Antonio gonzález crã³nica betanzos 26 febreiro 2014

392 views

Published on

  • Be the first to comment

  • Be the first to like this

Antonio gonzález crã³nica betanzos 26 febreiro 2014

  1. 1. Quen me ía dicir a min que volvería de excursión cos do Xestal? “UNHA CRÓNICA PARA NON PERDER AS MAÑAS” Aínda que tanto vos dará ter conta da miña xornada o 26 de febreiro de 2014, a literatura éche así, e hai que aguantar as penas, vidas e paranoias dos que escribimos (menos mal que o meu é ocasional, de vez en cando...). Pois ben, un relato curtiño (máis longo será “Madame Bovary” se o tedes que ler os de 4º ESO para o ano en 1º Bac. ...). Debido á circunstancia de facer as cousas á última hora tiven que ir á Coruña a facer un pasaporte, tiña cita ás nove e media da mañá, e non contaba con chegar a Grego e polo tanto coller o autobús cos da miña clase (1ºC) para a excursión de E.F. do Instituto para ir practicar pádel (xa fixeramos algunha clase diso, coas palas de madeira) alí a unha nave, no polígono de Bergondo (mirade se queredes no Google Maps...). Logo ben, pois foivos así que chegado a Betanzos con meus pais decidín retrasar o meu regreso ao instituto facendo algúns recados, posto que ó non ter os libros nin o resume da clase de Filosofía listo (tiña que o ler eu) non me apetecía nada saír pola porta dos Ferreiros (*creo). Velaquí a miña salvación cando unhas caras coñecidas me saúdan dende o bus de Gilsanz e advirto a Raúl e a Manuel García, e acto seguido vexo que para o autobús na fonte de Diana Cazadora (isto por mitoloxía grega), na Praza do Campo de Betanzos. Chegado a este punto axiña considerei “ir ver qué facían”, e así foi como me unín á visita guiada polas igrexas de Betanzos: Santiago, Convento de San Francisco e igrexa de Santa María do Azogue; todo isto na boa compaña das profes e dos meus compañeiros do ano pasado, cousa que me encheu de ledicia e mesmo euforia, e así tamén foi que cando me baixei do bus nos Institutos xa subín ao da excursión ao pádel, cos compañeiros da clase de 1ºD, e logo aínda xogamos un pedazo bon, e nestes intres, ás once da noite, estou algo cansado... Tamén aproveito esta ocasión para volver mandar a crónica dunha parte da excursión para a Xesteira, aínda que falta unha crónica formal que a han facer dilixentemente os meus compañeiros e compañeiras de seguro. E máis que podería contar. Á volta da excursión, xa para coller o bus e volver á casa, vin a Rafi, a profe de Grego e Latín e excuseille a miña ausencia dicíndolle que xa tiña o pasaporte en regra e que fora visitar as igrexas brigantinas (sempre en termos cultos) cos meus compañeiros e as miñas profes de Monfero; pola súa parte, a profe de E.F. do Instituto (ou jinnasia “con jota y con dos enes”) recibiume no pádel preguntándome que qué tal o deneí (ou DNI, a gusto do consumidor). Como vedes, minuciosos os detalles da xornada, para entreter e rir un pouco se cadra, e se non, por pasar o tempo ben a gusto. A ver o que preparades polo Antroido!! E así me despido, para a xente do Xestal, 26/02/2014 - Antonio González López.

×