MARÍA CASARES
Corral Villar Manuela
Forte Villanueva Graciela
García López  Aída
López Prado Helena<...
Nome:
MARÍA  VICTORIA CASARES PÉREZ
Data de Nacemento: 21-11-1922
Lugar de Nacemento: A CORUÑA<br ...
Con Galicia nunca me puxen en orde.
Dalí
E quero quedar en desorde.
É A INFANCIA

“Nacín nese recuncho de terra que lle volve as costas ao continente pero que recibe aos peregrinos de Santiago de Composte...
Miña nai:
“Requintada e forte, loura, cos ollos azuis e un rostro cuberto de pencas, Gloria Pérez paseaba unha exquis...
Meu pai:
“Naceu en 1884, chamábase Santiago Casares Quiroga, Casaritos para os galegos, ou Santiaguiño, Santiño e Sa...
Miña irmá:
“Ben antes de que miña nai existise para meu pai, eu xa tiña unha irmá que se chamaba E...
A miña infancia:
“Meu pai inicioume na poesía lendo en voz alta ou decindo para min, en ca...
Madrid 1936
“A EXPERIENCIA DA GUERRA É INENARRABLE E SÓ PODE SER ENTENDIDA SI O QUE ESCOITA O RELATO O VIVIU”

O 18 xullo de 1936 a familia preparábase a viaxar  a Galicia  para pasar as vacacións de verán. Esa mesma noite unha chama...
“Decidiuse deixarme ao cargo, despois dunha proba definitiva, dunha sala de doce camas, onde o meu traballo consistía en l...
O EXILIO: SAIDA PARA PARÍS
Rene Magritte
ADAPTARSE: UN PODER QUE NON LLE É DADO A TODO O MUNDO; É UN PRIVILEXIO<...
Madrid convértese nunha cidade bombardeada, o frente  aproxímase, e iso unido ó deterioro da  saúde emocional e física de ...
Tamén as circunstancias dolorosas do desterro:
“Soterrara todo no decorrer do traxecto -todo-,… a miña irmá no cárcer...
“Foi unha noite na casa dos amigos, Colonna e Alcover; na sobremesa  Alcover, aguilloado pola miña nai, quixo oír recitar ...
Son tempos duros e difíciles; onde a aprendizaxe da nova lingua, clases, pasantías, exames para a entrada no conservatorio...
Retorna a París, coa súa nai, e retoma os estudos exactamente onde os deixara na pausa, agora cun París ocupado.
“Are...
OS COMENZOS NO TEATRO
Kandinsky
SEN OUTRA AMBICIÓN QUE “SAIR DO PASO”, E VIVIR.

Asinou o seu primeiro contrato conMarcelHerrand, que xunto a JeanMarchant, rexentaban o teatro Mathurins, e así dinos:<br ...
“A miña estadía de tres anos neste lugar, foi un dos períodos máis lindos que teño vivido no teatro.”
Durante estes  ...
ALBERT CAMUS (1913-1960)
O AMOR CON ORGULLO TEN O SEU
GRANDOR, PERO NON TEN A CERTEZA
CONMOVEDORA DO AMOR-X...
“ Marcel Herrand púxome nas mans as probas da imprenta da edición dunha obra: Le Malentendu.
Lina. Gustoume. E busque...
Viámonos no teatro, atopabámonos principalmente na casa del, no taller-estudio.
Foi naquel obradoiro onde aprendín a ...
Camus
“Ollar lúcido, clarividente, aberto, brutalmente informado pero sempre compasivo; esa voz secreta e apaixonada,...
“Entrementres as comunicacións con Alxeria restablécense e a fin da guerra achegábase.”
“Cando me falou dunha posíbe...
“Foi durante a guerra que vivimos o nosoprimeiroencontro e coa vinda da paz que nos separamos, volvémonos a atopar o 6 de ...
ACTRIZ

O meunome é María Casarés. Nacín en Novembro de 1942 no teatro Les Mathurins.
A miña patria é o teatro; e os dramas,...
“Coñecín no escenario máis problemas, dificultades, incidentes, accidentes, fracasos, triunfos, praceres, alegrías, éxtase...
“Vivín meses na intimidade de Séneca, Shakespeare, Calderón, Ibsen, Strindberg e Racine.
Partillei as fascinacións, a...
“Fun a Morte, a Vida, o Home, a Muller, unha Planta, unha Serpe, unha Illa no Océano Índico. Vivín cen destinos. Sufrín os...
ANDRÉ SCHLESSER
O HOME CO QUE CASEI O 27 DE XUÑO DE 1978

André Schlesser:
“Naceu en 1914. No documento de identidade o seu nome é André e o  apelido Schlesser. Pero chámanlle...
“A violencia e a guerra son para el inherentes á vida e á morte, que coloca xuntas.
A xustiza é a lei por riba das l...

Marc Chagall
“Velaquí o meu marido. O único home que me deu o seu apelido despois de meu pai; ao que acudín d...
Nome:
MARIA SCHLESSER
Pseudónimo:
MARÍA  CASARÉS
Nome de solteira:
MARÍA VICTORIA  CASARES<br...
Casa en Allou
O 27 de Novembro de 1996 morre en París María Casares
É trasladada a Allou onde es...
MARÍA CASARES: información na rede
ARTIGOS:
Cine y Letras. Recuerdo de María Casares. Blas Matamoros. 6 / 7 / ...
BIBLIOGRAFÍA:
MARÍA CASARES. 1ª Edición “Residente Privilexia...
A CORUÑA  2011

Upcoming SlideShare
Loading in …5

María Casares por María Casares

447 views

Published on

Published in: Education
• Be the first to comment

• Be the first to like this

María Casares por María Casares

1. 1. MARÍA CASARES
Corral Villar Manuela
Forte Villanueva Graciela
García López Aída
López Prado Helena
María Leonor Fini
FALA DE MARÍA CASARES

2. 2. Nome:
MARÍA VICTORIA CASARES PÉREZ
Data de Nacemento: 21-11-1922
Lugar de Nacemento: A CORUÑA
Filla de:
GLORIA PÉREZ CORRALES e
SANTIAGO CASARES QUIROGA
Profesión: ACTRIZ
Nacionalidade: O TEATRO
País de orixe:
A ESPAÑA REFUXIADA

3. 3. Con Galicia nunca me puxen en orde.
Dalí
E quero quedar en desorde.
É A INFANCIA

4. 4. “Nacín nese recuncho de terra que lle volve as costas ao continente pero que recibe aos peregrinos de Santiago de Compostela; na Coruña, cidade peninsular agochada nunha baía, na mesmísima punta do nariz que a Península Ibérica asoma sobre o Atlántico.
Nacín alí. Meu pai e máis a miña nai naceran alí e o meu avó paterno e a miña avoa paterna e a miña avoa materna e máis lonxe na ascendencia os meus devanceiros e a súa proxenitura.”

5. 5. Miña nai:
“Requintada e forte, loura, cos ollos azuis e un rostro cuberto de pencas, Gloria Pérez paseaba unha exquisita distinción, unha presencia de raíña, e o seu sorriso unha luminosidade invulgar…”
“Era, penso, intelixente, artista e … meiga.”
“A vitalidade, o gozo de vivir, que me deixou en herdanza, abondarían para querela se todo nela non me fose xa querido, tan tenramente amado”.

6. 6. Meu pai:
“Naceu en 1884, chamábase Santiago Casares Quiroga, Casaritos para os galegos, ou Santiaguiño, Santiño e Santi para a súa muller…”
“Meu avó enviouno a Madrid para
Doctorarse en dereito, de onde
el volveu axiña, cun bebé no colo
envurullado nun cobertor, que lle
presentou como a súa filla Esther…”
“Elegante e procurando a extravagancia, acudía, feito un dandi, aos mitins libertarios, levando unha capa sorprendentemente enorme de pura caxemira encargada “in England” con chapeu a xogo vido directamente “from London”.

7. 7. Miña irmá:
“Ben antes de que miña nai existise para meu pai, eu xa tiña unha irmá que se chamaba Esther Casares; e moitos anos antes da miña chegada a Francia, esta irmá Esther, interna en Versalles, seguía os seus estudos no liceo Victor Duruy, o mesmo onde, despois, o azar quixo que preparase o meu bacharelato cando o exilio nos instalou en París.”

8. 8. A miña infancia:
“Meu pai inicioume na poesía lendo en voz alta ou decindo para min, en castelán ou galego, fragmentos da súa escolma persoal; e Rosalía de Castro, Rubén Darío, Valle-Inclán, Curros Enríquez…transformáronse en familiares.
Eu mesma declamaba a berros empoleirada nunha árbore do xardín, en voz baixa a tremer cunha extraña emoción na escola ou diante de meu pai na súa grande biblioteca.
Nun ángulo da mesmaarranxara un pequenolaboratorio ondeestudabamos a división da célula, ou ben as reaccións químicas de líquidos misteriosos…No campo levábame de mañanciñadiante das teas de arañeira … estaban ademais os caracois…, e as formigas…, e as abellas…”

9. 9.
10. 10. Madrid 1936
“A EXPERIENCIA DA GUERRA É INENARRABLE E SÓ PODE SER ENTENDIDA SI O QUE ESCOITA O RELATO O VIVIU”

11. 11. O 18 xullo de 1936 a familia preparábase a viaxar a Galicia para pasar as vacacións de verán. Esa mesma noite unha chamada telefónica dende Marrocos anuncia a Casares, Ministro da Guerra, a sublevación do exército.
Comeza para María, con 13 anos, un período decisivo; o seu pai dimite, deixa de formar parte do goberno da República. Ela ingresa como auxiliar no hospital Oftálmico transformado, polas circunstancias, en hospital de guerra.
“Cando vin a meu pai deixar a casa pola fronte de guerra e a mamá ofrecer os seus servizos no Oftálmico, pedín ir con ela e tras dun primeiro rexeitamento categórico, como eu insistía con ímpeto, papá, logo de me avisar que ía a ser duro, aceptou finalmente.”

12. 12. “Decidiuse deixarme ao cargo, despois dunha proba definitiva, dunha sala de doce camas, onde o meu traballo consistía en limpar o lugar, axudar os que estaban impedidos en todas as súas necesidades, aseo, alimentación, vestido, etc...”
“Continuei, logo, a vivir no medio daqueles homes aos que me unía con máis forza aínda, porque estaban de paso e porque mos entregaban nus e desarmados na hora da verdade...”
“Alícoñecíntamén a paz, a verdadeira paz... a solidariedade, da que tomei consciencia naquel lugar, e que me vinculouaomundo.”

13. 13. O EXILIO: SAIDA PARA PARÍS
Rene Magritte
ADAPTARSE: UN PODER QUE NON LLE É DADO A TODO O MUNDO; É UN PRIVILEXIO

14. 14. Madrid convértese nunha cidade bombardeada, o frente aproxímase, e iso unido ó deterioro da saúde emocional e física de María, fixo que o seu pai tomara a decisión de trasladalas a Barcelona e posteriormente a París.
Marc Chagall
Chegan a París en novembro do 1936. Instálanse no hotel París-New York, número 148 bis, da rúa Vaugirard, trasladándose despois a un apartamento contiguo na mesma rúa. Considérase afortunada de ter saído de España neste tempo.
“ Pero o azar…meu Deus! que sorte…para comezar, eu podía ir parar a outro país que non fose Francia; ...Cheguei a primeira, introducida polo prestixio da personalidade de meu pai, no mesmo momento en que a guerra de España rodeaba de lenda a todos os que ían ou viñan dela” .

15. 15. Tamén as circunstancias dolorosas do desterro:
“Soterrara todo no decorrer do traxecto -todo-,… a miña irmá no cárcere da Coruña privada da súa pequena; Susita, quen sabe onde,o Instituto Escuela, os outros, Montrove e Bastiagueiro…
Até a miña lingua, tíñame que esforzar ó máximo para esquecela.”
Os primeiros tempos en París foron intensos; asistencia a clase, aprender a coñecer unha lingua, os seus poetas e escritores e percorrer unha gran cidade como Paris.
Amigos e coñecidos tratan de facer o mais agradable posible a súa estancia, dentro das
Dalí
posibilidades, é a eles e mais a súanai a quen se debe a orientación teatral de María.

16. 16. “Foi unha noite na casa dos amigos, Colonna e Alcover; na sobremesa Alcover, aguilloado pola miña nai, quixo oír recitar en español “un romance castellano.”
“Entón erguinme, comecei a tremer; despois a chorar e despois recitei”
No final da miña intervención
Colonna exclamou:
- “Ten que facer teatro”, mentres Alcover rosmaba polo baixo:
- “Ten, se non, vai afogar”
Miña nai chantoume de repente
- “¿Queres facer teatro?
- Eu respondín: “si”
Así foi que o maratón comezou na sobremesa.
Magritte

17. 17. Son tempos duros e difíciles; onde a aprendizaxe da nova lingua, clases, pasantías, exames para a entrada no conservatorio, mantéñena moi ocupada.
Todo isto sen esquecer que polo apartamento onde viven pasan cantidade de refuxiados procedentes de España, que buscaban polos camiños de Francia e de América -de México sobre todo- un lugar onde afincarse e traballar.
Maria Leonor Fini
As cousas complícanse aínda máis; a invasión de Francia por parte dos alemáns trae consigo a saída de París, xunto cos seus pais, no ultimo tren a Bordeos. A idea é marchar a Inglaterra e de seguido para América Latina; finalmente só pode saír o pai.

18. 18. Retorna a París, coa súa nai, e retoma os estudos exactamente onde os deixara na pausa, agora cun París ocupado.
“Arestora, en 1940, velaquí nós as dúas, aloxadas no noso pombal, soas, xuntas, a loitar co exilio, a guerra, a nosa situación, e a vida á que ambas queremos fincarlle
o dente, eu para agarrala, ela, para xa non
perdela. Todo vale, logo, para vivir”
Max Ernst
Aprobou o exame de ingreso no Conservatorio, no 1942, con dúas escenas clásicas: “Hermione e Eriphile”, consideradas ata ese momento tabú. A súa timidez xunto co seu carácter nervioso faille pasar malos momentos tanto no teatro coma na sociedade.

19. 19. OS COMENZOS NO TEATRO
Kandinsky
SEN OUTRA AMBICIÓN QUE “SAIR DO PASO”, E VIVIR.

20. 20. Asinou o seu primeiro contrato conMarcelHerrand, que xunto a JeanMarchant, rexentaban o teatro Mathurins, e así dinos:
“ Fun contratada por un ano, no 1942, para representar os xoves e os sábados de mañá unha obra irlandesa, onde facía o primeiro papel, en francés, e que me
consagrou como primeira actriz.”
Max Ernst
“O teatro dos Mathurins estaba habitado, sustentado, conducido por un home de teatro e por un puro comediante, porque eses doushomes eran tan diferentes que eles mesmos eran a representación mesma do teatro (ese lugar de exiliados).”

21. 21. “A miña estadía de tres anos neste lugar, foi un dos períodos máis lindos que teño vivido no teatro.”
Durante estes tres anos, ademais do teatro, traballou en cine e radio, para poder sobrevivir ela e a súa nai.Ao mesmo tempo a súa casa servía polas noites como refuxio, dunha amiga xudía, Nina, finalmente deportada, e que consideraban como un lugar seguro xa que como dicía súa nai:
“Eles nunca van a imaxinar que unha xudía se refuxie na casa de dúas refuxiadas españolas!”

22. 22. ALBERT CAMUS (1913-1960)
O AMOR CON ORGULLO TEN O SEU
GRANDOR, PERO NON TEN A CERTEZA
CONMOVEDORA DO AMOR-XENEROSO

23. 23. “ Marcel Herrand púxome nas mans as probas da imprenta da edición dunha obra: Le Malentendu.
Lina. Gustoume. E busquei o nome do autor. Albert Camus. Nunca oíra falar del.”
“Os ensaios do Malentendu comezaban na primavera de 1944, e partir dese momento os acontecementos ían tecerse nunha tea moi mesta ao meu arredor.”
“Foi durante a guerra que vivimos o noso primeiro encontro e coa vinda da paz nos separamos.”

24. 24. Viámonos no teatro, atopabámonos principalmente na casa del, no taller-estudio.
Foi naquel obradoiro onde aprendín a coñecelo. Souben da súa pertenza á Resistencia e faloume por primeira vez do xornal clandestino Combat.
Foi el tamén o que me fixo aproximar a aqueles que loitaban en Francia. Nunca se me pasara pola imaxinación colaborar nun dos movementos da Resistencia... alí onde souben que súa nai era de orixe española ; e, tamén, que deixara en Alxeria unha muller nova e bonita que agardaba o fin da guerra para reunirse co seu marido.

25. 25. Camus
“Ollar lúcido, clarividente, aberto, brutalmente informado pero sempre compasivo; esa voz secreta e apaixonada, dolorosamente vehemente, orgullosa, irónica, fraternal…”
“É o seu berro infatigábel, o NON aosdeuses e aoshomes da inxustiza, da mentira, do sufrimento e da morte, e a todo mandamento que, sexa cal sexa o pretexto, tenda a someter o home ou a afastalo da súa grande aventura, a do pensamento”

26. 26. “Entrementres as comunicacións con Alxeria restablécense e a fin da guerra achegábase.”
“Cando me falou dunha posíbel marcha a México -lonxe de todos-comprendín que nunca abandonaría os meus -a miña nai, o meu pai- por nada e por ninguén.”
“DendeVerdelot, onde el procurara un refuxio contra a ameaza da xestapo, onde me agardaba e a ondeeu non fun, recibínunha carta que sorprendería a calquera que quixeseacusalo de frialdade, de formalismo, de orgullo ou de indiferenza.”

27. 27. “Foi durante a guerra que vivimos o nosoprimeiroencontro e coa vinda da paz que nos separamos, volvémonos a atopar o 6 de xuñode 1948”.
“E dende entón endexamais nos deixamos”.

Albert Camus recibe o premio Nobel de Literatura no ano 1957, négase a recollelo, e morre, en accidente de coche, o 4 de xaneiro de 1960.
“ O único acontecemento da súa existencia que escapa á miña comprensión é a súamorte; esa maneira de se malograr no momento mesmo en que todo debía comezar para el.”

28. 28. ACTRIZ

29. 29. O meunome é María Casarés. Nacín en Novembro de 1942 no teatro Les Mathurins.
A miña patria é o teatro; e os dramas, as traxedias, as farsas, os melodramas, os sainetes, os vodevís, os milagres ou misterios, toda a comedia humana, que alí se interpreta, é a que eu vivo.

30. 30. “Coñecín no escenario máis problemas, dificultades, incidentes, accidentes, fracasos, triunfos, praceres, alegrías, éxtases, acontecementos de toda clase e de toda envergadura, que todos cantos podería acumular na máis rica das existencias.”
“Viaxei por todas partes, no espazo e no tempo.”
“Coñecín a Xoana de Arco, a María Tudor de Inglaterra, a Catarina de Rusia, a Fausto de Wittemberg, a Teresa de Ávila, a Medea dos gregos e a San Juan de la Cruz.”

31. 31. “Vivín meses na intimidade de Séneca, Shakespeare, Calderón, Ibsen, Strindberg e Racine.
Partillei as fascinacións, as decepcións e os abraios dos artistas do noso tempo.”
“Vivín nos palacios do Renacemento, nos castelos da Idade Media, nas ruínas do Imperio Azteca. Cabalguei as monturas das amazonas. Camiñei do outro lado dos espellos. Sobrevivín á guerra, á peste, é á mesma morte.”

32. 32. “Fun a Morte, a Vida, o Home, a Muller, unha Planta, unha Serpe, unha Illa no Océano Índico. Vivín cen destinos. Sufrín os máis graves casos de conciencia. Matei.Traizoei.
Fun verdugo e mártir. Sádica e masoquista.Tirana e escrava.
Representei as máis belas historias de amor.”

33. 33. ANDRÉ SCHLESSER
O HOME CO QUE CASEI O 27 DE XUÑO DE 1978

34. 34. André Schlesser:
“Naceu en 1914. No documento de identidade o seu nome é André e o apelido Schlesser. Pero chámanlle Dadé.
Foi no Théâtre National Populaire onde o coñecín. Dadé era para nós o fetiche,
o amuleto.
Marc Chagall
Para min é o mesmo aire que respiro e que renuncio a tocar.
É o que sempre desaparece pero xamais se evade. No seuillamento é o mundo repoboado. É todos os tempos e todos os lugares.
É o meu bastón alén do camiño.
Canta do mesmo xeito que vive, desde cativiño, unha longa cantarea que anuncia en toda parte, e onde entoa a súa propia vida. Só os paxaros, que eu saiba viven así.”

35. 35. “A violencia e a guerra son para el inherentes á vida e á morte, que coloca xuntas.
A xustiza é a lei por riba das leis.
Orgulloso a máis non dar, pensa que a humillación degrada só a quen humilla.
Alí onde se mestura cos demais homes, hai pacto, nunca desafio.
Durante os anos de Ocupación, non o marcou ningún feito heroico. Xitano, estaba ameazado polos campos de exterminio. Se o ocupante se preocupou
Marc Chagall
del, nunca foi a causa das súas orixes, senón polo apelido alsaciano.
Detrás deste apelido o medo palpitaba con cada pulsación.”

36. 36. .
Marc Chagall
“Velaquí o meu marido. O único home que me deu o seu apelido despois de meu pai; ao que acudín do xeito máis natural para que me unise a miña nova patria. Ao que persigo pousando os meus pés nos rastros dos seus pasos, como facía de pequeniña nas pegadas dos pasos de miña nai.”
“E deste xeito os datos para o novo documento que me definen son:

37. 37. Nome:
MARIA SCHLESSER
Pseudónimo:
MARÍA CASARÉS
Nome de solteira:
MARÍA VICTORIA CASARES
Estado civil:
CASADA
Nacionalidade:
FRANCESA

38. 38. Casa en Allou
O 27 de Novembro de 1996 morre en París María Casares
É trasladada a Allou onde estaba a súa casa, a única que tivo en propiedade, hoxe convertida en “Maisonducomédien María Casarés”,
tras facer doazón da propiedade ao concello.
Casa da RuaPanaderas en A Coruña

39. 39. MARÍA CASARES: información na rede
ARTIGOS:
Cine y Letras. Recuerdo de María Casares. Blas Matamoros. 6 / 7 / 2010.
María Casares: pequena biografía
María Casares. Unha grande actriz do teatro europeo do século XX.
Les dames du Bois de Boulougne. Jaime Sirvent. 12 / 3 / 09
Recuerdo de María Casares. Joan de Sagarra. La vanguardia digital 27 / 7 / 2005.
Homenaje A María Casares - 13/Marzo/1991 | Explored | Archivo de Noticias de Ecuador
ENTREVISTAS
Escritores, editoriales y revistas del exilio republicano de 1939. Manuel Aznar Soler
Mi patria es el teatro. César Antonio Molina
VIDEOS
YouTube - Orphee - Out now on DVD
María Casares. Reportaxena T.V.G.
María Casares. Reportaxena RTVE
Maria Casares répète "Derrière les paravents
Les dames du Bois de Boulogne
La Chartreuse de Parme(1948)

40. 40. BIBLIOGRAFÍA:
MARÍA CASARES. 1ª Edición “Residente Privilexiada”. Impreso en Galiza 2009. Editorial Trifolium
MARÍA LOPO. 1ª Edición “Cartas no exilio”. Correspondencia entre Santiago Casares Quiroga e María Casares (1946-1949). Baía Edicións.
UNIÓN LIBRE. Cadernos de vida e culturas. Núm 13. “A Voz das Vítimas do 36”. Edicios do Castro
INTERNET. Imaxes de cadros, fotos, e demais material gráfico…

41. 41. A CORUÑA 2011