Memoria2013 tor

373 views

Published on

0 Comments
0 Likes
Statistics
Notes
  • Be the first to comment

  • Be the first to like this

No Downloads
Views
Total views
373
On SlideShare
0
From Embeds
0
Number of Embeds
49
Actions
Shares
0
Downloads
6
Comments
0
Likes
0
Embeds 0
No embeds

No notes for slide

Memoria2013 tor

  1. 1. Museo Pazo de Tor MEMORIA 2013 PAZO DE TOR REDE MUSEÍSTICA GAÑADORA DOS V PREMIOS SOLIDARIOS ONCE-GALICIA NA CATERGORÍA “ACCESIBILIDADE UNIVERSAL” 1
  2. 2. Museo Pazo de Tor ÍNDICE LIMIAR ........................................................................................... 3 ESTADÍSTICA ANUAL DE VISITANTES ...................................... 4 TEMPORALIZACIÓN DE VISITAS, GRUPOS, EXP………………..7 PROGRAMA ARQUITECTÓNICO ............................................... 11 PROGRAMA DIDÁCTICO ........................................................... 12 Actividades escolares ..................................................... 12 Obradoiros de verán ........................................................ 18 Obradoiros de nadal ........................................................ 22 PROGRAMA DE ACCIÓN CULTURAL ....................................... 25 Programa Interxeneracional ........................................... 25 Aniversario Museo Pazo de Tor…………………………….28 Semana dos museos ....................................................... 30 Programa de exposicións ............................................... 33 Programa de Teatro e Cine ............................................. 45 Programa de conferencias e xornadas .......................... 48 Programa de concertos……………………………………...49 PROGRAMA DE COLECCIÓNS.................................................. 50 PROGRAMA DE PERSONAL...................................................... 50 2
  3. 3. Museo Pazo de Tor LIMIAR O Pazo de Tor é unha fermosa mostra da arquitectura pacega galega. Presenta unha colección musealizable que transmite a vida da fidalguía galega a visita ó Pazo de Tor non só permite coñecer de primeira man unha das máis importantes mostras da arquitectura pacega galega, permite tamén coñecer integramente todas as salas e dependencias do mesmo, co seu mobiliario orixinal e coas coleccións artísticas que a familia foi atesourando ó longo dos séculos, un testemuño privilexiado do modo de vida da nobreza na Galicia da Idade Moderna. As coleccións tamén que alberga o Museo Pazo de Tor tamén de tipo etnográfico que van desde a época castrexa ata a época actual. As salas do Museo Pazo de Tor tamén son espazos expositivos e de intervencións artísticas de diversas de obras contemporáneas, sendo incluso centro de convivencia e traballo de artistas de todas as disciplinas. A laboura didáctica está presente ao longo de todo o ano. O Museo Pazo de Tor dispón dunha aula didáctica que serve de taller de aprendizaxe tendo como soporte material e documental o Pazo de Tor, estas actividades son complementadas con diversos actos de efemérides, actuacións musicais, teatrais. É por elo que o Museo Pazo de Tor segue a ofrecernos un sinfín de posibilidades para aprender, imaxinar, compartir e disfrutar. 3
  4. 4. Museo Pazo de Tor ESTADÍSTICA ANUAL DE VISITANTES Xaneiro Nº total de visitantes 1 grupos adultos Visitas individuais Febreiro Nº total de visitantes 4 grupos adultos Visitas individuais Marzo* Nº total de visitantes 1 grupos adultos Visitas individuais Abril Nº total de visitantes 2 grupos adultos Visitas individuais Maio Nº total de visitantes 4 grupo escolar 6 grupo adultos Visitas individuais Xuño Nº total de visitantes 2 grupo escolar 8 grupos adultos Visitas individuais Xullo Nº total de visitantes 5 grupos adultos Visitas individuais Agosto Nº total de visitantes 4 grupos adultos Visitas individuais Setembro Nº total de visitantes 9 grupos adultos Visitas individuais Outubro Nº total de visitantes 5 grupos adultos Visitas individuais Novembro Nº total de visitantes 3 grupo escolar 1 grupos adultos Visitas individuais Decembro Nº total de visitantes 1 grupo escolar 0 grupo adultos Visitas individuais 90 18 72 211 132 79 367 datos a partir do día 12 13 354 339 80 259 874 142 245 478 662 112 329 221 852 188 664 1217 202 1015 568 276 292 405 131 274 481 131 50 300 254 22 0 232 CÓMPUTO GLOBAL DE VISITAS ANO 2013. 6320 4
  5. 5. Museo Pazo de Tor Gráfico comparativo visitantes ano 2011-12 1400 1200 1000 800 600 2013 400 2012 200 0 MESES 2013 1400 1217 1200 1000 874 800 662 568 600 367 339 400 211 200 852 405 481 MESES 2013 254 90 0 5
  6. 6. Museo Pazo de Tor POR DÍAS DE SEMANA 1371 808 795 793 716 Domingo 1837 Sábado Venres Xoves Mércores 0 500 1000 1500 Martes 2000 POR IDADES 1353; 21% 479; 8% 262; 4% 86; 1% 267; 4% 0-10 11-14 15-18 1292; 21% 2581; 41% 19-25 26-40 2500 POR PROCEDENCIAS 2099 2006 2000 1500 1000 500 381 138 22 157 241 451 356 9 20 26 29 100 22 8 0 6 125 124 0 LUGO CIDADE LUGO PROVINCIA GALICIA ANDALUCÍA ARAGÓN ASTURIAS BALEARES CANARIAS CANTABRIA CATALUÑA CASTILLA LEÓN CASTILLA LA MANCHA EUSKADI EXTREMADURA MADRID MURCIA NAVARRA LA RIOJA VALENCIA EXTRANXEIROS 6
  7. 7. Museo Pazo de Tor VISITAS ESCOLARES – GRUPOS – OBRADOIROS- INT. ARTÍSTICAS EXPOSICIÓNS - Marzo. 1. 14/03/2013 Visita de Asc. Auxilia Monforte/ Actividade Mulleres na Rede – A Memoria (13 Persoas) 1) 26-27/03/2013 Obradoiros de stop motion: Historias fantásticas no Pazo de Tor. ENRÉDATE. 2) 31/03/2013. Obradoiro contamos coa tua ollada. ENRÉDATE - Abril. 1. 6/04/2013 Visita Asc. Parálisis Cerebral / Lugo. (9 pers.) 2. 12/04/2013 Asc. Cultural Escairón. (8 pers.) 3. 19/04/2013 Visita Grupo de Plasencia. 45 pers, 4. 20/04/2013 Asc. Cultural Veciñal de Monforte (35 pers.) 5. 25/04/2013 Centro Información da Muller Monforte. 15 pers - Maio. 1. 7/05/2013 Visita IES Cosme López. A Rúa) 30 nenos (14/15 anos) 2. 11/05/2013 Asociación Veciñal. A Coruña. 52 pers 3. 14/05/2013 Asc. Veciñal. Ourense. 38 pers. 4. 15/05/2013 Asc. Veciñla León. 50 pers. 1) 15/05/2013 Día Internacional das Familias. Clube Señior e Pequeamigos. 50pers. 5. 17/05/2013 Asc. Veciñal. Ponteceso. 45 pers. 1) 17/05/2013. Inauguración Photocall. R. Vidal Bolaño 2) 17/05/2013 Expresión artes da palabra na música popular galega 3) 17/05/2013 Lipdup da Rede Museísitca. 4) 17/05/2013 Concerto das Letras. Cantares Gallegos 5) 18/05/2013 Día Internacional dos Museos. 6) 18/05/2013 Entre Maiores. Concerto Jotinho’s 7) 19/05/2013 Obradoiro Ven, Mira… é Tempo de Creatividade 8) 19/05/2013 Teatro no Pazo de Tor. Representación teatral de “Animaliños” 7
  8. 8. Museo Pazo de Tor 6. 23/05/2013 Asc. Veciñal Ourense. 40 pers. 7. 23/05/2013 Visita escolar de Ponferrada. 40 8. 25/05/2013 Visita Escolar S. Clodio. 36 pers. 9. 26/05/2013 Visita Centro Maiores Monforte. 20 pers 10.29/05/2013 Visita Escolar Colexio de S. Clodio 36 pers. - Xuño. 1. 2/06/2013 Visita Asoc. Padres Escolapios 18 pers. 2. 5/06/2013 Visita Asc. Veciñal de O Carballiño. 42 pers. 3. 6/06/2013 Visita Asc. Cultural A Coruña. 55 pers. 4. 6/06/2013 Visita Asc. Veciñal. A Peroxa. 47 5. 8/06/2013 Asc. Amigos de S. Pedro. Santiago de Compostela. 54 persoas 6. 9/06/2013 Visita Escolar / AMPA. Lugo. 100 persoas (todo o día) 7. 11/06/2013 Visita Asc Veciñal Pontevedra. 28 pers. 8. 20/06/2013 Visita Asc. Amas de Casa Ferrol. 55 pers 9. 20/06/2013 Visita Escola IES Río Cabe, Ciclo de Inf. e Asist. Turística. 12 pers. 10.30/06/2013 Visita Asc. Virxe de Santiago. 30 pers. - Xullo. 1) 2/07/2013 Aprenderemos o abecedario braille, debuxándoo en gran formato. OBRADOIRO DE VERÁN. 2) 3/07/2013. Sentido e sensibilidade. OBRADOIRO DE VERÁN. 3) 4/07/2013. Obradoiro de tecido e tinguido. OBRADOIRO DE VERÁN 2. 3/07/2013 Asc. Veciñal Pontevedra. 55 persoas 3. 5/07/2013 Asc. Dep. Iº Rally Terras do Incio. 40 pers. 1) 6/07/2013. Obradoiro de Xogos Tradicionais. OBRADOIRO DE VERÁN. 2) 6/07/2013. Obradoiro. Xadréz no Pazo de Tor. 3) 7/07/2013. Inauguración Exposición “Fogares de Crianza”. Autor Carmen Llonín. DIÁLOGOS NA REDE. 8
  9. 9. Museo Pazo de Tor 4) 8/08/2013. Obradoiro de Xogos Tradicionais. OBRADOIRO DE VERÁN 5) 7/07/2013. Convite 7º Aniversario Museo Pazo de Tor. SOLTA DE POMBAS. 4. 10/07/2013 Visita Asc. De Monforte. 18 pers. 1) 13/07/2013. Concerto Aniversario Pazo de Tor. Grupo Jothino’s 5. 13/07/2013 Visita Asc. Sarria. 20 pers. 6. 13/07/2013 Visita Asc. Cultural Ourense. 55 persoas. 1) 27/08/2013 Conferencia inaugural do Simposio Arte e Natureza. 2) 28/08/2013 Mesa Redonda e Clausura do Simposio de Arte e Natureza. - Agosto. 1. 4/08/2013 Visita particular/familiar. 22 pers. 2. 4/08/2013 Visita Asc. Veciñal Leon. 120. 3. 9/08/2013 Visita CEL Lugo. 15 pers. 1) 20-25/08/2013 Residencia Artística ARTE E NATUREZA. 4. 25/08/2013 Visita Asc. Veciñal Porriño. 45 pers. 1) 27/09/2013 Inauguración Expo Museo Pazo de Tor. ENREDARTE - Setembro 1. 4/09/2013 Visita CEL Monforte. 14 pers. 2. 7/09/2013 Visita Asc. Amigos Jardín Botánico. Xixón. 55 pers 3. 8/09/2013 Visita Asc. Veciñal León. 45 pers. 4. 8/09/2013 Visita Asc. Veciñal de Foz. 50 pers. 5. 10/09/2013 Visita Asc. Maiores de Pantón. 15 pers. 6. 14/09/2013 Visita Asc. Veciños Goian-Sarria. 20 pers. 7. 21/09/2013 Visita Asc. Lecer Lugo. 28 pers 8. 25/09/2013 Visita Xeriatros. Chantada. 25 pers 9. 29/09/2013 Visita Asc. Maires Monforte. 24 pers. - Outubro 1. 03/10/2013 Visita Asc. Viuvas de Vilalba. 20 pers. 2. 6/10/2013 Visita Asc. Ourense. 25 pers. 9
  10. 10. Museo Pazo de Tor 1) 13/10/2013. Exposición. SOIDADE DA MULTITUDE. Autor: Iago Eireos. 3. 19/10/2013 Visita Cofradía Virxe da Esperanza. 10 pers. 4. 20/10/2013 Visita Asc. Veciños Leon. 55 pers. 5. 30/10/2013 Visita Asc. Maiores de A Pobra. 21 pers. - Novembro 1. 5/11/2013 Visita Escolar IES Río Cabe. 44 pers.(BRETAÑAFRANCIA) 2. 22/11/2013 Visita Escolar As Gándaras. 69 persoas 3. 23/11/2013 Visita Cultural Pazo de Sabadelle. 50 persoas 1) 25/11/2013. Acto Contra a Violencia de Xénrero 4. 28/11/2013 Visita Escolar Colexio de A Pobra do Brollón. 18 nenos. 1) 30/11/2013. Obradoiro Sentido e Sensibilidade. 22 nenos - Decembro. 1) 5/12/2013. Inauguración de Ciclo de cine Euroárabe AMAL 2) 7/12/2013. Inauguración Exposición ACONTECENDO 3) 14/12/2013. Actividade A Peza Adoptada. 18 nenos. 4) 20/12/2013. Inauguración Curso Realidade Aumentada. 5) 20/12/2013. Inauguración instalación APRENDENDO A SER VESTIDO. Paula Cabaleiro. 6) 21/12/2013. Curso de Realidade Aumentada. 16 pers. 7) 27/12/2013. Obradoiro. Os Pergamiños de Tor.6 pers. PROGRAMA NADAL 8) 28/12/2013. Obradoiro. Reciclando o Nadal.6 pers. PROGRAMA NADAL 9) 29/12/2013. Concerto de Nadal. 45 persoas. PROGRAMA NADAL RESUMO. VISITAS GUIADAS: 53 / OBRADOIROS: 15 / ACTIVIDADES MUSEO (INTERVENCIÓNS ARTÍSTICAS, EXPOSICIÓNS, ACTOS PÚBLICOS): 21 10
  11. 11. Museo Pazo de Tor PROGRAMA ARQUITECTÓNICO - Colocación de novas pechaduras nas dependencias anexas do Pazo - Arranxo do sensores de iluminación (sustitución dos mesmos no corredor) - Arranxo da Wifi da aula de didáctica, biblioteca e recepción. - Desratización da biblioteca, sala caldeiras, almacéns, sotos e áreas exteriores cada tres meses - Recollida de auga para control de legionella e potabilidade. - Instalación conexión internet via WiMax. - Pintado de fiestras, portas e portada do Pazo. - Reparación de avería no cadro de limitadores. - Mantemento do xardín do Pazo, - Desbroze e limpeza da escaleira do torreón do Pazo. 11
  12. 12. Museo Pazo de Tor PROGRAMA DIDÁCTICO ACTIVIDADES ESCOLARES As Actividades escolares no Museo Pazo de Tor terán por lema: “COÑECE O PASADO, VIVE O PRESENTE E SOÑA O FUTURO” Comeza o curso escolar 2013/2014 e, outro ano máis, a Rede Museística presenta un actualizado programa educativo deseñado e pensado para todas as etapas educativas coa pretensión de seguir ofrecéndolle á comunidade escolar experiencias didácticas co fin último de coñecer, comprender, valorar e desfrutar das coleccións e espazos que conforman parte do patrimonio histórico artístico e cultural da provincia de Lugo. Dende a Rede Museística, en sintonía coas novas formulacións da museoloxía social, seguimos apostando por un modelo didáctico que pon en valor a aprendizaxe activa, participativa e emocional; creando en cada visita unha experiencia vivencial, agradable e memorable. A proposta educativa persegue formar o alumnado en estratexias de aprendizaxe autónomas, capaces de construír o seu propio pensamento crítico, non só sensible á arte senón cara ao noso pasado para poder intervir no presente e soñar un futuro. A oferta de actividades dirixida aos centros educativos presenta 3 grandes bloques temáticos que van ser o eixe estrutural da nosa intervención didáctica. Os bloques son complementarios uns cos outros e perseguen construír un corpus estrutural: Bloque 1. O Museo como contedor achéganos á idea de que é un museo. O museo non só como contedor de obras de arte, senón máis alá: o museo como un espazo de traballo onde ademais de conservar e expoñer o noso patrimonio, tamén se estuda, se investiga e se divulga o caudal artístico e cultural, patrimonio de todos. Construída esta idea, que se erixe como os cimentos dunha casa, o seguinte Bloque 2: O Museo como relator de historias pretende ofrecer un catálogo aberto de visitas no que a estrutura veña marcada polo concepto de Museo como relator de historias. As obras de arte, ademais da información técnica, nárrannos e 12
  13. 13. Museo Pazo de Tor suxírennos historias infinitas segundo a persoa coa que interactúen. As pezas falan por si mesmas e todas en conxunto constitúen unha colección. Unha proposta na que o diálogo coas obras de arte e cos espazos naturais volven ser os protagonistas. E, finalmente, o Bloque 3: O Museo como retrovisor pon a énfase no espello retrovisor como metáfora. Viaxamos polo presente avanzando cara ao futuro pero no que centramos a mirada no retrovisor que nos mostra o noso pasado cunha perspectiva arqueolóxica. Para completar os tres bloques teóricos, na programación escolar fíxanse unha serie de obradoiros que pretenden afondar en determinados contidos, unha maneira práctica de afianzar os coñecementos. Crear experiencias motivadoras para os escolares constitúese coma a mellor maneira de desenvolver a capacidade de expresión e a creatividade no alumnado, sen esquecer o compoñente lúdico que favorece que a aprendizaxe se realice dunha maneira espontánea. Finalmente, e como unha das grandes novidades para este novo curso escolar 2013/2014, queremos presentar unha nova experiencia, O CONCURSO-REDE, que nace cun dobre obxectivo: por unha banda achegar o novo público escolar á Rede Museística e fidelizalo, así como fidelizar o xa existente. Vai dirixido a escolares de 6º de Educación Primaria, pertencentes a centros educativos de toda a provincia de Lugo. Para participar é necesaria a inscrición previa que se formalizará cunha visita a algún dos 4 museos da Rede. BLOQUE TEMÁTICO I. O MUSEO COMO CONTENEDOR. Que é un museo? Un museo é un lugar onde se conserva, expón e difunde o patrimonio artístico e cultural. Pero un Museo é tamén un espazo que lle pertence a toda a comunidade, un espazo para soñar e facer das ilusións a nosa realidade. Como che gustaría que foran os nosos museos? Que che gustaría que contiveran os nosos museos? Dende a Rede Museística abrimos as nosas portas e invitámoste a que entres e crees o teu Museo a partir do diálogo coas nosas coleccións e cos profesionais que nel traballan, nunha experiencia emocional e creativa. A través das obras de arte podemos descubrir lugares reais e espazos imaxinados polos artistas. Podemos viaxar ao noso pasado a través das pezas arqueolóxicas e incluso descubrir as historias máis extraordinarias dos deuses gregos. No Museo podemos dialogar cos artistas, descubrir os seus soños e anhelos. No museo podemos comunicar ideas. Para isto, invitámoste a que coñezas as nosas coleccións e a importancia do traballo que realizan os diferentes profesionais. Obradoiro. A actividade inclúe un obradoiro deseñado para traballar, de maneira creativa, a construción do seu propio museo a partir dun material que lle será entregado a cada escolar composto por: unha caixa-museo, fotografías, imaxes deseñadas, etc. Ciclos: E. infantil, E. primaria e 1º ciclo da ESO Período: curso escolar 2013-2014 13
  14. 14. Museo Pazo de Tor Duración estimada da visita: 60 minutos BLOQUE TEMÁTICO II. O MUSEO COMO RELATOR DE HISTORIAS. Catálogo de visitas abertas segundo os diferentes contidos que ofrecen as coleccións e seccións dos museos da Rede Museística. Esta proposta didáctica, que xa foi iniciada en anos anteriores, quere ampliar a súa oferta e implicar a todas as seccións do museo susceptibles de ser visitadas, entendendo o Museo como relator de historias. Nesta proposta aberta, pretendemos utilizar unha metodoloxía activa de forma que sexan os propios escolares os que constrúan o significado ante as pezas e obras de arte. Son experiencias nas que se pretende ensinar a ver e gozar da arte e coa arte a través dun discurso narrativo que se crea coas obras de arte. Con este diálogo, preténdese potenciar a observación e a reflexión sobre as pezas e estimular o diálogo sen medo a formar unha opinión crítica e persoal. Un diálogo que se combina con información sobre o artista ou o período histórico, necesario, para completar a visión da obra e contextualizala. As coleccións presentes nos museos son susceptibles de estruturarse en contidos segundo os intereses dos visitantes e pódense exemplificar nas seguintes experiencias: rutas literarias, a arte do vestido, a historia da moeda, descubrindo a escultura, epigrafía romana, ruta franciscana, Sargadelos, e un longo etcétera. Con esta nova formulación, preténdese facilitar a asimilación da información co fin de comprender e achegarse mellor ás coleccións que atesouran os catro museos da Rede. Os contidos temáticos son tamén un xeito atractivo para o alumnado de presentar a información e acadar a motivación e a súa atención dende o primeiro momento da visita. Ciclos: todos os niveis educativos Período: curso escolar 2013-2014 Duración estimada das visitas: 60 minutos BLOQUE TEMÁTICO III. O MUSEO COMO RETROVISOR. Esta proposta preséntase como unha viaxe dende o presente coa vista situada no retrovisor do pasado e adoptando unha percepción arqueolóxica cuxo foco de atención vai estar situado sobre o tema “Roma en Lugo”, co fin de recoñecer aspectos clave do modo de vida e a contribución á modernización da cidade. 3.1. NO RETROVISOR: ROMA EN LUGO Esta proposta nace coa finalidade de capacitar o alumnado para interpretar vestixios do pasado e analizar a importancia no desenvolvemento da cidade de Lugo, idea que se concreta nas seguintes competencias: . Respecto polo patrimonio histórico da cidade . Valoración da achega doutras culturas como contribución á modernización da cidade. FIAT URBS, ET URBS FACTA EST. Esta lenda vai ser o fío condutor da nosa visita. Para encadrar o tema situarémonos, en primeiro lugar, no momento histórico no que se produce o encontro entre Roma e os pobos indíxenas do 14
  15. 15. Museo Pazo de Tor NW peninsular, ata a chegada ao poder do emperador Octavio Augusto, no ano 27 a.C., e a súa política de conquista. Nesta viaxe, coñeceremos tamén os antecedentes da fundación da cidade, pasando polo proceso de maduración ata chegar á aceptación final, feito que responde a diversas cuestións: económicas, relixiosas, sagradas e incluso ecolóxicas. Durante este percorrido, acharemos as testemuñas arqueolóxicas presentes no Museo, onde cobran especial protagonismo dous elementos: o cipo fundacional e o rito etrusco. A visita complétase cun obradoiro no que cada escolar realizará unha pequena maqueta do cipo fundacional da cidade de Lugo, poñendo en práctica aspectos traballados na visita como a epigrafía romana. Ciclos: todos os niveis educativos Período: curso escolar 2013-2014 Duración estimada da visita: 90 minutos 3.2. VISIÓN ARQUEOLÓXICA (proposta exclusiva para o MP Lugo) O Museo Provincial de Lugo nace e crece pola cantidade e calidade de vestixios arqueolóxicos que atesoura. Por iso, queremos resaltar o pasado, non só arqueolóxico senón tamén revalorizar o pasado do Museo Provincial. Esta proposta didáctica ten por obxectivo xeral achegar o público escolar á arqueoloxía, entendida como ciencia. Para a súa consecución, a actividade didáctica se centrará en coñecer, interpretar e valorar unha escavación arqueolóxica. Esta nova proposta didáctica quere poñer en énfase a idea de que toda realidade é susceptible de ter unha visión e unha percepción arqueolóxica, dando resposta a preguntas como: A que se dedicaban? Como vivían? Que materiais empregaban? Que aspecto tiñan? Para iso, realizaremos unha visita, eminentemente práctica na que o alumnado desenvolverá as seguintes competencias: . Observar e recoñecer fragmentos e vestixios arqueolóxicos . Identificar e interpretar as fontes arqueolóxicas . Situar cronoloxicamente diferentes obxectos arqueolóxicos Ciclos: todos os niveis educativos Período: curso escolar 2013-2014 Duración estimada da visita: 60 minutos O CONCURSO REDE. A idea é realizar un concurso que ten dous obxectivos: atraer novo público escolar e fidelizalo, así como fidelizar o xa existente. O concurso constará de varias fases, tanto presenciais como dixitais. Terá unha parte de concurso de 15
  16. 16. Museo Pazo de Tor preguntas e outra parte de diversos mini-concursos a modo de certames de debuxo, literatura, vídeo creación, etc. A QUEN VAI DIRIXIDO: Vai dirixido a escolares de 6º curso de Educación Primaria. Sendo necesaria a inscrición previa. PREMIO: Haberá tres premios: 1º- 1000 euros 2º- 500 euros 3º- 300 euros Estes premios estarán destinados para a realización dunha saída cultural INSCRICIÓN: Para participar haberá que inscribirse. Inscribiranse aulas enteiras que loitarán conxuntamente para recibir puntos. Ao final do concurso, ganará o que máis puntos acumulara durante os meses que dure. O profesorado elixirá cinco alumnos da aula, que serán os encargados de vir ao museo para responder as preguntas na fase de concurso presencial. CRONOGRAMA: 1º- A inscrición estará aberta entre os meses de setembro e decembro. 2º- A partir de xaneiro comezará o concurso. As aulas participantes serán combocadas un día para realizar a fase de concurso de preguntas en modalidade presencial. 3º- Todos os mércores publicaranse preguntas no blog de Didáctica da Rede: didacticaredemuseistica.org 4º- Cada dous meses, e coincidindo con algunha efeméride que servirá de temática, realizarase un certame artístico. 5º- Todos os luns publicarase no blog de Didáctica a clasificación de puntos dos participantes. 6º- A fase final do concurso, na que será necesaria a presenzafísica dos participantes no Museo, retrasmitirase vía streaming e será nunha data que se determinará a partir de abril. PUNTOS: Existirán diversas maneiras de conseguir puntos: 1º- Mediante a fase de concurso de preguntas. Haberá, por un lado, unha fase presencial no museo e outra semanal a través do blog. Irase colgando unha pregunta á semana, e as cinco primeiras clases en contestar, via email, recibirán puntos. 2º- Mediante certames puntuais que se irán programando: - Certame de pintura - Certame de vídeo creación - Certame de literatura 3º- Pertencer ao Clube Pequeamigos da Rede: 1 punto por membro 16
  17. 17. Museo Pazo de Tor 4º- Cada vez que un participante, membro do Clube Pequeamigos, asista a unha actividade: obradoiros, inauguracións, proxeccións…, non a unha visita, en calquera dos museos da Rede: 1 punto. 5º- Se algún dos participantes ten algún familiar membro do Clube Senior da Rede: 1 punto. 6º- Cada vez que algún membro do Clube Senior acuda a algunha actividade en calquera dos museos da Rede: 1 punto. 7º- Cada vez que unha aula do mesmo colexio, dalgún dos participantes, visite un dos museos da Rede, terán a opción de entregarlle un punto á dita grupo indicándoo durante a visita. BASES: 1º- O ámbito do concurso é provincial, podendo presentarse calquera colexio da provincia de Lugo. 2º- Para poder participar no concurso é indispensable realizar unha visita a calquera dos museos da Rede, onde se formalizará a inscrición. Esta visita non sumará puntos. 3º- Non se aceptarán inscricións fóra de prazo 4º- Existe un límite de 30 clases que se cubrirá baixo estrita orde de inscrición 5º- A organización do concurso resérvase o dereito de incluir novas clausulas, expoñéndo as causas xustificables. 6º- É motivo de descalificación o uso fraudulento das redes nas votacións, así como comentarios dde carácter despectivo que se realicen a través dos medios postos a disposición dos participantes. 7º- É necesario aceptar as bases do concurso. CONCERTACION DEVISITAS Coa finalidade de responder ás necesidades do novo programa escolar 2013/2014 faise necesario ofrecer un servizo de concertación de visitas máis personalizado onde poder manter unha conversa sobre o tipo de visita que se quere concertar tendo en conta as características do grupo e o bloque temático da programación. Faise imprescindible que sexa o mesmo profesorado quen veña visitar o museo co grupo de alumnado o que contacte directamente. Para isto, poñemos á disposición o persoal de Didáctica dos catro museos da Rede Museística, co que se pode contactar a través dos teléfonos ou tamén pódense deixar os datos de contacto no e-mail dos museos. Neste último caso será o persoal dos departamentos quen se poña en contacto nas horas de preferencia que se indiquen. No transcurso de ditas actividades poderanse realizar vídeos e fotografías que logo se poderán exhibir nas canles dixitais das que dispón a Rede Museística, para o que o profesorado terá que traer o permiso de protección de imaxe de cada nena e neno asinado pola nai, pai ou titor legal. 17
  18. 18. Museo Pazo de Tor OBRADOIROS DE VERÁN Este verán ven ExpresARTE na Rede Museística Chegou o verán, o veranum tempus dos antigos romanos, meses que adoitan traer calor e, sobre todo, uns días de merecido descanso. Como cada verán, os museos da Rede Museística da Deputación de Lugo elaboramos para todos e todas, desde os máis cativos ata os máis medrados, un programa amplo de actividades que, coma sempre, combinan o lúdico co aproveitamento cultural e educativo. Desde a área de Cultura e Turismo da Deputación de Lugo a través da Rede Museística e os museos que a integran, tentamos con este programa atender a crecente demanda social de actividades de tipo cultural. Entendemos a xestión dos museos públicos como un servizo permanente á sociedade que os sostén, como espazos de comunicación e coñecemento, de intercambio de saberes e experiencias, como un elo que enlaza a memoria do pasado co futuro. Neste senso, o programa que ofrecemos para este verán 2013 reivindica e estimula a capacidade que todas e todos temos para expresar sentimentos, sensacións, pensamentos, para crear e construír, cos matices propios de cada individuo, coa súa capacidade e cos seus coñecementos, unha realidade diferente. Cada día do verán hai algo que ver ou que facer neste e en todos os museos da Rede. Propoñemos arredor de 30 obradoiros para grandes e pequenos que teñen nas coleccións expostas e nas historias que cada peza ou obxecto nos transmiten o eixo vertebrador; concertos, exposicións, visitas guiadas ou programas como EnREDarte que nacen para dar cabida a novos proxectos creativos. Coñecer, conservar, concienciar, experimentar, expresar, crear … son realidades prácticas do noso abecedario de traballo. Confiamos en seguir contando coa sempre agarimosa resposta dos amigos e amigas dos museos integrados na Rede Museística, coa aprobación e participación dos que facedes uso regular das nosas instalacións e participades activamente nas nosas iniciativas. Pensando en vós e nos nosos visitantes, que son cada vez máis afortunadamente, tratamos de confeccionar un programa que pretende, non te enganamos, EnREDarte. Non o dubides: Este verán ven ExpresARTE na Rede Museística PROGRAMA »» Este verán ven ExpresARTE na Redemuseística Un ano máis, desde a xerencia da Rede Museística Provincial e os departamentos de didáctica deseñamos e programamos para o verán un obradoiro para os máis pequenos arredor do patrimonio cultural. Os museos, verdadeiros espazos de comunicación, son os lugares axeitados para coñecer a nosa herdanza cultural, para estimular o agromar das nosas capacidades expresivas, e para, en definitiva, construírmos un futuro desde o berce do 18
  19. 19. Museo Pazo de Tor saber. Temos moito que aprender para ter moito que contar. Responsable: Encarna Lago, xerente da Rede, e persoal do departamento de Didáctica. Idades: de 4 a 12 anos. Horario: 11:00 a1 13:30 h. Prazas: 20 asistentes, por orde inscrición. Datas: meses de xullo e agosto, de martes a sábado. Cronograma de contidos semanais: Martes Xestual A través do corpo e das súas posibilidades comunicativas Mércores Plástica A través das diversas manifestacións artísticas presentes na Rede Museística Provincial Xoves Venres Lingüística A través do poder da palabra e das linguas Natural Sábado Infantil A través dos elementos da Natureza (sons, olores, formas, fauna e flora …) A través do concepto de infancia, entendido como a expresión máis libre, auténtica e espontánea, afastada de prexuízos e estereotipos sociais. Un momento no que nos expresamos a través do xogo e as relacións entre iguais Inscricións: Departamento de Didáctica do Museo Pazo de Tor »» Campamento de Arqueoloxía A historia constitúe un percorrido polo tempo. Cada etapa e cada fenómeno nace do anterior e sirve de paso a outra nova etapa que, ademais, amosa obxectos, construcións, formas culturais e materias propias do momento. Esta bagaxe cultural pode ser gardada en “caixóns” que se amorean uns enriba dos anteriores para conformar a historia. No Museo Pazo de Tor destaparemos o “caixón” da memoria dos señores do século XVIII. Responsable: Enrique Alcorta Irastorza, departamento de Arqueoloxía e Historia do MPLugo. Idades: de 8 a 12 anos. Horario: 11:00 a1 13:30 h. Prazas: 25 asistentes, por orde inscrición. Datas: do 9 ao 11 de xullo. Inscricións: Departamento de Didáctica do Museo Pazo de Tor Nota Os participantes deberán ir provistos de vestimenta axeitada para traballar con terra (botas, roupa vella, gorra para o sol ... ). As luvas e demais material necesario corren a cargo do museo. (» Álbum Campamentos de Arqueoloxía 2013) »» Pola ruta da seda dacabalo dunha ovella Rapando unha ovella, alimentando vermes de seda con follas de moreira ou cardando lá coñeceremos como se elaboraban os tecidos usados polo home a 19
  20. 20. Museo Pazo de Tor través da historia. O obxectivo consiste en explicar aos nenos como se conseguían as materias primas necesarias para elaborar tecidos con seda, lá ou liño. Responsable: Mª del Rosario Fernández González, departamento de Etnografía e Artes Decorativas do MPLugo. Idades: de 6 a 8 anos. Horario: 11:00 a1 13:30 h. Prazas: 15 asistentes, por orde inscrición. Datas: 11 e 12 de xullo de 2013. Inscricións: Departamento de Didáctica do Museo Pazo de Tor »» Obradoiro de xogos tradicionais Elaboraremos xoguetes e practicaremos con eles xogos tradicionais como a billarda, o aro … e outros moitos. Responsables: Silvia Fiallega e Tar López, departamento de Didáctica do Museo Pazo de Tor. Datas: 6 de xullo e 8 de agosto. Horario: de 12:00 a 13:30 h. Idades: de 4 a 14 anos Prazas: 25 Inscricións: Departamento de Didáctica do Museo Pazo de Tor. »» Xadrez no Pazo de Tor O xadrez, o xogo dos nobres e da fidalguía. Xogamos? Responsables: Silvia Fiallega e Tar López, departamento de Didáctica do Museo Pazo de Tor. Datas: 6 de agosto. Horario: de 12:00 a 13:30 h. Idades: de 4 a 14 anos. Prazas: 25 Inscricións: Departamento de Didáctica do Museo Pazo de Tor »» Aprenderemos o abecedario braille, debuxándoo en gran formato Inspirámonos na cultura oriental para decatarnos da importancia que teñen as artes para transmitir valores máis alá da pura estética. Tanto a caligrafía 20
  21. 21. Museo Pazo de Tor chinesa como a xaponesa ou shodo son consideradas belas artes nas súas respectivas culturas. O caligrafista transmite a través do trazo a esencia e a forza de cada palabra. Partindo destas ideas, queremos que os nenos aprendan braille creando unha obra de arte colectiva, unha mensaxe que nos identifique como comunidade cultural e social, unha obra de arte ou instalación que permanecerá no museo como parte da súa esencia. Responsables: Silvia Fiallega e Tar López departamento de Didáctica do Museo Pazo de Tor. Datas: 2 de xullo e 10 de agosto. Horario: de 12:00 a 13:30 h. Idades: de 4 a 14 anos. Prazas: 25 Inscricións: Departamento de Didáctica do Museo Pazo de Tor »» Sentido e sensibilidade Xogo de probas nos que os sentidos exercen un papel esencial para o coñecemento do museo desde dentro. O museo constituirá o noso panel de xogo, cada estancia será unha casiña que nos servirá para desenvolver os diferentes tipos de probas: de memoria, de sons, de mímica, de coñecementos, de idiomas … etc. Responsables: Silvia Fiallega e Tar López, departamento de Didáctica do Museo Pazo de Tor. Datas: 3 de xullo e 9 de agosto. Horario: de 12:00 a 13:30 h. Idades: de 4 a 14 anos. Prazas: 25 Inscricións: Departamento de Didáctica do Museo Pazo de Tor »» Obradoiro de tecido e tinguido Aprender cómo se facían as pezas de roupa e o enxoval dunha pazo do século XVIII, no referido ao tecido e tinguido das pezas é o noso obxectivo. Podemos facer unha pequena peza tecida, pulseiras coa técnica do kumihimo… Para o tinguido usaremos a técnica Tie dye, unha adaptación occidental das técnicas de Shibori, que se popularizaron na década dos sesenta coa cultura hippie. Responsables: Silvia Fiallega e Tar López, departamento de Didáctica do 21
  22. 22. Museo Pazo de Tor Museo Pazo de Tor. Datas: 4 de xullo (tecido) e 7 de agosto (tinguido). Horario: de 12:00 a 13:30 h. Idades: de 4 a 14 anos. Prazas: 25 Inscricións: Departamento de Didáctica do Museo Pazo de Tor OBRADOIROS NADAL Nadal 2013 na Rede Museística (Programa de actividades) O deputado delegado da área de Cultura e Turismo da Deputación de Lugo, Mario Outeiro, xunto coa xerencia da Rede Museística, presentan para este Nadal 2013 un amplo e variado programa de actividades para os 4 museos integrados. Para que ademais da visita do Apalpador, que baixa nestas datas desde as montañas do oriente lucense, do Courel ou dos Ancares, coa súa fartura de castañas quentiñas e con un sorriso agarimoso, poidades participar en obradoiros para todas as idades e temas (xoias, contos e lendas, debuxos, xogos, fías, tapices, pergameos, reciclaxe …), exposicións, cine, concertos e o nº 35 da revista oral “O pazo das musas”. Aproxímase o solsticio de inverno e canda el o Natalicio que o mundo cristián conmemora nestes días. As nosas actividades cotiás deixan paso a un tempo diferente no que medra como herba ventureira a ilusión. Reencóntranse as familias, ofrecemos bos desexos, intercambiamos agasallos, participamos da festa para despedir un ano e iniciar outro, a ser posible, mellor.Pero como, seguramente, terás tempo sobro para atender máis quefaceres, os museos xestionados pola área de Cultura e Turismo e integrados na Rede Museística da Deputación de Lugo, ao tempo que che desexamos as mellores festas e un moi feliz ano 2014, queremos propoñerche para estas datas un abano moi completo de actividades. Un programa guiado pola fantasía pois temos a sorte de contar co Apalpador como embaixador da alegría. Pero ademais da visita do Apalpador, que baixa nestas datas desde as montañas do oriente lucense, do Courel ou dos Ancares, coa súa fartura de castañas quentiñas e con un sorriso agarimoso, temos moitas máis propostas que ofrecerche. Desde obradoiros para todas as idades e temas (xoias, contos e lendas, debuxos, xogos, fías, tapices, pergameos, reciclaxe …), ata exposicións, cine, concertos e o nº 35 da revista oral “O pazo das musas”. Son 22
  23. 23. Museo Pazo de Tor actividades para case todos os días deste Nadal, en todos os museos da Rede, para que te achegues aos nosos centros como lugares de encontro, pero tamén de lecer e aprendizaxe. Non esquezas solicitar toda a información que precises no museo da Rede da Deputación de Lugo máis próximo á túa residencia. MUSEO PAZO DE TOR Obradoiro: Ponte guapo, bonito! Xoiaría masculina para ver, facer e poñer Sabedes que son os hábitos ou encomendas, as cruces pectorais, os bastóns, os reloxos de peto e leontinas, o Toisón de Ouro, ou os rosarios? Percorrendo diferentes salas do Museo, coñeceremos estes adornos masculinos empregados dende hai moito tempo. Logo elaboraremos a reprodución dunha desas pezas. Imparte: Mª del Rosario Fernández González, departamento de Etnografía e Artes Decorativas do MPLugo Idades: de 8 a 14 anos. Datas: 26 de decembro de 2013. Horario: de 12:00 a 13:30 h. Prazas: 15 Inscrición obrigatoria no Departamento de Didáctica do Museo Pazo de Tor. Obradoiro: Os pergameos do Pazo de Tor A biblioteca do Pazo de Tor alberga uns 400 pergameos antigos e actuais que están expostos en diferentes salas. Benjamín de Prado, curmán da señora do pazo, dona Mª Paz, era un verdadeiro artista coa plumilla, e fixo diversas dedicatorias, felicitacións e agradecementos. Ímolo imitar facendo un pergameo, usando materiais reciclados. Imparte: Departamento de Didáctica do Museo Pazo de Tor Idades: sen límite. Datas: 27 de decembro de 2013. Horario: de 12:00 a 13:30 h. Prazas: 15 Inscrición obrigatoria no Departamento de Didáctica do Museo Pazo de Tor. 23
  24. 24. Museo Pazo de Tor Obradoiro: Reciclando O Nadal Pouco a pouco, e entre todos, fixemos do Nadal unhas festas asociadas ó consumismo. Nestes tempos de crise, de necesidade para moitos, agora máis ca nunca temos que recuperar a verdadeira esencia do Nadal, na que a felicidade medra desde a solidariedade. O Nadal non é o que podemos comprar, é o que podemos construír entre todos. Con este obradoiro queremos ensinarvos que coas nosas mans e aproveitando cousas que temos arredor ou obxectos de refugallo, podemos facer xoguetes para divertirnos ou adornar a nosa casa para estas festas. Imparte: Departamento de Didáctica do Museo Pazo de Tor Idades: sen límite. Datas: 28 de decembro de 2013. Horario: de 12:00 a 13:30 h. Prazas: 15 Inscrición obrigatoria no Departamento de Didáctica do Museo Pazo de Tor. Outras propostas: Exposicións Exposición: Galiza nun tempo de seu (do 17 de decembro de 2013 ao 17 de marzo de 2014) Intervención-exposición: Aprendo a ser vestido, de Paula Cabaleiro. (Integrada no proxecto EnREDarte “Diálogos na Rede”). Inauguración: 20 de decembro de 2013. Outras propostas: Museos socialmente comprometidos 20 e 21 de decembro de 2013. Obradoiro “Realidade aumentada para mellorar a accesibilidade aos museos”, impartido por Mónica Castro de Lera e dirixido ao grupo de traballo social vinculado aos Proxectos de “Fotografía a cegas” e “Mulleres de aquí e acolá”. Ciclo de cine Euroárabe Amal Todos os sábados de decembro a partir das 17 h. e os domingos de decembro a partir das 11:30 h. 24
  25. 25. Museo Pazo de Tor PROGRAMA DE ACCIÓN CULTURAL PROGRAMA INTERXENERACIONAL ENRÉDATE NA REDE OBRADOIROS DE STOP MOTION: HISTORIAS FANTÁSTICAS NO PAZO DE TOR Museo do Pazo de Tor: 26 e 27 de marzo, de 17:00 a 18:30 h. Idades: Nenos de 8 a 15 anos. Imparte: Adriana Pazos Ottón. Obradoiro de creación audiovisual mediante a técnica de animación de STOP MOTION. Os participantes coñecerán esta nova forma de realización de Curtametraxes, elaborarase un guión previo, coñeceremos o funcionamento da técnica e foto a foto iremos contando a nosa historia. Aprenderemos a aparentar movemento de obxectos estáticos, tomados dos fondos da Rede Museística, e achegarémonos ao coñecemento do nacemento do cinema, da linguaxe cinematográfica e ao uso da fotografía como elemento expresivo. CONTAMOS COA TÚA OLLADA Museo do Pazo de Tor: 31 de marzo, ás 11:00 h. Para familias Duración: 3 h. aprox. Imparte: Elsa García Ospina. Con esta actividade queremos que os visitantes do Pazo de Tor nos transmitan as súas sensacións e percepcións a través da arte, queremos que nos pinten o pazo trala súa ollada. É un obradoiro de observación, de pintura e de sentimentos. - Obradoiro. “Contamos coa túa ollada” Un obradoiro especial para familias. Ata o pazo chegaron varios nenos que traballaron cos seus familiares na sua visión plastica do 25
  26. 26. Museo Pazo de Tor Pazo. Temos moito novo artista no Val de Lemos. Con esta actividade queremos que os visitantes do Pazo de Tor nos transmitan as súas sensacións e percepcións a través da arte, queremos que nos pinten o pazo trala súa ollada. É un obradoiro de observación, de pintura e de sentimentos. Datas: 31 de marzo, ás 11:00 h. Para familias Duración: 3 horas, aprox. 26
  27. 27. Museo Pazo de Tor - Entre maiores: obradoiro de comunicación, con videoconferencia entre os 4 museos da Rede Museística Provincial. 16:30 h.- - Encontro de familias do Clube Pequeamigos. Presentación do Clube Senior da Rede Museística Provincial18:00 h. Mércores, 15 de maio de 2013 (Día Internacional das Familias) No marco do encontro do Clube Pequeamigos presentarase un xogo de aventuras (semellante no seu desenvolvemento ao popular xogo da Oca) e que se chama “De Museo en Museo … e tiro porque me enredo”, un deseño de Zhuoling, unha chinesa enredada. Un pasatempo ben divertido arredor do diálogo intercultural e que propón percorrer o roteiro dos 4 museos integrados na Rede (Museo do Mar, Pazo de Tor, Museo de San Paio de Narla e Museo Prov. de Lugo) combinando preguntas sobre os propios museos e sobre cultura xeral. Quen supere as distintas etapas, “conquistando” cada un dos 4 museos, recibirá o correspondente diploma que o/a acredita como embaixador da Rede. O martes 22 de outubro, o departamento de Didáctica do MPLugo desenvolveu por primeira vez a actividade “A peza adoptada”. Nesta ocasión contamos coa participación do alumnado de Infantil do CEIP Sagrado Corazón de Lugo, acompañados polas súas familias e profesorado do centro. “A peza adoptada” é unha proposta didáctica deseñada para familias con nenas e nenos de entre 3 e 16 anos. O obxetivo que se pretende é dobre; por unha banda oachegamento ás coleccións dos museos que integran a rede museística e por outro lado, ofrecer unha ferramenta que dote de autonomía ás familias para visitar o museo. Para isto poñemos a disposión das familias un material elaborado para esta actividade que se poderá obter na recepción dos catro museos. A actividade integra formación e motivación, interpretación e diversión, coñecemento e creación. Esta actividade desenvolverase a partir de agora ata o mes de decembro nos catro museos da Rede Museística da Deputación de Lugo, todos os sábados a partir das 13:00 horas. 27
  28. 28. Museo Pazo de Tor ANIVERSARIO MUSEO ETNOGRÁFICO PAZO DE TOR »» Celebramos o sétimo aniversario da inauguración do Museo Pazo de Tor O 13 de xullo deste 2013 o Museo pazo de Tor cúmpre 7 anos. Celebrarémolo enviando pombas mensaxeiras que sairán do Pazo de Tor e chegarán a Lugo coa nova. Antes da solta falaremos da colombofilia e da súa historia, práctica competitiva actual, anécdotas ... Realizaremos unha breve visita ao pombeiro e faremos entrega dunha mensaxes de convite que transportarán as pombas. Ambas actividades están dirixidas a todo tipo de públicos. Datas: 7 de xullo Horario: de 12:00 a 13:00 h. Concerto de aniversario Datas: 13 de xullo Horario: 19:00 h. Responsables: Silvia Fiallega e Tar López, departamento de Didáctica do Museo Pazo de Tor. Solta das pombas e obradoiro preparatorio Foron metidas nas cestas 42 pombas das cales soamente 26 (as que estaban en mellor forma) foron anilladas con aneis de control. Foron colocadas sete mensaxes en sete pombas e de casualidade un foi posto nunha pomba sen anel de control que foi a que non chegou ao seu destino. Foron recibidos seis dos sete mensaxes que puxemos, para impedir que un imprevisto puidera poñer en risco a chegada da mensaxe e asegurar así que chegara. Soamente se perdeu una pomba . A valoración e positiva é una anécdota moi bonita que pombas na actualidade leven unha mensaxe escrita e o fagan tan ben! para nós é unha satisfacción moi grande. Como anécdota; a pomba a que se lle puxo a mensaxe no Pazo de Tor chegou sen problemas e seino porque ao recibir a mensaxe puiden ver como o papel foi enrolado coas letras cara fora o que quere dicir que a persoa que llo puxo enrolou o papel do texto desa maneira, o contrario que fixen eu co resto das pombas no clube. Antonio Muñoz, Pte Asc Colombófila Muralla de Lugo Colaboración inestimable, do contrario non sería posíbel. 28
  29. 29. Museo Pazo de Tor Voo do pazo de Tor a Lugo no sétimo aniversario do museo Unha pomba levou á capital a mensaxe da celebración MONFORTE / LA VOZ 08 de xullo de 2013 11:58 29
  30. 30. Museo Pazo de Tor SEMANA DOS MUSEOS SEMANA DOS MUSEOS 2013: Museo Pazo de Tor Mario Outeiro, deputado delegado da área de Cultura e Turismo da Deputación de Lugo, e Encanrna Lago, xerente da Rede Museística, dan a coñecer os programas de actividades rpevisas para a SEMANA DOS MUSESO 2013 en todos os museos xestionados pola Rede Museística Provincial. MUSEOS (memoria + creatividade) = PROGRESO SOCIAL Os museos integrados na Rede Museística Provincial, xestionados desde a área de Cultura e Turismo da Deputación de Lugo, conmemoramos un ano máis o Día Internacional dos Museos. Desde 1977, o ICOM propón a celebración desta data o 18 de maio, unha xornada para difundir o importante papel dos museos no desenvolvemento social. Como cada ano, o ICOM escolle un lema para chamar a atención sobre as relacións entre os museos e a sociedade, e para este ano 2013 o reclamo escollido é MUSEOS (memoria + creatividade) = PROGRESO SOCIAL, unha oportuna e necesaria reivindicación, por mor da crise que nos anestesia, da relevancia que a memoria debe ter no desenvolvemento intelixente das culturas do mundo. O calendario decidiu que este ano coincida esta celebración coa novena edición de A Noite dos Museos, unha proposta do Ministerio de Cultura e Comunicación de Francia que desde o 2005 vai gañando adeptos e presenza mediática. Á tardiña, cando chegan as horas nocturnas, os museos abren as súas portas ofrecendo unha percepción diferente dos seus espazos visitables. Ademais, nesta semana que se prolonga desde o 13 ata o 19 de maio, temos o Día das Letras Galegas, o 17 de maio, este ano o homenaxeado dramaturgo e actor compostelán Roberto Vidal Bolaño (1950-1987). Haberá concertos e representacións teatrais, amais de actividades creativas son as propostas que ofrecemos nos catro museos integrados na Rede. E aínda teremos un recuncho, aproveitando que o día 15 de maio é o Día Internacional das Familias, para convocar e reunir a todos os que se animen; aos que acumulan, por idade, máis memoria e, e aos que, tamén por idade, aínda teñen o saco baleiro de experiencias. n definitiva, unha semana, desde o 13 ao 19 de maio, con múltiples propostas para todos os públicos, desde os obradoiros para os máis pequenos, para os adolescentes (lipdup, photocall) ou para os maiores, concertos, encontros e representacións teatrais, exposicións e experimentos que teñen os nosos museos como escenario. Pero, e, sobre todo, son días, como nos encomenda o lema do ICOM, para a memoria e creatividade, pasado e futuro prendidos (por ti, por todos e todas) polo elo que os pode unir; os museos da Rede Museística Provincial. 30
  31. 31. Museo Pazo de Tor Museo Pazo de Tor PROGRAMA: Venres, 17 de maio de 2013 (Día das Letras Galegas) Xornada de homenaxe ao dramaturgo Roberto Vidal Bolaño, autor ao que se dedica este ano 2013 o Día das Letras Galegas. Photocall Durante toda a semana que vai do 14 ao 19 de maio, tendo como fondo un modesto escenario, quen o desexe poderá caracterizarse co chapeu e o nariz de pallaso (que identifica a R. Vidal Bolaño) e fotografarse cun cartelón coa palabra en galego que máis lle guste. Estas imaxes iranse subindo ás redes sociais da Rede Museística para que, quen o desexe, coas palabras escollidas elabore textos literarios no período comprendido entre o 20 e o 31 de maio. De 12:00 a 13:30 h.- Expresión e artes da palabra na música popular galega Obradoiro de expresividade oral, dramática e musical que desde diversas manifestacións da música popular galega nos permite explorar a dimensión creativa e comunicativa da palabra. Coordina: Pepa Yáñez Anllo. 31
  32. 32. Museo Pazo de Tor Lipdup da Rede Museística A continuación gravaremos un lipdub, ou dobraxe de labios, un vídeo musical nun só plano-secuencia no que van participar moitas persoas dobrando en play-back o tema Logo chega o día do grupo Lamatumbá. O produto final será difundido a través das redes sociais. Colaboran na gravación os equipos técnicos de campUSCulturae da USC. Coordina: Begoña Rodríguez Cacharrón. Concerto da Noite dos Museos 20:30 h.- Jotinhho’s Domingo, 19 de maio de 2013 Vén, Mira … é Tempo de Creatividade De 12:00 a 13:30 h. , para nenos/as de 4 a 14 anos Obradoiros creativos, tendo sempre como fondo e referencia as coleccións dos nosos museos. Coñecer e experimentar, dialogar … 32
  33. 33. Museo Pazo de Tor PROGRAMA DE EXPOSICIÓNS EXPOSICIÓNS Exposición: ESPAZO PÚBLICO DE VISIBILIDADE: Os nosos costumes, de Víctor Vila Fouz Espazo público de visibilidade é un proxecto da Rede de Museos da Deputación de Lugo que nace co obxectivo de dar voz a todos e todas os/ as que teñan unha inquietude ou unha idea artística (en todas as súas disciplinas) sen un espazo onde desenvolvela. Os museos da Deputación de Lugo, como servizo público que son, abren as súas portas para favorecer a súa visibilidade. Tócalle a quenda agora ao proxecto “Os nosos costumes”, unha proposta de Víctor Vila Fouz para o Museo Pazo de Tor Pódese visitar a partir do 15 de febreiro de 2013. VÍCTOR VILA FOUZ San Fiz, O Corgo (Lugo). Pintor autodidacta que estuda moi detalladamente os costumes e a cultura do pobo galego no intento de contribuír a crear unha pintura de ámbito nacional en Galicia. Realizou exposicións en A Fonsagrada, 33
  34. 34. Museo Pazo de Tor O Corgo, Lugo, Becerreá, Samos … Ten obras no Museo Etnográfico da Fonsagrada, Mosteiro de Samos, concello de O Corgo e concello de Becerreá. Considero que se trata dunha promesa da pintura galega. [Pedro Núñez Fernández, profesor de debuxo xubilado] Proxecto global EnREDarte: Creación, promoción e difusión das artes A Área de Cultura e Turismo da Deputación de Lugo, a través da Rede Museística Provincial, promove o proxecto global ENREDARTE concibido para incentivar a creación, promoción e difusión das artes visuais, escénicas, musicais, literarias … ENREDARTE aglutina cinco iniciativas diferentes que teñen como denominador común o seu carácter participativo e dinámico e que conflúen nun mesmo obxectivo: facilitar espazos para a difusión das creación dos artistas, tanto dos consagrados como dos novos valores (Diálogos na Rede, Espazos públicos de visibilidade, Estudio Aberto, I Simposio Arte e Natureza e Saudarte). O proxecto ENREDARTE vaise desenvolver nos catro museos da Rede Museística Provincial, na Sala de Exposicións do Pazo de San Marcos e no antigo Hospital de San Xosé, ao longo do segundo semestre do ano 2013. EnREDarte 1.-DIÁLOGOS NA REDE 1 de xuño a 31 de decembro de 2013 / Museos da Rede Museística Unha iniciativa aberta aos artistas que respondan á convocatoria dos catro Museos da Rede Museística Provincial ( Museo Provincial de Lugo, Museo Provincial do Mar, Pazo de Tor e Museo Etnográfico de San Paio de Narla) e presenten proxectos de intervención que establezan un diálogo artístico con pezas ou coleccións concretas pertencentes a un dos catro museos da Rede. Un xurado seleccionará, entre os proxectos presentados, dous artistas para intervir en cada un dos museos. 34
  35. 35. Museo Pazo de Tor _____»» Decisión do Comité de Selección das propostas presentadas á sección de Diálogos na Rede do Proxeccto EnrREDarte Os membros do Comité de Selección que ao marxe se relacionan do PROXECTO ENREDARTE que, convocado pola Área de Cultura e Turismo da Deputación de Lugo, a través da súa Rede Museística, ten por obxecto valorar as diferentes propostas presentadas á sección de Diálogos na Rede (iniciativa aberta aos artistas que presenten proxectos de intervención que establezan un diálogo artístico con pezas ou coleccións concretas pertencentes a un dos catro museos da Rede), e despois das oportunas deliberacións, acordan por unanimidade seleccionar as propostas dos seguintes artistas: Enrique Tenreiro / Iago Eireos / Marina Núñez / Oscar Seco / Carmen Llonín / Paula Cabaleiro / Isabel Somoza e Yolanda Dorda Integran este Comité de Selección as seguintes persoas: Mario Outeiro Iglesias, deputado-delegado da Área de Cultura e Turismo da Deputación de Lugo. Encarnación Lago, xerente da Rede Museística da Deputación de Lugo e coordinadora de Enredarte. Lucila Yáñez, responsable do Departamento de Belas Artes do Museo Provincial de Lugo. Fernando Arribas Arias, responsable de difusión da Rede Museística da Deputación de Lugo. Amelia Aguado Álvarez, directora da Fundacion Jiménez-Arellano Alonso (Palacio de Santa Cruz. Valladolid) e xefa de servizo Centro Buendía. Extensión cultural da Universidade de Valladolid. Juan García Sandoval, director-Conservador do MUBAM (Museo de Bellas Artes de Murcia). Centro de Estudios de Museología de la CARM. Rufino Ferreras Marcos, responsable de EducaThyssen (desenrolo educativo do Museo Thyssen-Bornemisza, Madrid). Xose Antonio López Silva, filólogo, investigador externo do ILGA, profesor, antoloxista e traductor. Colaborador da USC, poñente e coordinador/moderador en simposios. Xulia Santiso Rolán, directora-conservadora da Casa Museo Emilia Pardo Bazán en A Coruña (da Real Academia Galega). Codirectora da empresa de xestión cultural Territorio Cultura (comisariado, coordinación de exposicións, didáctica de museos, proxectos de intervención cultural). Lugo, 10 de xuño de 2013 Asdo.: Fernando Arribas Arias (responsable do departamento de Difusión da Rede Museística) e Encarnación Lago González (xerente da Rede Museística) » “Fogares de crianza” de Carmen LLonín, no Museo Pazo de Tor (inauguración: 7 de xullo de 2013) »Diálogo “vivo”, de Enrique Tenreiro. Xardíns do MPLugo e Museo Pazo de Tor 35
  36. 36. Museo Pazo de Tor (do 18 de setembro ao 19 de novembro de 2013) » Diálogos omitidos, de DORDA. Sala de Exposicións do MPLugo (do 2 de outubro ao 2 de novembro de 2013) » A Soidade da Multitude, de Iago Eireos. Museo Pazo de Tor (do 13 de outubro ao 13 de novembro de 2013) » Quedamos para vestir Santos (Xabier de Sousa, Xosé Poldras e Isabel Somoza). MPLugo (do 17 de outubro ao 17 de novembro de 2013) EnREDarte 2.-ESPAZOS PÚBLICOS DE VISIBILIDADE 1 de xuño a 31 de decembro de 2013 / Museos da Rede Museística Os Museos da Rede ofrecen os seus espazos dispoñibles para a presentación diante do público de calquera proposta artística : teatro, música, danza, humor,… Haberá unha convocatoria para a presentación de proxectos individuais ou colectivos. Cos proxectos seleccionados establecerase un calendario de actuacións en distintos espazos (pechados e abertos) dos catro museos. A Rede Museística Provincial organiza o programa, facilita os espazos e ocúpase da promoción e difusión de todas e cada unha das intervencións. EnREDarte _____»» Decisión do Comité de Selección das propostas presentadas á sección de Estudio Aberto do proxeccto EnREDarte Ás 18:00 horas do día 10 de xuño do 2013, reúnense no Pazo de Tor (Monforte de Lemos) os membros do Comité de Selección que ao marxe se relacionan do PROXECTO ENREDARTE que, convocado pola Área de Cultura e Turismo da Deputación de Lugo, a través da súa Rede Museística, ten por obxecto valorar as diferentes propostas presentadas á sección de Estudio Aberto (concebido para que os artistas plásticos de diferentes disciplinas convertan, durante dous meses, a Sala de Exposicións da Deputación de Lugo nun estudio aberto ao público), e despois das oportunas deliberacións, acordan por unanimidade adoptar as seguintes decisións: 1.- Destacar o elevado número de propostas presentadas, así como tamén a alta calidade das mesmas. 2.- Visionados os traballos presentados, acordan seleccionar as propostas dos seguintes autores: Para a residencia de xullo: Reme Remedios / Paz Vicente / Cristóbal Tabares / Ro-Ro / Gema López / 36
  37. 37. Museo Pazo de Tor Elena Gaztelumendi e Lomarti Para a residencia de agosto: Mónica Trastoy / José M. Luque / Eva Cruz / Edurne Herran Senén Olano e Ruth Montiel Arias Como suplente queda designada Isabel Alonso Integran este Comité de Selección as seguintes persoas: Mario Outeiro Iglesias, deputado-delegado da Área de Cultura e Turismo da Deputación de Lugo. Encarnación Lago, xerente da Rede Museística da Deputación de Lugo e coordinadora de Enredarte. Lucila Yáñez, responsable do Departamento de Belas Artes do Museo Provincial de Lugo, Fernando Arribas Arias, responsable de difusión da Rede Museística da Deputación de Lugo. David Barro, editor da revista de Arte Contemporánea DARDO, crítico de arte comisario de exposicións. Crítico de El Cultural (El Mundo) e asesor da Fundación BarriéChus Martínez Dominguez, comisaria independiente de exposicións e crítica de arte. Colaboradora habitual de El País Cultura. Agar Ledo Arias, xefa do Departamento Exposicións do MARCO (Museo de Arte Contemporánea de Vigo). Profesora do Máster de Arte. Comisaria e crítica contemporáneas (USC). Juan Carlos Meana, decano da Facultade de Belas Artes (Universidade de Vigo) e profesor de Escultura. Marta García Fajardo, directora da Colección de Arte na Fundación Mª José Jove (A Coruña) e responsable da Área Cultural na devandita fundación. Eva Morquecho, codirectora da galería de arte contemporánea Metro (Santiago de Compostela). No Pazo de Tor (Monforte de Lemos), ás 21:00 horas do 10 de xuño de 2013. Asdo.: Fernando Arribas Arias (responsable do departamento de Difusión da Rede Museística) e Encarnación Lago González (xerente da Rede Museística) CRONOGRAMA 1<7 Xullo : RESIDENCIA ARTÍSTICA I (6 artistas) Programa: 1<7 Xullo: traballo colectivo no espazo Martes 2. Mércores 3.Xoves 4. 20.00h.: CHARLAS CON... (Visita de profesionais do sector: comisarios, críticos, xestores culturais, artistas...) 9<25. Xullo: EXPOSICIÓN 1< 8 Agosto: RESIDENCIA ARTÍSTICA II (6 artistas) Programa: 37
  38. 38. Museo Pazo de Tor 1< 8 Agosto: traballo colectivo no espazo Sábado 3. Domingo 4.Luns 5. Martes 6. 20.00h.: CHARLAS CON... (Visita de profesionais do sector: comisarios, críticos, xestores culturais, artistas...) 9<25 Agosto: EXPOSICIÓN EnREDarte 4.-I SIMPOSIO ARTE E NATUREZA NO PAZO DE TOR Do 27 de xullo ao 3 de agosto de 2013/ Pazo de Tor Xornadas de traballo no pazo de Tor arredor da arte e da natureza. Admitiranse proxectos de artistas que fan arte terrestre ou de integración das artes na natureza, especialmente aqueles que traballan con madeira, terra, pedra, area, auga, rocas … e que adapten as súas ideas concretas de traballo á contorna do Pazo de Tor e ao diálogo co público. Un xurado seleccionará a catro artistas entre os que presenten as súas propostas. Tamén estará aberta a posibilidade de presentar relatorios en relación co tema do simposio. EnREDarte ___________ Diálogos na Rede con Carmen Llonín no Pazo de Tor » Domingo, 7 de xullo, ás 12:00 horas: →Inauguración de “Fogares de crianza” de Carmen LLonín “Fogares de crianza” é un traballo que amosa a innegable orixinalidade, diversidade e estética dos niños, froito da observación, reflexión e da admiración que Carmen Llonín ten por estes elementos cheos de vida. Esta intervención que presenta o niño como clave de reinterpretación e reflexión sobre o territorio, unha metáfora do ciclo da vida como unha busca permanente da adaptación ó medio, do mesmo xeito que fan os paxaros cando teñen que facer os seus niños. Carmen Llonín é unha artista feita a si mesma, autodidacta e multidisciplinar (vidro, fotografía, gravado, cestería, etc..). Expuxo de xeito individual na Capela de Santa María (Lugo), no Concello de Cervo, na Galería Sargadelos de Lugo, en Portas Ártabras (A Coruña) ou no CENIMA en Foz, entre outros. Actualmente, forma parte da exposición colectiva de artistas contemporáneas “Artistas en Red”, comisariada por Paula Cabaleiro. Asimesmo, foi partícipe do proxecto “Entolearte” e da mostra “A arte de ser muller nun mundo por compartir 4.0”, ámbolos dous da Rede Museística Provincial. Esta intervención forma parte do programa “Diálogos na Rede” inserido no 38
  39. 39. Museo Pazo de Tor proxecto EnREDarte, que promove a área de Cultura e Turismo da Deputación de Lugo, a través da Rede Museística Provincial. INAUGURACIÓN EXPOSICIÓN DE ARTE E NATUREZA NO PAZO DE TOR Durante 5 días, 11 artistas traballaron en residencia no Pazo de Tor, seleccionados entre as 119 propostas presentadas á Convocatoria de Arte e Natureza realizada pola Área de Cultura e Turismo da Deputación de Lugo, a través da súa Rede Museística, dentro do Programa ENREDARTE. Os artistas provenientes da comarca do Bierzo, de León, de Ávila, de Pontevedra, de Vigo, de Viveiro e de Lugo, desenvolveron os seus proxectos cuxo eixo non soamente é salientar o medio natural onde se empraza o museo, se non tamén o seu compoñente humano e cultural. Neste sentido, a implicación dos traballadores do Pazo resultou ser esencial para construír e reforzar estes traballos. O resultado é unha exposición de doce obras que poderán visitarse a partir da súa inauguración, o MARTES 27 DE AGOSTO nun percorrido activo e emocional, diferente á exposición formal, convidando ao espectador ao xogo, á escoita atenta, ao descubrimento e á reflexión. Os traballos atópanse ao aire libre na contorna do museo, revelando ao visitante unha perspectiva diferente do Pazo. Para iso, entregarase un mapa co emprazamento das pezas e o seu seguimento. AS 12 OBRAS 1. CARLOS DE GREDOS / Pobo Un ovo de vimbio érguese desde o chan. O espectador ao aproximarse pode estar fóra e ao mesmo tempo dentro del. 2. CARLOS DE GREDOS / Todos somos UNO Desde unha escaleira podemos ler o texto POBO/OVO, xogo de palabras que alude á orixe da humanidade. 3. NILO ARIAS / Doce Apolo Instalado no estanque, un lenzo forma unha illa sobre a que actuarán as ras presentes no entorno. Coa humidade e o contacto dos seus corpos, as ras irán borrando a capa de arxila facendo emerxer a imaxe do deus Apolo. 39
  40. 40. Museo Pazo de Tor 4. JUAN LOMARTI / Asistida-Compartida. Fotosíntese dual Acción para a posterior instalación que relaciona ao ser humano co seu entorno natural. Neste caso relaciónase coa árbore e pon de manifesto a entrada dunha natureza noutra, como ciclo que se repite a un ritmo constante. O propio autor foi o protagonista activo, agora o espazo e a forma ocupada por el é recreado a modo de silueta por fariña, material branco e orgánico resultante da elaboración dun produto natural, o propio cereal. ISABEL ALONSO / Natureza artificial Pequenas pezas de la tecidas con gancho mimetízanse coas árbores do pazo, como liques artificiais. Esta obra ofrece unha reflexión sobre a gran degradación da natureza e a necesidade de protección e coidado do medio ambiente. Ao igual que sucede cos liques, que sobreviven en simbiose coa árbore, é necesaria unha relación entre o home e a natureza que faga posible o crecemento e a conservación de ambos. Disto depende a nosa subsistencia. 5. NOA PERSÁN / Contedores Baleiros O home afástase da súa orixe esgrimindo a palabra como a arma que xustifica a súa superioridade, sérvese desta para moverse no mundo da aparencia e manipular todo aquilo que o rodea, deixando á natureza desprovista da súa propia voz; baleira como un contedor que só serve para recoller o noso lixo…,que non é máis que a nosa esencia repudiada. 6. COLECTIVO RA / Experiencias de Natureza en Pazo de Tor (Vídeo en aula didáctica) Existe un vínculo emocional entre o espazo e as persoas que o habitan, como é o caso do Pazo de Tor, onde os seus traballadores con afecto, transmiten a necesidade de coidado que se precisa para devolver o esplendor que foi e revivir o entorno e a súa paisaxe. A través destas accións poéticas ponse de manifesto que a Natureza está dentro de nos e é no encontro onde se manifesta. 7. ALBERTO PENA / Pombal. Pazo de Tor As plumas escuras cravadas na parede de cal do muro exterior falan de que aínda queda moito na escuridade. As brancas do interior abren un espazo para a espiritualidade, para que a conciencia aclare as cousas. 8. LEMUEL QUIROGA / Rerum Natura. Árbore sonora 40
  41. 41. Museo Pazo de Tor Pano sonoro de madeira que trata de dar voz ao entorno e con iso busca illarnos do barullo cotiá que nos atorda, a prol de xerar, a través diso, un espazo de recollemento que motive a escoita íntima e a reflexión. 9. EL ABRELATAS / Co-dice Traducimos á linguaxe do ser humano, para que poidamos comprender a mensaxe de auxilio e dor que a Pazo de Tor e, sobre todo, a súa contorna, está enviándonos de maneira constante. 10. XOSÉ REIGOSA / Apis Mellifera As abellas están desaparecendo. A causa principal é o uso de pesticidas. Calcúlase que en Galiza xa desapareceron máis dun 80% delas. O ser humano non podería vivir sen as abellas. Este traballo pretende ser unha homenaxe a súa importantísima labor o tempo que un toque de atención a sociedades. 11. DAVID CRESPO / Tor Lúdico Solitaria Brisca (Versión Tor) Solitaria Escoba (Versión Tor) Existen múltiples accións e normas que nos envolven cando interactuamos co noso propio entorno, moitas das cales aceptamos sen cuestionalas. Nesta instalación preséntase un “happening” que parte da análise das estratexias seguidas na práctica de dous xogos populares da baralla española. Coa manipulación das súas regras convértense en dous xogos solitarios, onde novas estratexias de xogo invitan ao espectador a participar e seguir os novos ordes ou a crear as súas propias regras. EXPOSICIÓN: A Soidade da Multitude, de Iago Eireos Inauguración: domingo, 13 de outubro de 2013, ás 12:00 h. EXPOSICIÓN: A Soidade da Multitude, de Iago Eireos Instalación modular no Museo Pazo de Tor (Diálogos na Rede) Museo Pazo de Tor (Do 13 de outubro ao 13 de novembro de 2013) Entrada gratuíta Horario de visitas De martes a domingo, visitas guiadas ás 11, 12:30, 16:30 e 18 h. Luns pechado. Entrada gratuíta 41
  42. 42. Museo Pazo de Tor _____Neste proxecto pretendo reunir a sublimidade da arte como expresión de certos sentimentos humanos (a soidade, a esperanza ou a frustración) coa dimensión privada e doméstica do ser humano. Trátase de poñer ao home fronte a si mesmo, de evidenciar como os seus sentimentos, as súas expectativas e a súa cotidianidade van tinguindo os instantes que discorren día a día. Porque á fin e ao cabo, a arte é unha creación humana que pon ao home en contacto consigo mesmo en toda a súa dimensión e no seu retrato inmediato. “A Soidade da Multitude” utiliza os instantes cotiáns como pretexto e base do seu discurso, o contexto doméstico e privado é o leimotifv da obra á vez que unha parte dela, a intención é plasmar escenas populares de carácter estritamente íntimas e trasladalas a unha contorna pública. O Pazo de Tor, un museo que abre as portas dun fogar descontextualizado da súa función residencial, é agora o escenario dunha instalación que versa sobre costumes do fogar e intranscendentes que suceden portas a dentro, un encadre que evidencia actitudes e costumes sociais e invita a reflexionar sobre a individualidade e identidade dentro do grupo xenérico. A instalación componse de diversos paneis de grandes dimensións construídos con materiais pobres ensamblados, evidenciando o grao de obxecto común e reciclado, que no seu conxunto forman unha estrutura modular pechada, a modo de habitación privada, trátase dunha construción tridimensional que mostra no seu interior unha serie de escenas habitadas e no seu exterior unha estrutura arquitectónica demarcada por unha aparencia chabolista, a dobre cara da peza invita a percorrer a súa perímetro e penetrar na escenografía da propia obra. Se esta instalación é unha proxección do noso reflexo máis privado e social é unha cuestión que non se ten por que resolver. O que pretende o proxecto é traballar utilizando este mecanismo: provocar esa sensación de espontaneidade, de encontro entre o público e o privado, entre o íntimo e o social, intervense na escena cotiá, para que o espectador sexa capaz de buscar a relación entre a súa propia vida, a contorna no que convive e os sentimentos máis esenciais que adoita proxectar o reflexo atopado en convivencia con representacións artísticas. [Iago Eireos] 42
  43. 43. Museo Pazo de Tor EXPOSICIÓN: AconTecendo Inauguración: sábado, 7 de decembro, ás 12:30 horas. Exposición colectiva, comisariada por Noemí Cobas, que se inclúe no Proxecto “ENREDARTE: Espazos públicos de Visibilidade” dentro do programa ”Mulleres en / para / por / desde / ante a Rede Museística”. AconTecendo é una mostra na que se pretende, empregando o téxtil como medio, cuestionar os roles de xénero na nosa sociedade. Partindo da rica historia do téxtil no mundo da arte, que vai dende os antigos tapices ata o uso de feltro nas obras de Beuys, os artistas reunidos nesta mostra empregan a súa maneira de ver a arte para ofrecer un novo punto de vista e do papel da muller na nosa sociedade. AconTecendo Museo Pazo de Tor, Tor, Monforte de Lemos (Lugo) (do 7 de decembro de 2013 ao 5 de xaneiro de 2014) ARTISTAS PARTICIPANTES Jaime van Bergen: Músico e compositor de movemento browniano e indíxena experimental, semiurbano e multidisciplinar. Belén Bonilla Omil:Artista en formación de A Coruña. O seu tema fetiche é o mundo Pop xaponés, aínda que tamén se atopa cómoda noutro tipo de temáticas, que van dende o feminismo ata a búsqueda de identidade persoal e o xogo de roles. Sara Adelaida: Graduada na Escola de Estudos Superiores de Deseño Téxtil e Moda de Galiza. As súas coleccións vence influenciadas por Madeleine Vionet, Yves Saint Laurent e a cultura americana. Neste momento son tres as coleccións que realizou, “Bourbbonaiss”, “Tiffany & Combat” e “Cándida Apariencia” David Crespo: Artista conceptual que se está a formar na facultade de Belas Artes de Pontevedra. As súas obras xogan co minimalismo e o arte póvera e en todas elas o título da obra confírelle sentido á mesma. Paloma Madox: Estudiante de arquitectura, belas artes e deseño de moda. Recén chegada de un período de estudos el Londres, actualmente dedica a súa obra, que consta principalmente de escultura, videocreación e pintura, a aunar as suas tres disciplinas de estudo, enmarcadas na nova cultura pop do século XXI e o Net Cult Julia Huete Iglesias: Formada na facultade de Belas Artes de Pontevedra. Os 43
  44. 44. Museo Pazo de Tor seus últimos traballos en textil abarcan tanto o figurativo como o abstracto ao atoparse nunha fase experimental cunha técnica tan chea de posibilidades como é a mesma. Aprendo a ser vestido, de Paula Cabaleiro, no Museo Pazo de Tor Este venres, 20 de decembro, ás 12:00 horas, terá lugar no Museo Pazo de Tor a presentación da escultura-instalación Aprendo a ser vestido, orixinal de Paula Cabaleiro. Á mesma hora terá lugar no mesmo museo un encontro no que participarán varios dos artistas que protagonizaron intervencións e exposicións dentro do proxecto EnREDarte. Con esta actividade ponse colofón a EnREDarte 2013, proxecto que engloba programas como Estudio Aberto, Arte e Natureza, Diálogos na Rede, etc., nos que participaron un bo número de artistas e que supuxo a experiencia artística mais novidosa e plural das realizadas en Galicia nos últimos anos. PROGRAMA TEATRO E CINE TEATRO Dobre representación de Animaliños (de R. Vidal Bolaño) no Pazo de Tor O domingo, 26 de maio, ás 16:00 h. vai ter lugar no Museo Pazo de Tor unha dobre representación da obra Animaliños de Roberto Vidal Bolaño, con unha adaptación de Eva F. Ferreira. O elenco - Representación dobre da obra Animaliños (de Roberto Vidal Bolaño) a cargo do grupo de teatro escolar do C.E.I.P. A Gándara, de Monforte de Lemos, e dun grupo de actores adultos. de actores e actrices mozos do Obradoiro de Teatro do CEIP A Gándara realizará a primeira representación ás 16.00 horas, e, a continuación, o alumnado adulto da Aula Municipal de Teatro de Monforte poñerá en escena a mesma obra. Con estas representacións a Rede Museística da Deputación de Lugo pon remate aos actos organizados nos diferentes museos da Rede con motivo do Día das Letras Galegas, que este ano homenaxeou ao dramaturgo e actor R. Vidal Bolaño. Obra: Animaliños, de R. Vidal Bolaño Adaptación e dirección: Eva F. Ferreira Museo Pazo de Tor, Monforte de Lemos, ás 16:00 horas ENTRADA LIBRE SINOPSE: Unha praga de caracois nunha urbanización de chalés desencadea unha neurose colectiva, facendo saír á luz o peor de cada casa. Obsesionadas coa preservación da súa pequena parcela de felicidade, as persoas que alí residen pasarán por riba de todo aquilo que represente unha ameaza para elas. Incluída a propia veciñanza. “Animaliños” (Premio María Casares 2003) é a terceira parte dunha triloxía 44
  45. 45. Museo Pazo de Tor sobre a sociedade actual, dominada pola aparencias e o individualismo. Con grandes doses de retranca e humor, Roberto Vidal Bolaño, autor homenaxeado nas Letras Galegas 2013, debuxa un retrato certeiro sobre a vida nun espazo domesticado e hostil. E non só para os animais. 45
  46. 46. Museo Pazo de Tor CINE Festival Internacional Euroárabe AMAL (Mostras AMAL) Desde esta fin de semana a Rede Museística da Deputación de Lugo ofrece aos seus visitantes a posibilidade de ver os mellores filmes do Festival Amal 2013 en todos os museos xestionados pola área de Cultura e Turismo da Deputación de Lugo. A Fundación Araguaney – Puente de Culturas ten como prioridade fundamental promover o intercambio cultural entre España, América Latina e o Mundo Árabe cunha clara vocación universal. Fomentar a comprensión do mundo árabe a través do cine e fomentar o sétimo arte é un compromisos do Festival Amal ao que un ano máis se quere sumar a Rede Museística ofrecendo a maiores e pequenos un ciclo de cine que ofreza unha visión global, cosmopolita e intercultural do mundo. Este ano teremos a oportunidade de ver as mellores películas da última edición de Amal. O ciclo Amal 2013 consta das seguintes películas que de maneira simultánea se proxectarán nos 4 museos da Rede no seguinte horario: Museo-Pazo de Tor: Todos os sábados de decembro a partir das 17 horas e os domingos de decembro a partir das 11:30 horas. *Os horarios son susceptibles de modificacións segundo as necesidades e programacións dos museos da Rede. PROGRAMA 1: LE THÉ OU L´ELECTRICITÉ Premio Amal 2012 á mellor longametraxe documental Dirección: Jérôme le Maire Duración: 93 min. País: Bélxica, Marrocos. PROGRAMA 2: RABAT Premio Amal 2012 á mellor longametraxe de ficción; mellor direcció e á mellor interpretación masculina. Dirección: Jim Taihuttu e Victor Pontem Duración: 65 min. País Holanda. EID Premio Amal 2012 á mellor curtametraxe documental. Dirección: Saaheb Collective Duración: 9 min. País: Palestina. 46
  47. 47. Museo Pazo de Tor PROGRAMA 3: BROMAS APARTE Dirección: Vanessa Rousselot. Duración: 54 min. País: Francia, Palestina. ENSEMBLE Premio Amal 2012 á mellor curtametraxe de ficción. Dirección: Mohamed Fekrane Duración: 17 min. País: Francia. PROGRAMA DE CONFERENCIAS E XORNADAS. I Simposio Arte e Natureza no Museo Pazo de Tor O deputado delegado da área de Cultura e Turismo da Deputación de Lugo, Mario Outeiro, e a xerente da Rede Museística, Encarna Lago, presentaron o programa do I Simposio Arte e Natureza (incluído no proxecto global EnREDarte) que se vai desenvolver este verán no Museo Pazo de Tor, en Monforte de Lemos. Este I Simposio Arte e Natureza consta de dúas fases: a primeira, un Encontros co artista Fernando Casás no Pazo de Tor, e a segunda a execución dunha Convocatoria aberta de proxectos de intervención Arte e Naturaleza no Pazo de Tor. _____I Simposio Arte e Natureza [encontros co artista Fernando Casás no Pazo de Tor] Os movementos culturais foron asimilados pola nosa sociedade e orientados aos fins que esta considera válidos. ¿En que posición se atopa o artista e como se presentan os movementos de Arte & Natureza cando a ecoloxía pasa a ser a base do pensamento politicamente correcto? O esforzo de non ser absorbido polos intereses dominantes lévanos á deslectura como busca da experiencia subxectiva e primixenia, ao mesmo tempo que pode ser o vehículo para atopar a posibilidade dunha comunicación e intercambio distanciados do establecido. A idea da existencia do paraíso e da súa perda definitiva, e a busca da posibilidade remota dun sistema alternativo aínda sobrevive en escasos lugares do pensamento e da sociedade. Desculturas que nos abren á busca dun universo paralelo a través da natureza, das plantas e dos espazos cargados de poder. Fernando Casás, xullo 2013 PROGRAMA 27 e 28 de xullo de 2013 > Museo Pazo de Tor > Sábado > 27 de xullo > 10.30h. >Conferencia Inaugural : Arte e natureza: civilización e urxencia doutra realidade, por Fernando Casás [considerado coma un dos iniciadores dos movementos de Arte e Natureza, vive e traballa entre España e Brasil. Dende finais dos anos 70, e no medio dun 47
  48. 48. Museo Pazo de Tor entorno tropical, comeza a fraguar unha obra de marcado carácter conceptual, moitas veces efémera e vinculada a evidenciar e reflexionar sobre a memoria e o paso do tempo na natureza. Desprazando a arte da súa posición convencional para ubicala na natureza e recollendo trozos da natureza para introducila en museos, galerías e espazos urbanos, a súa obra funciona como metáfora epistemolóxica da quebra das fronteiras entre natureza e cultura] > Visita ao Pazo de Tor e finca > Comida no Pazo de Tor > Sábado >sábado, 27 de xullo > 16.30h. >Mesa Redonda: A angustia do paraíso perdido Interveñen: Fernando Casás (artista e profesor na Facultade de Belas Artes da UVIGO) Ruth Montiel (artista multidisciplinar especializada en intervencións na natureza) Alberto Ruíz de Samaniego (profesor de Estética e teoría das artes da UVIGO. Crítico cultural e comisario de exposicións) David Barro (crítico, comisario e director da revista de arte DARDO magazine) >Visita á Ribeira Sacra >Sábado >domingo, 28 de xullo > 11.00h. >Mesa Redonda: Paraíso como natureza Interveñen: Fernando Casás (artista e profesor na Facultade de Belas Artes da UVIGO) Federico López Silvestre (profesor doutor de Historia das Ideas Estéticas Moderna e Contemporánea na USC e cunha importante tese dedicada á paisaxe) Lucía Loren (artista madrileña especializada en arte e territorio, con numerosas intervencións na natureza e rural en toda España) Chus Martínez (crítica de arte e comisaria de exposicións independente) _____Convocatoria aberta de proxectos de intervención Arte e Naturaleza no Pazo de Tor, enmarcada dentro do proxecto global EnREDarte. Número de Prazas |50 Destinatarios | Prioritariamente artistas, aínda que tamén se abre a historiadores da arte e outros axentes do sector. Lugar | Rede Museística, Pazo de Tor. Prazo de presentación dos proxectos: ata as 14:00 horas do 10 de agosto de 2013. Publicación da resolución cos proxectos seleccionados: 12 de agosto de 2013. Intervención no Museo Pazo de Tor: do 20 ao 25 de agosto de 2013 48
  49. 49. Museo Pazo de Tor PROGRAMA DE CONCERTOS. CONCERTO DAS LETRAS. 19:00 h.- Cantares Gallegos . Textos de Rosalía de Castro musicados Jotinho's é un proxecto que nace da man varios músicos de Lugo coa intención de explorar as vertentes máis clásicas da bossa nova. O seu repertorio ten un denominador común, os concertos que Vinícius de Moraes e Toquinho ofreceron en Buenos Aires e Punta del Este nos locais coñecidos coma "La Fusa". Neles cóntase coa participación de Maria Creuza e Maria Betanhia na voz, ademais dun elenco de músicos arxentinos de primeiro nivel. Ademais dos temas popularizados por esta gravación, Jotinho's tamén interpretan outros clásicos da bossa nova clásica así coma sambas recoñecibles por todo o público . Silvia Viñas - voz Fernán Gómez - guitarra . Á voz, Silvia Viñas Rojo, cuxo entusiasmo foi clave á hora de concebir o proxecto e, por último, á guitarra Fernán Gómez, un vigués afincado en Lugo que gastou o seu primeiro soldo nunha guitarra para bossa nova hai xa algúns anos. 49
  50. 50. Museo Pazo de Tor CONCERTO DE NADAL Concerto de Nadal: Grupo musical “Os Parentes” (Grupo Trícole) e componentes do Grupo Trícole. Grupo mustical de estilo tradicional, folk. Cancións de Nadal de recolleita por diferentes lugares da Ribeira Sacra.. Conerto con un ton lúdico pero sobre todo didáctico sobre os diferentes cantares, procedencias, costumes e tratar de comprender como se vivía esta festividade nas diferentes épocas dos cantares interpretados. Domingo, 29 de decembro de 2012, ás 18:30 h. PROGRAMA COLECCIÓNS Traballo de inventario topográfico das diferentes coleccións do Pazo. Traballo de elaboración dunha nova guía (sen rematar) EQUIPO. Encarna Lago: Xerente da Rede Museística Provincial de Lugo Manuel García: Vixilante de Arquitectura do Museo Pazo de Tor Silvia Fiallega: Vilxiante-Guía Museo Pazo de Tor Juan Ignacio: Bibliotecario Rede Museística Provincial de Lugo Noelia: Persoal de mantemento e limpaza Museo Pazo de Tor Tar López: Vixilante-Guía Museo Pazo de Tor. 50

×