Biografia

382 views

Published on

0 Comments
0 Likes
Statistics
Notes
  • Be the first to comment

  • Be the first to like this

No Downloads
Views
Total views
382
On SlideShare
0
From Embeds
0
Number of Embeds
3
Actions
Shares
0
Downloads
3
Comments
0
Likes
0
Embeds 0
No embeds

No notes for slide

Biografia

  1. 1. OS PRIMEIROS ANOSValentín Paz Andrade naceu na parroquia ponte-vedresa de San Salvador de Lérez, o 23 de abrilde 1898.Valentín foi fillo de Francisco e Matilde que tive-ron tres fillas máis, Matilde, Carmen e Castora.Con tan só oito anos quedou orfo de nai.Os seus primeiros estudos foron dirixidos polasúa tía Dolores, casada co poeta e xornalista XoánBautista Andrade, e mestra de primaria con desti-no no mesmo Lérez.Máis tarde estudou na Academia Balmes, que ocu- Matilde Andrade, naipaba un piso nunha casa da rúa pontevedresa de de Valentín.Manuel Quiroga e o bacharelato no Instituto deSegunda Ensinanza, tamén en Pontevedra. Omesmo Valentín define ao profesorado deste ins-tituto como «de moita valía» aínda que el taménse recoñece coma un estudante «non dos máisaproveitados»Grazas á relación co seu tío Xoán Bautista coñe-ce a Castelao, en 1916. Este coñecemento nonse transformaría en amizade ata tres anos des-pois, na universidade compostelá. Tamén da mando seu tío entra en contacto co xornalismo cola- «A casa do Cristo», enborando en diferentes semanarios e xornais: Lérez, onde naceu Va-«Alma Galaica», «La Provincia» e «Gaceta de lentín Paz Andrade.Galicia».Ao rematar os seus estudos de bacharelato ché-galle o momento de escoller a carreira. As dis-crepancias familiares foron intensas: unha parteda familia quería que estudase Mediciña e outra,o pai e o seu tío Xoán Bautista, optaban pola avo-gacía.Nun primeiro momento matricúlase en Dereito,pero, diante da oposición das súas tías, intentacambiar a matrícula para Mediciña, aínda que fi-nalmente se impón a vontade do seu pai e quedamatriculado en Dereito na univesidade compos- Francisco Paz, o pai.telá: «Tes escollida a carreira de avogado, e nonvas cambiar polo que outros digan».VALENTÍN PAZ ANDRADE. DÍA DAS LETRAS GALEGAS, 2012 2
  2. 2. EN SANTIAGO DE COMPOSTELAA súa chegada a Santiago prodúcese no ano1917 e participa, dende os primeiros momen-tos, en actividades políticas de clara tendenciagaleguista.Nunha reunión estudiantil, celebrada no audito-rio de San Clemente, en Santiago, e coa partici-pación de alumnado das tres facultades e daEscola de Veterinaria, xa está Valentín na mesapresidencial e é nesa asemblea onde é increpa-do por un participante que o pon, segundo assúas palabras, «como folla de pirixel» por nonter constituído aínda unha agrupación naciona-lista galega de estudantes.Valentín acepta o reto e uns días despois cons- Xoán Bautista Andrade,titúese o Grupo Autonomista Galego de Estu- tío de Valentín, nunhadantes, afin ás Irmandades da Fala establecen- caricatura de Castelao.do a súa sede nun baixo da Rúa Nova.Nesta nova asemblea, na que Paz Andrade énomeado presidente do grupo, elabórase unmanifesto político, escrito en galego, e dirixi-do aos universitarios e á cidadanía de San-tiago, no que se exalta á nación galega e sefai un chamamento á acción colectiva paraerguer o país. Aparece o slogan «Terra aNosa» como signo identitario do novo grupo.Era «unha primeira mensaxe da mocidadegalega, crente nun mellor destino para a súaterra», en palabras do propio Valentín. O ma-nifesto foi repartido polas rúas compostelás,despois dun pequeno atranco burocrático re-solto con éxito por Paz Andrade, entre mos-tras de simpatía dos veciños.Os anos de Compostela son para Valentínos do inicio de moitas relacións persoais epolíticas, coñece a Asorey, Camilo Díaz Vali- As Irmandades da Fala supuxeron o primeiro achegamento de Va-ño, Villar Ponte, Dieste, Viqueira... e retoma lentín Paz Andrade ao mundo daa súa relación con Castelao, ao que xa consi- política galega.dera «o seu segundo mestre».VALENTÍN PAZ ANDRADE. DÍA DAS LETRAS GALEGAS, 2012 3
  3. 3. No ano 1921 licénciase en Dereito coa máximanota, sobresaliente, e poucos días despois pasaa ocuparse do seu primeiro caso na Audienciade Pontevedra, exercendo a defensa nun casode homicidio.Xulgábase a morte dun mariñeiro a mans deoutro nun incidente sucedido na praia de Raxó.Os dous implicados tiñan menos de dezaoitoanos. A defensa de Valentín foi efectiva e o acu-sado quedou absolto, saíndo da cadea esemesmo día, aínda que tivo que fuxir cara a Cubapola reacción dos veciños disconformes co ve-redicto do xurado. Coa toga de avogado, des- pois da súa licenciatura, en 1921, en Santiago. EN MARROCOSO ano 1921 é tamén o ano do chamado Desas-tre de Annual, no que as tropas do lider marro-quí Abd el-Krim esnaquizaron as tropas espa-ñolas destinadas no Rif ao mando do xeneralSilvestre.Valentín, nesas datas xa tiña cumprido o seu ser-vizo militar en Pontevedra como soldado de cota,pero a necesidade de reforzos obrigou ao go-berno de Alfonso XIII a chamar a filas a tres quin-tas de soldados xa licenciados.É así como Valentín é adscrito ao Rexementode Murcia e embarca no porto de Vigo no bu-que «Guillén Sorolla» con destino a Ceuta. Noporto foron despedidos por milleiros de persoasque rendiron unha homenaxe de solidariedadea aqueles homes que ían loitar nunha cruentaguerra e da que non se albiscaba o seu fin. Erasúa primeira toma de contacto co mar. O golpe militar de Primo de Rivera, en 1923, poñíaXa en Marrocos as boas relacións coa oficiali- fin a decenios de políticadade permítenlle ascender rapidamente, che- liberal.gando a ser promovido ao cargo de sarxento, apesares da súa intención de quedar como sol-dado raso.VALENTÍN PAZ ANDRADE. DÍA DAS LETRAS GALEGAS, 2012 4
  4. 4. No seu novo destino de Tetuándescobre os cafés e os ambien-tes cun certo aire europeo e co-meza a relacionarse coa po-boación oriúnda nacendo aí as pri-meiras crónicas para o xornal «ElNoroeste» da Coruña.Intervén nalgunha escaramuzacoas tropas rifeñas das que sae Batería de artillería española apuntando ásileso. posicións rifeñas do Monte Gurugú, en Melilla.Unha pequena afección cutáneapermítelle pasar polo hospital deXauen e posteriormente é trasladado a Ceuta. Afalla de espazo neste hospital fai que o seu des-tino sexa Murcia e posteriormente é enviado aVigo e á Coruña, onde o declaran inútil para oservizo militar.Na Coruña, durante a súa estadía no HospitalMilitar, afonda na súa relación cos irmáns VillarPonte, Peña Novo, López Abente e cos restan-tes compañeiros das Irmandades da Fala e xor-de entre eles a idea de crear en Vigo un xornalde información, propoñéndo a Paz Andradecomo Xefe de Redacción e coa facultade de Abd-el-Krim el Jatabi xuntopoder elexir aos seus colaboradores. co seu pai, antigo colabora-Son os inicios do futuro xornal Galicia. dor das tropas españolas. «GALICIA. DIARIO DE VIGO»Coa idea de poñer en marcha o novo xornal nacidade de Vigo sae Paz Andrade da Coruña naprimavera de 1922.No hotel Continental de Vigo celebra-se a primeira xuntanza constitutiva. Alíestaban Castelao, Losada, os com-poñentes da futura redacción e LuísKsado, considerado como o mellorreporteiro gráfico do país. Cabeceira do xornal Galicia. Diario de Vigo,Nesta primeira reunión decídese o deseñada por Alfonso R. Castelao.nome do xornal.VALENTÍN PAZ ANDRADE. DÍA DAS LETRAS GALEGAS, 2012 5
  5. 5. A primeira proposta de Valentín foi chamarlle«Atlántico», idea que o promotor, Ernesto Cá-diz, desbotou lembrándolles aos presentes queel era «do Pacífico».A segunda proposta de Valentín foi aceptadapor unanimidade: o xornal levaría o nome de«Galicia» e a súa cabeceira sería rotulada polomesmo Castelao. Unha vez aprobado o nome eas liñas programáticas só quedaba elixir o díade saída do xornal á rúa, data que quedou mar-cada para o 25 de xullo, Día de Galicia.Os traballos non foron doados. Había que partirde cero. Alugouse un baixo e un piso na aveni-da Montero Ríos, de Vigo e nestas dependen-cias instaláronse a imprenta e a redacción. Mon-touse a rede de corresponsais en Galicia e por Primeiro número do xornal Galicia, do 25 de xullo de 1922.España adiante e na data sinalada apareceu oprimero número dun xornal que nacía cun espí- Hemeroteca da Deputación Pro-rito galeguista e que tivo unha moi boa acollida vincial. A Coruñanas principais cidades galegas.O «Galicia» era un xornal moderno para a súaépoca que incluía caricaturas e debuxos de Ma-side e Castelao, artigos de Villar Ponte, VicenteRisco, Roberto Blanco Torres, fotografías deKsado...Nos meses posteriores o xornal foise melloran-do; na presentación gráfica, coa aparición depáxinas dominicais de Arte e Letras e o númeroextraordinario do Día de Galicia.A ditadura de Primo de Rivera e a censura mili-tar imposta aos medios de comunicación vaisupoñer a persecución do xornal e dos seus co-laboradores.Así, un primeiro encontronazo periodístico coXeneral Gobernador, suponlle a Valentín unhamulta de 250 pesetas (1,50 euros) ou 15 díasde cadea. Valentín opta pola cadea e un díadespois do seu ingreso en prisión declárase en Propaganda do xornal Gali-Vigo unha folga en solidariedade co persoal de cia, realizada por Castelao.artes gráficas. Ao día seguinte os catro xornaisvigueses non aparecen na rúa.A mobilización foi seguida polos tranviarios dacidade que abriron unha suscrición para pagar aVALENTÍN PAZ ANDRADE. DÍA DAS LETRAS GALEGAS, 2012 6
  6. 6. multa, a razón de 10 céntimos por persoa. PazAndrade preferiu seguir na cadea durante esesquince días e repartir o recadado.Ese sería o primeiro dos incidentes que teríaValentín coas autoridades no exercicio do seulabor como periodista e que lle custarían pasarvarias veces pola cadea e mesmo polo deste-rro.As presións das autoridades militares sobre oxornal, a apatía e resignación dalgunhas forzaspolíticas, os problemas económicos que dificul-tan a adquisición de maquinaria moderna, vanlevar o «Galicia» á desaparición. Un 15 de set-embro de 1926, catro anos e dous meses des-pois do primeiro número, desaparece finalmen- Unha das colaboracións gráficas de Castelao parate o xornal que durante todo ese tempo dirixira o xornal Galicia.Valentín Paz Andrade e que dera cabida nas súas Hemeroteca da Deputaciónpáxinas as plumas máis importantes da intelec- Provincial. A Coruñatualidade galega. A AVOGACÍAUnha vez rematada a súa andaina como directordo «Galicia» e con evidentes problemas eco-nómicos, Valentín retoma o seu traballo de avo-gado. A súa primeira causa, nesta nova andaina,consiste na defensa dun caso de contrabandode aceite por parte duns portugueses no portode Vigo. Despois de moitas voltas consegue unveredicto absolutorio o que lle permite cobrarunha boa minuta e poñerse ao día coas débe-das orixinadas polo peche do xornal.O un de abril de 1927 é contratado como avo-gado polos armadores da vila de Bouzas, agru-pados na sociedade «La Marítima». Paz Andrade nunha xuntanza de Armadores, con FernándezA proposta de ampliar os portos españois fai del Riego, Domingo Quiroga...que se cree a «Unión de Entidades Viguesas»co obxectivo da ampliación e mellora do porto Fondo Fundación Penzol. Vigovigués e baixo o seu patrocinio realiza Valentínunha viaxe ao porto francés de Lorient-Keroman,VALENTÍN PAZ ANDRADE. DÍA DAS LETRAS GALEGAS, 2012 7
  7. 7. para asesorarse, facer un estudo económico ecoñecer o seu funcionamento e organización.Resultado desta viaxe é a publicación do seuprimeiro traballo adicado ao mundo do mar: «Lospuertos nacionales de pesca. Aportación de Vigoal estudio del problema», con ilustracións dodebuxante vigués Martín Echegaray.Colabora tamén na revista quincenal «Industrias Proposta de «El Faro dePesqueras», fundada en Vigo por José Barre- Vigo» para as Cortesras Massó, sendo nomeado director da mesma Constituíntes de 1931.uns anos despois.Non abandona durante estes anos a súa activi-dade política e, en 1930, coincidindo coa caídada dictadura de Primo de Rivera e o xeneral Be-renguer, constitúese en Vigo o Grupo Autono-mista Galego, do que será nomeado presiden-te e que terá a súa primeira sede na rúa de Gar-cía Barbón.Paz Andrade lánzase a despertar a concienciapolítica dos cidadáns galegos rememorando assúas dotes oratorias iniciadas na súa etapa uni-versitaria.Valentín consideraba a celebración do Día deGalicia, o 25 de xullo, de 1930 como o acto máis Cartel de Luís Seoane para osobranceiro desta etapa política e o inicio do Plebiscito do Estatuto de Au-despertar da conciencia nacionalista galega. tonomía de xuño de 1936.Houbo mitín no teatro García Barbón, coa parti-cipación de Ramón Cabanillas, emisión de mú-sica galega en todas as emisoras de radio e con-certo, tamén de música galega, a cargo da Ban-da Municipal, na Alameda.Un ano depois, en decembro de 1931, nunhaasemblea celebrada na cidade de Pontevedrao Grupo Autonomista Galego queda integradono Partido Galeguista. Nesta mesma asembleadecídese a disolución das Irmandades da Falae a súa integración no novo partido.O acordo de constitución do Partido Galeguistareclama o dereito de autodeterminación paraGalicia e proclama como obxectivo básico a re-dacción dun Estatuto de Autonomía. Nesta co- Cartel para o plebiscito do Es-misión queda integrado Valentín, xunto a Risco, tatuto de Autonomía de 1936,Bóveda e Carballo Calero. realizado por Carlos Maside.VALENTÍN PAZ ANDRADE. DÍA DAS LETRAS GALEGAS, 2012 8
  8. 8. Paz Andrade seguía sendo asesor dos arma-dores de Vigo, aínda que non interviña nada máisque en casos xudiciais e non no que atinxía ánegociación cos mariñeiros ou os pactos de tra-ballo, asuntos que levaba directamente a patro-nal. Normalmente os casos que chegaban á xus-tiza arranxábanse coa avenencia das dúas par-tes, armadores e mariñeiros nos chamados Tri-bunais Industriais, creados polo goberno daRepública.O seu posto de asesor dos armadores non o Portada de «Valentíncolocaba nunha situación neutral. Na folga de Paz Andrade, a memoriabuques por parellas, no segundo semestre de do século XX», de Tucho Calvo.1932, Valentín é tiroteado por dous anarquistasá saída dun café na rúa do Principe, acertándo- Fondo RAGlle con varios balazos.Deste atentado tardaría tres semanas en serdado de alta aínda que quedaría cunha bala den-tro do seu corpo ao ser difícil a súa extracciónsen danar a mobilidade do brazo dereito.O 28 de xuño de 1936 é aprobado, por amplamaioría, o Estatuto de Autonomía de Galicia en-viándose a Madrid para a súa aprobación polasCortes.O inicio da Guerra Civil, o 18 de xullo de 1936,paraliza todo trámite posterior e o Estatuto, noque Paz Andrade colaborara na súa redacción, Cuberta deseñada porqueda paralizado. Camilo Díaz Baliño para unha edición do Estatuto de Galicia. A GUERRA E OS DESTERROSA chegada ao poder dos militares supón paraPaz Andrade sucesivas ordes de desterro. Oscargos políticos exercidos durante a Repúblicae os seus posicionamentos periodísticos xoganna súa contra.O seu primeiro desterro é en Verín, onde chegaacompañado dun curmán e dun amigo de am-bos, quedando hospedado nun hotel da vila.VALENTÍN PAZ ANDRADE. DÍA DAS LETRAS GALEGAS, 2012 9
  9. 9. Coincide con algún amigo da universidade e conoutro desterrado de Vigo, tamén condiscípuloseu da universidade.Pasou en Verín tres meses e medio do ano1936 e, agás un incidente con falanxistas, PazAndrade considera esta estancia como a máisplacenteira dos sucesivos desterros aos que foicastigado.Un informe policial emitido pola comisaría deVerín informaba que Valentín vivía no mellor ho-tel da vila, andaba con xente acomodada, fre-cuentaba os cafés, paseaba... e como conse-cuencia de todo isto debía ser trasladado a outrolugar «non tan cómodo». En «Sementeira do ven- to», publicada en 1978,Así que as autoridades pontevedresas emiten Valentín revélase comounha nova orde de desterro, esta vez a Requeixo poeta social.de Queixa, na provincia de Ourense ao pé dos Fondo RAGmontes do Invernadoiro e xa nas lindes con Za-mora.En Requeixo non había onde hospedarse e éacollido por un veciño, Manuel «O Guinea», quelle ofrece, temporalmente a súa casa.Despois duns días descobre, nunha aldea veci-ña, Celeiros de Queixa, o Mesón de Tomás,onde se aloxa ata que lle chega a orde de tras-ladarse a Castro Caldelas e, posteriormente, aPobra deTrives. Nesta vila coñecerá a Pilar, coaque casará dous anos despois.O desterrro de Valentín remata a finais de 1937despois dunha conversa co Delegado Gober-nativo de Vigo que casualmente pasaba polamesma fonda onde el se hospedaba, a Fondadas Noguerolas.E así, despois de ano e medio de desterro, vol-ta Valentín á cidade de Vigo. Caricatura de Valentín, da autoría de Alfonso R. Cas- telao.VALENTÍN PAZ ANDRADE. DÍA DAS LETRAS GALEGAS, 2012 10
  10. 10. EN VIGODe volta a Vigo reinicia a súa actividade comoavogado e como asesor de «La Marítima», peroa redacción dun escrito que lle solicitan os car-niceiros para reclamar ás autoridades militaresun incremento do prezo da carne fai que PazAndrade sexa encarcerado e desterrado. Estavez o destino do desterro é Exstremadura, enVillanueva de la Serena, na provincia de Ba-daxoz.O desterro durou pouco tempo. Valentín aíndaseguía sendo o asesor xurídico de «La Maríti-ma» e por aquelas datas estaba previsto en Bil-bao un congreso de armadores, así que se puxoen contacto co presidente da sociedade que á «Pranto Matricial» é unhasúa vez moveu os fíos necesarios en Ponteve- elexía adicada ao seu ami- go Alfonso R. Castelao.dra e Valentín conseguiu o permiso para aban-donar Villanueva temporalmente e trasladarse a Fondo Real Academia GalegaBilbao en «misión oficial» para participar no con-greso.Despois duns días en Bilbao o normal sería re-gresar a Villanueva de la Serena, pero Valentínnon está disposto e volve, pola súa conta e ris-co, a Vigo.O desterro acabárase.En Vigo dirixe a revista «Industrias Pesqueras»e colabora en «Industria Conservera», así comoen xornais galegos, «El Pueblo Gallego», «LaNoche», «El Faro de Vigo»... pero coa prohibi-ción das autoridades militares de usar o seu pro-pio nome.Cando o sete de xaneiro de 1950 morre Caste-lao en Bos Aires, Paz Andrade adícalle un arti-go no xornal «La Noche» co título «Castelao, Unha das ilustraciónsel hombre y el artista». O artigo consegue pa- de Souto para «Prantosar a censura sen demasiados atrancos aínda Matricial».que o director do xornal manda incluír na mes- Fondo RAGma páxina, e como medida de precaución, unartigo exaltando a unidade de España.Cinco anos despois completa esta homenaxeVALENTÍN PAZ ANDRADE. DÍA DAS LETRAS GALEGAS, 2012 11
  11. 11. coa publicación da elexía «Pranto Matricial».Nos anos cincuenta é invitado dúas veces poloCentro Galego de Bos Aires a participar nunhasXornadas Patrióticas do 25 de xullo.Nestas viaxes relaciónase co exilio galego ecoas autoridades arxentinas, uruguaias e brasi-leiras ás que lles achega os seus coñecemen-tos sobre o mundo da pesca.Froito destas relacións é a chamada que recibedende Santiago de Chile para a impartición duncurso sobre a economía da pesca. Este cursoestaba financiado pola FAO, a axencia das Na-cións Unidas para o desenvolvemento da alimen-tación e a agricultura. Valentín Paz Andrade.Dende ese momento Paz Andrade convértese Fondo Real Academia Galeganun colaborador cotián dese organismo e per-corre Sudamérica impartindo cursos e conferen-cias sobre economía pesqueira.Estas viaxes non lle impiden seguir dirixindo arevista quincenal «Industrias Pesqueras» e noverán de 1957 é enviado á cadea durante trintadías pola publicación dun artigo sobre o cesa-mento do Comandante Militar da Mariña en Vigo. PESCANOVAEn 1960 a pesca aínda seguía a ser ar-tesanal. A pesares dos baixos prezos docombustible e a boa motorización dasnaves, estas non se podían afastar enexceso da costa xa que o sistema deconservación do peixe, o xeo trillado, nonpermitía viaxes moi longas. Só os adicados ápesca do bacallau, que usaban o sal como con-servante, podían facer percorridos máis amplos.Os arrastreiros estaban sempre nos mesmoscaladoiros e cada vez a pesca ía a menos.Pero as cousas van cambiar. Un empresario deLugo, Xosé Fernández, encárgalle a Paz Andra-de que constitúa unha nova empresa pesqueiraVALENTÍN PAZ ANDRADE. DÍA DAS LETRAS GALEGAS, 2012 12
  12. 12. con barcos frigoríficos, que exploren e explotennovos caladoiros máis afastados e que traba-llen con especies de máis valor comercial. Nacedeste xeito a empresa Pescanova, radicada enVigo e da que Valentín será o vicepresidente.Dous buques conxeladores, o Lemos e o An-drade inician esta nova etapa. Un vai cara os ca-ladoiros arxentinos e o outro cara a costa deSudáfrica. A especie a comercializar será a pes-cada, dunha enorme calidade e dun tamaño moiapreciable.O nome da compañía foi idea de Valentín, asícomo o nome dos primeiros barcos, todos decastelos galegos: Lemos, Andrade, Pambre, En «Epistolario» recóllenseDoncos, Sobroso, Soutomaior, Vilalba e Vimian- as cartas publicadas por Va-zo. lentín dende 1930 a 1985.A negativa dos distribuidores a comercializar o Fondo Real Academia Galegapeixe conxelado, un produto máis barato que opeixe fresco e polo tanto con menor marxe co-mercial por peso transportado, obrigou a Pes-canova á creación dunha rede propia de distri-bución o que aumentou, aínda máis, os seusbeneficios empresariais. Pescanova é, na ac-tualidade, unha multinacional líder no sector dosalimentos ultraconxelados. A OBRA LITERARIAA obra literaria de Valentín Paz Andrade non estásó ligada ao mundo da pesca, campo no queten numerosas publicacións e colaboracións enrevistas especializadas. É autor, tamén, de obrasde ensaio nas que achega a súa visión e dá asclaves para o desenvolvemento económico, so-cial e cultural de Galicia.En 1959, publica en Bos Aires, «Galicia comotarea», en 1970, «La marginación de Galicia»,editado en Madrid e esgotado en tres meses, e En 1975 publicase unha«El capital como factor del desarrollo de Gali- nova edición de «Prantocia», onde establece as claves políticas e eco- Matricial».VALENTÍN PAZ ANDRADE. DÍA DAS LETRAS GALEGAS, 2012 13
  13. 13. nómicas do nacionalismo galego.En 1955 xa publicara o seu primeiro libro de poe-mas «Pranto Matricial», elexía ao seu amigoAlfonso Rodríguez Castelao, falecido cinco anosantes. Vinte e cinco anos despois, coincidindoco aniversario da morte de Castelao, o libro seráreeditado por Ediciós do Castro desta vez enedición pentalingüe: galego, eúscaro, castelán,catalán e portugués.Non é ata trece anos despois que publica o seusegundo libro de poesía, «Sementeira do ven-to», na colección Salnés da Editorial Galaxia,onde recolle poesías compostas en moi dife-rentes lugares: onde estivo desterrado e nasterras de Sudamérica por onde viaxou como ex-perto da FAO. O mesmo Paz Andrade defineesta obra como «poesía social» e é o primeiro Con «Cen chaves de sombra»,libro, en galego, prologado por un brasileiro, editado en 1979, Valentín con-Guilherme de Almeida, o chamado Príncipe dos solida a súa obra poética.Poetas do Brasil. Fondo Real Academia GalegaPaz Andrade era un firme defensor do intercam-bio cultural entre Brasil, Portugal e Galicia comomembros dunha mesma comunidade lingüísti-ca, da que «Galiza é fonte, Portugal ponte eBrasil algo que asemella ao paradiso prometi-do», segundo as súas propias palabras.Así que, aproveitando unha viaxe da FAO porBrasil, decide estudar e incorporar a poesía deJoão Guimarães Rosa á literatura galega em-prendendo viaxe á rexión de Minas Gerais, enBrasil, para entrevistarse coa familia do escritore participar nunha sesión da Academia Brasilei-ra das Letras, onde puido expoñer e debater assúas teorías sobre as semellanzas entre os dousidiomas.Nesta viaxe Valentín confirma que o idioma utili-zado por Guimarães Rosa ten moitas semellan-zas co galego, tirando, ás veces, dos mesmos Caricatura de Paz Andra-recursos en prosa, do mesmo mundo máxico e de, realizada por Luís Seoane.dos mesmos arcaísmos.Resultado deste traballo de investigación e eru-dición é a publicación, en 1978, do volume «Agalecidade na obra de Guimarães Rosa», dis-VALENTÍN PAZ ANDRADE. DÍA DAS LETRAS GALEGAS, 2012 14
  14. 14. tribuída por Ediciós do Castro.Unha parte deste libro será utilizada como dis-curso de ingreso na Real Academia Galega, daque fora nomeado membro numerario no ano1964 a proposta de Otero Pedrayo, García Sa-bell, Fernández del Riego, Ferro Couselo e Va-les Villamarín.O seu terceiro libro de poesía. «Cen chaves desombra», publicado tamén por Ediciós do Cas-tro, vai prologado polo seu amigo Lorenzo Vare-la e coa cuberta deseñada por Luís Seoane.Lorenzo Varela define este libro como «poemasdun loitador, dun home con coraxe á hora de Parte do libro «A gale-escribir e á hora de pelexar». cidade na obra de Gui-Non acaban aquí as inquedanzas de Valentín, e marães Rosa» será usa- da por Valentín no seuen 1982, Ediciós do Castro publícalle o seu en- discurso de ingreso nasaio sobre Castelao «Castelao na luz e na som- Real Academia.bra». Fondo RAGO libro vai adicado á súa muller Pilar e nel repa-sa a vida do seu amigo, do seu «segundo mes-tre», introducindo partes que corresponderían ásúa autobiografía, pois foron moitas as viven-cias compartidas entre estes dous grandes per-soeiros da nosa cultura e da nosa historia. Estáconsiderado este traballo como a biografía máiscompleta de Castelao.O éxito do libro foi tal que houbo de realizarseunha segunda edición, revisada e correxida, ca-tro anos despois.No seu último libro, publicado por Ediciós doCastro en 1985, «Galicia lavra a sua imagen»Paz Andrade posiciónase en contra das normasortográficas aprobadas pola Real AcademiaGalega e avoga por un achegamento ao mundolusófono. En 1985, con «Galicia la- vra a sua imagen» posi- ciónase contra as nor- mas ortográficas aproba- das pola Real Academia. Fondo RAGVALENTÍN PAZ ANDRADE. DÍA DAS LETRAS GALEGAS, 2012 15
  15. 15. A POLÍTICA EN DEMOCRACIAA partir da morte de Francisco Fran-co, en 1975, as forzas políticas co-mezan a buscar o seu acomodo nanova situación de liberdade que seabre á cidadanía.Paz Andrade, fiel ao seu compromi-so co país, entra a formar parte daComisión dos Dez, en representaciónde Galicia.Esta Comisión constituíuse en 1976por nove partidos e comunidades au-tónomas para negociar os pasos para Paz Andrade, cuarto pola esquerda, formoua transición a unhas institucións de- parte da Comisión dos Dez que artellou a tran- sición á democracia, despois da morte democráticas plenas no estado español, Francisco Franco.a legalización de todos os partidospolíticos e a convocatoria dunhaseleccións xerais libres. Os sindicatos de traba-lladores, que nun principio ían formar parte des-ta comisión, quedan á marxe e fan a súa propianegociación co Ministerio de Traballo.Paz Andrade centra o seu labor nesta Comisiónna defensa da personalidade xurídica e históri-ca de Galicia conseguindo poñela ao mesmonivel que Cataluña e Euskadi.En 1977, nas primeiras eleccións libres, Valen-tín é elexido senador pola provincia de Ponte-vedra.E ao Senado leva as inquedanzas do sector pes-queiro galego, loitando para que as comunida-des autónomas poideran asumir competenciasno litoral propio e para evitar que o estado espa- «Castelao na luz e nañol implante a zona económica exclusiva das 200 sombra» constitúe a bio- grafía máis completa domillas. político e artista galego.Ese mesmo ano os deputados e senadores ga-legos organizan unha xornada reivindicativa de Fondo RAGafirmación da vontade autonómica. As manifes-tacións quedan fixadas para o domingo, 4 dedecembro, pola mañá en todas as capitais gale-VALENTÍN PAZ ANDRADE. DÍA DAS LETRAS GALEGAS, 2012 16
  16. 16. gas. Acórdase que a manifestación deVigo sexa ese mesmo día pola tarde eque peche o acto Valentín Paz Andrade.As manifestacións a prol dos dereitos his-tóricos de Galicia foron un éxito. Segun-do os datos, na Coruña os participanteschegaron aos 150.000 e no resto das ci-dades unhas 30.000 persoas en cadaunha delas, pero a de Vigo supuxo todoun récord: 300.000 manifestantes na rúa Paz Andrade na clusura da manifestaciónreclamando o autogoberno para Galicia. celebrada en Vigo o 4 de decembro de 1977 en defensa da Autonomía Galega.Superábase con moito a participación nasoutras dúas comunidades históricas, Ca-taluña e Euskadi, pero todas estas mobilizaciónsapenas tiveron eco na prensa española nin fo-ron tidas en conta: nin polas Cortes, nin pola pre-sidencia do goberno español. POR TODA UNHA VIDA...No ano 1964 é nomeado, a proposta de OteroPedrayo, García Sabell, Fernández del Riego,Ferro Couselo e Vales Villamarín como mem-bro da Real Academia Galega; catorce anos de-pois le o seu discurso de ingreso, baseado naobra «A galecidade na obra de GuimarãesRosa», publicada nese mesmo ano.A partir do ano 1975 os premios, recoñecemen-tos e galardóns a Paz Andrade son numerosos:o Pedrón de Ouro, A Cruz de San Raimundo dePeñafort, a Medalla da Cidade de Pontevedra, AMedalla Castelao da Xunta de Galicia, é nomea- Folleto da exposición sobre Paz Andrade ce-do membro da Real Academia das Ciencias, lebrada na FundaciónMedalla de Ouro da Cidade de Vigo, o Premio Luís Seoane, da Coru-Trasalba da Fundación Otero Pedrayo... ña, a principios de 2012.O 19 de maio de 1987 faleceu Paz Andrade enVigo, por mor dunha doenza cardiovascular, sen-do enterrado, cuberto coa bandeira galega, nocemiterio da súa vila natal.VALENTÍN PAZ ANDRADE. DÍA DAS LETRAS GALEGAS, 2012 17
  17. 17. CANDO TI VOLVAS Valentín Paz Andrade «Pranto Matricial»NA MATRICIAL GALIZA, SEMPRE TÚA,que dende a Torre de Hércules ao Miñoun facho acenderá por cada illa,cando ti volvas polo mare;de toxo unha fogueira en cada monte,cando ti volvas polo mare;dos castros na coroa unha cachela, Autocaricatura de Alfonso Castelao publicada en «El Faro de Vigo», o 28cando ti volvas polo mare;unha loura candea en cada pino, de xuño de 1931, o día que foi elexido Diputado por Pontevedra.cando ti volvas polo mare;o seu cirio de frouma os alciprestes,cando ti volvas polo mare;luces de ardora branca en cada mastro,cando ti volvas polo mare;un farol mariñeiro en cada dorna,cando ti volvas polo mare;veliñas á xanela en cada casa,cando ti volvas polo mare;e as pérolas das bágoas derramadas,cando ti volvas polo mare;cando ti volvas polo mare... Galiza, 1954VALENTÍN PAZ ANDRADE. DÍA DAS LETRAS GALEGAS, 2012 18
  18. 18. CANTARELA DO CANTEIRO Valentín Paz Andrade «Sementeira do vento» Plim-plim, plim-plim, plim-plim... Con sílaba de ferreiro canta, canta, os minerais sonos debullando, plim-plim, plim-plim, plim-plim... canta, canta o teu cincel. ... O teu arte, canteiro, arte maior do pico e da marreta, qué xeolóxico verso, na castidade crúa do perpiaño labrará para min? ... Plim-plim, plim-plim, plim-plim... As voces unisílabas da pedra, só por túa mao, canteiro, se xuntaron ao pentagrama máxico do mundo. Samil (Vigo), 1959 Paz Andrade, terceiro pola esquerda, diante do monu- mento a Curros Enríquez, na Coruña, xunto a Fernández del Riego, Carré, Xesús Naia... Fondo Real Academia GalegaVALENTÍN PAZ ANDRADE. DÍA DAS LETRAS GALEGAS, 2012 19
  19. 19. TRIADAS DO VENTO NO MAR Valentín Paz Andrade «Sementeira do vento» Verde vento polas leiras e vento azul polo mar, panos da mesma bandeira. Quen fora vento, meu mar e sobre o teu lombo brando puidera o corpo deitar! Quen fora o vento poboado de polen e de cantigas e malvises namorados! Quen fora o vento que rube a refrescar as estrelas despois de folgar coa nube! Quen fora xinete alado de ardor e de vidro feito sobre das olas montado! Na celebración do Premio Trasalba da Fundación Otero Pedrayo concedido a Valentín Paz Andrade, cuarto pola esquerda, no ano 1986. Fondo Fundación PenzolVALENTÍN PAZ ANDRADE. DÍA DAS LETRAS GALEGAS, 2012 20
  20. 20. O BARCO DE SOMBRAS Valentín Paz Andrade «Cen chaves de sombra»Para Xosé Núñez Búa...Despois da meia noite de Vilaxoán partían...Polo peirao durmido vultos de homes da vilapouco a pouco engulidos por un barco sen lucesa pasarela entrando en alongada fila....Cando o pesqueiro boga da Illa para Sálvorarepican a maitíns as monxas dun convento,as luces de Riveira e de Aguiño esmorecen,o mar saúda o barco coa súa mao ao vento....Alá fica Rianxo con Castelao de fora,e Povoa do Deán sen don Ramón senlleiro.Despois o barco vira a costa de Pondalpara ter da liberdade o rumo verdadeiro.Ao doblar Ortegal no roteiro de Franza, «Evasión», unha das estampas do álbum «Atila en Galicia» de Alfon-as cantábricas puntas de Galiza dixeron: so R. Castelao.Adeus fillos da Terra as alleas ciscadose que Deus vos recolla no anaco que nos deron!...De aqueles que unha noite de Vilaxoán partironpoucas malvas darían camposanto da Terra.A dispersión, a praga bíblica de Galiza,nos exiliados roe como cinzas da Guerrra.Pousa Nova do Mar,San Xoán, 1976VALENTÍN PAZ ANDRADE. DÍA DAS LETRAS GALEGAS, 2012 21
  21. 21. CRONOLOXÍA1898 Nace o 23 de abril na parroquia pontevedresa de Lérez. Fillo de Francisco e Matilde. O seu tío, o poeta Xoán Bautista Andrade, exerce unha gran infuencia sobre el.1916 Coñece a Alfonso R. Castelao.1917 Comeza a carreira de Dereito en Compostela.1919 É nomeado presidente do Grupo Autonomista Galego de Estudantes e participa na II Asemblea Nazonalista Galega.1921 Remata a carreira de dereito e é chamado de novo ao servizo militar sendo destinado a Marrocos.1922 Funda o xornal «Galicia. Diario de Vigo», do que será director durante case cinco anos.1924 Primeiro ingreso na cadea, por 15 días, por un artigo publicado na prensa.1926 Péchase o xornal «Galicia», despois de case cinco anos de existencia.1927 É nomeado avogado de «La Marítima», So- ciedade de armadores de Vapores Pesque- ros de Bouzas. Publica o seu primeiro libro de economía pesqueira e comeza as súas colaboracións coa revista «Industrias Pesqueras».1930 Queda nomeado presidente do Grupo Auto- nomista Galego e dá un mitin no García Bar- bon, de Vigo, xunto con Castelao e Otero Pedrayo.1931 Participa na creación do Partido Galeguista e na redacción do Anteproxec- to do Estatuto de Galicia.1936 É tiroteado por dous anarcosindicalistas na rúa do Príncipe.É desterrado a Verín e sofre un segundo atentado dalgúns membros da Falanxe.VALENTÍN PAZ ANDRADE. DÍA DAS LETRAS GALEGAS, 2012 22
  22. 22. CRONOLOXÍA1937 Novos desterros a Requeixo de Queixa, Castro Caldelas e Trives.1938 É novamente desterrado, esta vez a Villanueva de la Serena, en Badaxoz. Casa con María Pilar Rodríguez, á que coñecera durante o seu desterro en Trives.1940 Nace o seu fillo Alfonso. Establece o seu primei- ro contacto epistolar despois da guerra con Cas- telao.1942 Dirixe a revista «Industrias Pesqueras».1950 Viaxa a Sudamérica como conferenciante e ten os seus primeiros contactos cos exiliados gale- gos.1952 É nomeado delegado da FAO, dependente das Nacións Unidas.1955 Publícase en Arxentina «Pranto Matricial», a elexía ao seu amigo Castelao, morto cinco anos antes.1957 Ingresa de novo na cadea por un artigo publicado en «Industrias Pesque- ras».1959 Publica «Galicia como tarefa».1960 Funda en Vigo, xunto con Xosé Fernández López, a empresa Pescanova S. A. da que é nomeado vice- presidente.1965 É nomeado membro da Real Academia Galega.1968 Publica «Sementeira do Vento», o seu segundo li- bro de poemas.1973 Organiza en Vigo a Exposición Mundial da Pesca.1975 Recibe o Pedrón de Ouro.VALENTÍN PAZ ANDRADE. DÍA DAS LETRAS GALEGAS, 2012 23
  23. 23. CRONOLOXÍA1976 Forma parte da chamada Comisión dos Dez para negociar, en nome de Galicia, a transición a un rexime democrático.1977 É elexido senador. Pecha a multitudinaria manifestación de apoio á Autono- mía Galega celebrada en Vigo o 4 de decembro.1978 Le o seu discurso de ingreso na Real Academia Ga- lega. Publica na Coruña «A galecidade na obra de Guimarães Rosa».1979 Publica «Cen chaves de sombra» e recibe a meda- lla da Cidade de Pontevedra.1982 Edítase na Coruña «Castelao na luz e na sombra».1984 Publícase «Galiza lavra a sua imagen». Ingresa como membro da Real Academia Galega das Ciencias.1986 Recibe o Premio Trasalba da Fundación Otero Pedrayo e a Medalla de Ouro da Cidade de Vigo.1987 Falece en Vigo, o 19 de maio e é enterra- do no panteón familiar de Lérez, Ponteve- dra.1997 Publícase o «Epistolario», un conxunto de cartas que explican a súa traxectoria vital.2012 A Real Academia Galega adícalle o Día das Letras. Debuxo de Laxeiro para o li- bro de poemas de Valentín Paz Andrade «Cen chaves de sombra» Fondo RAGVALENTÍN PAZ ANDRADE. DÍA DAS LETRAS GALEGAS, 2012 24

×