Successfully reported this slideshow.
We use your LinkedIn profile and activity data to personalize ads and to show you more relevant ads. You can change your ad preferences anytime.
1
ACTIVIDADE
XORNADA DE SENSIBILIZACIÓN E LOITA
CONTRA A HOMOFOBIA
Rocío Méndez Penela
Destinatarios
Alumnado de ESO: 12-1...
2
• Reforzar a capacidade de empatía e o recoñecemento de emocións e
sentimentos alleos.
• Estimular a reflexión crítica d...
3
Recursos
Vídeos:
AMAR NO ES UN DELITO
EXPERIMENTO SOCIAL CONTRA LA HOMOFOBIA
VIDEO MENSAXE DA ONU CONTRA A HOMOFOBIA
PRI...
4
Avaliación ( indicadores de logro )
- Grado de participación do alumnado
- Interese polo tema abordado
- Valoración posi...
Upcoming SlideShare
Loading in …5
×

Xornada contra homofobia

2,053 views

Published on

Xornada contra homofobia

Published in: Education
  • Be the first to comment

  • Be the first to like this

Xornada contra homofobia

  1. 1. 1 ACTIVIDADE XORNADA DE SENSIBILIZACIÓN E LOITA CONTRA A HOMOFOBIA Rocío Méndez Penela Destinatarios Alumnado de ESO: 12-16 anos do CPI Pedrafita do Cebreiro Temporalización Unha ou dúas sesións en datas próximas ao 17 de maio por ser o Día Internacional contra a Homofobia, en función de se é posible agrupar a todo o alumnado ou se fan dous grupos (1º e 2º ESO por un lado e 3º e 4º por outro). Contextualización Esta actividade organízase entre o Departamento de Orientación e o Equipo Directivo e será impartida pola PT e Directora ante a detección de actitudes homófobas do alumnado desta etapa, presentes na localidade e nas familias do alumnado que transmiten mensaxes que reafirman estas actitudes. Contidos • A sexualidade humana. Orientación e identidade sexuais. • Aceptación positiva das manifestacións afectivo-sexuais, tanto entre persoas do mismo como de distinto sexo. • Os estereotipos e prexuizos presentes na nosa sociedad en relación coa diversidade sexual e a súa influenza sobre as persoas. Obxectivos • Desenvolver actitudes e condutas que valoren e respecten as diferencias entre os sexos, e as diversas orientacións e identidades sexuais, fomentando os valores de respeto á diversidade, igualdade de dereitos e oportunidades. • Fomentar a erradicación dos estereotipos sexistas e homófobos que supoñen a discriminación entre mulleres e homes, e entre heterosexuais, homosexuais e transexuais. • Diminuir os niveis de homofobia e transfobia previndo unha posible xeneración de casos de acoso ou situacións de marxinación e exclusión social. • Previr e reducir os riscos de exclusión dos rapaces e rapazas LGTB.
  2. 2. 2 • Reforzar a capacidade de empatía e o recoñecemento de emocións e sentimentos alleos. • Estimular a reflexión crítica das ideas nas que se basean os procesos de discriminación e exclusión a partir da orientación sexual, destacando os lugares (países, entornos laborais, etc.) en que se fai máis evidente. • Promover a valoración do dereito das persoas a vivir a súa sexualidade de acordo coas súas conviccións e preferencias respectando sempre os dereitos dos outros. Actividades 1. Empezar a xornada proxentando o vídeo “Amar no es un delito” e ler o relato “Demasiado tarde” da publicación “Relatos para trabajar la diversidad” da Fundación Triángulo na que se aborda o tema do suicidio ante as dificultades por unha diversidade sexual e a falta de apoio. 2. Braining Storm coas sensacións, sentimentos, ideas, etc. que aparecen ante o vídeo e o relato intentando orientar ao alumnado ao tema da igualdade das persoas sexa cal sexa a súa identidade e orientación sexual. 3. Proxección do vídeo “Experimento social contra la homofobia en Madrid” e debate sobre cómo reaccionarían eles ou elas no caso de ser as persoas que son consultadas pola rúa. 4. Amosar o esquema gráfico sobre os elementos da sexualidade e os primeiros 6 minutos de Documentos Tv sobre a transexualidade co caso de Ariel. Intentar explicar en que consiste cada elemento e resolver as dúbidas que aparezan. 5. Proxectar o vídeo “Mensaxe da ONU contra a Homofobia” e intentar visibilizar as dificultades que teñen en diferentes países (incluso penas de cárcere) as persoas LGTB. 6. Proxección do vídeo “Primer abrazo gay-experimento” e debater sobre posibles reaccións incidindo nas diferenzas cando se trata de dúas mulleres ou dous homes. 7. Reflexión sobre o cartel “A homosexualidade non é unha enfermidade; a homofobia si”.
  3. 3. 3 Recursos Vídeos: AMAR NO ES UN DELITO EXPERIMENTO SOCIAL CONTRA LA HOMOFOBIA VIDEO MENSAXE DA ONU CONTRA A HOMOFOBIA PRIMER ABRAZO GAY
  4. 4. 4 Avaliación ( indicadores de logro ) - Grado de participación do alumnado - Interese polo tema abordado - Valoración positiva a través de enquisa anónima da actividade

×