Successfully reported this slideshow.

Crónica pinnadari school

290 views

Published on

  • Be the first to comment

  • Be the first to like this

Crónica pinnadari school

  1. 1. PINNADARI SCHOOL Inmediatamente despois da apertura do paquete da Pinnadari School (A India), o alumnado de 1º da ESO reuniuse na aula de usos múltiples para facer unha lectura en voz alta da carta de presentación que contén o dossier enviado polos nosos amigos da India a través do proxecto School to School (Fundación Vicente Ferrer). Antía, Iván e Carlos foron os encargados de poñer voz a esa carta, que ademais de vir escrita en lingua telegu (dialecto falado na zona de Anantapur), contiña unha tradución ao castelán. É moi interesante poder coñecer unha cultura tan diferente á nosa, aínda que se o pensamos ben, a pesares da enorme diversidade todos os seres humanos están unidos por uns lazos comúns: podemos comprobar que aos nenos/as da India gústalles xogar, aprender, realizar festas e festivais... Agradecémoslles toda esa información que foi elaborada manualmente sen a xa imprescindible “tecnoloxía”, e está perfectamente presentada, trocando as ferramentas dixitais por outras analóxicas... É curioso poder comprobar que aínda utilizan o pegamento para pegar fotos en lugar do xa habitual “copiar+pegar”, que fan a mano fermosas filigranas con rotuladores de cores que serven de marco ao papel, e un sen fin de cousas máis. No noso blogue Monferosolidario tendes pendurado o dossier completamente escaneado, para que con moita calma podades facer unha viaxe moito máis profunda... (http://cpivirxedacelasolidario.blogspot.com.es/2014/05/pinadari-school.html)

×