Successfully reported this slideshow.
We use your LinkedIn profile and activity data to personalize ads and to show you more relevant ads. You can change your ad preferences anytime.

Carta sogaps carreiras solidarias

330 views

Published on

Carreiras Solidarias Pobo Saharaui

Published in: Education
  • Be the first to comment

  • Be the first to like this

Carta sogaps carreiras solidarias

  1. 1. SOLIDARIEDADE GALEGA CO POBO SAHARAUI Nº rexistro: 2004/007037/1 (SC) C.I.F.: G-15924558 En Vigo, a 06 de Febreiro de 2018 Avda. Alcalde Gregorio Espino, 57 baixo (36205) Vigo - Tel./Fax: 986262637 - E-mail: info@sogaps.org – Web: www.sogaps.org Facebook: https://www.facebook.com/sogaps.galicia/ - Instagram: sogaps.oficial – Twitter: @sogaps_oficial Estimado/a Sr/a Director/a do Centro Educativo e Claustro do Profesorado A ONG Solidariedade Galega co Pobo Saharaui (SOGAPS), leva moitos anos realizando o Programa Humanitario "Vacacións en Paz". Como saben, o programa consiste en traer dos Campamentos de Refuxiados Saharauis (no deserto de Tinduf en Arxelia), ao maior número de nenos e nenas, para evitarlles as altísimas temperaturas dos meses de xullo e agosto. Coa solidariedade das familias acolledoras galegas conviven, aliméntanse e procúraselles a atención médica da que nos campamentos carecen case por completo. No programa colaboran, ademáis das familias de acollida, algúns concellos. Máis resulta insuficiente a axuda. Cada ano estamos máis escasos de recursos económicos para costear a viaxe desdes cativos refuxiados. Por tal razón comezamos unha campaña solidaria nas escolas. Que os nosos nenos e nenas tomen conciencia con sentido educativo e de cooperación. Polo que ofertamos charlas con Saharauis e cooperantes sobre o problema dos refuxiados no Sahara Occidental, un pobo abandonado que hoxe é a última colonia de África. Pero ademáis propoñemos unha actividade lúdico deportiva que de xeito libre e totalmente voluntariado axude a colaborar economicamente co programa "Vacacións en Paz". A actividade que propomos consiste en que cada centro celebre unha carreira solidaria. As carreiras solidarias axudan coa colaboración de moitos aportando pouco pouco. Cada neno ou nena leva un carnet de patrocinadores, os cales buscará entre familiares e veciñas/os. Logo, nun circuito preparado pola profesora ou profesor de educación física, realízase unha carreira non competitiva, senón participativa. Os titores colaboran contando as voltas ao circuito e anotando as de cada alumno/a as para multiplicar pola aportación de cada patrocinador/a. Isto supón a participación de todo o centro, e coas aportacións, cada neno/a sabe que van poder traer dos campamentos de refuxiados a máis cativos/as coma eles para convivir no verán coas familias acolledoras. Pola nosa aparte, a ONG dará conta do donativo recibido do Centro para recoñecemento da comunicadade educativa, e o que supón o seu esforzo por sacar aos nenos e neas Saharauis do deserto durante o durísimo verán dos campamentos. Presentámoslle un caderno onde se explica o proceso das carreiras, e contamos coa súa colaboración e participación nesta carreira solidaria a celebrar o día que vostedes nos teñan a ben indicar. Estamos á disposición do Centro para explicar o problema do Sahara Occidental, o proceso das carreiras solidarias, e o programa Vacacións en Paz, cando vostedes nos indique. Agardamos a súa chamada e conte con toda a nosa gratitude e colaboración.

×