Successfully reported this slideshow.
We use your LinkedIn profile and activity data to personalize ads and to show you more relevant ads. You can change your ad preferences anytime.

Manifesto pola paz (ii)

1,037 views

Published on

  • Be the first to comment

  • Be the first to like this

Manifesto pola paz (ii)

  1. 1. —MANIFESTO POLA PAZ— Monfero, 30 de xaneiro de 2013 As sociedades evolucionan, os tempos cambian, as persoas pensan, actúan,reflexionan … É lei de vida. Hoxe celébrase en moitos lugares o Día Internacional daPaz, e nós, que formamos parte de Monferosolidario, representantes do futuro, temosque falar e opinar. Todas as persoas que estamos aquí aprendemos día a día —na casa, naescola— os valores da sociedade actual e os considerados como valores daHumanidade —solidariedade, amizade, paz, tolerancia, liberdade—, e por tal motivoqueremos trasladar ós mesmos a tódolos lugares do mundo, a tódalas culturas, ástradicións, porque é posible a convivencia intercultural e relixiosa con estes valores ósque nos referimos. Porque sabemos que todos somos iguais e que non se deben de facerdiscriminacións de ningún tipo con ninguén, porque ó mesmo tempo que todos somosiguais, somos tamén diferentes, e respectándonos os uns aos outros conseguiremosun mundo mellor, que é o que todos perseguimos. Hoxe pedimos paz para tódolos fogares, para tódolos países e para tódalasxentes do mundo, sí, hoxe en especial, pero tamén tódolos días do ano, porquesempre é necesaria. Hoxe pedimos paz verdadeira, que vai acompañada pola man da solidariedade,da igualdade, da liberdade, da tolerancia, da fraternidade, da amizade, do afecto e dasoutras facetas importantes da vida. Queremos que nos oian e nos escoiten tódolos gobernos e toda a xente, e poriso realizamos este acto, a 30 de xaneiro de 2013, pola Paz!!!! Porque a Paz é o principal método para pasar adversidades económicas,políticas e sociais, e a partir de aí haberá poucos obxectivos que os seres humanosnon poidamos acadar. Porque cremos nisto, que viva a Paz!!!!

×