SlideShare a Scribd company logo
1 of 3
Download to read offline
1
2.- A ESCOLA DA GALICIA RURAL DE 1950-60
Por Mercedes Cachaza Pratas
Empecei a escola o curso 1953-54. Tiña catro aniños. Era moi miudiña, moi pouquiña
cousa e moi enfermiza. Vivía nunha aldea chamada Churío, do Concello de Irixoa.
Normalmente empezábase aos seis anos, pero eu empecei por iniciativa dunha mestra moi
sabia e moi santa que recordarei toda a vida. Chamábase Dona Raquel Rey de Castro. Queríame
moito e dábame leite quente no recreo porque tiña medo que morrera co frío. Moitos anos despois,
cando puiden, localiceina, e díxome que era como un grao de arroz, como unha boliña de algodón…
Localiceina na ancianidade e visiteina ata o último día que a despedín no Sanatorio Modelo.
Naquela aldea había moitos nenos que un día ían e dous non ían á escola nacional que por
non ter ni sequera tiña edificio propio. Era unha casa alugada para tal fin que tiña dúas plantas: na
planta baixa estaba a cociña da mestra, un WC do que falarei noutro momento, as escaleiras que
subían ata a aula e a corte das vacas á que se entraba por unha porta contigua; no piso estaba a aula
e máis o dormitorio da mestra.
Estaba en tan malas condicións que foi declarada en ruína en varias ocasións, pero como
non había nada mellor…Por non ter, non tiña luz eléctrica, nin por suposto auga na casa.
Loxicamente as casas dos veciños, tampouco a tiñan. A mestra tiña que ir á fonte, igual que todos.
Eu aprendín as primeiras letras á luz do candil. A luz eléctrica chegou tres anos despois.
Era una escola mixta: nenos e nenas de tódalas idades convivíamos baixo a tutela dunha
mestra. Tiñamos moito cambio de mestras, eran case todas interinas porque alí ninguén quería ir polo
mal estado do edificio, polo illado do lugar e pola absoluta falta de servizos.
Con todo había bastante orde e urbamidade entre o alumnado. Para entrar poñiamos unha
fila diante da porta. Saudábamos á mestra coas seguintes palabras: “Buenos días tenga usted”, e ó
saír: “Usted siga bien”. Cando che preguntaba como te chamabas, respondías:“Mercedes Cachaza
Platas” para servir a Dios y a usted”. Para empeza-la xornada escolar; rezábamos un Noso Pai, un
Ave María e un Gloria. Cando tiñamos necesidades fisiolóxicas, pedíamos permiso con estas palabras:
¿Puedo ir a fuera? Buscábamos un lugar escondido e o campo era todo noso.
O idioma oficial coa mestra era o castelán, aínda que na aldea todos falabamos en galego.
Nada máis empezar a escola tiñamos que aprender o idioma da mestra. Realmente tiñamos moito
mérito porque nunca oiramos falar outro idioma que non fora o galego.
O material escolar cabía nun maletín de madeira chamado “cabás”. No cabás levábamos
unha pizarra, un pizarrillo, o silabario onde aprendíamos as vogais, un “Rayas” onde aprendíamos as
primeiras letras e andando o tempo un caderno de caligrafía, un libro que traía algo de todo chamado
“Enciclopedia” e para de contar. Na pizarra facíamos as contas, as redaccións e todo o que nos
mandara a mestra. Usar e borrar, usar e borrar…Borrábamos cos dedos ou a veces cun trapiño que ía
atado cun cordón a un burato que ten a poizarra no marco. De vez en cando lavábamola e quedaba o
marco branquiño e a pizarra limpiña. Eu aínda a conservo e o pizarrillo, tamén.
2
Na aula había un mapa de España e un encerado de cor negra coa pintura moi desgastada
polo paso dos anos. Os pupitres eran de madeira, alargados onde colliamos cinco ou seis alumnos.
Tiñan varios buratos na parte superior onde estaban os tinteiros con tinta para mollar a pluma á hora
de facer caligrafía. Cando rematábamos de facer a caligrafía, secábamos a pluma ó pelo. (Eu era moi
loira, non me quero imaxinar como quedaría…)
O banco tamén era todo corrido, tan longo como a mesa pero no medio estaba pandeado e
case sempre tiña unha para máis gastada que a outra. Aqueles bancos eran os mesmos que usara o
meu avó. Xa chovera! A min sempre me tocou de estar con nenos maiores ca min e tiña que facer
grandes esforzos para alcanza-la mesa.
O alumnado faltaba moitísimo á escola porque tiña que ir chamar as vacas para ara-las
leiras ou levalas a pacer ó monte. Eu fun unha afortunada, porque nunca tiven que ir coas vacas e
podía asistir sempre á escola agás cando estaba enferma, que era moi a miúdo. Non faltei á escola por
ir coas vacas, pero faltei quince meses seguidos por culpa dunha enfermidade que case me bota para o
outro mundo.
Na miña familia valoraban moito a escola e a persoa da mestra. Tanto, tanto que me dicían
que cando estaba na escola, non era da miña familia: “era da mestra”. Polo tanto o que ela dixera, ía
á misa. Non valía queixarse. Pobre de min se me portaba mal!
.
3
Os alumnos máis adiantados conseguían aprender as catro regras: sumar, restar,
multiplicar e dividir, pero moi poucos chegaban a tanto. Eu pertenzo á primeira promoción que obtivo
o Certificado de Estudios Primarios. Presentámonos cinco ou seis e fomos facer un exame á Escola de
Coruxou onde había una mestra en propiedade de moita talla. Chamábase Dona María. Botou alí
toda a vida e recibiu a medalla ó Mérito docente de “Alfonso X, o Sabio. A mestra que nos preparou
para o exame do Certificado de Estudios Primarios, tamén era unha excelente persoa e profesional.
Aínda vive. Chámase Dona Azucena Rodríguez Seoane. Encontrámonos moitos anos despois,
facendo un curso para profesores en Coruña e desde aquel momento seguimos en contacto. Ata
asistiu á miña xubilación.
As mestras vivían no mesmo edifico da escola. Daquela non había medios de transporte
para trasladarse. Na planta baixa tiña a cociña, unha lareira, un vertedeiro, unha mesa e pouco máis.
En fronte da porta da cociña había outra porta: era a do WC onde facía as súas necesidades
fisiolóxicas vía directa á corte das vacas que estaba debaixo. Para durmir tiña un pequeno cuarto
encima da lareira coa cambota da chimenea empotrado na mesma. Debía ser diminuta. Alí nunca
estiven.
Así era a escola primaria da Galicia rural dos meus tempos… Ten algo que ver coa escola
de hoxe en día? Pódese pensar que non, pero eu digo que si:
“QUEN SE ESFORZABA EN APRENDER, APRENDÍA”
¿Non paso hoxe en día o mesmo?
Desde Vigo (PADERNE), 16 de marzo de 2016
MERCEDES CACHAZA PLATAS

More Related Content

What's hot (20)

16. experiencia escolar en fin de semana (1)
16.  experiencia escolar en fin de semana (1)16.  experiencia escolar en fin de semana (1)
16. experiencia escolar en fin de semana (1)
 
15. compañeiros a proba de bomba (1)
15. compañeiros a proba de bomba (1)15. compañeiros a proba de bomba (1)
15. compañeiros a proba de bomba (1)
 
Todo mercedes
Todo mercedesTodo mercedes
Todo mercedes
 
11. a importancia da escrita
11.  a importancia da escrita11.  a importancia da escrita
11. a importancia da escrita
 
12. os nenos son os mellores mestres
12.  os nenos son os mellores mestres12.  os nenos son os mellores mestres
12. os nenos son os mellores mestres
 
1. acepto a invitación ós sesenta e sete anos
1. acepto a invitación  ós sesenta e sete anos1. acepto a invitación  ós sesenta e sete anos
1. acepto a invitación ós sesenta e sete anos
 
40 aniversario do cpi virxe da cela alba rodríguez
40 aniversario do cpi virxe da cela alba rodríguez40 aniversario do cpi virxe da cela alba rodríguez
40 aniversario do cpi virxe da cela alba rodríguez
 
Argalladas 2011 2012
Argalladas 2011  2012Argalladas 2011  2012
Argalladas 2011 2012
 
Obradoiro De CreacióN PoéTica
Obradoiro De CreacióN PoéTicaObradoiro De CreacióN PoéTica
Obradoiro De CreacióN PoéTica
 
Revista junta
Revista juntaRevista junta
Revista junta
 
revista cumes 2016
revista cumes 2016revista cumes 2016
revista cumes 2016
 
O Tesouro Dos Avos
O Tesouro Dos AvosO Tesouro Dos Avos
O Tesouro Dos Avos
 
Revista completa
Revista completaRevista completa
Revista completa
 
Historia de vida: Asunción e Xulia
Historia de vida: Asunción e XuliaHistoria de vida: Asunción e Xulia
Historia de vida: Asunción e Xulia
 
Revista web
Revista webRevista web
Revista web
 
Sabina sanmartín
Sabina sanmartínSabina sanmartín
Sabina sanmartín
 
Marina Ferreiro Fernández
Marina Ferreiro FernándezMarina Ferreiro Fernández
Marina Ferreiro Fernández
 
Manuel Reboredo e Benjamín Rey
Manuel Reboredo e Benjamín ReyManuel Reboredo e Benjamín Rey
Manuel Reboredo e Benjamín Rey
 
Manuel correa
Manuel correaManuel correa
Manuel correa
 
Confianza
ConfianzaConfianza
Confianza
 

Viewers also liked

María josé ramos 40º aniversario colegio
María josé ramos 40º aniversario colegioMaría josé ramos 40º aniversario colegio
María josé ramos 40º aniversario colegiosatelite1
 
O desastre demográfico visto desde o xestal
O desastre demográfico visto desde o xestalO desastre demográfico visto desde o xestal
O desastre demográfico visto desde o xestalsatelite1
 
Escolas viaxeiras 2000 2001
Escolas viaxeiras 2000 2001Escolas viaxeiras 2000 2001
Escolas viaxeiras 2000 2001satelite1
 
Os inicios, por antonio gonzález lópez
Os inicios, por antonio gonzález lópezOs inicios, por antonio gonzález lópez
Os inicios, por antonio gonzález lópezsatelite1
 
3. botándome a voar polo mundo adiante (31-3-2016)
3.  botándome a voar polo mundo adiante (31-3-2016)3.  botándome a voar polo mundo adiante (31-3-2016)
3. botándome a voar polo mundo adiante (31-3-2016)satelite1
 
Escolas viaxeiras 95 96
Escolas viaxeiras 95 96Escolas viaxeiras 95 96
Escolas viaxeiras 95 96satelite1
 
6. ¡sorpresa, sorpresa!
6.  ¡sorpresa, sorpresa!6.  ¡sorpresa, sorpresa!
6. ¡sorpresa, sorpresa!satelite1
 
7. o pé de ouro
7.  o pé de ouro7.  o pé de ouro
7. o pé de ourosatelite1
 
Xogos populares infantil
Xogos populares infantilXogos populares infantil
Xogos populares infantilsatelite1
 
Discurso 40 anos
Discurso 40 anosDiscurso 40 anos
Discurso 40 anossatelite1
 
Xeral corenta anos de escola rematado antonio
Xeral corenta anos de escola rematado antonioXeral corenta anos de escola rematado antonio
Xeral corenta anos de escola rematado antoniosatelite1
 
17. remate dunha etapa
17.  remate dunha etapa17.  remate dunha etapa
17. remate dunha etapasatelite1
 
40 anos vivindo a escola sergio
40 anos vivindo a escola sergio40 anos vivindo a escola sergio
40 anos vivindo a escola sergiosatelite1
 
Crónica do acto
Crónica do actoCrónica do acto
Crónica do actosatelite1
 

Viewers also liked (15)

María josé ramos 40º aniversario colegio
María josé ramos 40º aniversario colegioMaría josé ramos 40º aniversario colegio
María josé ramos 40º aniversario colegio
 
O desastre demográfico visto desde o xestal
O desastre demográfico visto desde o xestalO desastre demográfico visto desde o xestal
O desastre demográfico visto desde o xestal
 
Escolas viaxeiras 2000 2001
Escolas viaxeiras 2000 2001Escolas viaxeiras 2000 2001
Escolas viaxeiras 2000 2001
 
Os inicios, por antonio gonzález lópez
Os inicios, por antonio gonzález lópezOs inicios, por antonio gonzález lópez
Os inicios, por antonio gonzález lópez
 
3. botándome a voar polo mundo adiante (31-3-2016)
3.  botándome a voar polo mundo adiante (31-3-2016)3.  botándome a voar polo mundo adiante (31-3-2016)
3. botándome a voar polo mundo adiante (31-3-2016)
 
Escolas viaxeiras 95 96
Escolas viaxeiras 95 96Escolas viaxeiras 95 96
Escolas viaxeiras 95 96
 
6. ¡sorpresa, sorpresa!
6.  ¡sorpresa, sorpresa!6.  ¡sorpresa, sorpresa!
6. ¡sorpresa, sorpresa!
 
7. o pé de ouro
7.  o pé de ouro7.  o pé de ouro
7. o pé de ouro
 
Xogos populares infantil
Xogos populares infantilXogos populares infantil
Xogos populares infantil
 
Discurso 40 anos
Discurso 40 anosDiscurso 40 anos
Discurso 40 anos
 
Xeral corenta anos de escola rematado antonio
Xeral corenta anos de escola rematado antonioXeral corenta anos de escola rematado antonio
Xeral corenta anos de escola rematado antonio
 
17. remate dunha etapa
17.  remate dunha etapa17.  remate dunha etapa
17. remate dunha etapa
 
40 anos vivindo a escola sergio
40 anos vivindo a escola sergio40 anos vivindo a escola sergio
40 anos vivindo a escola sergio
 
Crónica do acto
Crónica do actoCrónica do acto
Crónica do acto
 
Recursos samain
Recursos samainRecursos samain
Recursos samain
 

Similar to 2. a escola da galicia rural de 1950-60

As escolas nos anos 50, 60 e 70 .pdf
As escolas nos anos 50, 60 e 70 .pdfAs escolas nos anos 50, 60 e 70 .pdf
As escolas nos anos 50, 60 e 70 .pdfBerta Campos
 
Empezar polo principio
Empezar polo principioEmpezar polo principio
Empezar polo principiosatelite1
 
Presentación mulleres
Presentación mulleresPresentación mulleres
Presentación mulleresquendadeira
 
Carta escola antonio gonzález
Carta escola antonio gonzálezCarta escola antonio gonzález
Carta escola antonio gonzálezsatelite1
 
Retallos. nº 2. 2009
Retallos. nº 2. 2009Retallos. nº 2. 2009
Retallos. nº 2. 2009A Solaina
 
Revista A Batea nº 13
Revista A Batea nº 13Revista A Batea nº 13
Revista A Batea nº 13Manuel Busto
 
Expresión escrita con ipads
Expresión escrita con ipadsExpresión escrita con ipads
Expresión escrita con ipadsREME BUDIÑO
 
Expresión escrita con ipads
Expresión escrita con ipadsExpresión escrita con ipads
Expresión escrita con ipadsREME BUDIÑO
 
Traballo na escola de ombre2
Traballo na escola de ombre2Traballo na escola de ombre2
Traballo na escola de ombre2cbrial
 
O Tesouro Dos Nosos Avos Dani
O Tesouro Dos Nosos Avos DaniO Tesouro Dos Nosos Avos Dani
O Tesouro Dos Nosos Avos Danivicente
 
Adeus a dona celia
Adeus a dona celiaAdeus a dona celia
Adeus a dona celiasatelite1
 
Traballo na escola de ombre
Traballo na escola de ombreTraballo na escola de ombre
Traballo na escola de ombrecbrial
 
Argalladas 2014 2015
Argalladas 2014  2015Argalladas 2014  2015
Argalladas 2014 2015radiorasca
 
conto-medo-marilar.pdf
conto-medo-marilar.pdfconto-medo-marilar.pdf
conto-medo-marilar.pdfEncarna Lago
 
Para xesteira de dopico
Para xesteira de dopicoPara xesteira de dopico
Para xesteira de dopicosatelite1
 
Entrevistas 8 marzo
Entrevistas 8 marzoEntrevistas 8 marzo
Entrevistas 8 marzosatelite1
 

Similar to 2. a escola da galicia rural de 1950-60 (20)

As escolas nos anos 50, 60 e 70 .pdf
As escolas nos anos 50, 60 e 70 .pdfAs escolas nos anos 50, 60 e 70 .pdf
As escolas nos anos 50, 60 e 70 .pdf
 
Empezar polo principio
Empezar polo principioEmpezar polo principio
Empezar polo principio
 
Presentación mulleres
Presentación mulleresPresentación mulleres
Presentación mulleres
 
Carta escola antonio gonzález
Carta escola antonio gonzálezCarta escola antonio gonzález
Carta escola antonio gonzález
 
Retallos. nº 2. 2009
Retallos. nº 2. 2009Retallos. nº 2. 2009
Retallos. nº 2. 2009
 
Revista A Batea nº 13
Revista A Batea nº 13Revista A Batea nº 13
Revista A Batea nº 13
 
Expresión escrita con ipads
Expresión escrita con ipadsExpresión escrita con ipads
Expresión escrita con ipads
 
Expresión escrita con ipads
Expresión escrita con ipadsExpresión escrita con ipads
Expresión escrita con ipads
 
Traballo na escola de ombre2
Traballo na escola de ombre2Traballo na escola de ombre2
Traballo na escola de ombre2
 
O Tesouro Dos Nosos Avos Dani
O Tesouro Dos Nosos Avos DaniO Tesouro Dos Nosos Avos Dani
O Tesouro Dos Nosos Avos Dani
 
Adeus a dona celia
Adeus a dona celiaAdeus a dona celia
Adeus a dona celia
 
Traballo na escola de ombre
Traballo na escola de ombreTraballo na escola de ombre
Traballo na escola de ombre
 
Eva Gesto.key
Eva Gesto.keyEva Gesto.key
Eva Gesto.key
 
Revista
RevistaRevista
Revista
 
Argalladas 2014 2015
Argalladas 2014  2015Argalladas 2014  2015
Argalladas 2014 2015
 
conto-medo-marilar.pdf
conto-medo-marilar.pdfconto-medo-marilar.pdf
conto-medo-marilar.pdf
 
Para xesteira de dopico
Para xesteira de dopicoPara xesteira de dopico
Para xesteira de dopico
 
Carreiros 6 (2007)
Carreiros 6 (2007)Carreiros 6 (2007)
Carreiros 6 (2007)
 
Entrevistas
EntrevistasEntrevistas
Entrevistas
 
Entrevistas 8 marzo
Entrevistas 8 marzoEntrevistas 8 marzo
Entrevistas 8 marzo
 

More from satelite1

Dossier escolar pacc 2019
Dossier escolar pacc 2019Dossier escolar pacc 2019
Dossier escolar pacc 2019satelite1
 
Convocatoria concurso-letras-galegas-2021
Convocatoria concurso-letras-galegas-2021Convocatoria concurso-letras-galegas-2021
Convocatoria concurso-letras-galegas-2021satelite1
 
Revista ef novembro comprimido
Revista ef novembro comprimidoRevista ef novembro comprimido
Revista ef novembro comprimidosatelite1
 
Monografico monfero solidario
Monografico monfero solidarioMonografico monfero solidario
Monografico monfero solidariosatelite1
 
Ccg ac 2020_xxii-encontros_normalizacion
Ccg ac 2020_xxii-encontros_normalizacionCcg ac 2020_xxii-encontros_normalizacion
Ccg ac 2020_xxii-encontros_normalizacionsatelite1
 
Proposta semana 2
Proposta semana 2Proposta semana 2
Proposta semana 2satelite1
 
Proposta semana 1
Proposta semana 1Proposta semana 1
Proposta semana 1satelite1
 
1 revista ef movete xa
1 revista ef  movete xa1 revista ef  movete xa
1 revista ef movete xasatelite1
 
O grelo como sinal de identidade la voz galicia 4 nov 20 (1)
O grelo como sinal de identidade la voz galicia 4 nov 20 (1)O grelo como sinal de identidade la voz galicia 4 nov 20 (1)
O grelo como sinal de identidade la voz galicia 4 nov 20 (1)satelite1
 
Feira do grelo 2020 andrea rivera.
Feira do grelo 2020 andrea rivera.Feira do grelo 2020 andrea rivera.
Feira do grelo 2020 andrea rivera.satelite1
 
Magosto 2020
Magosto 2020Magosto 2020
Magosto 2020satelite1
 
Bases premio-galego-ep cg
Bases premio-galego-ep cgBases premio-galego-ep cg
Bases premio-galego-ep cgsatelite1
 
Invitacion cafe coruna 2020
Invitacion cafe coruna 2020Invitacion cafe coruna 2020
Invitacion cafe coruna 2020satelite1
 
Xornadas becreativa 2020_borrador_03
Xornadas becreativa 2020_borrador_03Xornadas becreativa 2020_borrador_03
Xornadas becreativa 2020_borrador_03satelite1
 
Entrevista sobre o cancioneiro de monfero
Entrevista sobre o cancioneiro de monferoEntrevista sobre o cancioneiro de monfero
Entrevista sobre o cancioneiro de monferosatelite1
 
8 marzo actividades.docx
8 marzo actividades.docx8 marzo actividades.docx
8 marzo actividades.docxsatelite1
 
8 maio de ninas-a-leyendas
8 maio de ninas-a-leyendas8 maio de ninas-a-leyendas
8 maio de ninas-a-leyendassatelite1
 
A voz do xestal
A voz do xestalA voz do xestal
A voz do xestalsatelite1
 
Calendarioescolar20202021
Calendarioescolar20202021Calendarioescolar20202021
Calendarioescolar20202021satelite1
 
Asamblea cierre 2020
Asamblea cierre 2020Asamblea cierre 2020
Asamblea cierre 2020satelite1
 

More from satelite1 (20)

Dossier escolar pacc 2019
Dossier escolar pacc 2019Dossier escolar pacc 2019
Dossier escolar pacc 2019
 
Convocatoria concurso-letras-galegas-2021
Convocatoria concurso-letras-galegas-2021Convocatoria concurso-letras-galegas-2021
Convocatoria concurso-letras-galegas-2021
 
Revista ef novembro comprimido
Revista ef novembro comprimidoRevista ef novembro comprimido
Revista ef novembro comprimido
 
Monografico monfero solidario
Monografico monfero solidarioMonografico monfero solidario
Monografico monfero solidario
 
Ccg ac 2020_xxii-encontros_normalizacion
Ccg ac 2020_xxii-encontros_normalizacionCcg ac 2020_xxii-encontros_normalizacion
Ccg ac 2020_xxii-encontros_normalizacion
 
Proposta semana 2
Proposta semana 2Proposta semana 2
Proposta semana 2
 
Proposta semana 1
Proposta semana 1Proposta semana 1
Proposta semana 1
 
1 revista ef movete xa
1 revista ef  movete xa1 revista ef  movete xa
1 revista ef movete xa
 
O grelo como sinal de identidade la voz galicia 4 nov 20 (1)
O grelo como sinal de identidade la voz galicia 4 nov 20 (1)O grelo como sinal de identidade la voz galicia 4 nov 20 (1)
O grelo como sinal de identidade la voz galicia 4 nov 20 (1)
 
Feira do grelo 2020 andrea rivera.
Feira do grelo 2020 andrea rivera.Feira do grelo 2020 andrea rivera.
Feira do grelo 2020 andrea rivera.
 
Magosto 2020
Magosto 2020Magosto 2020
Magosto 2020
 
Bases premio-galego-ep cg
Bases premio-galego-ep cgBases premio-galego-ep cg
Bases premio-galego-ep cg
 
Invitacion cafe coruna 2020
Invitacion cafe coruna 2020Invitacion cafe coruna 2020
Invitacion cafe coruna 2020
 
Xornadas becreativa 2020_borrador_03
Xornadas becreativa 2020_borrador_03Xornadas becreativa 2020_borrador_03
Xornadas becreativa 2020_borrador_03
 
Entrevista sobre o cancioneiro de monfero
Entrevista sobre o cancioneiro de monferoEntrevista sobre o cancioneiro de monfero
Entrevista sobre o cancioneiro de monfero
 
8 marzo actividades.docx
8 marzo actividades.docx8 marzo actividades.docx
8 marzo actividades.docx
 
8 maio de ninas-a-leyendas
8 maio de ninas-a-leyendas8 maio de ninas-a-leyendas
8 maio de ninas-a-leyendas
 
A voz do xestal
A voz do xestalA voz do xestal
A voz do xestal
 
Calendarioescolar20202021
Calendarioescolar20202021Calendarioescolar20202021
Calendarioescolar20202021
 
Asamblea cierre 2020
Asamblea cierre 2020Asamblea cierre 2020
Asamblea cierre 2020
 

2. a escola da galicia rural de 1950-60

  • 1. 1 2.- A ESCOLA DA GALICIA RURAL DE 1950-60 Por Mercedes Cachaza Pratas Empecei a escola o curso 1953-54. Tiña catro aniños. Era moi miudiña, moi pouquiña cousa e moi enfermiza. Vivía nunha aldea chamada Churío, do Concello de Irixoa. Normalmente empezábase aos seis anos, pero eu empecei por iniciativa dunha mestra moi sabia e moi santa que recordarei toda a vida. Chamábase Dona Raquel Rey de Castro. Queríame moito e dábame leite quente no recreo porque tiña medo que morrera co frío. Moitos anos despois, cando puiden, localiceina, e díxome que era como un grao de arroz, como unha boliña de algodón… Localiceina na ancianidade e visiteina ata o último día que a despedín no Sanatorio Modelo. Naquela aldea había moitos nenos que un día ían e dous non ían á escola nacional que por non ter ni sequera tiña edificio propio. Era unha casa alugada para tal fin que tiña dúas plantas: na planta baixa estaba a cociña da mestra, un WC do que falarei noutro momento, as escaleiras que subían ata a aula e a corte das vacas á que se entraba por unha porta contigua; no piso estaba a aula e máis o dormitorio da mestra. Estaba en tan malas condicións que foi declarada en ruína en varias ocasións, pero como non había nada mellor…Por non ter, non tiña luz eléctrica, nin por suposto auga na casa. Loxicamente as casas dos veciños, tampouco a tiñan. A mestra tiña que ir á fonte, igual que todos. Eu aprendín as primeiras letras á luz do candil. A luz eléctrica chegou tres anos despois. Era una escola mixta: nenos e nenas de tódalas idades convivíamos baixo a tutela dunha mestra. Tiñamos moito cambio de mestras, eran case todas interinas porque alí ninguén quería ir polo mal estado do edificio, polo illado do lugar e pola absoluta falta de servizos. Con todo había bastante orde e urbamidade entre o alumnado. Para entrar poñiamos unha fila diante da porta. Saudábamos á mestra coas seguintes palabras: “Buenos días tenga usted”, e ó saír: “Usted siga bien”. Cando che preguntaba como te chamabas, respondías:“Mercedes Cachaza Platas” para servir a Dios y a usted”. Para empeza-la xornada escolar; rezábamos un Noso Pai, un Ave María e un Gloria. Cando tiñamos necesidades fisiolóxicas, pedíamos permiso con estas palabras: ¿Puedo ir a fuera? Buscábamos un lugar escondido e o campo era todo noso. O idioma oficial coa mestra era o castelán, aínda que na aldea todos falabamos en galego. Nada máis empezar a escola tiñamos que aprender o idioma da mestra. Realmente tiñamos moito mérito porque nunca oiramos falar outro idioma que non fora o galego. O material escolar cabía nun maletín de madeira chamado “cabás”. No cabás levábamos unha pizarra, un pizarrillo, o silabario onde aprendíamos as vogais, un “Rayas” onde aprendíamos as primeiras letras e andando o tempo un caderno de caligrafía, un libro que traía algo de todo chamado “Enciclopedia” e para de contar. Na pizarra facíamos as contas, as redaccións e todo o que nos mandara a mestra. Usar e borrar, usar e borrar…Borrábamos cos dedos ou a veces cun trapiño que ía atado cun cordón a un burato que ten a poizarra no marco. De vez en cando lavábamola e quedaba o marco branquiño e a pizarra limpiña. Eu aínda a conservo e o pizarrillo, tamén.
  • 2. 2 Na aula había un mapa de España e un encerado de cor negra coa pintura moi desgastada polo paso dos anos. Os pupitres eran de madeira, alargados onde colliamos cinco ou seis alumnos. Tiñan varios buratos na parte superior onde estaban os tinteiros con tinta para mollar a pluma á hora de facer caligrafía. Cando rematábamos de facer a caligrafía, secábamos a pluma ó pelo. (Eu era moi loira, non me quero imaxinar como quedaría…) O banco tamén era todo corrido, tan longo como a mesa pero no medio estaba pandeado e case sempre tiña unha para máis gastada que a outra. Aqueles bancos eran os mesmos que usara o meu avó. Xa chovera! A min sempre me tocou de estar con nenos maiores ca min e tiña que facer grandes esforzos para alcanza-la mesa. O alumnado faltaba moitísimo á escola porque tiña que ir chamar as vacas para ara-las leiras ou levalas a pacer ó monte. Eu fun unha afortunada, porque nunca tiven que ir coas vacas e podía asistir sempre á escola agás cando estaba enferma, que era moi a miúdo. Non faltei á escola por ir coas vacas, pero faltei quince meses seguidos por culpa dunha enfermidade que case me bota para o outro mundo. Na miña familia valoraban moito a escola e a persoa da mestra. Tanto, tanto que me dicían que cando estaba na escola, non era da miña familia: “era da mestra”. Polo tanto o que ela dixera, ía á misa. Non valía queixarse. Pobre de min se me portaba mal! .
  • 3. 3 Os alumnos máis adiantados conseguían aprender as catro regras: sumar, restar, multiplicar e dividir, pero moi poucos chegaban a tanto. Eu pertenzo á primeira promoción que obtivo o Certificado de Estudios Primarios. Presentámonos cinco ou seis e fomos facer un exame á Escola de Coruxou onde había una mestra en propiedade de moita talla. Chamábase Dona María. Botou alí toda a vida e recibiu a medalla ó Mérito docente de “Alfonso X, o Sabio. A mestra que nos preparou para o exame do Certificado de Estudios Primarios, tamén era unha excelente persoa e profesional. Aínda vive. Chámase Dona Azucena Rodríguez Seoane. Encontrámonos moitos anos despois, facendo un curso para profesores en Coruña e desde aquel momento seguimos en contacto. Ata asistiu á miña xubilación. As mestras vivían no mesmo edifico da escola. Daquela non había medios de transporte para trasladarse. Na planta baixa tiña a cociña, unha lareira, un vertedeiro, unha mesa e pouco máis. En fronte da porta da cociña había outra porta: era a do WC onde facía as súas necesidades fisiolóxicas vía directa á corte das vacas que estaba debaixo. Para durmir tiña un pequeno cuarto encima da lareira coa cambota da chimenea empotrado na mesma. Debía ser diminuta. Alí nunca estiven. Así era a escola primaria da Galicia rural dos meus tempos… Ten algo que ver coa escola de hoxe en día? Pódese pensar que non, pero eu digo que si: “QUEN SE ESFORZABA EN APRENDER, APRENDÍA” ¿Non paso hoxe en día o mesmo? Desde Vigo (PADERNE), 16 de marzo de 2016 MERCEDES CACHAZA PLATAS