 982 870634 / 982870635
cpi.uxio.novoneira@edu.xunta.es
http://edu.xunta.es/centros/cpiuxionovoneira
3
 ESTABLECEDE LÍMITES E NORMAS E APLICÁDEAS DE FORMA COHERENTE. Debe evitarse
castigar ante o incumprimento dunha norma unhas veces si e outras non, porque pode
xerar confusión e o neno/a non saberá nunca o que se espera del. Deben aprender que as
normas están para cumprirse. É preciso que as persoas adultas que conviven co neno/a
(pais, avós,..) acorden o que se lle permite, en caso contrario favorécese o incumprimento
da norma coa excuso de “O avó déixame…!”.
 FIXADE RUTINAS. Establecendo rutinas o máis regulares posibles (de comida, de sono, de
hixiene, de xogo,…) o neno/a pode precedir o que que ten que facer a continuación, é dicir,
axúdanlle a estructurar o tempo. Ademais, as rutinas proporcionan orde, seguridade e
confianza.
 FELICITÁDEO POLO SEUS LOGROS. É moi importante reforzar os seus logros, outorgándolle
importancia ás cousas que xa é capaz de facer por si mesmo/a.
Os vosos fillos e fillas poden ir aprendendo hábitos de autonomía relativos a:
Hixiene
Antes e despois das comidas e despois do xogo o neno/a debe
acostumarse a lavar as mans con auga e xabón, aclaralas con auga e
secalas.
Debe saber que detrás de cada comida hai que lavar os dentes.
O neno ou nena pode participar no baño baixo a dirección do adulto, por
exemplo, enxabonando as zonas ás que accede máis fácilmente.
Vestido
Debe ser capaz de vestirse e desvestirse, aínda que pode ter dificultades con
algunhas prendas ou para atar os zapatos.
Alimentación
É importante que coma só e empregando a culler e o garfo.
Despois de comer é positivo que axude a recoller a mesa.
Colaboración
no fogar
O neno ou nena debe responsabilizarse de recoller os seus xoguetes cada
día despois do tempo para o xogo.
C.P.I. UXÍONOVONEIRA
Estrada Cervantes s/n
27670 Pedrafita do Cebreiro (Lugo)
 982870633// 982 870634 / 982870635
cpi.uxio.novoneira@edu.xunta.es
http://edu.xunta.es/centros/cpiuxionovoneira
4
A IMPORTANCIA DO ALMORZO
Durante o sono, aínda que pareza mentira, os nenos e nenas consumen enerxía, por exemplo, coa
respiración. A primeira hora da mañá o organismo leva entre 10 e
12 horas sen recibir ningún alimento. Isto supón unha baixada do
nivel de glucosa, o que dificulta o axeitado funcionamento do
cerebro, polo que descende o rendemento escolar, afectando
sobre todo á capacidade de expresarse, de memoria e de
resolución de problemas, así como a capacidade para
concentrarse. Non almorzar é coma facer un longo camiño no
coche sen apenas gasolina
Un almorzo equilibrado contribúe a un reparto máis armónico das calorías, previndo así os
problemas de obesidade infantil.
O almorzo dun neno debe ser variado e equilibrado; debe conter como mínimo: unha porción de
lácteos (leite ou iogur), unha de pan ou cereais e unha de froita.
É importante fomentar o almorzo como un momento de encontro familiar no que o voso fillo ou
filla se sinta relaxada/o.
C.P.I. UXÍONOVONEIRA
Estrada Cervantes s/n
27670 Pedrafita do Cebreiro (Lugo)
 982870633// 982 870634 / 982870635
cpi.uxio.novoneira@edu.xunta.es
http://edu.xunta.es/centros/cpiuxionovoneira
5
DIFICULTADES NA LECTOESCRITURA
QUE PODEN FACER OS PAIS/NAIS PARA AXUDAR AOS SEUS FILLOS E FILLAS?
 Como pais temos que deixarlle moi claro ao noso
fillo ou filla que pode ter éxito e animalo, para que poña
da súa parte o esforzo necesario para superar as
dificultades.
 Se os pais/nais tamén tiveron problemas coa
lectura sería bo que compartisen co seu fillo/a os
problemas que sufriron, para que non se sinta “diferente”.
 É totalmente inaxeitado comparalo con algún
irmán ou compañeiro/a sen problemas.
 É importante desenvolver a autoestima a todos os
niveis, en especial cando se sente decaído ou fracasado. É
fundamental avalialo polo seu propio nivel, esforzo e
rendemento.
QUE ACTIVIDADES PODEMOS FACER?
REALIZAR ACTIVIDADES VERBAIS PARA DESENVOLVER A CONCIENCIA FONOLÓXICA:
 Elixir unha letra do abecedario e buscar obxectos
que empecen por esa letra.
 Inventar rimas co nome do neno/a e dos
membros da familia, amigos/as, etc.
 Facer o son dunha letra e pedirlle que intente
atopar esa letra nun conto ou no xornal.
Lerémoslle a palabra que ten esa letra.
 Describir obxectos usando palabras que comecen
co mesmo son, por exemplo: “casa cadrada”.
 Ler co neno/a unha historia que rime e deixar
que vaia completando as palabras que riman.
 Xogar as palabras encadeadas. O primeiro xogador/a di unha palabra, por exemplo
PLANTA, o outro xogador/a debe dicir outra palabras que empece pola sílaba final, por
exemplo neste caso TAZA.
C.P.I. UXÍONOVONEIRA
Estrada Cervantes s/n
27670 Pedrafita do Cebreiro (Lugo)
 982870633// 982 870634 / 982870635
cpi.uxio.novoneira@edu.xunta.es
http://edu.xunta.es/centros/cpiuxionovoneira
6
DESENVOLVER A MEMORIA, ATENCIÓN E VOCABULARIO CON ACTIVIDADES COMO:
 Aprender o seu número de teléfono e dalgún amigo/a.
 Localizar no súper o que se vai comprar e collelo.
 Xogar con crebacabezas, barallas de familias, animais, etc.
 Aprender os días da semana, os meses do ano,…
 Observar durante un tempo unha foto e preguntarlle que cousas había.
 Ensinarlles cancións de corro, adiviñas, refráns, …
 Describirlle un obxecto da casa e que adiviñe cal é.
 Ler xuntos unha historia e falar sobre ela. Facerlle preguntas para ver de qué se acorda.
 Aproveitar calquera tipo de saídas para explicarlle o que vemos.
Non todos os nenos e nenas teñen o mesmo ritmo, é importante que cada un acade os seus
obxectivos de acordo a madurez que vai adquirindo. Non debemos perder a paciencia, nin atosigar
ao neno ou nena.
Hai que propiciar o desenvolvemento dunha relación positiva co texto escrito, asociando a lectura
con situacións pracenteiras: manipulación de libros, audición de lecturas antes de durmir, etc.
Temos que ser un exemplo e demostrarlle a utilidade
da lectura, por exemplo lendo no xornal a qué hora
empeza un programa de televisión que queremos ver,
consultando un catálogo de xoguetes, vendo a data do
seu cumpleanos no calendario, lendo unha receita do
seu postre favorito, escribindo notas para facer a
compra, etc. O neno ou nena comezará a achegarse á
lectura sobre todo cando ve ler aos máis próximos.
C.P.I. UXÍONOVONEIRA
Estrada Cervantes s/n
27670 Pedrafita do Cebreiro (Lugo)
 982870633// 982 870634 / 982870635
cpi.uxio.novoneira@edu.xunta.es
http://edu.xunta.es/centros/cpiuxionovoneira
7
COMO FAVORECER A LECTURA?
A influenza da familia é decisiva para fomentar lectores/as que
desenvolvan a práctica da lectura ao longo de toda a súa vida e non
só durante o período escolar. Vós, pais e nais, xogades un papel moi
importante no desenvolvemento dos vosos fillos e fillas.
Por todo isto, indicámosvos uns poucos consellos para seguir cos
nenos e nenas na casa e que axudan a aumentar o hábito e o interese pola lectura:
 Buscade un tempo e un lugar para ler todos os días cos nenos e nenas, sen que a lectura
teña relación coas tarefas escolares.
 O exemplo é importante. Os nenos e nenas imitan o que ven. Vervos ler un xornal, unha
revista ou un libro, demostraralles que para vós, ler é gratificante.
 Lede xuntos/as, sobre todo nas primeiras etapas nas que os nenos e nenas non son lectores
autónomos. Sentade preto e lede para eles ou para elas.
 Facede da lectura un tempo divertido. Cando os nenos e nenas son pequenos/as podedes
lerlles as historias xogando coa voz ou entoando poemas ou cancións.
 Calquera motivo pode ser bo para ler: unha
excursión, facer un postre ou coñecer as regras dun
xogo. As guías, os receitarios, os xornais, as
instrucións ou a publicidade axudan ao neno e á
nena a comprobar que ler é importante para
calquera actividade.
 Preguntade ao neno ou á nena polas súas
lecturas. Se vos interesades polos libros que len,
podedes axudarlles a ser lectores activos/as.
 Reservade tempos de lectura na casa. Incorporádeos ás rutinas de cada día. Facede
imprescindible este hábito, axudará aos nenos e ás nenas a valorar os momentos de lectura.
 Cando os nenos e as nenas xa saiban ler seguide compartindo a lectura en familia.
Gústalles escoitar historias lidas en voz alta a calquera idade e seguen necesitando do noso
estímulo.
C.P.I. UXÍONOVONEIRA
Estrada Cervantes s/n
27670 Pedrafita do Cebreiro (Lugo)
 982870633// 982 870634 / 982870635
cpi.uxio.novoneira@edu.xunta.es
http://edu.xunta.es/centros/cpiuxionovoneira
8
COMO AXUDAR A ESTUDAR AO TEU FILLO/A
LUGAR DE ESTUDO E OS DEBERES
 Proporcionádelle un espazo tranquilo, un sitio no que se concentre ben e sen interrupcións.
Coidade o ambiente: ventilación, boa iluminación, cadeira e mesa confortables, etc.
 Mentres fai os deberes ou estuda ten que desconectar o móbil. Tampouco debe usar o correo,
é preferible que dedique un tempo fixo a conectarse cos amigos e
amigas, para que non lle roube tempo ao seu estudo.
 Axudádelle a confeccionar un horario de estudo persoal.
 Se ten varias tarefas, é recomendable que empece pola que ten
unha dificultade media, seguir pola que máis costa (cando se rende
máis) e rematar pola máis sinxela, cando xa está máis cansado/a.
 Recordádelle que faga descansos de 10 minutos cada hora de
estudo para despexar a mente. Senón van acumulando cansazo e diminúe notablemente o
seu nivel de rendemento. Durante o descanso hai que evitar que faga unha actividade que lle
guste especialmente (por exemplo, ver a televisión) xa que lle custaría moito volver
novamente ao traballo.
 Se durante o tempo de estudo se atopa
moi cansado/a e rende pouco é preferible parar,
aínda que non cumprira co tempo de estudo
diario. Se máis tarde se atopa máis fresco
poderá continuar, senón ao día seguinte
dedicaralle un pouco máis de tempo ás tarefas
escolares.
 Debe estudar sempre durante o día,
cando a mente está máis despexada. Non é
lóxico estudar pola noite cando a mente rende menos e ao día seguinte o neno/a estará
esgotado/a. Hai que elixir as horas nas que se rende máis. Por exemplo, hai que evitar que
sexa inmediatamente despois de comer (é recomendable un breve repouso) nin moi tarde.
C.P.I. UXÍONOVONEIRA
Estrada Cervantes s/n
27670 Pedrafita do Cebreiro (Lugo)
 982870633// 982 870634 / 982870635
cpi.uxio.novoneira@edu.xunta.es
http://edu.xunta.es/centros/cpiuxionovoneira
9
 Tamén é bo planificar a fin de semana: o sábado pode ser o mellor día para traballar,
deixando o venres para descansar (trala semana de estudo) e o domingo para estar máis
relaxado/a.
 Reservar para despois do estudo unha actividade agradable. Por exemplo, merendar.
 É preferible que faga as tarefas diariamente aínda que
sexan para dentro de varios días. Así axuda a ir asimilando o
que se vai explicando na clase e esixe levar a materia ao día.
Debemos preocuparnos porque despois corrixa os deberes na
clase.
 Interesádevos polos seus deberes, polo que fixeron na
clase, que aprenderon, etc.
 Proporcionádelle libros de texto, materiais ou lecturas complementarias. Descubride cómo
aprende mellor, se por experiencias práctica, por medio de escoitar e mirar, ... para poder
axudarlle en función dos seus puntos fortes.
 Non lle fagades os deberes. Eles e elas precisan facer os seus deberes por si mesmos para que
aprendan de forma efectiva. O que si podedes facer é revisar o traballo.
 Eloxiade os esforzos e os logros, antes que os resultados. É moi importante estimular o bo
traballo que fixeran, xa que responden mellor ante os eloxios que ante as críticas. Sen
embargo, se traballou por debaixo do que debera, tamén lle podemos ofrecer unha crítica
construtiva. Non debedes criticalo como persoa, só corrixirlle os seus erros. Tampouco é
axeitado comparalo/a cos demais compañeiros/as ou coas irmás ou irmáns.
OS HÁBITOS DE SONO E OS ESTUDOS
 As horas de sono son sagradas, cando o alumno/a vai acumulando cansazo o rendemento
intelectual redúcese considerablemente.
 Durante o curso é bo realizar a actividades complementarias (deportes, idiomas, música,…) e
non estar centrado exclusivamente nos estudos. Permítelles desconectar e axúdalle a ter a
mente máis fresca para cando toque traballar.
C.P.I. UXÍONOVONEIRA
Estrada Cervantes s/n
27670 Pedrafita do Cebreiro (Lugo)
 982870633// 982 870634 / 982870635
cpi.uxio.novoneira@edu.xunta.es
http://edu.xunta.es/centros/cpiuxionovoneira
10
OS EXAMES
 Recordádelle que lea primeiro as preguntas e que
pregunte ao mestre ou mestra se ten algunha dúbida.
 Lembrádelle que lle pode dar máis seguridade durante o
exame empezar polas preguntas que sabe mellor.
 Establecede unha relación de traballo positiva co
profesorado. Por medio da comunicación regular
intercambiade información sobre o progreso do neno ou
nena na casa e na escola.

More Related Content

Similar to Folleto ep

Periodo de adaptación 2012.
Periodo de adaptación 2012.Periodo de adaptación 2012.
Periodo de adaptación 2012.
macusanbla
 
Ollos de aula, nº 12
Ollos de aula, nº 12Ollos de aula, nº 12
Ollos de aula, nº 12
Coordinadora Galega ENDL
 
Ollos de aula, nº 12. Versión para imprimir en A4 a dobre cara
Ollos de aula, nº 12. Versión para imprimir en A4 a dobre caraOllos de aula, nº 12. Versión para imprimir en A4 a dobre cara
Ollos de aula, nº 12. Versión para imprimir en A4 a dobre cara
Coordinadora Galega ENDL
 
O xogo non ten xénero
O xogo non ten xéneroO xogo non ten xénero
O xogo non ten xénero
satelite1
 
Ollos de aula. Nº 9
Ollos de aula. Nº 9Ollos de aula. Nº 9
Ollos de aula. Nº 9
Coordinadora Galega ENDL
 
Folleto acollida para blog
Folleto acollida para blogFolleto acollida para blog
Folleto acollida para blog
orientacionjuanadevega
 
Folleto acollida para blog
Folleto acollida para blogFolleto acollida para blog
Folleto acollida para blog
orientacionjuanadevega
 
Ollos de aula. Nº 20. Versión en A4 para imprimir
Ollos de aula. Nº 20. Versión en A4 para imprimirOllos de aula. Nº 20. Versión en A4 para imprimir
Ollos de aula. Nº 20. Versión en A4 para imprimir
Coordinadora Galega ENDL
 
Family engagement
Family engagementFamily engagement
Family engagement
isaacperalferrol
 
Ollos de aula. nº 15. versión para imprimir en A4 a dobre cara
Ollos de aula. nº 15. versión para imprimir en A4 a dobre caraOllos de aula. nº 15. versión para imprimir en A4 a dobre cara
Ollos de aula. nº 15. versión para imprimir en A4 a dobre cara
Coordinadora Galega ENDL
 
Periodo de adaptación 2015 4º Ed.Infantíl.Ceip"Virxe do Rocío"-Vigo
Periodo de adaptación 2015  4º Ed.Infantíl.Ceip"Virxe do Rocío"-VigoPeriodo de adaptación 2015  4º Ed.Infantíl.Ceip"Virxe do Rocío"-Vigo
Periodo de adaptación 2015 4º Ed.Infantíl.Ceip"Virxe do Rocío"-Vigo
macusanbla
 
Anexa ReunióN 2009 Medines
Anexa ReunióN 2009 MedinesAnexa ReunióN 2009 Medines
Anexa ReunióN 2009 Medines
Mª Remedios Sanjurjo Gayoso
 
Anexa ReunióN 2009 Medines
Anexa ReunióN 2009 MedinesAnexa ReunióN 2009 Medines
Anexa ReunióN 2009 Medines
Mª Remedios Sanjurjo Gayoso
 
Guion reunion familias_outubro_19
Guion reunion familias_outubro_19Guion reunion familias_outubro_19
Guion reunion familias_outubro_19
Carmela Garcia
 
Ollos de aula. Nº 20. Versión para imprimir en A4 a dobre cara
Ollos de aula. Nº 20. Versión para imprimir en A4 a dobre caraOllos de aula. Nº 20. Versión para imprimir en A4 a dobre cara
Ollos de aula. Nº 20. Versión para imprimir en A4 a dobre cara
Coordinadora Galega ENDL
 
Ollos de aula. nº 20
Ollos de aula. nº 20Ollos de aula. nº 20
Ollos de aula. nº 20
Coordinadora Galega ENDL
 
Ollos de aula. nº 6
Ollos de aula. nº 6Ollos de aula. nº 6
Ollos de aula. nº 6
Coordinadora Galega ENDL
 
Presentación periodo adaptación blog
Presentación periodo adaptación blogPresentación periodo adaptación blog
Presentación periodo adaptación blog
portocabeiroinfantil
 

Similar to Folleto ep (20)

Periodo de adaptación 2012.
Periodo de adaptación 2012.Periodo de adaptación 2012.
Periodo de adaptación 2012.
 
Ollos de aula, nº 12
Ollos de aula, nº 12Ollos de aula, nº 12
Ollos de aula, nº 12
 
Ollos de aula, nº 12. Versión para imprimir en A4 a dobre cara
Ollos de aula, nº 12. Versión para imprimir en A4 a dobre caraOllos de aula, nº 12. Versión para imprimir en A4 a dobre cara
Ollos de aula, nº 12. Versión para imprimir en A4 a dobre cara
 
Recomendaciones do
Recomendaciones doRecomendaciones do
Recomendaciones do
 
O xogo non ten xénero
O xogo non ten xéneroO xogo non ten xénero
O xogo non ten xénero
 
Familia e escola
Familia e escolaFamilia e escola
Familia e escola
 
Ollos de aula. Nº 9
Ollos de aula. Nº 9Ollos de aula. Nº 9
Ollos de aula. Nº 9
 
Folleto acollida para blog
Folleto acollida para blogFolleto acollida para blog
Folleto acollida para blog
 
Folleto acollida para blog
Folleto acollida para blogFolleto acollida para blog
Folleto acollida para blog
 
Ollos de aula. Nº 20. Versión en A4 para imprimir
Ollos de aula. Nº 20. Versión en A4 para imprimirOllos de aula. Nº 20. Versión en A4 para imprimir
Ollos de aula. Nº 20. Versión en A4 para imprimir
 
Family engagement
Family engagementFamily engagement
Family engagement
 
Ollos de aula. nº 15. versión para imprimir en A4 a dobre cara
Ollos de aula. nº 15. versión para imprimir en A4 a dobre caraOllos de aula. nº 15. versión para imprimir en A4 a dobre cara
Ollos de aula. nº 15. versión para imprimir en A4 a dobre cara
 
Periodo de adaptación 2015 4º Ed.Infantíl.Ceip"Virxe do Rocío"-Vigo
Periodo de adaptación 2015  4º Ed.Infantíl.Ceip"Virxe do Rocío"-VigoPeriodo de adaptación 2015  4º Ed.Infantíl.Ceip"Virxe do Rocío"-Vigo
Periodo de adaptación 2015 4º Ed.Infantíl.Ceip"Virxe do Rocío"-Vigo
 
Anexa ReunióN 2009 Medines
Anexa ReunióN 2009 MedinesAnexa ReunióN 2009 Medines
Anexa ReunióN 2009 Medines
 
Anexa ReunióN 2009 Medines
Anexa ReunióN 2009 MedinesAnexa ReunióN 2009 Medines
Anexa ReunióN 2009 Medines
 
Guion reunion familias_outubro_19
Guion reunion familias_outubro_19Guion reunion familias_outubro_19
Guion reunion familias_outubro_19
 
Ollos de aula. Nº 20. Versión para imprimir en A4 a dobre cara
Ollos de aula. Nº 20. Versión para imprimir en A4 a dobre caraOllos de aula. Nº 20. Versión para imprimir en A4 a dobre cara
Ollos de aula. Nº 20. Versión para imprimir en A4 a dobre cara
 
Ollos de aula. nº 20
Ollos de aula. nº 20Ollos de aula. nº 20
Ollos de aula. nº 20
 
Ollos de aula. nº 6
Ollos de aula. nº 6Ollos de aula. nº 6
Ollos de aula. nº 6
 
Presentación periodo adaptación blog
Presentación periodo adaptación blogPresentación periodo adaptación blog
Presentación periodo adaptación blog
 

More from CPI Uxío Novoneira, Pedrafita do Cebreiro

Revista uxio novoneira 2021
Revista uxio novoneira 2021Revista uxio novoneira 2021
Revista uxio novoneira 2021
CPI Uxío Novoneira, Pedrafita do Cebreiro
 
Carta familias libros 2021
Carta familias libros 2021Carta familias libros 2021
Carta familias libros 2021
CPI Uxío Novoneira, Pedrafita do Cebreiro
 
Carta familias libros 2021
Carta familias libros 2021Carta familias libros 2021
Carta familias libros 2021
CPI Uxío Novoneira, Pedrafita do Cebreiro
 
Pintores na minna casa
Pintores na minna casaPintores na minna casa
comezo das ligas internas de ping pong e badminton
comezo das ligas internas de ping pong e badmintoncomezo das ligas internas de ping pong e badminton
comezo das ligas internas de ping pong e badminton
CPI Uxío Novoneira, Pedrafita do Cebreiro
 
Plan de continxencia
Plan de continxenciaPlan de continxencia
Horario curso 20 21
Horario curso 20 21Horario curso 20 21
Plan adaptacion covid substitucions
Plan adaptacion covid substitucionsPlan adaptacion covid substitucions
Plan adaptacion covid substitucions
CPI Uxío Novoneira, Pedrafita do Cebreiro
 
Informacion sorteo mesa xunta electoral
Informacion sorteo mesa xunta electoralInformacion sorteo mesa xunta electoral
Informacion sorteo mesa xunta electoral
CPI Uxío Novoneira, Pedrafita do Cebreiro
 
Declaracion responsable covid
Declaracion responsable covidDeclaracion responsable covid
Declaracion responsable covid
CPI Uxío Novoneira, Pedrafita do Cebreiro
 
Plan de continxencia
Plan de continxenciaPlan de continxencia
Plan adaptacion covid web e familias
Plan adaptacion covid web e familiasPlan adaptacion covid web e familias
Plan adaptacion covid web e familias
CPI Uxío Novoneira, Pedrafita do Cebreiro
 
Plan de acollida tras covid
Plan de acollida tras covidPlan de acollida tras covid
Plan de acollida tras covid
CPI Uxío Novoneira, Pedrafita do Cebreiro
 
Plan adaptacion covid web e familias
Plan adaptacion covid web e familiasPlan adaptacion covid web e familias
Plan adaptacion covid web e familias
CPI Uxío Novoneira, Pedrafita do Cebreiro
 
Plan de acollida tras covid
Plan de acollida tras covidPlan de acollida tras covid
Plan de acollida tras covid
CPI Uxío Novoneira, Pedrafita do Cebreiro
 
Plan de acollida tras covid2
Plan de acollida tras covid2Plan de acollida tras covid2
Plan de acollida tras covid2
CPI Uxío Novoneira, Pedrafita do Cebreiro
 
Plan adaptacion covid web
Plan adaptacion covid webPlan adaptacion covid web
Plan de continxencia
Plan de continxenciaPlan de continxencia

More from CPI Uxío Novoneira, Pedrafita do Cebreiro (20)

Revista uxio novoneira 2021
Revista uxio novoneira 2021Revista uxio novoneira 2021
Revista uxio novoneira 2021
 
Programa congreso
Programa congresoPrograma congreso
Programa congreso
 
Carta familias libros 2021
Carta familias libros 2021Carta familias libros 2021
Carta familias libros 2021
 
Carta familias libros 2021
Carta familias libros 2021Carta familias libros 2021
Carta familias libros 2021
 
Pintores na minna casa
Pintores na minna casaPintores na minna casa
Pintores na minna casa
 
comezo das ligas internas de ping pong e badminton
comezo das ligas internas de ping pong e badmintoncomezo das ligas internas de ping pong e badminton
comezo das ligas internas de ping pong e badminton
 
Plan de continxencia
Plan de continxenciaPlan de continxencia
Plan de continxencia
 
Horario curso 20 21
Horario curso 20 21Horario curso 20 21
Horario curso 20 21
 
Plan adaptacion covid substitucions
Plan adaptacion covid substitucionsPlan adaptacion covid substitucions
Plan adaptacion covid substitucions
 
Informacion sorteo mesa xunta electoral
Informacion sorteo mesa xunta electoralInformacion sorteo mesa xunta electoral
Informacion sorteo mesa xunta electoral
 
Pxa 20 21
Pxa 20 21Pxa 20 21
Pxa 20 21
 
Declaracion responsable covid
Declaracion responsable covidDeclaracion responsable covid
Declaracion responsable covid
 
Plan de continxencia
Plan de continxenciaPlan de continxencia
Plan de continxencia
 
Plan adaptacion covid web e familias
Plan adaptacion covid web e familiasPlan adaptacion covid web e familias
Plan adaptacion covid web e familias
 
Plan de acollida tras covid
Plan de acollida tras covidPlan de acollida tras covid
Plan de acollida tras covid
 
Plan adaptacion covid web e familias
Plan adaptacion covid web e familiasPlan adaptacion covid web e familias
Plan adaptacion covid web e familias
 
Plan de acollida tras covid
Plan de acollida tras covidPlan de acollida tras covid
Plan de acollida tras covid
 
Plan de acollida tras covid2
Plan de acollida tras covid2Plan de acollida tras covid2
Plan de acollida tras covid2
 
Plan adaptacion covid web
Plan adaptacion covid webPlan adaptacion covid web
Plan adaptacion covid web
 
Plan de continxencia
Plan de continxenciaPlan de continxencia
Plan de continxencia
 

Folleto ep

  • 1. C.P.I. UXÍONOVONEIRA Estrada Cervantes s/n 27670 Pedrafita do Cebreiro (Lugo)  982870633// 982 870634 / 982870635 cpi.uxio.novoneira@edu.xunta.es http://edu.xunta.es/centros/cpiuxionovoneira 1 CPI UXÍO NOVONEIRA
  • 2. C.P.I. UXÍONOVONEIRA Estrada Cervantes s/n 27670 Pedrafita do Cebreiro (Lugo)  982870633// 982 870634 / 982870635 cpi.uxio.novoneira@edu.xunta.es http://edu.xunta.es/centros/cpiuxionovoneira 2 FOMENTAR A AUTONOMÍA DOS NENOS E NENAS É certo que os vosos fillos e fillas son aínda pequenos/as e precisan da vosa axuda, pero hai moitas cousas que poden ir facendo para reforzar a súa autonomía. Ser autónomo para un neno/a é moi importante, xa que van desenvolvendo áreas tan importantes como a capacidade de desprazarse só por diferentes espazos, resolver pequenos problemas por si mesmo, aumenta a súa capacidade de prestar atención ás cousas e aprendelas máis rápido, fórmase unha boa autoestima ó sentirse capaz de facer cousas por si mesmo/a e desenvolve a súa capacidade de afrontar a frustración, de forma que a resposta cando as cousas non saen ben non sexa entristecerse e enfadarse. ¿COMO PODEMOS AXUDAR A QUE A NOSA FILLA OU FILLO SEXA MÁIS AUTÓNOMO? A autonomía adquírese pouco a pouco, a medida que vai crecendo e se vai desenvolvendo. Como pais e nais pódese favorecer a autonomía a través de:  ASIGNADE OBRIGAS. Debedes evitar facerlles todo porque é máis rápido e sinxelo. As obrigas e tarefas axudan a desenvolver o sentimento de responsabilidade.  ESIXIDE DENTRO DAS SÚAS POSIBILIDADES. Tendo presente que as esixencias deben facerse con afecto pero con convicción.  PERMITIDE QUE AFRONTE RETOS. Deixando que o neno ou nena se enfronte pouco a pouco a novos retos, como atar os zapatos, usar o cóitelo e o garfo, … Podemos axudalos recoñecendo a dificultade e animándoos, por exemplo, “… é complicado utilizar as dúas mans á vez para usar os cubertos”. Tamén lles podemos dar consellos sobre cómo poden facelo “… é complicado, pero ás veces funciona pinchar forte co garfo para que o filete no saia disparado”  PERMITIDE QUE SE EQUIVOQUE. Para logo ofrecerlle estratexias de solución. Así o neno/a aprende a tolerar a frustración e a asumir as consecuencias dos seus actos.
  • 3. C.P.I. UXÍONOVONEIRA Estrada Cervantes s/n 27670 Pedrafita do Cebreiro (Lugo)  982870633// 982 870634 / 982870635 cpi.uxio.novoneira@edu.xunta.es http://edu.xunta.es/centros/cpiuxionovoneira 3  ESTABLECEDE LÍMITES E NORMAS E APLICÁDEAS DE FORMA COHERENTE. Debe evitarse castigar ante o incumprimento dunha norma unhas veces si e outras non, porque pode xerar confusión e o neno/a non saberá nunca o que se espera del. Deben aprender que as normas están para cumprirse. É preciso que as persoas adultas que conviven co neno/a (pais, avós,..) acorden o que se lle permite, en caso contrario favorécese o incumprimento da norma coa excuso de “O avó déixame…!”.  FIXADE RUTINAS. Establecendo rutinas o máis regulares posibles (de comida, de sono, de hixiene, de xogo,…) o neno/a pode precedir o que que ten que facer a continuación, é dicir, axúdanlle a estructurar o tempo. Ademais, as rutinas proporcionan orde, seguridade e confianza.  FELICITÁDEO POLO SEUS LOGROS. É moi importante reforzar os seus logros, outorgándolle importancia ás cousas que xa é capaz de facer por si mesmo/a. Os vosos fillos e fillas poden ir aprendendo hábitos de autonomía relativos a: Hixiene Antes e despois das comidas e despois do xogo o neno/a debe acostumarse a lavar as mans con auga e xabón, aclaralas con auga e secalas. Debe saber que detrás de cada comida hai que lavar os dentes. O neno ou nena pode participar no baño baixo a dirección do adulto, por exemplo, enxabonando as zonas ás que accede máis fácilmente. Vestido Debe ser capaz de vestirse e desvestirse, aínda que pode ter dificultades con algunhas prendas ou para atar os zapatos. Alimentación É importante que coma só e empregando a culler e o garfo. Despois de comer é positivo que axude a recoller a mesa. Colaboración no fogar O neno ou nena debe responsabilizarse de recoller os seus xoguetes cada día despois do tempo para o xogo.
  • 4. C.P.I. UXÍONOVONEIRA Estrada Cervantes s/n 27670 Pedrafita do Cebreiro (Lugo)  982870633// 982 870634 / 982870635 cpi.uxio.novoneira@edu.xunta.es http://edu.xunta.es/centros/cpiuxionovoneira 4 A IMPORTANCIA DO ALMORZO Durante o sono, aínda que pareza mentira, os nenos e nenas consumen enerxía, por exemplo, coa respiración. A primeira hora da mañá o organismo leva entre 10 e 12 horas sen recibir ningún alimento. Isto supón unha baixada do nivel de glucosa, o que dificulta o axeitado funcionamento do cerebro, polo que descende o rendemento escolar, afectando sobre todo á capacidade de expresarse, de memoria e de resolución de problemas, así como a capacidade para concentrarse. Non almorzar é coma facer un longo camiño no coche sen apenas gasolina Un almorzo equilibrado contribúe a un reparto máis armónico das calorías, previndo así os problemas de obesidade infantil. O almorzo dun neno debe ser variado e equilibrado; debe conter como mínimo: unha porción de lácteos (leite ou iogur), unha de pan ou cereais e unha de froita. É importante fomentar o almorzo como un momento de encontro familiar no que o voso fillo ou filla se sinta relaxada/o.
  • 5. C.P.I. UXÍONOVONEIRA Estrada Cervantes s/n 27670 Pedrafita do Cebreiro (Lugo)  982870633// 982 870634 / 982870635 cpi.uxio.novoneira@edu.xunta.es http://edu.xunta.es/centros/cpiuxionovoneira 5 DIFICULTADES NA LECTOESCRITURA QUE PODEN FACER OS PAIS/NAIS PARA AXUDAR AOS SEUS FILLOS E FILLAS?  Como pais temos que deixarlle moi claro ao noso fillo ou filla que pode ter éxito e animalo, para que poña da súa parte o esforzo necesario para superar as dificultades.  Se os pais/nais tamén tiveron problemas coa lectura sería bo que compartisen co seu fillo/a os problemas que sufriron, para que non se sinta “diferente”.  É totalmente inaxeitado comparalo con algún irmán ou compañeiro/a sen problemas.  É importante desenvolver a autoestima a todos os niveis, en especial cando se sente decaído ou fracasado. É fundamental avalialo polo seu propio nivel, esforzo e rendemento. QUE ACTIVIDADES PODEMOS FACER? REALIZAR ACTIVIDADES VERBAIS PARA DESENVOLVER A CONCIENCIA FONOLÓXICA:  Elixir unha letra do abecedario e buscar obxectos que empecen por esa letra.  Inventar rimas co nome do neno/a e dos membros da familia, amigos/as, etc.  Facer o son dunha letra e pedirlle que intente atopar esa letra nun conto ou no xornal. Lerémoslle a palabra que ten esa letra.  Describir obxectos usando palabras que comecen co mesmo son, por exemplo: “casa cadrada”.  Ler co neno/a unha historia que rime e deixar que vaia completando as palabras que riman.  Xogar as palabras encadeadas. O primeiro xogador/a di unha palabra, por exemplo PLANTA, o outro xogador/a debe dicir outra palabras que empece pola sílaba final, por exemplo neste caso TAZA.
  • 6. C.P.I. UXÍONOVONEIRA Estrada Cervantes s/n 27670 Pedrafita do Cebreiro (Lugo)  982870633// 982 870634 / 982870635 cpi.uxio.novoneira@edu.xunta.es http://edu.xunta.es/centros/cpiuxionovoneira 6 DESENVOLVER A MEMORIA, ATENCIÓN E VOCABULARIO CON ACTIVIDADES COMO:  Aprender o seu número de teléfono e dalgún amigo/a.  Localizar no súper o que se vai comprar e collelo.  Xogar con crebacabezas, barallas de familias, animais, etc.  Aprender os días da semana, os meses do ano,…  Observar durante un tempo unha foto e preguntarlle que cousas había.  Ensinarlles cancións de corro, adiviñas, refráns, …  Describirlle un obxecto da casa e que adiviñe cal é.  Ler xuntos unha historia e falar sobre ela. Facerlle preguntas para ver de qué se acorda.  Aproveitar calquera tipo de saídas para explicarlle o que vemos. Non todos os nenos e nenas teñen o mesmo ritmo, é importante que cada un acade os seus obxectivos de acordo a madurez que vai adquirindo. Non debemos perder a paciencia, nin atosigar ao neno ou nena. Hai que propiciar o desenvolvemento dunha relación positiva co texto escrito, asociando a lectura con situacións pracenteiras: manipulación de libros, audición de lecturas antes de durmir, etc. Temos que ser un exemplo e demostrarlle a utilidade da lectura, por exemplo lendo no xornal a qué hora empeza un programa de televisión que queremos ver, consultando un catálogo de xoguetes, vendo a data do seu cumpleanos no calendario, lendo unha receita do seu postre favorito, escribindo notas para facer a compra, etc. O neno ou nena comezará a achegarse á lectura sobre todo cando ve ler aos máis próximos.
  • 7. C.P.I. UXÍONOVONEIRA Estrada Cervantes s/n 27670 Pedrafita do Cebreiro (Lugo)  982870633// 982 870634 / 982870635 cpi.uxio.novoneira@edu.xunta.es http://edu.xunta.es/centros/cpiuxionovoneira 7 COMO FAVORECER A LECTURA? A influenza da familia é decisiva para fomentar lectores/as que desenvolvan a práctica da lectura ao longo de toda a súa vida e non só durante o período escolar. Vós, pais e nais, xogades un papel moi importante no desenvolvemento dos vosos fillos e fillas. Por todo isto, indicámosvos uns poucos consellos para seguir cos nenos e nenas na casa e que axudan a aumentar o hábito e o interese pola lectura:  Buscade un tempo e un lugar para ler todos os días cos nenos e nenas, sen que a lectura teña relación coas tarefas escolares.  O exemplo é importante. Os nenos e nenas imitan o que ven. Vervos ler un xornal, unha revista ou un libro, demostraralles que para vós, ler é gratificante.  Lede xuntos/as, sobre todo nas primeiras etapas nas que os nenos e nenas non son lectores autónomos. Sentade preto e lede para eles ou para elas.  Facede da lectura un tempo divertido. Cando os nenos e nenas son pequenos/as podedes lerlles as historias xogando coa voz ou entoando poemas ou cancións.  Calquera motivo pode ser bo para ler: unha excursión, facer un postre ou coñecer as regras dun xogo. As guías, os receitarios, os xornais, as instrucións ou a publicidade axudan ao neno e á nena a comprobar que ler é importante para calquera actividade.  Preguntade ao neno ou á nena polas súas lecturas. Se vos interesades polos libros que len, podedes axudarlles a ser lectores activos/as.  Reservade tempos de lectura na casa. Incorporádeos ás rutinas de cada día. Facede imprescindible este hábito, axudará aos nenos e ás nenas a valorar os momentos de lectura.  Cando os nenos e as nenas xa saiban ler seguide compartindo a lectura en familia. Gústalles escoitar historias lidas en voz alta a calquera idade e seguen necesitando do noso estímulo.
  • 8. C.P.I. UXÍONOVONEIRA Estrada Cervantes s/n 27670 Pedrafita do Cebreiro (Lugo)  982870633// 982 870634 / 982870635 cpi.uxio.novoneira@edu.xunta.es http://edu.xunta.es/centros/cpiuxionovoneira 8 COMO AXUDAR A ESTUDAR AO TEU FILLO/A LUGAR DE ESTUDO E OS DEBERES  Proporcionádelle un espazo tranquilo, un sitio no que se concentre ben e sen interrupcións. Coidade o ambiente: ventilación, boa iluminación, cadeira e mesa confortables, etc.  Mentres fai os deberes ou estuda ten que desconectar o móbil. Tampouco debe usar o correo, é preferible que dedique un tempo fixo a conectarse cos amigos e amigas, para que non lle roube tempo ao seu estudo.  Axudádelle a confeccionar un horario de estudo persoal.  Se ten varias tarefas, é recomendable que empece pola que ten unha dificultade media, seguir pola que máis costa (cando se rende máis) e rematar pola máis sinxela, cando xa está máis cansado/a.  Recordádelle que faga descansos de 10 minutos cada hora de estudo para despexar a mente. Senón van acumulando cansazo e diminúe notablemente o seu nivel de rendemento. Durante o descanso hai que evitar que faga unha actividade que lle guste especialmente (por exemplo, ver a televisión) xa que lle custaría moito volver novamente ao traballo.  Se durante o tempo de estudo se atopa moi cansado/a e rende pouco é preferible parar, aínda que non cumprira co tempo de estudo diario. Se máis tarde se atopa máis fresco poderá continuar, senón ao día seguinte dedicaralle un pouco máis de tempo ás tarefas escolares.  Debe estudar sempre durante o día, cando a mente está máis despexada. Non é lóxico estudar pola noite cando a mente rende menos e ao día seguinte o neno/a estará esgotado/a. Hai que elixir as horas nas que se rende máis. Por exemplo, hai que evitar que sexa inmediatamente despois de comer (é recomendable un breve repouso) nin moi tarde.
  • 9. C.P.I. UXÍONOVONEIRA Estrada Cervantes s/n 27670 Pedrafita do Cebreiro (Lugo)  982870633// 982 870634 / 982870635 cpi.uxio.novoneira@edu.xunta.es http://edu.xunta.es/centros/cpiuxionovoneira 9  Tamén é bo planificar a fin de semana: o sábado pode ser o mellor día para traballar, deixando o venres para descansar (trala semana de estudo) e o domingo para estar máis relaxado/a.  Reservar para despois do estudo unha actividade agradable. Por exemplo, merendar.  É preferible que faga as tarefas diariamente aínda que sexan para dentro de varios días. Así axuda a ir asimilando o que se vai explicando na clase e esixe levar a materia ao día. Debemos preocuparnos porque despois corrixa os deberes na clase.  Interesádevos polos seus deberes, polo que fixeron na clase, que aprenderon, etc.  Proporcionádelle libros de texto, materiais ou lecturas complementarias. Descubride cómo aprende mellor, se por experiencias práctica, por medio de escoitar e mirar, ... para poder axudarlle en función dos seus puntos fortes.  Non lle fagades os deberes. Eles e elas precisan facer os seus deberes por si mesmos para que aprendan de forma efectiva. O que si podedes facer é revisar o traballo.  Eloxiade os esforzos e os logros, antes que os resultados. É moi importante estimular o bo traballo que fixeran, xa que responden mellor ante os eloxios que ante as críticas. Sen embargo, se traballou por debaixo do que debera, tamén lle podemos ofrecer unha crítica construtiva. Non debedes criticalo como persoa, só corrixirlle os seus erros. Tampouco é axeitado comparalo/a cos demais compañeiros/as ou coas irmás ou irmáns. OS HÁBITOS DE SONO E OS ESTUDOS  As horas de sono son sagradas, cando o alumno/a vai acumulando cansazo o rendemento intelectual redúcese considerablemente.  Durante o curso é bo realizar a actividades complementarias (deportes, idiomas, música,…) e non estar centrado exclusivamente nos estudos. Permítelles desconectar e axúdalle a ter a mente máis fresca para cando toque traballar.
  • 10. C.P.I. UXÍONOVONEIRA Estrada Cervantes s/n 27670 Pedrafita do Cebreiro (Lugo)  982870633// 982 870634 / 982870635 cpi.uxio.novoneira@edu.xunta.es http://edu.xunta.es/centros/cpiuxionovoneira 10 OS EXAMES  Recordádelle que lea primeiro as preguntas e que pregunte ao mestre ou mestra se ten algunha dúbida.  Lembrádelle que lle pode dar máis seguridade durante o exame empezar polas preguntas que sabe mellor.  Establecede unha relación de traballo positiva co profesorado. Por medio da comunicación regular intercambiade información sobre o progreso do neno ou nena na casa e na escola.