Successfully reported this slideshow.
We use your LinkedIn profile and activity data to personalize ads and to show you more relevant ads. You can change your ad preferences anytime.

Webquest dia diversidad funcional

1,708 views

Published on

dia diversidade funcional

Published in: Education

Webquest dia diversidad funcional

  1. 1. Imaxe CC-BY SA Fundacióndiversidadpasto
  2. 2. Imaxe CC-BY NC - SA Sergio Palao O día 3 de decembro asignouse á conmemoración do DÍA INTERNACIONAL DA DIVERSIDADE FUNCIONAL, é dicir, a recordarnos a todos e todas que somos diversos en necesidades, características, capacidades, etc. pero todos e todas temos cabida neste mundo e, a escala máis pequena, no noso cole. Pero antes de nada, imos reflexionar sobre a veracidade disto… é certo que todos temos as mesmas oportunidades dentro do nosos centro? Pensamos que calquera persoa aporta algo á nosa comunidade educativa? A continuación atoparás unha serie de preguntas sobre as que reflexionar usando unha serie de recursos que che facilitamos antes da gran tarefa relacionada con esta data conmemorativa.
  3. 3. • Observa o catálogo de TOY PLANET, además de aparecer representados nenos e nenas rompendo os estereotipos de xénero, que outro aspecto ves diferente co resto de catálogos de xoguetes? Como cres que se sinten aqueles que nunca teñen modelos cos que identificarse nos xoguetes? Elixes/elexías os xoguetes cos que te sentías identificado/a? • Como cres que se sinte unha persoa cunha importante discapacidade visual cando chega a un espazo que non coñece? Que aspectos lle axudan a poder moverse con autonomía? Cres que o teu centro ten barreira arquitectónicas ou que é accesible para persoas con baixa visión? Cres que son os centros os que deben adaptarse ás formas diferentes ou serrar esas catro esquiniñas de nada do vídeo? Deben axudar a que Lorenzo leve o seu cazo, como se pode ver no vídeo, ou Lorenzo ten que escodelo? • Que cousas cres que se poderían facer nas aulas se tiveses un compañeiro/a con autismo? Despois de ver os vídeos “El viaje de María” e “Hugo, un amigo con Asperger”, cres que persoas como María ou con outras capacidades diversas e especiais fan do mundo un lugar mellor? Por que? Imaxe CC-BY NC - SA Sergio Palao Imaxe CC-BY SA peppapig47
  4. 4. SIMULADOR DE DISLEXIA: http://geon.github.io/programming/2016/03/03/dsxyliea TRASTORNOS DO ESPECTRO AUTISTA (TEA) EL VIAJE DE MARIA: https://www.youtube.com/embed/mzl33DR2rnM HUGO, UN AMIGO CON ASPERGER: https://www.youtube.com/embed/qxLeb5y6p7s DISCAPACIDADE VISUAL Conociendo el mundo con otro sentido: https://www.youtube.com/watch?v=63S7mi3fM-I Los colores de las flores: https://www.youtube.com/embed/_HNkVZ7J0fI Una luz diferente: https://www.youtube.com/embed/6uV4fu9NjF0 CATÁLOGOS DE XOGUETES: -TOY PLANET: http://verne.elpais.com/verne/2016/11/04/articulo/1478246610_664796.html -http://www.toyplanet.es/content/51-navidad-2016 -CARREFOUR: http://www.carrefour.es/juguetes -EROSKI: http://www.eroski.es/juguetes -TOYS R US: http://www.toysrus.es/home/index.jsp?categoryId=4573281 -CENTROXOGO: http://www.catalogocentroxogo.com/es -OUTROS ENLACES DE INTERESE: -Campaña da Obra Social Caja Madrid: https://www.youtube.com/embed/elR41rwZIKg - Por cuatro esquinitas de nada: https://www.youtube.com/embed/OVf1GhKDtW8 -El cazo de Lorenzo: https://www.youtube.com/watch?v=xQ_rbKMOzag RECURSOS
  5. 5. A GRAN PREGUNTA Imaxe CC0 Public Domain Como alumnos e alumnas de Secundaria sodes modelos para os nenos e nenas de Infantil e Primaria que conviven con vós no centro. Polo tanto teredes a tarefa de sensibilizar aos rapaces e rapazas máis pequenos sobre a importancia de eliminar todas as barreiras que impidan que as persoas con diversidade funcional (ben con dificultades visuais, auditivas, motoras, etc.) disfruten da igualdade de oportunidades. Para o que teredes que deseñar actividades para unha sesión de clase, nas que se teñan que poñer na pel do outro/a e afrontar as dificultades con esas barreiras. Por exemplo, desprazarse cos ollos vendados por un espazo aberto.
  6. 6. Precisa mellorar Está en proceso Acadado Indicadores As actividades están enfocadas a comprender en que consisten as dificultades dos diferentes colectivos con discapacidades sensoriais. As actividades están orientadas a comprender e intentar axudar a superar as dificultades das persoas con diversidade funcional As actividades fomentan o respecto e o enriquecemento mútuo. As actividades están orientadas a axudar ás persoas que non son autónomas no centro na realización de actividades cotiás. As actividades están orientadas a intentar facer o centro máis accesible. As actividades están orientadas a crear a cultura de que todos somos importantes e a realidade debe adaptarse para dar resposta ás necesidades de todos e todas. AVALIACIÓN

×