Virxedacela en cefore 11 novembro 2013

1,118 views

Published on

0 Comments
0 Likes
Statistics
Notes
  • Be the first to comment

  • Be the first to like this

No Downloads
Views
Total views
1,118
On SlideShare
0
From Embeds
0
Number of Embeds
759
Actions
Shares
0
Downloads
4
Comments
0
Likes
0
Embeds 0
No embeds

No notes for slide

Virxedacela en cefore 11 novembro 2013

  1. 1. DINAMIZACIÓN DO GALEGO NUNHA CONTORNA RURAL Verónica Dopico e Yolanda Castro. EDLG CPI Virxe da Cela, Monfero (A Coruña) Verónica Dopico Yolanda Castro CURSO DE GALEGO PARA PROFESORADO EN PRÁCTICA CEFORE FERROL. 11 DE NOVEMBRO DE 2013
  2. 2. O NOSO CENTRO • O CPI Virxe da Cela, de titularidade pública, oferta EI, EP, ESO e PCPI. • No presente curso 2013-2014 están matriculados no centro un total de 159 alumnos/as: 28 en Educación Infantil, 86 en Educación Primaria, 67 na ESO e 6 en PCPI. • O claustro está formado por 25 profesores/as. • 6 persoas constitúen o persoal de administración e servizo. • No noso centro existe un comedor escolar.
  3. 3. O CENTRO E A SÚA CONTORNA • O CPI Virxe da Cela está situado no Xestal, no Concello de Monfero, entre as localidades de Pontedeume, Betanzos e As Pontes (provincia de A Coruña). • A superficie de Monfero é de 171,7 km², e a súa poboación 2978 habitantes. • Comprende as parroquias de O Alto de Xestoso, (Santa María), Queixeiro (San Xurxo), San Fiz de Monfero (San Fiz), Santa Xiá de Monfero (Santa Xiá), Taboada (Santa Mariña), O Val de Xestoso, (San Pedro), Vilachá (Santa María).
  4. 4. O CP.I. Virxe da Cela está situado nun contorno rural e galego falante, aproximadamente un 80% dos/-as alumnos/-as son galegofalantes. O resto, podémolos catalogar como castelanfalantes ou ben na súa maioría, como castelanfalantes aparentes, xa que a súa lingua materna é o galego, e, en maior ou menor medida empregan estruturas sintácticas, morfolóxicas e mesmo fonolóxicas en galego, así como léxico propio do idioma galego. O noso alumnado procede dos concellos de Monfero e Irixoa. É basicamente unha zona, agrícola e gandeira, onde a lingua de relación do alumnado e as súas familias é o galego e tamén a lingua oral empregada en calquera dos establecementos, lugares de ocio, etc.
  5. 5. Peculiaridades do noso centro e da súa contorna que van condicionar a liña de actuación do noso EDLG CPI Ámbito rural Xornada partida Matrícula reducida Cadro de persoal con poucos profesores/as Poboación dispersa Transporte público case inexistente
  6. 6. O EDLG Peculiaridades que van definir a nosa liña de actuación: • Equipo pequeno: Nestes tres cursos o equipo estivo constituído por 4 profesores/as (1 de EI, 1 de EP e 2 de ESO). • Non estamos vinculados coa area lingüística.
  7. 7. OBXECTIVOS Establecemos 4 grandes bloques de obxectivos, correspondéndose con contextos ou situacións nas que trataremos de reforzar a dimensión comunicativa do galego. • Contexto 1: A comunidade educativa. Dinamizando a nosa escola. • Contexto 2: A importancia da lingua e da cultura. • Contexto 3: A sociedade do S. XXI: as novas tecnoloxías. • Contexto 4: O cambio social: educación en valores.
  8. 8. ACTIVIDADES 1.- Recuperación do patrimonio natural, cultural e artístico 2.- Potenciación do galego oral 3.- Potenciación do galego escrito 4.-Realización de produtos audiovisuais 5.- Blogues 6.- Educación en valores
  9. 9. 1.- RECUPERACIÓN DO PATRIMONIO NATURAL, CULTURAL E ARTÍSTICO 1.1.- Recuperación de festas de carácter popular: Magosto 1.2.- Recuperación de festas de carácter popular: Entroido 1.3.- Recuperación de festas de carácter popular: Maios 1.4.- Recuperación de xogos tradicionais 1.5.- Guía de tradición oral 1.6.- Guía de cultura popular 1.7.- Guía de arquitectura popular 1.8.- Guía da flora e fauna da zona: As Fragas do Eume 1.9.- Guía de microtoponimia 1.10.- Guía de verbas esquecidas 1.11.- Proxecto Ríos (Plan Proxecta) 1.12.- A Escola dos Nosos Avós 1.13.- Recuperación dos oficios tradicionais.
  10. 10. 1.1.- Magosto Descrición: Celebración dun magosto, degustación de castañas e realización de actividades lúdicas. Campionato de buxainas e outros xogos tradicionais. Obxectivos: •Promover a interacción entre a escola e a súa contorna. •Recuperación de festas tradicionais. •Fomentar o respecto pola conservación da natureza e o medio.
  11. 11. 1.2.- Entroido Descrición: Festival de Entroido con disfraces, comparsas, actuacións musicais e degustación de doces típicos. Obxectivos: • Recuperación de festas tradicionais . • Creación de textos en galego (coplas das comparsas).
  12. 12. 1.3.- Maios Descrición: Recuperación da tradición dos Maios, xa perdida na zona dende hai anos. Construción das estruturas dos Maios; composición e interpretación de cantigas e danzas. Obxectivos: • Recuperación de festas tradicionais . • Creación de textos en galego.
  13. 13. 1.4.- Recuperación de xogos tradicionais Descrición: Traballo de campo recollendo informacións variadas acerca dos xogos tradicionais da zona.Celebración de xornadas de xogos tradicionais no centro escolar. Obxectivos: • Promover a interacción entre a escola e a súa contorna. • Valorar o patrimonio cultural. • Aproveitamento do tempo de lecer.
  14. 14. 1.5.- Guía de tradición oral Descrición: Traballo de campo recollendo informacións variadas acerca da tradición oral da zona: cantigas, coplas, refráns, adiviñas, contos populares. Obxectivos: • Recuperación e conservación do patrimonio inmaterial. • Potenciación da oralidade.
  15. 15. 1.6.- Guía de cultura popular Descrición: Traballo de campo recollendo informacións variadas a cerca do saber popular e tradicións na zona: os oficios, os ciclos agrícolas, apeiros de labranza, gastronomía, festas, lugares, alcumes. Obxectivos: • Recuperación do patrimonio cultural. • Potenciación da oralidade. • Aprender a manexar ferramentas de investigación (traballo de recollida).
  16. 16. 1.7.- Guía de arquitectura popular Descrición: Traballo de campo recollendo informacións variadas acerca da arquitectura popular da zona: tipos de poboamentos, tipos de edificacións, construcións auxiliares, toponimia, etc Obxectivos: • Recuperación do patrimonio cultural. • Aprender a manexar ferramentas de investigación (traballo de recollida). • Potenciar o emprego das novas tecnoloxías.
  17. 17. 1.8.- Guía de flora e fauna da zona: As Fragas do Eume Descrición: Traballo de campo recollendo informacións variadas a cerca da flora e fauna da zona, incidindo principalmente no espazo natural das Fragas do Eume Obxectivos: • Valorar os patrimonio natural e axudar a preservalo. • Espertar a conciencia ecolóxica.
  18. 18. 1.9.- Guía de microtoponimia Descrición: Traballo de campo recollendo informacións variadas a cerca dos topónimos da zona. Creación dun arquivo documental. Elaboración de mapas con datos sobre a microtoponimia da zona. Obxectivos: • Recuperación do patrimonio inmaterial • Elaboración dun banco de datos coa microtoponimia da zona: nomes de predios, leiras, camiños, outeiros, montes, etc. • Utilización de TICs (Sixpac e Google Maps).
  19. 19. 1.11.- Proxecto Ríos (Plan Proxecta) Descrición: Proxecto Ríos é unha iniciativa de concienciación, educación e participación cidadá da asociación ADEGA (Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galicia). Inspección ao río Lambre polo seu paso á altura do noso centro escolar (O Xestal, Monfero). Traballo interdisciplinar (departamentos de CCNN, CCSS, Francés, Música, Matemáticas, e outros) Obxectivos: • Recuperación do patrimonio natural • Fomentar a conciencia ecolóxica do noso alumnado cara á protección dos ríos, tratando de conservar e mellorar a calidade dos ecosistemas fluviais.
  20. 20. 1.12.- A Escola dos Nosos Avós Descrición: Iniciativa da Fundación Barrié de la Maza, a través da convocatoria do “I Concurso de Historia da Escola en Galicia”. O EDLG solicita a colaboración de toda a comunidade educativa para a recuperación de material gráfico relacionado co noso centro ou cas antigas escolas que existían na zona do pasado (fotografía, escáner) Obxectivos: • Recuperación do patrimonio inmaterial. • Utilización de TICs (programas de edición de audio e vídeo)
  21. 21. 1.13.- Recuperación de oficios tradicionais Descrición: Valoración e recuperación dos oficios tradicionais a través do contacto directo con persoas da nosa contorna.Visita á Panadaría Os Reis (O Xestal), para coñecer todo o proceso da elaboración do pan. Obxectivos: • Recuperación do patrimonio inmaterial.
  22. 22. 2.- POTENCIACIÓN DO GALEGO ORAL 2.1.- Contacontos 2.2.- Contos musicados 2.3.- Aprendendo dos nosos maiores 2.4.- Lecturas dramatizadas: grupo de teatro escolar 2.5.- Grupo de cantareiras 2.6.- Ciencia divertida 2.7.- Proxecto Antártida 2.8.- O xestal nas Ondas
  23. 23. 2.1.- Contacontos Descrición: Actuación dun contacontos. Editorial Kalandraka. Alumnado de 1º ESO “Mahán e a Cadeira Vermella”. Obxectivos: • Potenciar o uso oral do galego. • Dinamización da biblioteca escolar.
  24. 24. 2.6.- Ciencia Divertida Descrición: • Realización de experimentos científicos preparados na materia de CCNN e presentación co alumnado como público. • Celebrar o Día da Ciencia en Galego e participar nas videoconferencias organizadas pola CGEDLG para conmemorar esta data. Obxectivos: • Achegar as ciencias a todo o alumnado dun xeito divertido e motivador. • Fomentar as capacidades orais do alumnado.
  25. 25. 2.7.- Proxecto Antártida Descrición: Establecemento dunha comunicación oral coa Base Antártica Gabriel de Castilla a través de videoconferencia (Skype). Elaboración de materiais audiovisuais e dun dossier con toda a información recadada. Obxectivos: • Achegar as ciencias, e o ecosistema da Antártida a todo o alumnado dun xeito divertido e motivador. • Fomentar as capacidades orais do alumnado.
  26. 26. 2.8.- O Xestal nas Ondas Descrición: Creación dunha radio escolar a través de Podcasts pendurados no blogue. Elaboración de programas abordando diferentes temáticas. Obxectivos: • Fomentar as capacidades orais do alumnado. • Difundir a lingua galega.
  27. 27. 3.- POTENCIACIÓN DO GALEGO ESCRITO 3.1.- Obradoiros de animación á lectura e á escritura en lingua galega 3.2.- Celebración das Letras Galegas 3.3.- Clásicos da literatura inglesa 3.4.- Concurso de cubertas de libros 3.5.- Internet 3.6.- Deseño e elaboración de materiais curriculares e didácticos para traballar as diversas áreas curriculares e para o traballo por proxectos.
  28. 28. 3.1.- Obradoiros de animación á lectura e á escritura en lingua galega Descrición: Obradoiro impartido por persoal especializado. Introdución ás técnicas de escritura creativa e lectura imaxinativa (Editorial Kalandraka), ilustración e banda deseñada (Antonio Seijas). Obxectivos: • Potenciar o uso escrito do galego e o gusto pola lectura en galego. • Fomentar a creatividade . • Abordar a lectura dende unha vertente máis imaxinativa e motivadora.
  29. 29. 3.2.- Celebración das Letras Galegas Descrición: Realización de diferentes actividades e actos para divulgar a obra da figura homenaxeada, Roberto Vidal Bolaño Obxectivos: • Valorar as producións dos escritores e creadores galegos. • Divulgar a literatura en galego
  30. 30. 3.4.- Concurso de cubertas de libros Descrición: Concurso para deseñar a cuberta de libros, organizado polo Departamento de Plástica. Nas bases non está establecido o idioma, estando contempladas as cubertas en lingua galega, castelá, inglés e francés. Obxectivos: • Potenciar o uso escrito do galego e o gusto pola lectura en galego. • Fomentar a creatividade . • Abordar a lectura dende unha vertente máis imaxinativa e motivadora.
  31. 31. 3.5.- Internet Descrición: Traballo de investigación en equipo arredor dun eixe temático: Internet. Conceptos básicos relacionados con Internet: web, navegador, buscador, correo electrónico, web 2.0, foros, blogues, wikis, redes socias, etc . Obxectivos: • Fomentar a lectura en galego e a utilización do galego en textos escritos. • Potenciar o emprego das TICs • Desenvolver habilidades de uso da información, consultando fontes documentais diversas, en soportes e formatos diferentes.
  32. 32. 3.6.- Deseño e elaboración de materiais curriculares e didácticos para a traballar as diversas áreas curriculares. Descrición: Dotar ao profesorado e ao alumnado de Ed. Infantil e Primaria de materiais didácticos contextualizados en lingua galega para a aprendizaxe da lecto-escritura (impresos e dixitais). Obxectivos: • Ampliar o banco de recursos do profesorado de materiais específicos en lingua galega. • Propiciar o uso das TICs como recurso de información e aprendizaxe, empregando como lingua vehicular o idioma galego.
  33. 33. 4.-REALIZACIÓN DE PRODUTOS AUDIOVISUAIS 4.1.- Documentais e curtametraxes 4.2.- Micromovies 4.3.- A Nosa Escola: arquivo gráfico, sonoro e visual do centro
  34. 34. 4.1.- Documentais e curtametraxes Descrición: Elaboración de guións, gravación e edición de documentais e curtametraxes. Xesteira Films (produtora do EDLG): “Radio Monfero FM”, “Mahán e a cadeira vermella”, materiais audiovisuais para a despedida de 4º de ESO, “A Cápsula do tempo” ONCE. Obxectivos: • Animar á lectura e á escritura en galego. • Fomentar o emprego das novas tecnoloxías. • Potenciar os capacidades creativas do alumnado.
  35. 35. 4.2.- Micromovies Descrición: Proxecto de elaboración de “Micromovies” a prol do voluntariado na Rede de Centros Escolares Solidarios do Plan Proxecta (Xunta de Galicia). Obxectivos: • Promoción e difusión do galego oral. • Fomentar o emprego das novas tecnoloxías. • Potenciar os capacidades creativas do alumnado.
  36. 36. 4.3.- A Nosa Escola: arquivo gráfico, sonoro e visual do centro Actividade: • Creación dun arquivo fotográfico e audiovisual que recolla as actividades realizadas no centro ao longo do curso (festivais, visitas culturais, obradoiros, etc.) Traballo de investigación recuperando fotografías e textos sobre o historia da nosa escola. Dixitalización de material existente. Entrevista a antigos mestres/as , alumnos/as , familias, etc. Obxectivos: • Aprender a manexar ferramentas de investigación (traballo de recollida). • Rescatar a memoria dos maiores. • Fomentar o emprego das novas tecnoloxías.
  37. 37. 5.- Blogues 5.1.- Blogue Xesteira (http://cpivirxedacelaxesteira.blogspot.com) 5.2.- Blogue A buxaina (http://abuxaina.blogspot.com) 5.3.- Blogue de 3º ciclo de primaria (http://www.oblogdoterceirociclo.blogspot.com) 5.4.- Blogue Monferosolidario (http://cpivirxedacelasolidario.blogspot.com) 5.5.- Blogue Pensa coa prensa (http://blogs.prensaescuela.es/altofalantes) 5.6.- Blogue Cantos Rodados (http://www.cantosroda2.blogspot.com) 5.7.- Colaboracións co blogue da Biblioteca Castelao (http://obiblioblog.blogspot.com/)
  38. 38. 5.1.- Blogue Xesteira http://cpivirxedacelaxesteira.blogspot.com
  39. 39. 6.- EDUCACIÓN EN VALORES 6.1.- Construción dunha mocidade crítica e responsable 6.2.- Xornadas de convivencia 6.3.- De Escola a Escola (en colaboración ONG Fundación Vicente Ferrer) 6.4.- A cadeira vermella (en colaboración ONG Entreculturas) 6.5.- Plan Proxecta: Rede Galega de Centros Solidarios
  40. 40. Blogue Monferosolidario http://cpivirxedacelasolidario.blogspot.com
  41. 41. Agradecementos • Alumnado CPI Virxe da Cela. Eles e elas son os auténticos/as protagonistas do noso proxecto. • Profesorado CPI Virxe da Cela. Pola axuda na realización de moitas das actividades. • Dirección do CPI Virxe da Cela. Por apoiar todas as nosas propostas e facilitar o noso traballo. • CEFORE Ferrol. Por facilitar a difusión do noso proxecto. • Asistentes.

×