Successfully reported this slideshow.
We use your LinkedIn profile and activity data to personalize ads and to show you more relevant ads. You can change your ad preferences anytime.

Vi encontro global entreculturas

276 views

Published on

VI Encontro Entreculturas Guadarrama

Published in: Education
  • Be the first to comment

  • Be the first to like this

Vi encontro global entreculturas

  1. 1. https://cpivirxedacelasolidario.blogspot.com.es/2018/02/vi-encontro-global-entreculturas.html VI ENCONTRO GLOBAL ENTRECULTURAS Pois tal como avanza o lema, dous alumn@s (Laura e Zito) e dúas profesoras (Yolanda e Verónica) do CPI Plurilingüe Virxe da Cela aventurámonos ao VI Encontro Global Entreculturas que tivo lugar en Guadarrama (Madrid) os días 16, 17 e 18 de febreiro de 2018. Foi un encontro con xente nova de 21 nacionalidades diferentes e tamén un reencontro de coñecidos e amigos, xa que na nosa traxectoria de case unha década na Rede Solidaria da Mocidade Entreculturas xa nos consideramos todos/as como parte dunha gran e unida familia. Foron tres días intensos (contando tanto a longa viaxe en autobús como a estancia no Centro Frai Luís de León) nos que compartimos experiencias con outras persoas que teñen os mesmos soños e inquietudes, tal como descubrimos… “O segredo es ti”. Todos e cada un de nós somos responsables dese cambio tan necesario que hai que provocar para erradicar as desigualdades e inxustizas e construír un mundo mellor. Neste encontro estiveron moi presentes os ODS (Obxectivos de Desenvolvemento Sustentable), eses 17 obxectivos que temos a intención de acadar para o ano 2030, e precisamente como somos optimistas e queremos facer real esa utopía, inmortalizamos ese momento cunha recreación da Noitevella que dará paso ao ano 2030 brindando polo noso éxito.

×