Successfully reported this slideshow.
We use your LinkedIn profile and activity data to personalize ads and to show you more relevant ads. You can change your ad preferences anytime.

Tema 6 Galicia na Idade Media

4,948 views

Published on

Published in: Education
  • Be the first to comment

Tema 6 Galicia na Idade Media

  1. 1. TEMA 6GALICIA NA IDADE MEDIA 2º ESO
  2. 2. INTRODUCIÓN● No ano 714 os musulmáns chegaron á zona oriental de Galicia, onde permaneceron moi pouco tempo.● Desde finais do século VIII Galicia integrouse progresivamente no reino de Asturias e seguiu a súa mesma evolución política, aínda que sufriu as razzias dos musulmáns ata o século X.● A partir daquela, Galicia viviu unha grande expansión da agricultura, da artesanía e do comercio. Tamén se produciu un importante desenvolvemento das cidades, grazas á chegada de grandes cantidades de peregrinos.● Nesta época construíronse en Galicia numerosos edificios relixiosos de estilo románico ao longo do Camiño de Santiago, como a catedral de Santiago de Compostela.● Pero no século XIV  Galicia entrou nun período de crise económica e política que conduciu a unha serie de conflitos sociais durante o século XV, as chamadas guerras irmandiñas, consideradas as primeiras revoltas antiseñoriais de Europa.
  3. 3. 1DA INVASIÓN MUSULMÁ Á COROA DE CASTELA
  4. 4. A CHEGADA DOS MUSULMÁNS A GALICIA● Os exércitos musulmáns non chegaron a ocupar a totalidade da Península Ibérica en ningún momento.● A zona norte, por ser unha terra inhóspita para os musulmáns e de escaso rendemento agrícola, foi abandonada rapidamente.● As tropas musulmás de Musa ibn Nusayr chegaron entre o ano 713 e o 714 ata Lugo.● A mediados do século VIII, o territorio galego quedou á marxe dos enfrontamentos entre cristiáns e musulmáns.
  5. 5. A INTEGRACIÓN NO REINO ASTUR-LEONÉS● Durante o reinado de Alfonso I (739-757) Galicia quedou incorporada á coroa asturiana.● Iniciouse un longo período de enfrontamentos entre a nobreza galega e os reis da coroa ástur-leonesa.● Ademais, vivíronse tempos de inseguridade provocada por varios ataques vikingos nos séculos IX e X.● No ano 997, o caudillo musulmán Al-Mansur ocupou e arrasou a cidade de Santiago. Torres de Catoira. ReconstruciónTorres de Catoira actualidade Almanzor en Santiago
  6. 6. GALICIA NOS SÉCULOS X E XI● Ao final do século IX, ao morrer o rei ástur-leonés Afonso III, repartiuse o reino entre os seus fillos.● O seu fillo Ordoño II recibiu Galicia, que se estendía ata ao Norte de Portugal, constituíndose por primeira vez como reino independente (910)● Ao longo dos séculos X e XI, Galicia manteríase en ocasións como reino independente ou unida ao reino de León. Ordoño II
  7. 7. GALICIA, DA INDEPENDENCIA Á UNIÓN CON CASTELA● Alfonso VI de León e Castela (1071-1109) dividiu Galicia en dous condados: Galicia e Portugal (este último convertirase nun reino independente).● No ano 1109, un grupo da nobreza galega encabezado polo conde de Traba e apoiados polo arcebispo Diego Xelmírez proclamou rei de Galicia a Alfonso Raimúndez (futuro Alfonso VII).● A posterior coroación de Alfonso Raimúndez como Alfonso VII, rei de Castela e León (1126), púxolle fin ao reino de Galicia que a partir daquela pasou a depender definitivamente da Coroa de Castela.● Impúxose o poder real sobre o nobiliario● Galicia perde peso político e sufre progresivamente unha política de castelanización.
  8. 8. 2SEÑORES E CAMPESIÑOS
  9. 9. SOCIEDADE FEUDAL GALEGA: SEÑORES (NOBRES, BISPOS E ABADES) E CAMPESIÑOS SOCIEDADE FEUDAL GALEGA: SEÑORES (NOBRES, BISPOS E ABADES) E CAMPESIÑOS● Os monarcas ástur-leoneses temían o poder da nobreza galega e pagaron a súa fidelidade coa concesión de importantes extensións de terras e señoríos (FEUDOS).● Algunhas familias nobres recibiron o título de conde, o cal lles permitía desempeñar funcións militares, administrar xustiza e cobrar impostos. E o mesmo aconteceu cos abades dos mosteiros máis importantes e cos bispos que recibiron grandes extensións de terra.● En Galicia, coma no resto da Península, a meirande parte da terra pertencía á nobreza, aos bispados e aos mosteiros.● Un dos trazos máis característicos da sociedade galega medieval foi a preponderancia dos bispos e abades, incluso máis poderosos que os nobres.● O arcebispado de Santiago convertiuse nun dos señoríos máis ricos e influentes dos reinos cristiáns. O mesmo lles sucedeu aos abades dos grandes mosteiros, como Sobrado, Samos ou Celanova. Outros: Oseira, Caaverio, Lourenzá ou Meira.● En Galicia existían campesiños donos de pequenas propiedades. Debido á inseguridade e o medo por mor das frecuentes incursións de musulmáns e normandos a meirande parte destes campesiños lles entregasen as súas terras aos grandes señores a cambio de protección (convertíanse en servos), completándose así o proceso de FEUDALIZACIÓN.● Os campesiños seguiron a traballar a terra, pero estaban obrigados a lle entregar ao señor unha parte importante dos seus froitos.● Baixo a protección e a dependencia dun señor, os campesiños vivían agrupados en vilas, pequenos núcleos rurais, moi semellantes ás aldeas actuais .● Segundo foi medrando a poboación, caváronse novas terras de cultivo e naceron os vilares, pequenas vilas, e os casais, explotacións unifamiliares illadas. A agricultura era a principal actividade económica das vilas (cultivo de cereais=pan), caracterizada por ser moi primitiva e de baixos rendementos.
  10. 10. O CAMIÑO DE SANTIAGO● Alfonso II, rei de Asturias, mandou construír unha igrexa no lugar onde, segundo a lenda, se atopa a tumba do Apóstolo Santiago. A partir do século XI, esta igrexa converteuse nun dos principais centros de peregrinación da Cristiandade e deu orixe ao Camiño de Santiago.● Para atender as necesidades dos peregrinos construíronse casas de hóspedes, hospitais e igrexas. Tamén se crearon núcleos fixos de artesáns e mercadores, que contribuíron ao florecemento das cidades do Camiño (Jaca, Estella, Pamplona, Logroño, Burgos, León, Santiago...).● Por esta vía expandíronse na Península os novos estilos arquitectónicos (Románico e Gótico) que triunfaban en Europa, ideas, costumes, mercadorías,...
  11. 11. A CATEDRAL DE SANTIAGO● De estilo románico foi construída entre 1075 e 1128. As obras conclúen definitivamente en 1211.● A planta de cruz latina organízase en tres naves lonxitudinais de bóveda de canón, cruzadas por un transepto dividido tamén en tres naves.● A cabeceira organízase a través dun deambulatorio ou corredor con pequenas capelas radiais, que rodea o presbiterio.● No seu exterior impresionaba a súa complexa cabeceira e as dúas torres cadradas que flanqueaban o Pórtico da Gloria, xoia do Románico hispánico.
  12. 12. Alzado da Catedral de Santiago Peregrino Nunha sociedade profundamente cristiá, a peregrinación converteuse nun medio para facerse perdoar os pecados e reconciliarse con Deus.
  13. 13. 3ACTIVIDADES ECONÓMICAS NOS SÉCULOS XII E XIII
  14. 14. A AGRICULTURA. O FORO● O desenvolvemento da agricultura e o aumento da poboación provocaron a ampliación das terras de cultivo, o crecemento das antigas vilas e a aparición doutras novas chamadas agora vilanovas.● O progreso da agricultura afectou a todos os cultivos e en especial á vide. Toda Galicia se poboou de viñedos.● No século XIII o nace o foro, un contrato agrario que perdurará ata o século XX.● Mediante este contrato os grandes propietarios, nobres, bispos ou abades, cedíanlle terras a unha familia de campesiños a cambio dunha renda fixa ou proporcional, normalmente unha parte da colleita, e da prestación dalgúns servizos.
  15. 15. PESCA MARÍTIMA E SALGADURAS● Os séculos XII e XIII foron os do despegue da pesca marítima.● As especies máis capturadas eran a pescada, o congro e a sardiña.● Na súa captura utilizábanse artes de pesca (trasmallo, xeito, sacada, cerco...) que aínda se empregan na actualidade.● A pesca marítima, e en especial a da sardiña, deu lugar a unha importante industria de salgaduras e á explotación de salinas na península do Salnés.
  16. 16. A ARTESANÍA. O COMERCIO● Nesta época xorden artesáns especialistas que asentan nas cidades.● Abundaban os toneleiros, os peleteiros, gornicioneiros, bolseiros e zapateiros.● Nas vilas mariñeiras as actividades máis importantes xiraban ao redor das salgaduras de peixe.● O aumento da produción agrícola, artesanal e o tráfico de peregrinos, reactivaron o comercio e mais a organización de feiras e mercados nas principais cidades galegas.
  17. 17. AS CIDADES● O apoxeo das peregrinacións e o desenvolvemento da artesanía e mais do comercio deron lugar ao nacemento de numerosas cidades galegas.● As vilas mariñeiras (Pontevedra, Muros, Noia, A Coruña, Ribadeo, Viveiro...) medraron ao abeiro das actividades pesqueiras.● Ourense, Tui ou Mondoñedo debíanlle a súa importancia ao feito de seren sés episcopais.
  18. 18. 4CONFLITOS SOCIAIS NABAIXA IDADE MEDIA EN GALICIA
  19. 19. UNHA ÉPOCA DE PENURIAS E DIFICULTADES● Durante o transcurso dos séculos XIV e XV a xente de Galicia, o mesmo que a do resto da Península e a de Europa, viviu tempos difíciles.● Ás continuas adversidades climatolóxicas, ás malas colleitas e á fame seguiulles a peste (Peste Negra do ano 1348), que decimou a poboación de Galicia.● Iniciouse ademais a decadencia da peregrinación a Santiago.● Todo isto xerou unha serie de conflitos sociais que desembocaron, durante o século XV, nas chamadas guerras irmandiñas, que foron unhas das primeiras e máis importantes revoltas antiseñoriais de Europa.
  20. 20. AS IRMANDADES● O termo irmandiñas procede de irmandades, asociacións de xente das cidades, características do final da Idade Media.● Defendían os intereses comúns dos cidadáns fronte aos abusos dos señores e aseguraban o exercicio da xustiza.● Nas cidades galegas a súa actuación dirixiuse, principalmente, contra os bispos, cuxos privilexios dificultaban o desenvolvemento do comercio e da artesanía.● Desde os comezos do século XV abundaron os conflitos nas principais cidades galegas contra os bispos. Ex: Santiago ou Ourense
  21. 21. AS GUERRAS IRMANDIÑAS● As irmandades estendéronse ao campo onde os nobres, cunhas rendas que diminuíran por mor da crise económica, cometían toda clase de delitos, atropelos e saqueos sobre os campesiños.● No ano 1431 iniciouse a Primeira Guerra Irmandiña. O conflito afectou aos dominios dos Andrade (Pontedeume, Betanzos, Ferrol e Vilalba) que trataban os seus vasalos con extrema dureza, e estivo dirixida por Roi Xordo. Torre dos Andrade - Pontedeume Torre dos Andrade - Vilalba
  22. 22. AS GUERRAS IRMANDIÑAS● Entre os anos 1467 e 1469 desenvolveuse a Segunda ou Gran Guerra Irmandiña.● Esta revolta tivo un carácter de guerra civil, xa que se espallou por toda Galicia e nela se viron envoltos a meirande parte de grupos sociais.● Os líderes máis salientados foron Alonso de Lanzós, Pedro de Osorio e Diego de Lemos.● A ira dos irmandiños dirixiuse contra as torres e fortalezas. A meirande parte dos nobres fuxiron de Galicia e máis de 130 fortalezas foron destruídas.● Contando co apoio do rei, os nobres feudais reaccionaron e, baixo a dirección de Pedro Madruga, conde de Caminha, e do mariscal Pardo de Cela, derrotaron as tropas irmandiñas nas proximidades de Santiago.● Máis tarde, a oposición da nobreza galega ao novo Estado autoritario establecido polos Reis Católicos tivo como consecuencia a tráxica morte do mariscal Pardo de Cela.
  23. 23. 5A ARTE ROMÁNICA EN GALICIA
  24. 24. A ARTE ROMÁNICA EN GALICIA● Existen gran cantidade de monumentos románicos conservados en Galicia, debido ao Camiño de Santiago.● A Ribeira Sacra e tamén a Ribeira do Miño son as zonas que concentran un maior número de mosteiros, como os de Santo Estevo de Ribas de Sil, Carboeiro en Silleda ou San Clodio en Leiro.● Iniciouse a construción de importantes catedrais. Santiago de Compostela, San Martiño de Mondoñedo, Lugo ou Ourense.● En arquitectura civil salienta o Pazo arcebispal de Santiago de Compostela, levantado polo bispo Diego Xelmírez.● A catedral de Santiago foi tamén en escultura o principal foco artístico do Románico galego. Destaca a Portada de Praterías e o Pórtico da Gloria do Mestre Mateo.● Consérvanse notables exemplos de ilustración de códices: Libro das Horas de Fernando I e o Códice Calixtino ou Liber Sancti Jacobi.
  25. 25. Santo Estevo de Ribas do Sil Porta de PrateríasPazo de Xelmírez
  26. 26. 6A ARTE GÓTICA EN GALICIA
  27. 27. ARQUITECTURA● A arte gótica implantouse maiormente nas cidades da man das ordes mendicantes, concretamente a dos franciscanos e a dos dominicanos, que chegaron a Galicia no século XIII.● A simbiose entre Románico e Gótico tivo as súas primeiras manifestacións nos mosteiros do císter, como os da Armenteira, Acibeiro e Oia (Pontevedra), Monfero (A Coruña), Meira (Lugo) e Oseira e Melón (Ourense).● As construcións góticas en Galicia caracterízanse por renunciar ás esveltas torres con pináculos, ás vidreiras coloreadas e á profusión de naturalistas esculturas, pero utilizaron amplamente os elementos góticos máis esenciais, como as bóvedas de cruzaría e o arco apuntado, como nas igrexas góticas de Betanzos (A Coruña).
  28. 28. Catedral de Tui Igrexa do mosteiro de Meira Igrexa de San Francisco - BetanzosMosteiro de Oseira
  29. 29. ESCULTURA● A decoración dos tímpanos en igrexas e catedrais diminuíu durante este período aínda que existen importantes exemplos como a monumental portada da catedral de Tui.● A escultura funeraria popularízase a partir de 1280, e esténdese de modo progresivo entre a nobreza e o clero medio.● Durante as primeiras décadas do século XIV multiplicáronse os monumentos funerarios en igrexas, catedrais e conventos. Ex: sepulcro de Fernán Pérez de Andrade (Betanzos)● Outras manifestacións significativas de escultura gótica galega son os baldaquinos, os retablos e as imaxes en madeira policromada. Portada Catedral de Tui Sepulcro de Fernán Pérez de Andrade
  30. 30. FIN

×